Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com

Autor

Radio Valladares

Kategorie

Society

Podcast-Website

www.ivoox.com

Neueste Folge

29. Sep 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

Luns 21/03/2022 21.03.2022

Pimeiro día de primavera, día da poesía… moito do que falar. Coñeceremos o proxecto #estiquecantas, que achega a Rosalía de Castro ao século XXI. Buscamos plans ao aire libre con A Senda do Moucho. Ademais, conversamos con Javier Romero, escritor do libro “Marea Negra”, baseado no narcosubmarino que chegou a Galicia.

Venres 18/03/2022 18.03.2022

Comeza a finde… por fin! Falamos con Wöyza, do que xa fixo, do que está a facer, dos novos proxectos… Damos unha volta pola exposición de coiro que hai na EMAO (O Coiro da Emao) e tertulia, divertida, coas As Maimiñas… para rirnos do mundo mundial!

Xoves 17/03/2022 17.03.2022

Vigosónico segue pechado… ata cando? Eso é o que se están a preguntar os grupos vigueses (Grupos de Vigo en Loita) que se atopan agora sen locais gratuitos de ensaio. Hoxe imos seguir falando de música. Da recuperación dos timbais da Banda Municipal que fixeron dende a Orquesta Clásica de Vigo e que van a presentar nun concerto este venres. E hai nova directiva na Asociación Veciñal O Freixo… daré...

Mércores 16/03/2022 16.03.2022

Usos e disfrutes do monte podería ser o resumo de hoxe. Falamos de como foi percorrer as ladeiras nunha bici de enduro, na Vigobikecontest. Coa xente de Epona Terra damos unha volta polo muíño recuperado en Saiáns para saber como está a funcionar. E iremos ata Xanceda, que traballa para ser cada día máis biosostible.

Martes 15/03/2022 15.03.2022

Hai un ano soubemos que un rapaz de Lugo, Héctor Santos, de Triton Submarines, baixara ata a Fosa das Marianas. Hoxe falamos con el, daquela experiencia, do seu traballo, dos novos retos… Temos tempo para unha conversa con Abraham Cupeiro López, que xunto coa Banda de Valladares presentará o espectáculo Pangea. Un libro, “O Cazador de Zamáns”, de Germán Pardo, e unha voltiña polas pontes de Gundiá...

Luns 14/03/2022 14.03.2022

As enciclopedias pasaron a mellor vida, pero todos precisamos buscar información e a Galipedia é unha boa opción. Falamos con Adrián Estévez, un dos seus editores. Tamén recolleremos as experiencias que lle está a aportar a Isabel Blanco o libro ‘Galegas na Ciencia’. E conversamos coa inmunóloga África González, Premio Ernestina Otero neste 2022.

Venres 11/03/2022 11.03.2022

“Isto si que é un home” é o título do primeiro ensaio do escritor Francisco Castro. Da man de Anxo Lemos percorreremos a historia da oleiría galega e botaremos unha ollada á axenda do fin de semana.

Xoves 10/03/2022 10.03.2022

10 de marzo… día da loita obreira galega. Falamos coa Confederación Intersindical Galega - CIG , da actualidade, das loitas, dos proxectos… Tamén hai tempo para a maxia en galego, con Martín Camiña e o seu espectáculo Lingua do País. E música, o Trío Lied actuará no auditorio do Centro Cultural o sábado dentro do Festival Musical adicado ao Día Internacional da Muller.

Mércores 09/03/2022 09.03.2022

Mércores, deportes. Imos ata Mapache Climbing, en San Andrés de Comesaña, practicar escalada. Ademais, coñeceremos as pitayas, un froito exótico pero que se da moi ben no Rosal, na Hazienda de Ferrero. E tempo para conversar con Peter Punk Pallaso, que estivo por Colombia da man de Payasos Sin Fronteras, con 19 funcións para máis de 7000 nenas na zona de Quibdó.

Martes 08/03/2022 08.03.2022

Voltamos! E aquí as dúas traballadoras non tiñamos mellor día que o 8 marzo. Prometemos temas variados. Pero hoxe, homenaxe as mulleres. Ana Kiro nas voces de Ataque Escampe, as experiencias vitais de Lila Star en Oriente Medio e o 'Léxico das costureiras' recollido por A memoria das mulleres. https://www.dogrisaovioleta.gal/wp-content/uploads/2021/01/Lexico-costureiras.pdf

Venres 31/12/2021 28.12.2021

Para rematar o ano: Un dos programas mais divertidos da tempada. O Xapón está na outra punta do mundo, ou non? Conversa co Obradoiro de Gaitas Gil en Pontareas e coa empresa Wadakyu Europe, afincada no Porriño, das conexións que se dan entre Galicia e o país do Sol Naciente. E outro corte dos mais especiais. Rogelio Santos Queiruga, pescador de Porto do Son que dende as redes sociais levou os noso...

Xoves 30/12/2021 28.12.2021

Parte II das conversas interesantes nesta tempada do Esperta. Primeiro imos tomar un café co barista Marcos González, o da súa propia marca Root Café. Logo dar un paseo polas esculturas en Vigo co escultor Remixio Davila e, finalmente, unha partida de billar na mesa que IXO Carbono deseñou para Bugatti.

Mércores 29/12/2021 28.12.2021

O Vigo do mañá. Como vai ser? Onde van estar os edificios, onde se vai poder levantar unha casa? Onde hai casas que xa non constan como tal? E as industrias e as estradas? E os parques e zonas verdes para pasear por onde van cair? Diso vai este especial. Escoitamos a veciños de Valladares e a afectados do vial en Beade. Tamén contamos coa visión dun sociólogo.

Martes 28/12/2021 28.12.2021

Deses titulares de prensa que abraian porque parecen de mentira lemos os mais divertidos destes últimos meses. Os de animais e narcotráfico son un filón. Tamén conversamos con Cecilia, xornalista en Gciencia de como escollen as novas e da linguaxe a empregar para comprendelas ben. E para bailar vaivos selección musical deste ano. Os gustos e os formatos de escoitados colaboradores neste ano do Esp...

Luns 27/12/2021 27.12.2021

A merendaaar!!! Esta semana familias traede o bocadillo ata Valladares. As tardes están animadas no auditorio. Ábrese o telón ás 18h: Luns: 'cantos de nadal' con Emilio Rúa e 'debuxos con area' de Marcos Escudero Martes: circo co clown Jano e a acróbata Lila Star. Mércores: xogos populares de Eira Xandobeleira e a comedia Saaabor! Xoves: contos de nadal con Tarabelos

Venres 24/12/2021 24.12.2021

Hoxe pasamos o rato con xente falando das rutinas navideñas. .un primeiro lixeiriño. Bisqué, unha crema de mariscos. .nadaliñas do cantaautor Emilio Rúa. .de rondallas? A de Freixo non sae. A de Valladares se non chove moito, pode. Domingo hai certame en Mos. .agasallos e cativos. Bebés reborn .para o brunch do 25, conto de nadal na SER: Pinocho .Algún que outro plan cultureta pola cidade e arredo...

Xoves 23/12/2021 23.12.2021

Se non lle escribístedes a carta os reis e queredes ser orixinais, preguntas a María Lado. Ven de impartir un obradoiro de escrita creativa no Museo do Mar neste outono. E para cantar as panxoliñas, a banda xuvenil 'King Kids', dende a Maison Escola de Música e Danza en Mos-Porriño.

Mércores 22/12/2021 22.12.2021

Primeiro día do inverno e primeiro día de vacacións para os cativos… e nós a ritmo de glues, o blues galego. Seguimos o soniquete da lotería co Cadelo Lunático. Se non toca… apuntádevos a San Silvestre de Pontevedra. Correndo quitades as penas e o frío e igual vos toca o lacón. Currádevos o disfraz!

Martes 21/12/2021 21.12.2021

Vos coleccionades, o que? Hoxe, 'diógenes' con elegancia. Cada un coa súa tolemia, nas tendas de videoxogos non dan abasto cos monecos Funko Pop. Para paseo con glamour, Allariz. Aí vai a voltiña polo patrimonio deste martes conversando con María, a concelleira de turismo.

Luns 20/12/2021 20.12.2021

Andan as Tanxugueiras polo medio na palabra do ano. En nada xa poderemos escoitar 'Terra', a canción para o festival de Benidorm. Falamos con elas e co seu mánager para ver como se manexa todo este boom dende unha productora pequeniña PlayPlan.

Venres 17/12/2021 17.12.2021

Mercadiños de nadal. Un paseo estupendo por eles no que coñecemos artesáns con luz propia : Las flores de Greta, dende Morgadáns estampando flores para o mundo. E outra de ocio navideño, Pequeártiko. Teatro para a familia, títeres, musicais, clowns... na sala Ártika.

Xoves 16/12/2021 16.12.2021

Imprimir en 3D, que pedimos os vigueses? Conversamos coa La Factoría 3D Violín e piano para acompañarnos de música. Irene Cebada e Brais González van estar tocando no auditorio de Valladares o domingo. E unha peli para rematar, El amor en su lugar.

Mércores 15/12/2021 15.12.2021

Falamos cos organizadores do Campionato Galego de Ciclo cross da finde pasada en Porto do Molle (Nigrán). E deixámonos invadir polo espíritu navideño. Hoxe coas panxoliñas. No concerto de nadal da Coral Casablanca imos escoitar unha moi especial, a que soñou Javier Gil un decembro de hai 20 anos e titulou así: 'Luces en el árbol'

Martes 14/12/2021 14.12.2021

Mentres percorremos o mosteiro de Poio (os dous claustros, a escaleira, a igrexa, o xigantesco canasto, os mosaicos... ) as dúas voces que vos acompañaron durante esta tempada imos falando a vida mesma. Por certo, tamén os rapaciños da escola infantil Monte Alba fixeron a súa camiñada ata o muiño da Senra.

Luns 13/12/2021 13.12.2021

Nin luces, nin árbol, nin belén. Para algunhas familias o nadal chega coas charrascas, as castañuelas e os cristos das rondallas. Conversamos con xente que vive esta tradición intensamente en Valladares. E tamén coas Lerchas, dúas comediantas da Estrada, que estiveron hai uns días neste auditorio. As findes súbense ós escearios e pola semana, andan coas palas: a da excavadora e mais a da panadería...

Höre den Podcast ESPERTA VALLADARES in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet