Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Xoves 28/04/2022 28.04.2022 1:59:52
Entre 1467 e 1469, nesa época tivo lugar en Galicia a Revolta Irmandiña. Un episodio da historia galega descoñecido, con personaxes tan relevantes como Xoan Branco, a quen nos achega o escritor Fran Zabaleta. E de volta á actualidade conversamos con Ana Pérez, presidenta do CVCV. Ademais, aproveitamos para facer un paseo polos corredores do Centro Veciñal e Cultural de Valladares visitando a expos...
Mércores 27/04/2022 27.04.2022 2:00:16
O día internacional da danza é o sábado… falamos con Santi Almuiña, da agrupación Amieiras-Ledicias de Valladares. Da man de Eva Pérez damos unha volta pola historia da roupa mariñeira que, xunto con Alberte Mozo, está a recuperar. E conversamos con Xan Leira, director dun proxecto cinematográfico sobre os pescadores de Nigrán.
Martes 26/04/2022 26.04.2022 1:59:44
A memoria histórica é un concepto sobre o que aínda estamos a traballar. Falamos con Julio Prada, profesor de historia de Universidade de Vigo sobre iso. Tamén lle damos unha volta dende o teatro, coa obra O Péndulo, de Inversa Teatro. E temos tempo, para coñecer a historia do mosteiro de San Paio de Albeos en Crecente.
Luns 25/04/2022 25.04.2022 2:01:23
Adxudicar a cada cidade galega un grupo de música, este foi o xogo no que se meteu o xornalista musical Rodri Míguez… e xa nos conta que escolleu para Vigo. Ás portas do Play Doc falamos con Faia, que xunto con Nacho Múñoz e Lar Legido, actuará na xornada inaugural musicando poemas de Zeca Afonso. Ademais, vai recomendación de libros portugueses neste 25 de abril. E marchamos ata Lugo onde montaro...
Venres 22/04/2022 22.04.2022 2:01:49
O CantoConto está a chamar ás portas, falamos coas As Maimiñas! Entre as propostas que están por vir tamén hai unha Andaina por Valladares o 30 de abril. Ah, e este sábado organizan un festival en Lavadores. Leni Pérez actúa xunto con Roberto Comesaña. Conversamos sobre o seu proxecto musical. E a axenda, que é venres!
Xoves 21/04/2022 21.04.2022 1:59:02
Deixar de fumar non é doado, pero dende a Unidade de Tabaquismo da USC desenvolveron unha app para axudar e xa teñen os primeiros resultados. Ademais, coñecemos a proposta de voluntariado ambiental interxeracional da Xunta de Galicia. E achegámonos ao porto de Vigo a coñecer este barquiño, o Hidria II.
Mércores 20/04/2022 20.04.2022 1:58:21
Dúas historias ben xeitosas: investigadores da UVigo atoparon fósiles de libélulas de fai 145 millóns de anos e a posibilidade de apadriñar colmeas no Rosal coa xente de Mel Niño do Corvo. Ademáis, como hai tempo, damos unha voltiña polos arredores do estadio de Balaidos. Un paseiño divertido.
Martes 19/04/2022 19.04.2022 1:59:46
Da terra ao espacio. Este martes falamos da importancia das miñocas coa xente de Amigos da Terra; subimos aos satélites nos que traballa a xente de Alén Space, e recibimos visita no recuncho da radio. Volve a Comuna Nutritiva para conversar sobre a alimentación emocional. E hai tempo para a proposta de patrimonio… un paseíño pola Peneda en Soutomaior.
Luns 18/04/2022 18.04.2022 2:02:39
Volta das vacacións… comezamos a mañá tranquilas, dando un paseo por Coia, coñecendo a súa toponimia tradicional con Xulián Martínez, profesor do Álvaro Cunqueiro. Falamos con Manuel Gago, da situación do patrimonio cultural na diáspora, concretamente no Uruguay. E conversamos coa xente de Deleite que no seu apoio á cultura están a producir un disco con versión dos clásicos galegos.
Mércores 13/04/2022 12.04.2022 1:49:57
A piques de comenzar os festivos… imos coñecer que celebra a Igrexa estes días da man de Ángel Bastos, o párroco de Valladares. E un recordatorio para os padriños, hai que mercar a rosca!!! Falamos coa xente de Kopena. E para rematar unha volta polo cine, polas películas clásicas e actuais que tratan da Semana Santa.
Martes 12/04/2022 11.04.2022 1:32:33
Para este martes a proposta é dar unha volta polo monte, así que traémosvos unhas cantas historias. Coñecemos o proxecto Biomasa-AP de aproveitamento dos restos de tala e poda. Da man do investigador Julio Fierro, do CETIM, falamos de LifeReforest, unha ferramenta para recuperar os terreos despois dos incendios. E damos un paseo polo Bosque da Lingua nos montes de Couso.
Luns 11/04/2022 10.04.2022 1:44:11
Estes días vamos de especiais. Damos unha volta pola tradición… e a modernidade. Coñecemos á xente de Silvereira e as súas xoias de madeira. Jorge Álvarez saltou á palestra por vestir ás Tanxugueiras, agora presenta unha colección na Mostra do encaixe de Camariñas. E imos ata Redondela, ao furancho Cadaval.
Venres 08/04/2022 08.04.2022 1:59:34
O Play Doc arrinca xa. Aínda que o festival como tal desenvolverase en maio xa están realizando accións paralelas como un obradoiro de cine comunitario impartido por Eloy Domínguez Serén, recientemente premiado con la Biznaga de Plata al mejor cortometraje en la pasada edición del Festival de Cine de Málaga. E como estamos de fin de semana… coñecemos os queixos da Gandería Quintián e damos unha vo...
Xoves 07/04/2022 07.04.2022 2:01:37
Aínda que esquivemos a nova, a guerra de Ucrania é unha realidade que está a traer a Galicia mulleres e nenos que precisan, ademais de acubillo, apoio psicolóxico. O proxecto Rosalía trata de acompañalos no seu proceso de adaptación. E coñecemos o traballo dos afinadores de piano falando con Antonio, o que se encarga do Centro Cultural e outros moitos.
Mércores 06/04/2022 06.04.2022 1:59:51
A I Copa da Asociación do Fútbol Gaélico foi para o Keltoi Vigo, falamos con eles. E xa que os pinchamos tódalas semanas, conversamos coa xente de Tor para falar do seu proxecto. Ademáis, coñecemos o proxecto e-pD-WORK, que nos da ferramentas para para reducir o estrés no eido laboral. https://epdwork.org/
Martes 05/04/2022 05.04.2022 1:59:44
E de novo, martes de patrimonio! Damos unha volta por Redondela, pola Portela e os portos da man de 'Redondela, mellor con guía'. Unha proposta gastronómica: as Vioncas Bake . E imos ata Maceda coñecer o seu castelo.
Luns 04/04/2022 04.04.2022 2:00:39
Imos con iniciativas interesantes. O libro de buscar e atopar sobre o Camino portugués da xente de Papelier, o traballo de concienciación sobre o autismo que levan a cabo dende o Arcoiris. Gabinete psicopedagógico , e os proxectos de Arte y garabato.
Venres 01/04/2022 01.04.2022 1:58:31
Viravolta Cocina Retornada presentou unha nova mostaza, con sementes de grelo. Ademais coñecemos á xente de Isius, que esta finde están de concertos. E para rematar, ven un amigo con recomendacións literarias: '¿Qué es el cáncer?' '¿Qué es el VIH?' '¿Qué es la sepsis?' de Eduardo López-Collazo e 'Coronavirus, ¿la última pandemia?' de este mesmo con José Alcamí Pertejo. Libros de divulgación cientí...
Xoves 31/03/2022 31.03.2022 2:01:34
A viguesa High Paw saca novo disco. Del e da producción musical fora dos circuitos máis comerciais conversamos hoxe. Quedaremos tamén no IES Valadares para coñecer como se achega a xente nova á cultura en galego. E xa que estamos en tempo de lampreas, imos dar unha volta ata a Herbón con Minia Del Rio.
Mércores 30/03/2022 30.03.2022 1:59:18
De bicis e libros como resumo deste Esperta. Falamos coa xente do JAVA Kiwi Atlántico e do seu novo proxecto ciclista. Dende a USC e a UVigo lanzaron Alfamov, unha aplicación para avaliar se as crianzas de primaria desenvolven correctamente as chamadas habilidades motrices básicas. E tempo para a lectura, con “Sobrevivindo” de Arantza Portabales.
Martes 29/03/2022 29.03.2022 1:59:29
En Noruega, na “arca de noé” do século XXI, quedaron gardadas sementes de millo do país, para que pase o que pase poidamos facer pan. Deste proxecto falamos con Elena Cartea, directora da Misión Biolóxica de Galicia. Tamén conversamos coa hospitaleira do albergue de Muxía, que chegou ata alí dende Hungría. E coñecemos a historia de Inés de Castro, da man de MJ Perez. https://www.youtube.com/watch?...
Venres 25/03/2022 25.03.2022 2:00:01
Dende Valladares ata Ucrania, unha viaxe de ida e volta levando axuda e traendo ata a España a quen o precisaba. Con esta historia comezamos o programa no que tamén falamos con Roberto Pascual sobre a súa última obra “Sophie non é o meu nome de guerra”. Damos unha volta pola exposición adicada a Antonio Palacios que está no Museo do Mar e coñeceremos á Señora das Letras deste 2022 da man de Marga...
Xoves 24/03/2022 24.03.2022 2:01:00
Vigo está tomada polos franceses pero dende a Asociación do Casco Vello xa están a traballar para reconquistala. Hoxe a cousa vai de libros. Rodrigo Costoya e a súa última novela histórica “Misarela” e Mela Ortiz coa súa primeiro poemario “La maleta preparada”. E o domingo, no auditorio “Ímonos a por moradas”. Nastasia Zürcher é unha das artistas invitadas.
Mércores 23/03/2022 23.03.2022 1:59:09
Pedro Rodríguez comezou xogando ao balonmán nos pavillóns vigueses, agora está en Hungría… onde ademais forma parte do combinado nacional do país magiar. Tamén falamos con Gersom Costas, do Instituto de Investigación Mariña de Vigo, que saen ao mar facer un estudio sobre as rinchas e os xurelos na Costa Cantábrica. Aquí na parroquia celebramos que o Centro Veciñal foi recoñecido co título de Vigué...
Martes 22/03/2022 22.03.2022 1:59:55
Revisando clásicos musicais chegamos ata Juan Pardo. Familia Caamagno presentou a súa versión de Xuntos, cunha estética peculiar. A ver que nos contan. Ademais, temos unha conversa con Carlos Blanco, que esta semana estrea obra de teatro en Madrid, 'Tercer cuerpo' de Pablo Tolcachir. Última parada en Lugo, para coñecer que se está facer en O Vello Cárcere .
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet