Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Venres 18/08/2023 17.08.2023 2:02:10
Valladares, pasado, presente e futuro. Coñecimos o cine Mary por dentro, e un pouco da súa historia. Conversa con Caseiro sobre os seus tempos de carteiro da parroquia e visita no recuncho da radio de quen chegou da China a asentarse na Sobreira.
Xoves 17/08/2023 16.08.2023 1:56:49
Un paseo pola historia… pola exposición de traxes de Sete Espadelas, que recreou as fotografías de Ruth Matilda Anderson, e coñecendo a figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado no día das Letras Galegas. Ah! Rematamos a tempada de directos. Estes días de agosto van uns #EspertaValladares coas conversas que nos pareceron mais aqueladas.
Mércores 16/08/2023 15.08.2023 1:59:35
Música! Que estamos de festas. Para estes tres días de San Roque, especiais musicais. Vol. 3
Martes 15/08/2023 14.08.2023 1:57:37
Música! Que estamos de festas. Para estes tres días de San Roque, especiais musicais. Vol. 2
Luns 14/08/2023 11.08.2023 1:59:23
Música! Que estamos de festas. Para estes tres días de San Roque, especiais musicais. Vol. 1
Venres 11/08/2023 11.08.2023 2:01:18
Neste venres imos falar de que ferramentas disponemos cando estamos na última etapa d nosa vida no hospital. Conversa con Maruchi Blanco da Asociación Derecho a Morir Dignamente. https://derechoamorir.org/testamento-vital/#galicia
Xoves 10/08/2023 10.08.2023 2:00:21
Conversa, de vagar, con Iris e Leydi, dúas rapazas cegas, sobre o seu día a día e como cambiou dende que chegaron ás súas vidas candsúa cadela lazarillo.
Mércores 09/08/2023 09.08.2023 1:59:43
Aí o vai, un mércores ben deportivo. Fútbol na parroquia… no campo da Gándara e o no pavillón. Carreiras polo monte con Naza Tilve e as Asaltamontes por Monteferro. E China viu ata nós este verán e, agora, ‘estreamos’ delegación no extranxeiro con Loreto Pérez, xuiza estes días no mundial universitario de atletismo.
Martes 08/08/2023 08.08.2023 2:00:25
Unha volta polo Centro Cultural, que seguen traballando aínda que esteamos en agosto! Conversa coa nova directora do Oceanográfico de Vigo, Rosa I. Figueroa, que ademáis é da parroquia. E coñecemos a Asociación de Campaneiros de Galicia, que estes días tocaron na catedral de Tui.
Luns 07/08/2023 07.08.2023 2:01:32
Conversas interesantes a golpe de luns. Falamos con Rebeca Losada, que expón o seu “Sueño Pop” na Galería Maraca e unhas risas para o final, repasando os 20 anos de retranca de Rei Zentolo.
Venres 04/08/2023 03.08.2023 2:01:05
Viena e as peripecias dun músico da parroquia. Juan Alonso Moreda vai comenzar o cuarto ano indo co saxo ó lombo dende o distrito 16 ata a universidade no distrito 3
Xoves 03/08/2023 03.08.2023 2:02:29
Historias… con historia. Conversa sobre o libro 'O Desencantamento', do antropólog Rafa Quintía sobre a figura das mouras, editado por Miudiño Coop. Ademáis proposta dende o Freaky Film Festival, concurso de cómics! E coñeceremos os resultados dunha investigación sobre como influe que idioma falamos á hora de alugar vivenda.
Mércores 2/8/2023 01.08.2023 1:59:30
Un ‘made in feito na casa’. Interbarrios e libro de San Campio. Que mais se pode pedir?. Sentámonos no torreiro a falar cos veciños. Ah! e a conversa sobre o festival de Música no Claustro, que quedara sen tempo no directo do martes.
Martes 1/08/2023 01.08.2023 1:59:15
Entre pedras e pedruscos. De paseo por un muiño aserradeiro en Covelo. E logo imos ata a catedral de Tui. Escenario dunha proposta innovadora durante o IKFEM, a da Fundación Alqvimia Musicae.
Luns 31/07/2023 31.07.2023 1:59:57
Turisteando polo Casco Vello. Esquivando ós cruceristas demos cun veciño, Luis de Freixo. Tomamos un viño e contounos batallas dos camiños, peregrinaxes e pateadas varias.
Venres 28/07/2023 28.07.2023 2:00:58
Que tal un paseo en barco? Visitamos a goleta Atyla, unha das propostas dentro do festival Iacobus Maris. Ademais na casa, butaca e auditorio para o sábado. Concerto da Banda Insular de la Federación Tinerfeña de Bandas.
Xoves 27/07/2023 27.07.2023 1:59:56
O mundo dos unicornios (e dragóns) visto dende os rapaciños do campamento. Antes, conversa co antropólogo Rafa Quintía sobre o uso dos cornos de animais como amuleto e na mediciña popular. Ademáis, un "como foi" o Vikul, festival de danza urbana en Vigo. E un "como vai ser" o Nigránjazz.
Mércores 26/07/2023 26.07.2023 2:00:06
Conversa con María Bautista, árbitra internacional de taekwondo. Unha sorpresa gustosísima esta viaxe polos tatamis do mundo mundial! Ademáis, parada en Nigrán, para saber como foi o encontro internacional de cerámica cos mestres mexicanos.
24/25 xullo. Especial de música en galego 20.07.2023 1:59:48
Montamos outro especial 'música en galego' para que o disfrutedes nestes días de festa.
Venres 21/07/2023 20.07.2023 2:00:48
Á beira do mar e mais do río. Imos ata Ons e Sálvora para coñecer os fondos mariños coas rapazas de 13grados. E viaxamos á Eurocidade Tui-Valença descubrindo os espacios musicais do IKFEM.
Xoves 20/07/2023 20.07.2023 2:00:14
Un #Esperta ben chic. Mesturamos a Lula Goce, que anda polo mundo mundial co pincel na man. Paseamos por praia América, lembrando cando era a Niza galega. E rematamos nun estadio de fútbol con mil músicos, no Rockin'1000 co batería Suso Valcárcel.
Mércores 19/07/2023 19.07.2023 2:00:44
Unha deportes, judo con Marivic. Unha de música dos 80s, con Mettro Pop Rock. E unha de psicoloxía de andar por casa… para sair da depre.
Martes 18/07/2023 18.07.2023 1:59:32
Festa e vacacións son dúas palabras que estes días están en boca de todos. Así que, propostas para desfrutar. Coñecemos Marikiná o parque de aventuras que está ao carón do parque forestal de Beade. E falamos da recuperación da farsa de Damas e Galáns de Lavadores, que volven bailar o 24 de xullo.
Luns 17/07/2023 17.07.2023 2:00:30
Coñecedes a Man de Camelle? Carmen Hermo escribiu un libro onde nos achega a súa historia. Ademáis, un pouco de música, con Molsom e as súas versión de bandas sonoras. E escoitamos que andan a ler os cativos do campamento. Libros de aventuras, o que mais.
Venres 14/07/2023 14.07.2023 1:59:53
1923, Érase unha vez o Celta (e o Valladares). Plan de venres, unha cerveciña e unha pachanga. 'Historia Visual do RC Celta', editado por Aira, e a cervexa, a de Nós.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet