Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Martes 09/04/2024 09.04.2024 2:00:00
ACEGA, a Asociación de Celíacos de Galicia cóntanos o día día dos que padecen esta enfermidade. Ademáis, falamos coa ambientalista Maite Huertas do seu proxecto de limpeza de praias en Vigo. E visita ao Gaiás, a Cidade da Cultura de Galicia, que teñen aberta unha ventana ao Galiverso dos Museos galegos.
Luns 08/04/2024 08.04.2024 2:01:12
Hai eclipse, que o saibades, aínda que non o poidamos ver. De estrelas falamos coa xente da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura. Ademáis música, Francisco Castro decidiuse a poñer sons aos seus pensamentos, 'Agora é o tempo'. E houbo un chisco de tempo para pasear polas historias do Café Bar Derby de Vigo.
Venres 05/04/2024 04.04.2024 2:01:30
O poder terapéutico da música, para os pacientes, pero tamén para o persoal e mesmo os músicos, falamos coa xente do conservatorio que están tocando no Cunqueiro. Unha volta polo Centro Cultural, imos ver que se cociña, literalmente. E proposta para esta finde, ide de tabernas, que temos unha guía “Vigo y sus tabernas actuales”, de Salvador Beloso.
Xoves 04/04/2024 04.04.2024 2:00:13
Visita ao Museo do Mar onde podemos pasar un rato ben divertido coas fotomontaxes de Augusto Pacheco. Ademáis, proposta de rutas en bicicleta por Vigo coa xente de Biking Vigo. E logo, quedamos na casa a repasar a actualidade do Centro Veciñal e Cultural.
Mércores 3/04/2024 03.04.2024 1:59:23
Desta volta quedamos por Vigo, coñecer o traballo de Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Imos dar unha volta polos fondos mariños das Illas Cíes coa xente do CSIC. Descubrimos o mundo das raias, concretamente das mosaico que viven uns 9 anos. E paseo polos xardíns do Pazo de Castrelos, pero dun xeito diferente, deixándonos levar polo percorrido sensorial desenvolto por BMJ arquitectos.
Martes 02/04/2024 02.04.2024 2:00:31
A Reconquista de Vigo… dámoslle unha volta á historia e ao presente. Paseo polo renovado castelo do Castro, conversa coa xente da Vigo Film Office , que organiza un concurso de microcortos, e comezaremos a mergullarnos no Diccionario de Vigueses do Instituto de Estudios Vigueses.
Luns 01/04/2024 01.04.2024 1:58:25
Propostas femeninas para este luns de Pascua. Coñecemos a Elena Alonso Fernández, artista plástica que plasmou nas súas obras os fondos da Ría de Vigo. Ademáis, falamos cunha luthier, Julia Marín, que fai pandeiretas, pandeiros... E nestas datas, como ides de roscóns? Conversa con mulleres que levan mais de 50 anos amasándoos.
Mércores 27/03/2024 27.03.2024 1:59:50
Ás portas da Semana Santa imos tomarnos os deportes con humor… como se prepara un costaleiro? E algo de música: Cantometrics, outro dos grupos que estiveron en Valladares no Memorial Moxenas, e a proposta do II Ciclo de Música Antigua, organizado polo Coro de Voces Graves de Vigo.
Martes 26/03/2024 26.03.2024 1:58:00
Abrimos o #Esperta descubrindo gaiteiras galegas co libro "As que dormen entre o centeo", da Asociación de Gaiteirxs Galegxs.. Ademáis, coñecemos quen está detrás do proxecto Estatalá, que viñeron ao Memorial Moxenas. E o patrimonio deste martes deixámosllo aos que saben. Falamos con Carlos L. Bernárdez sobre o seu libro "BESTIARIO EN PEDRA. Animais fabulosos na arte medieval galega", de Laiovento...
Luns 25/03/2024 25.03.2024 2:00:36
Proposta musical diferente a que nos fan dende Cemento Musgo neste #espertavalladares de luns. Ademáis baixamos ata Príncipe, que hai exposición na rúa 'Nano Cosmos'. E xa que estamos na primavera, imos coñecer con @13deraiz, que plantas non deben faltar na casa.
Venres 22/03/2024 22.03.2024 1:59:42
Os Trazantes de Tenorio están este sábado (19:30) no auditorio do Centro Veciñal e Cultural dentro da programación do Memorial Moxenas, imos coñecer a súa proposta. Ademáis, falamos coas xornalistas que están detrás dos pódcasts“La flor del agua”, outro xeito de achegarnos ao balneario de Mondariz, e de 'Conversas y a lo loco'.
Xoves 21/03/2024 21.03.2024 1:59:44
Cine, actividades infantís e música, un variado para esta mañá do xoves. Falamos con Jorge Morais de seu último proxecto In Half. Coñecemos as propostas para a cativada que nos presentan dende a Aula Esquío, e conversa coa xente de Os Monifates, que actúan o domingo no Memorial Moxenas.
Mércores 20/03/2024 20.03.2024 2:01:26
Comezamos cos deportes, coñecendo ao Iberconsa Amfiv (baloncesto cadeira de rodas), de elite da nosa cidade e que esta tempada volve participar en competicións europeas. E despois, imos ao monte, propostas de novos usos e rexeneración da man da administración e das comunidades de montes (shiitake nos tocóns de eucalipto)... e a ver que están a facer en Chandebrito.
Martes 19/03/2024 19.03.2024 2:01:28
“Estás bébeda Sue Ellen”, quen non recoñece esta frase? Detrás está un actor de dobraxe, que agora están en folga loitando polos seus dereitos. Falamos con Desiré Pillado, presidenta de Artistas da dobraxe Asociados. Ademáis imos ata Nigrán, que comeza o Primavera de Jazz. E despois… é martes, patrimonio. En Celanova nos equinoccios sucede algo especial na capela de San Miguel.
Luns 18/03/2024 18.03.2024 1:59:57
Unha estrea variada. Conversamos con David Cuence, que plasma en tinta china a música de Boroa. Damos un paseo polas árbores senlleiras da provincia de Pontevedra xunto co paisaxista Gaspar Bernárdez. E proposta solidaria, doar sangue que está o bus na parroquia. Falamos co a xente de ADOS.
Xoves 31/08/2023 30.08.2023 1:58:54
Unha viaxe, forzosa, pero tamén interna, a que fan os que teñen que emigrar. Conversa con Samuel Diz e Beatriz Fontán sobre os músicos españois no exilio. E coñecimos a Sohail Noori, o presidente da sociedade de refuxiados afgás en España, quen ademáis abriunos as portas da súa casa en Vigo.
Mércores 30/08/2023 29.08.2023 1:56:46
Con pan en viño faise o camiño… ou a baixada no bobslheig que é un dos deportes para os que adestran no ximnasio da Fundación Isidre Esteve. Como se bebe agora, no Alqvimia Cócteles, e o que era saír no Vigo da Movida co documental sobre o Toni’s. Visita a unha panadería xaponesa e con folgos renovados viaxamos a China.
Martes 29/08/2023 28.08.2023 1:51:04
Música para levar mellor a resaca do San Campio coa xente de Boroa. E logo paseo polas pedras, as do castelo do Galiñeiro e as do Castro de Pereiras. Se vos quedan ganas en Doade musealizaron a botica.
Luns 28/08/2023 27.08.2023 1:59:33
Luns de San Campio… no que esperades por que pasen por diante da casa as carrozas, conversas varias. Falamos con Xulio Valcárcel sobre ‘O cantar dos músicos errantes’, coñeceremos como é o proceso para ser dono dun can lazarillo, e ademáis, conversa coa Asociación Cultural de Campaneiros de Galicia.
Venres 25/08/2023 24.08.2023 1:57:47
De cando baixamos pasear ao Casco Vello, que pareciamos dous extraterrestres. E unha das conversas máis interesantes, con Maruja Pérez Dávila, unha das monxas que saiu da parroquia e leva toda a súa vida no Perú.
Xoves 24/08/2023 23.08.2023 1:59:14
Unha de papar, que marchamos coñecer a festa dos ovos de Nespereira. Despois sentamos nunha mesa camilla falar de pan, de burros comecurnuchos, de pantalóns… E viaxamos a Menorca, a voltas cun contrabaixo.
Mércores 23/08/2023 22.08.2023 1:57:39
O Frigoríficos do Morrazo está doutro lado da ría, pero nas súas filas temos un cachiño de Valladares, xa que xoga Juan del Arco, socio do Centro Cultural. Ademáis estamos no mes das festas, dos xigantes e cabezudos paseando polas vilas e cidades galegas.
Martes 22/08/2023 21.08.2023 1:57:34
Libros, librarías, contacontos… o importante é chegar aos lectores. Coñeceremos a José Gil da man do historiador Manolo González. Falamos co escritor Anxo Fariña e viaxamos ata a Lama ver por onde anda a Furgolibro da Tía Ni. E na casa proposta de contacontos… máis á volta do verán.
Luns 21/08/2023 20.08.2023 1:58:18
Morcegos, sardiñas e demáis fauna e flora. Conversas varias arredor do mar, e do río. Conversas con biólogos do Parque Nacional Illas Atlánticas e coa xente do IEO de Vigo. Ademáis unha volta polo Mar de Blues en A Guarda, e pola Mostra de Teatro de Ribadavia.
Venres 18/08/2023 17.08.2023 2:02:10
Valladares, pasado, presente e futuro. Coñecimos o cine Mary por dentro, e un pouco da súa historia. Conversa con Caseiro sobre os seus tempos de carteiro da parroquia e visita no recuncho da radio de quen chegou da China a asentarse na Sobreira.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet