Radio Valladares
As fillas do café
Un espazo aberto de debate, tertulia e información feminista.
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Conversa con Masha Pavlenko e visita ao museo Anfaco 02.09.2022 56:47
Este Fillas do café vai de mulleres fortes. Conversa con Masha Pavlenko e a visita a museo Anfaco.
'Recuérdame porqué te quiero' & Elnaz Osmani, unha astrónoma afgana 26.08.2022 56:57
“Recuérdame por qué te quiero” é o título da primeira novela de ficción de Natalia Junquera. E coñeceremos a historia de Elnaz Osmani, unha astrónoma afgana, ou máis ben a das iniciativas para poder traela a España a estudiar.
Unha investigadora na Antártida 19.08.2022 1:00:55
Un par de historias para este fillas. A de Carmen Piñeiro, investigadora do @IIM_CSIC, que viaxou á Antártida. E a das Vioncas, que era como lle chamaba a Verónica de pequena o seu irmán. Agora de maior, vioncas son as empanadillas tan variadas que fai no seu obrador.
Centinelas da costa e Fillas de Cassandra 12.08.2022 59:13
Ás veces queda un fillas do café para enmarcar. E éste é un deles. Centinelas da costa e a visita á radio de Fillas de Cassandra. Todo un agasallo!
Lugares lindos e propostas neles 05.08.2022 54:48
Non saimos dos sitios lindos neste fillas. Imos conversar coa atleta Aroa Sío, que está a adestrar o ultratrail do Mont Blanc. E tamén coa proposta musical Piano du Lac, un piano flotante en lagos e ríos…
Olga brañas e Dúo Vaguedades 14.07.2022 52:06
Conversa con Olga Brañas, sobre como camiño de recoller un premio ardeu o seu coche… e deulle por rir. E con Isabel Risco sobre o proxecto musical 'Vaguedades'.
Conciliar no verán 08.07.2022 50:51
Conciliación… palabra máxica que existe grazas aos campamentos, como o que se celebra no Centro Veciñal e Cultural de Valladares. Ademáis, tamén conversa musical con Laura LaMontagne e PicoAmperio.
Libraida e Comesaña Sporting Club 01.07.2022 1:02:10
Coñecemos a librería Libraida en Gondomar e damos un paseo polo centenario clube de atletismo vigués, o Comesaña Sporting Club.
Chegar á dirección dunha orquestra 23.06.2022 50:41
Un paseiño pola Fundación Sales e o seu xardín. E logo sentámonos a escoitar a Isabel Rubio, de como unha casualidade a levou a chegar a directora de orquesta.
A Cazola de Lola 17.06.2022 54:22
Neste #FillasdoCafé conversa con Ailén Kenderman, premio María Casares pola música de ‘A Cazola de Lola’ e a visita olfativa ao Museo dos Aromas.
As mulleres que opinan son perigosas 10.06.2022 54:54
Como facer negocio dende unha oportunidade deportiva. Detrás de clubnatacion.com está Ana Pallarés. Ademáis, xornalistas e escritoras encóntranse esta fin de semana en Pontevedra no Congreso ‘As mulleres que opinan son perigosas’.
Gordofobia 03.06.2022 58:43
Imos conversar dela con Rebe da Comuna Nutritiva. E descubrimos o proxecto Outro Conto, que combina a oferta de menús a domicilio para toda a semana e o activismo contra a cultura da dieta.
Documenta Kassel 27.05.2022 40:18
Iremos ata Kassel (Alemania), onde se celebra o festival Documenta, un evento de arte contemporáneo. Entre as pezas expostas están unhas corozas que viaxaron dende Valladares!
Cantareiras en Valladares 20.05.2022 33:22
Este Fillas queda na casa, coa historia das cantareiras do Alba e Bouzacova.
A píllada das dunas & A morada 13.05.2022 49:36
Nada como un paseo pola natureza. Falamos con Elisa Gago, xefa do servizo de Conservación da Biodiversidade, para coñecer a situación da píllara das dunas e doutras aves da costa galega. Ademáis coñecemos o proxecto A Morada, un espacio para as mulleres coidadoras no centro da cidade.
Celta baloncesto & Lupus 06.05.2022 57:41
Conversamos con Cristina Cantero sobre o Celta de baloncesto. E coñecemos que é o Lupus coa asociación Lupus Galicia Agal.
NachoFaiaLar & Teleclube Lugo 29.04.2022 59:06
Falamos con Faia que co proxecto Nacho. Faia. Lar está musicando ao Zeca Afonso. Damos un paseo polas librerías de Vigo con Álex Caseiro e coñecemos o proxecto do Teleclube de Lugo.
App deixar de fumar & Hidria II 22.04.2022 57:53
Deixar de fumar non é doado, pero dende a Unidade de Tabaquismo da USC desenvolveron unha app para axudar e xa teñen os primeiros resultados. Conversamos coa investigadora Ana López Durán. Tamén nos achegarémonos ao porto de Vigo a coñecer este barquiño, o Hidria II. Sesé Otero convertiu o seu soño nunha realidade.
Roscón de Kopena e furancho Cadaval 15.04.2022 54:56
Neste Fillas recuperamos a historia do Furancho Cadaval, da man de Isabel, a súa propietaria e as panaderías Kopena, un clásico do Val Miñor.
Arte y garabato 08.04.2022 1:00:39
Coñecemos os proxectos de Arte y garabato e o proxecto e-pD-WORK, que nos da ferramentas para para reducir o estrés no eido laboral. https://epdwork.org/
A historia de Inés de Castro 01.04.2022 57:38
Coñecemos a historia de Inés de Castro, da man de MJ Perez. A viguesa High Paw saca novo disco. Del e da producción musical fora dos circuitos máis comerciais.
Poesía musicada 25.03.2022 54:50
Domingo, no auditorio “Ímonos a por moradas”. Nastasia Zürcher é unha das artistas invitadas. E Mela Ortiz publica o seu primeiro poemario “La maleta preparada”.
Mulleres na ciencia e na música 18.03.2022 1:01:11
Conversamos coa inmunóloga África González, Premio Ernestina Otero neste 2022. Tamén falamos coa artista, cantante e compositora Wöyza dos novos proxectos.
O léxico das costureiras 11.03.2022 1:02:40
Nesta volta das Fillas do Café, conversamos sobre as experiencias vitais da acróbata Lila Star en Oriente Medio e o léxico das costureiras recollido por A memoria das mulleres.
Tanxugueiras e Allariz 24.12.2021 55:24
Cousas pequeniñas pero ben feitas. Tanxugueiras. Boom cara Eurovisión dende unha productora pequeniña, Play Plan. Allariz, turismo sostible.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet