Radio Valladares
As fillas do café
Un espazo aberto de debate, tertulia e información feminista.
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Radionovela 09.06.2023 50:57
Que tal unha ficción sonora, o novo formato para os que non queredes ler libros? Vai a dun de Dolores Redondo ambientado na Ribeira Sacra. Ademais, rugby como deporte.
AVEMPO e 'Se armó la gorda' 02.06.2023 55:39
Para este #fillasdocafé, falamos coa xente de AVEMPO, para coñecer un chisco mais da esclerose múltiple. Ademais, ‘se armó la gorda’ un encontro para celebrar o corpo, teña o xeito que teña.
Ruth Matilda e Frida Kahlo 26.05.2023 56:21
Dúas persoaxes para este #fillasdocafé. A vida de Frida Kahlo e as viaxes de Ruth Matilda Anderson.
Música con voz de muller 19.05.2023 42:27
Coñecemos as propostas do Festival Sinsal, e a previa do concerto da coral de Valladares que este sábado exerce de anfitriona no auditorio do Centro Veciñal e Cultural.
Compositora Carme Rodríguez & Libro hermanas Asorey 12.05.2023 46:25
Compostela 1931, punto de partida para a historia das hermanas Asorey, a primeira novela de Marta Estévez. E un chisquín de música instrumental, a da comopositora Carme Rodríguez inspirada polos poemas de Celso Emilio Ferreiro. #fillasdocafé
Marcha nórdica, Salón do Libro e Picnic Sesions Saiáns 05.05.2023 59:38
Neste #fillasdocafé algo de marcha nórdica, que ten o seu aquel o de coller os bastóns. Un paseo polo Salón do libro de Pontevedra e un lugar xeitoso para unhas Picnic Sesions en Saiáns.
Mel de Galicia & Sen, panadería xaponesa 28.04.2023 58:46
Desaiuno doce para este #fillasdocafé? Tostada con mel de Galicia. E algo parecido a un bolo de leite, os fan nunha panadería xaponesa do casco vello.
Museo Arqueolóxico Nacional & Traxe tradicional galego 21.04.2023 57:47
Unha frauta con hueso de buitre de hai mais de 12mil anos… da relación entre a arqueoloxía e a música conversamos con Susana de Luis, arqueóloga no Museo Arqueolóxico Nacional. Outra historia é a do traxe tradicional galego… diso sabe moito a costureira Bego Martínez.
INORDE e artesanía palmas domingo de Ramos 14.04.2023 39:30
Neste fillas coñecemos unha proposta ‘piloto’ de turismo en Ourense da man do INORDE. E conversamos con Miriam Barbosa que elabora as palmas do domingo de Ramos.
A flor da camelia e persoaxes neoyorkinos 23.12.2022 47:09
Conversamos sobre o mundo das camelias con Carmen Salinero, presidenta da Sociedad Española da Camelia. E coñecemos persoaxes neoyorkinos, os de Patricia Bolaños Illustration no seu libro 'New York is the thing'.
Menciñeiras & o costume do loito en Galicia 15.12.2022 1:00:15
Meigas, habelas hailas. Nuria Ferreiro Amoedo amósanos nunha exposición temporal no Museo Liste algúns dos rituais e rezos da tradición curandeira na súa familia. Ademais, coñeceremos ‘A saia raiña’, un traballo de campo de Rita Más para retratar o costume do loito nas aldeas e cidades galegas.
Do vertedoiro, á vida 08.12.2022 49:56
Conversa con Rosa Silveiro, presidenta do Consello de Desenvolvemento do Barrio Santa Lucía, en República Dominicana.
Libros sobre mulleres galegas 02.12.2022 54:38
Imos falar coa xente de Polo Correo do Vento, que veñen de publicar un libro sobre María Casares, e con Isabel Blanco-Rivas, que tamén o fixo sobre “Galegas nas artes”.
Sés & Banco de Alimentos 25.11.2022 58:41
Neste #fillasdocafé, conversa con Sés sobre o seu novo disco ‘Diante un eco’ e coa xente do Banco de Alimentos, que están coa Gran Recollida.
Mulleres na conserva 18.11.2022 1:16:53
45 anos de traballo no mundo da conserva, comenzar con 15 ou 16 anos… toda unha vida resumida neste #fillasdocafé
Carla Lourdes e Cristina Picos 11.11.2022 40:24
Desta volta sae un #fillasdocafé enriba das táboas. Conversa con Carla Lourdes, unha das artistas que participou nos concertos secretos do Sofar Sounds, e a entrevista que lle fixemos a Cristina Picos, actriz protagonista do musical “El Médico”.
Tita Lloréns e Rede Aldear 04.11.2022 44:48
Nese #fillasdocafé, conversa con Tita Lloréns e coñecemos o proxecto Rede Aldear.
Xanceda e 'Herbario de Rosalía' 28.10.2022 1:00:08
Quen non coñece Xanceda? E a Rosalía de Castro? Neste #fillasdocafé viaxamos ata a Granxa Xanceda coñecer a biodiversidade e o ‘Herbario de Rosalía’, unha colleita das herbas as que ela canta polos prados galegos.
A banda da Balbina e Instituto Jane Goodall 21.10.2022 46:36
Un par de historias. As que canta A banda da Balbina, entre a vida de aldea e a cidade. E as campañas de reciclaxe de móbiles do Instituto Jane Goodall en España para axudar á selva.
Pioneiras: unha astrofísica e mulleres oceánicas. 14.10.2022 54:42
Conversamos con Begoña Vila, astrofísica na NASA, e con Victoria Besada, sobre o proxecto 'Oceánicas'.
Escritoras: Cristina Pato e Laura Agustí 07.10.2022 59:24
A música Cristina Pato ven de publicar a súa primeira novela 'No día do seu enterro' e a ilustradora Laura Agustí o seu primeiro libro 'Historia de un gato'.
Lavadoiros: Ana Amado e A Banda da Loba 30.09.2022 49:45
O lavadoiros, lugar de encontro das mulleres, lugar de liberdade… sobre iso falamos con Ana Amado e con A Banda da Loba, que andan xirando con “Xabón Lagarta”
Carreira Vigo contra o Cáncer e Asociación de Sordos de Vigo 23.09.2022 54:35
Conversa con Rosa Soliño, sobre a Carreira Vigo contra o Cáncer, e un repaso polos 50 anos da Asociación de Sordos de Vigo.
Eferro Foliada & Chiringuito Patapalo 16.09.2022 50:10
Este Fillas vén con propostas para hoxe. A I Eferro Foliada que disfrutarán en Merza e se preferides praia o Chiringuito Patapalo pecha temporada na Illa de Arousa.
Un libro, un lugar de cine e impresións de viaxes 09.09.2022 1:01:00
Para este fillas, un libro: 'La conjura de la niebla', de Ángela Banzas; un lugar para mirar pelis: Cinema Palleiriso; e impresións estudantiles sobre as viaxes ó estranxeiro.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet