RadioEstrada
Actualidade Mediodía
🕛 Actualidade Mediodía – Radio EstradaA información máis próxima pasa polos nosos micrófonos. En Actualidade Mediodía resumimos o que está a acontecer na Estrada e na comarca: novas de política local, cultura, deporte, servizos, tempo e sociedade.📻 Con rigor, proximidade e voz propia, Radio Estrada conta o que importa, dende aquí e para aquí. O que pasa na Estrada, pasa por aquí.
Husk at besøge podcastens hjemmeside og støtte skaberen: www.ivoox.com
Forfatter
RadioEstrada
Kategori
Podcastens hjemmeside
Seneste episode
10. nov. 2026
Hvor kan du lytte?
Podcasts i appen Replaio Radio Kommer snartPodcasts kommer snart til appen. Installer nu, og vær den første til at se en helt ny tilgang til podcasts
Episoder
Informativos Radio Estrada 10.11.2026 34:43
Neste informativo repasamos a actualidade da xornada coa mirada posta nun accidente de tráfico rexistrado na parroquia de Moreira, onde unha persoa resultou ferida tras sufrir unha saída de vía e envorcar co seu vehículo na EP-7017, á altura da Pica. Ademais, seguimos o inicio das obras de mellora do obradoiro de emprego A Estrada Emprega Foresta, coa visita do delegado da Xunta en Pontevedra, e f...
Informativos Radio Estrada 09.11.2026 42:59
A borrasca Bruna deixa unha xornada marcada pola inestabilidade meteorolóxica en Galicia, con avisos por chuvias intensas, treboadas e fortes ventos que afectan tamén á nosa comarca. Neste informativo falamos do accidente de tráfico rexistrado en Parada no que resultou ferida unha veciña de Cereixo, do remate do prazo para presentar alegacións aos proxectos eólicos Monte Arca Norte e Sur, e da mul...
Informativos Radio Estrada 06.11.2026 45:51
Neste informativo local repasamos os principais asuntos da actualidade da Estrada e da comarca. Abrimos coa sinatura do convenio polo que a Xunta achegará 400.000 euros para renovar a área recreativa da praia fluvial do río Liñares. Tamén falamos do avance das obras de mellora das cunetas na estrada provincial entre O Sol e Pardemarín, xa na súa recta final, e da nova xornada de convivencia veciña...
Informativos Radio Estrada 05.11.2026 38:56
No informativo de hoxe repasamos a actualidade máis destacada da xornada. A CIG chama a secundar a folga xeral do vindeiro 11 de novembro cunha mobilización na Estrada, mentres o Concello fixa os servizos mínimos de Axuda no Fogar para esa mesma convocatoria. Tamén falamos da visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, ás instalacións nas que Aspanaes poñerá en marcha dúas unidades de edu...
Informativos Radio Estrada 04.11.2026 33:13
️ O fume volve protagonizar a actualidade en Galicia. Coa reactivación das queimas agrícolas e forestais, as columnas de fume e o cheiro a queimado deixáronse sentir en numerosos puntos do territorio. Abrimos o informativo lembrando a importancia da prudencia e repasando tamén o balance da campaña de incendios presentado pola Consellería do Medio Rural. ️ Ademais, nos titulares locais falamos da p...
Informativos Radio Estrada 03.11.2026 46:01
No informativo de hoxe abrimos coa incidencia rexistrada na Praza do Concello da Estrada, onde a letra «T» do emblemático rótulo da vila sufriu un percance sen que houbese que lamentar danos maiores. Tamén contamos todos os detalles da presentación do cuarto vehículo eléctrico que o Concello pon a disposición da veciñanza dentro do servizo de mobilidade compartida. Ademais, coñecemos a nova edició...
Informativos Radio Estrada 02.11.2026 35:54
Neste informativo de hoxe, coincidindo coa celebración do Día de Defuntos, abrimos lembrando unha xornada dedicada á memoria dos seres queridos que xa non están entre nós, despois dunha fin de semana marcada polas visitas ós cemiterios, as flores e os recordos. Entre os principais asuntos da actualidade, falamos do xuízo que celebrará mañá a Audiencia de Pontevedra contra tres persoas acusadas de...
Informativos Radio Estrada 30.10.2026 40:40
Ás portas de Todos os Santos e do Día de Defuntos, o Samaín volve cobrar protagonismo nas parroquias da Estrada cun amplo programa de actividades para todas as idades. Neste informativo repasamos as celebracións previstas para a fin de semana e facemos balance doutras citas culturais e sociais da comarca. Ademais, falamos da denuncia por unha presunta suplantación de identidade sufrida polo párroc...
Informativos Radio Estrada 29.10.2026 37:01
A traxedia ferroviaria rexistrada en Toledo, que deixa xa 69 persoas falecidas, marca a actualidade deste informativo e condiciona tamén a vida pública e cultural da Estrada. O municipio sumouse aos tres días de loito oficial cun minuto de silencio en memoria das vítimas e coas bandeiras da praza do Concello a media hasta. Ademais, o goberno local decidiu adiar os actos culturais previstos para es...
Informativos Radio Estrada 28.10.2026 32:02
Neste informativo damos conta do grave accidente ferroviario rexistrado esta mañá na provincia de Toledo, no que perderon a vida polo menos 50 persoas e máis de 179 resultaron feridas tras a colisión entre dous trens de alta velocidade. Repasamos tamén as reaccións institucionais, coa cancelación de axendas oficiais por parte de distintas administracións e a convocatoria dun minuto de silencio ás...
Informativos Radio Estrada 27.10.2026 34:51
No informativo de hoxe falamos da rápida intervención dos servizos de emerxencias para extinguir un incendio nunha vivenda da avenida de Pontevedra. Ademais, veciños de Tabeirós denuncian o roubo de cable de cobre nas farolas públicas de Rebordelo, mentres que a Policía Local da Estrada alerta dun novo método de roubo en aparcadoiros baseado no engano das moedas. Repasamos tamén o inicio dun novo...
Informativos Radio Estrada 26.10.2026 44:16
No informativo de hoxe abrimos cunha homenaxe á memoria de Francisca Andújar, alma do histórico restaurante Os Peares e referente da hostalaría estradense, falecida aos 92 anos tras unha vida dedicada ao traballo, á cociña e á súa vila. Ademais, repasamos a actualidade local cun avance dos titulares máis destacados: o xuízo por narcotráfico e branqueo que sentará no banco a catro familiares do pri...
Informativos Radio Estrada 23.10.2026 9:56
Esta fin de semana o reloxo atrasa unha hora e con ese cambio ao horario de inverno abre un novo informativo de Radio Estrada. Na actualidade local, analizamos a declaración de impacto ambiental negativa para cinco parques eólicos que afectaban ao rural estradense e facemos un repaso á ampla programación do Samaín, que este ano medra con oito propostas repartidas entre a vila e as parroquias. Tamé...
Informativos Radio Estrada 22.10.2026 35:33
Neste informativo abrimos cun balance dos investimentos da Xunta, que reserva preto de 21 millóns de euros para A Estrada e sitúa o investimento por habitante da comarca por riba dos 4.500 euros. Falamos tamén da polémica arredor da gasolineira proxectada na Baiuca. A asociación A Galiña Azul reclama unha ampliación do prazo de alegacións, mentres que o BNG reuniu á veciñanza nunha concentración d...
Informativos Radio Estrada 21.10.2026 34:32
No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da súa contorna. Abrimos coa colisión entre dous vehículos na avenida Benito Vigo, un accidente que se saldou co traslado dun dos condutores ao centro de saúde. Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifica a condena dun ano de cárcere por acoso machista nun caso instruído nos xulgados estradenses. Tamén abordamos as novidad...
Infomativos Radio Estrada 20.10.2026 32:54
Neste informativo de Radio Estrada repasamos a actualidade máis destacada do municipio e da comarca. Abrimos coa oposición da ANPA da Galiña Azul á gasolineira proxectada a só 32 metros da escola infantil, reclamando unha localización alternativa. Ademais, remata hoxe o prazo para presentar alegacións á liña de alta tensión A Estrada-Paizás e coñecemos os avances previstos para a autovía de A Estr...
Informativos Radio Estrada 19.10.2026 36:19
A Estrada e Rianxo selan hoxe oficialmente o seu irmandamento arredor das figuras de Castelao e Virxinia Pereira, reforzando os vínculos históricos, culturais e emocionais que unen ambos municipios. Un acto cargado de simbolismo que mira ao futuro desde a memoria compartida. Neste informativo tamén falamos da adxudicación, por parte da Deputación, das obras de mellora da estrada entre o Alto da Cr...
Informativos Radio Estrada 16.10.2026 39:08
Un tremor de terra con epicentro en Ponferrada rompeu a tranquilidade da noite e deixouse sentir de maneira leve en distintos puntos da Estrada, protagonizando a apertura deste informativo. Repasamos ademais a actualidade local coa apertura oficial da causa para a canonización de Santa Paterna de Arnois, a petición do Concello da Estrada para modificar o trazado da liña eléctrica a Paizás co obxec...
Informativos Radio Estrada 15.10.2026 35:53
Neste informativo repasamos a actualidade máis destacada da xornada na Estrada e na comarca. Abrimos coa prórroga da época de alto risco de incendios forestais en Galicia ata o próximo 31 de outubro, debido ás condicións meteorolóxicas, e lembramos os teléfonos de alerta e denuncia habilitados pola Xunta. Entre os asuntos máis relevantes do día, a sinatura do convenio do Plan Extra entre a Deputac...
Informativos Radio Estrada 14.10.2026 36:24
Na edición de hoxe repasamos a actualidade máis destacada de A Estrada e da comarca. O Concello estuda posibles alegacións contra a gasolineira proxectada na Baiuca, poñendo o foco na proximidade da escola infantil, mentres que o BNG reclama paralizar a iniciativa por considerar que incumpre o PXOM. Tamén abordamos a negativa do Ministerio á autorización do parque eólico Alamoceiros polos seus efe...
Informativos Radio Estrada 13.10.2026 37:10
Neste informativo repasamos a actualidade da xornada coa investigación dunha denuncia por unha presunta agresión sexual cometida por dous homes na Estrada. Ademais, contamos o proxecto para a posible instalación dunha nova gasolineira de autoservizo aberta as 24 horas na zona da Baiuca e a adxudicación, por parte da Xunta, das obras para construír 28 vivendas públicas na vila cun investimento de 4...
Informativos Radio Estrada 09.10.2026 34:23
A Estrada foi hoxe escenario do acto institucional de homenaxe ás policías locais de Galicia, celebrado na Academia Galega de Seguridade Pública coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. A xornada serviu para recoñecer a traxectoria de numerosos axentes e dar a benvida ás novas promocións de mandos policiais. Neste informativo tamén falamos do accidente rexistrado en Berres, onde unha pe...
Informativos Radio Estrada 08.10.2026 35:33
A despedida a Xosé Manuel Beiras, falecido aos 90 anos, abre o informativo de hoxe. Na Estrada, contamos o accidente sen feridos na avenida Benito Vigo e o restablecemento do subministro de auga tras a avaría en Matalobos. Tamén repasamos a lista provisional de candidatos a xurado popular, o curso de lingua e cultura galegas para persoas migrantes e o peche temporal das adopcións de Patiñas por fa...
Informativos Radio Estrada 07.10.2026 30:02
No informativo local de hoxe abrimos cunha información de servizo: o Concello da Estrada contará con 14 festivos laborais no ano 2027, incluíndo como datas locais o 24 e 25 de xuño, coincidindo coas festas de San Paio. Ademais, falamos da avaría na rede de auga que obrigará a interromper mañá o subministro en varias rúas do casco urbano, das obras da compañía R na rúa Iryda, que se prolongan pola...
Informativos Radio Estrada 06.10.2026 35:32
No informativo deste martes 6 de outubro, repasamos o aviso amarelo por choiva no interior de Pontevedra e a actualidade da Estrada: o recoñecemento a dous policías locais polos seus 25 anos de servizo, a participación de Carla Rey no certame Miss RNB Pontevedra 2027 e as 40 axudas municipais a colectivos veciñais, por un total de 110.977 euros. Falamos tamén da xornada de Mulleres Rurais Avelina...
Lignende podcasts
Replaio er ikke podcastudgiver; programmernes navne, coverbilleder og lyd tilhører deres ophavsmænd og distribueres via offentlige RSS-feeds.