Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6512 episoder

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Husk at besøge podcastens hjemmeside og støtte skaberen: www.ivoox.com

Forfatter

Radio Municipal de Tui

Kategori

News

Podcastens hjemmeside

www.ivoox.com

Seneste episode

16. okt. 2026

Hvor kan du lytte?

Podcasts i appen Replaio Radio Kommer snart

Podcasts kommer snart til appen. Installer nu, og vær den første til at se en helt ny tilgang til podcasts

Hent den på Google Play Installer gratis Android næsten 10 mio. downloads · 4,8 i bedømmelse iOS snart

Episoder

Ent. Conchi Regueiro, escritora e membro da organización da TuidCon | Hoxe comeza a TuidCon Hispacon 16.10.2026

Hoxe venres ás 16 h inaugúrase a Tuidcon HispaCon, a convención da literatura fantástica que se vai celebrar en Tui até este domingo. Será en tres espazos: a Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez, o Espazo Sociocultural, e o edificio da Praza da Inmaculada. Conferencias, mesas redondas, unha feira editorial, xogos de rol, cosplay... forman parte do programa previsto coma hoxe...

Ent. Rodrigo Almeida e Noel Claro, de Xuventude de Vilameán | XXXV Festa do Carballo 15.10.2026

Castañas, múica, xogos populares, inchables e verbena será o que este sábado 17 se vivirá na Festa do Carballo que organiza Xuventude de Vilameán. Este magosto “ao grande”, como definen os seus organizadores, cumpre este ano 35 edicións cunha programación especial durante toda a xornada. Así nolo contaron na nosa sintonía Rodrigo Almeida e Noel Claro, membros da organización.

Ent. Ismael Felgueiras e Vilo López, de Amigos da Festa de Rebordáns | III Terrordáns 15.10.2026

Até mañá venres está aberto o prazo de inscrición para a andaina nocturna Terrordáns, que organiza a comisión Amigos da Festa de Rebordáns. Será este sábado 17 ás 21.30 h dende o torreiro de festas, e a inscrición inclúe chocolate con rosca e queimada ao remate. O prezo é de 6€, e gratuíta para menores de 12 anos. Ademais, o próximo 7 de novembro volven os bingos semanais. Así nolo contaron hoxe I...

Ent. Yoli Lorenzo, actriz | Espectáculo Dedín, dedín, dedal 15.10.2026

Mañá venres ás 19 h a cita no Teatro Municipal de Tui será co público familiar. Malasombra Producións presentará "Dedín, dedín, dedal", un espectáculo musical para rir e bailar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€. Yoli Lorenzo, quen xunto a Brais Iriarte dá vida a esta función, animou hoxe ás familias a achegarse ao teatro.

Ent. Julieta Alacino, de Alalá Cooperativa Galega | IX Xornadas de Educación Ecosocial 14.10.2026

Esta fin de semana celébranse as IX Xornadas de Educación Ecosocial, organizadas por Alalá Cooperativa Galega en colaboración con FUHEM. Serán dous días, o sábado 17 e o domingo 18, con actividades en Tomiño e no Monte Aloia. Van dirixidas aos centros educativos da comarca, e a participación é gratuíta, tal e coma hoxe explicou Julieta Alacino, de Alalá Cooperativa Galega.

Ent. Fátima García Doval, pedagoga | Exposición "O sentido de Alicia" 14.10.2026

Hoxe mércores ás 19.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle a inauguración da exposición "O sentido de Alicia", cunha escolma de 90 elementos da colección de Fátima García Doval sobre o libro de Lewis Carrol "Alicia no país das marabillas". Esta mostra poderá visitarse dende hoxe até o 10 de xaneiro de 2027. Fátima García, pedagoga, contounos hoxe algunhas curiosidades das pezas que poderemos vi...

Ent. Lola Robles, escritora | TuidCon HispaCon 2026 14.10.2026

A escritora Lola Robles estará presente na TuidCon HispaCon 2026 esta fin de semana en Tui. Ofrecerá a charla "A nosa propia Historia" e moderará o encontro entre Rosa Montero e Mafalda Santos, ambas actividades o sábado 17 no Espazo Sociocultural. Hoxe conversamos con Lola Robles sobre esta convención e os seus libros.

Ent. Pedro García Bilbao, sociólogo e escritor | TuidCon HispaCon 2026 13.10.2026

Esta fin de semana celébrase en Tui a TuidCon HispaCon 2026, con máis de 40 actividades. Unha delas será a Aznarcon, que hoxe coñecemos cun dos seus impulsores, o sociólogo e escritor Pedro García Bilbao.

Espazo Comercio | Martes 13 de outubro Ferretui 13.10.2026

No tempo do Espazo Comercio que cada martes abrimos en colaboración con ACITUI, hoxe recibimos a Eduardo Dacuña de Ferretui. Nesta céntrica ferretería tudense contan con maquinaria, ferramentas e produtos para distintos labores que chegan co outono como é a poda ou a invernaxe das piscinas, entre outros.

Ent. Xurxo Faral, director de Noitebras Teatro | Casting musical Xesucristo Superstar 09.10.2026

O grupo de teatro amador Noitebras busca voces masculinas e femininas para o seu primeiro musical. Con Xesucristo Superstar iniciaranse neste xénero, e necesitan persoas que queiran participar del. Así nolo contou hoxe Xurxo Faral, director e actor de Noitebras Teatro.

Ent. Inma López, escritora | Presentación libro "Despois de san Castelao" editorial Moléculas 09.10.2026

A escritora Inma López presenta o próximo xoves 15 en Tui o seu novo libro "Despois da san Castelao", publicado coa recén creada editorial Moléculas. O acto, ao abeiro do Mes da Biblioteca, será no Espazo Sociocultural ás 20 h, no que tamén se presentará a editorial tudense. Coñecemos detalles hoxe coa escritora.

Ent. Carlos Fer, artista | Presentación catálogo de Relicario 09.10.2026

Hoxe venres ás 18 h preséntase na Capela das Reliquias da Catedral de Tui o catálogo de Relicario, a intervención artística do tudense Carlos Fer que se pode visitar no templo catedralicio até o 30 de novembro. Conversamos hoxe co artista sobre este catálogo, a súa tese doutoral e próximos proxectos.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Tui; e Eva Gil, de Galicia Suroeste | Programación Espazos Efémeros 09.10.2026

A creatividade e o produto local serán os protagonistas de Espazos Efémeros, que dende hoxe venres e até o luns se vai celebrar no edificio da praza da Inmaculada de Tui. Dezaoito postos de venda, obradoiros demostrativos e música será o que haberá nestes Espazos, con entrada libre. Así nolo contaron hoxe Ana Núñez, concelleira Comercio e Turismo; e Eva Gil, de Galicia Suroeste

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade | Concerto inicio do curso e CEIP de Pazos de Reis 09.10.2026

O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá ás 20 h o concerto inaugural do curso académico 2026/27 da man da Big Band do Conservatorio. Deste evento daba conta na nosa sintonía a concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente. Por outra parte a concelleira amosou o apoio do Concello de Tui á reivinvicación da ANPA e a comunidade educativa do CEIP de Pazos de Reis que solicita unha reform...

Ent. Rubén López, director do CMUS; e Jacobo González, director da Big Band | Concerto inaugural do curso académico 08.10.2026

Este sábado ás 20 h a Big Band do Conservatorio de Música de Tui ofrece no Teatro Municipal o concerto inaugural do curso académico 26/27. Actuarán 20 artistas con idades entre os 12 e 20 anos e ofrecerán un repertorio variado de clásicos dos anos 80. A entrada é libre até completar o aforo. Así nolo contaron hoxe Rubén López, director do CMUS; e Jacobo González, director da Big Band.

Ent. Artur Trillo, director | Talía Teatro con Un deus salvaxe 08.10.2026

"Un deus salvaxe" é o título da obra teatral que Talia Teatro presenta mañá venres, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui. Sobre o escenario estarán María Ordoñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais, baixo a dirección de Artur Trillo. Precisamente con el coñecemos o argumento da obra e as características desta montaxe teatral. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 10€ e 7,5€, até dez...

Ent. Conchi Regueiro, escritora tudense | TuidCon HispaCon 2026 07.10.2026

A música porá o broche final á TuidCon HispaCon 2026 o próximo domingo 18 no Teatro Municipal de Tui. A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto ás 13 h con bandas sonoras de películas fantásticas. Conchi Regueiro, escritora tudense e membro da organización, detallou hoxe na nosa sintonía a programación completa do domingo.

Ent. David das Tebras, escritor | Xogos de rol e TuidCon HispaCon 2026 07.10.2026

Cinco serán os xogos de rol que na TuidCon HispaCon 2026 se van celebrar en Tui a próxima semana. O edificio da Praza da Inmaculada acollerá estas cinco partidas durante os tres días da convención, do 16 ao 18 de outubro. As prazas para participar nestes xogos son limitadas. A inscrición pode realizarse de xeito gratuíto no correo rol_tuidcon@proton.me. David das Tebras, escritor, explicou na nosa...

Espazo Comercio | DiSom Tui 06.10.2026

No seu 40 aniversario, DiSom Tui inicia unha evolución e transformación. Dende mediados deste mes será MS Medical Sport, un centro que integra exercicio, prevención, fisioterapia, osteopatía, nutrición, podoloxía, psicoloxía e outras áreas do benestar. Hoxe coñecemos esta transformación no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, con Eduardo Méndez Sanjurjo, director, xerente e propietario do...

Ent. María González, presidenta, Aroa Rendo, vicepresidenta, e Lucía Carballido, do Club Remo Tui | Regata Cidade de Tui 06.10.2026

Hoxe martes remata o prazo de inscrición para participar na VIII Regata Cidade de Tui que organiza o Club Remo Tui este sábado día 10. Disputarase na modalidade de skiff nas categorías Alevín, Infantil, Cadete, e Absolutos. Comezará ás 9.30 h e constará de 400 metros entre a Ponte Internacional e as gradas da rúa Olímpicos Tudenses Así nolo contaron hoxe María González, presidenta, Aroa Rendo, vic...

Ent. Luis Muiño, psicoterapeuta e divulgador | Charla en Tomiño "Fai match coa túa saúde mental" 06.10.2026

O psicoterapeuta e divulgador Luis Muiño ofrece hoxe martes a actividade "Fai Match coa túa saúde mental" no IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, nunha iniciativa impulsada por Avelaíña Saúde Mental en colaboración co Concello de Tomiño. Con motivo do Día da Saúde Mental, que este sábado día 10 se conmemora, alumnado do instituto tomiñés recibirá unha charla na que se abordarán cuestións para o benes...

Ent. Noelia Romero e Andrea Vega, da Oficina Técnica de Prevención da Asociación Érguete | Programa ADOS 05.10.2026

O Programa ADOS da Asociación Érguete é unha iniciativa deseñada para abordar o consumo de cannabis na adolescencia e dar apoio ás familias. O obxectivo é reconducir as situacións de consumo temperán dende unha perspectiva educativa, preventiva e de acompañamento, ofrecendo outras opcións máis aló das multas económicas que poidan recibir esas persoas menores. É un programa financiado pola Deputaci...

Raíces e vangarda | Marmelada de castañas 05.10.2026

Hoxe no programa Raíces e vangarda falamos da castaña, o produto da temporada. Cociñamos co chef Judicael Romero marmelada de castañas, quen deu consellos e trucos para aproveitar este alimento de outono.

Ent. Ana Carpintero, de Somos Océano | Club Océano 02.10.2026

Nace Club Océano, unha iniciativa de talleres creativos e momentos con calma para crear produtos coas mans, tecer comunidade e compartir momentos. O primeiro taller que se vai realizar será "Colar mil voltas", que será o sábado 10 de outubro a partir das 11 h no Espazo SomosOcéano, nas Galerías Caracas de Tui. Hoxe presentounos esta iniciativa Ana Carpintero, quen avanzoi tamén todos os detalles d...

Ent. Andrea González, directora IKFEM | II Concurso Novas Ondsa Sonoras 02.10.2026

Pedro Ribeiro, Atún Blanco, Brío, Sofía da Mata, Minho Reed Quintet e Keepers son os finalistas do II Concurso Novas Ondas Sonoras organizado polo IKFEM. Mañá ás 19 h celebrarase no Teatro Municipal de Tui a final na que se coñecerá o gañador desta edición. Andrea González, directora do IKFEM, daba conta do obxectivo do certame que é dar visibilidade ao talento xove, e o premio será actuar en 2027...

Lyt til podcasten Día a Día i Replaio

Radio og podcasts i én app - gratis og uden tilmelding. Installer i dag, og gå ikke glip af lanceringen

Hent den på Google Play

Replaio er ikke podcastudgiver; programmernes navne, coverbilleder og lyd tilhører deres ophavsmænd og distribueres via offentlige RSS-feeds.