Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal
Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com
Autor
Radio Valladares
Categoria
Site do podcast
Último episódio
29 de set de 2026
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Sálvora, illa enigmática 05.12.2019 40:43
Percorremos a illa de Sálvora e coñecemos o oficio de farero con Julio Vilches. Pícavos a curiosidade de saber quen é? Procurade "Sálvora, diario de un farero" da editorial Hoja de Lata. Aí descubrimos autores moi implicados co entorno onde viven. Galegos, asturianos e do planeta, en xeral.
Música na Galicia 29.11.2019 53:41
-"Turoqua", o novo disco do creador de música tradicional Marcelo Dobode. - "Músicas galegas ilustradas", proxecto de Laura Romero co obxetivo, dar visibilidade ás mulleres nas bandas de música galegas actuales.
Bernés, 50 anos na Banda de Valladares 22.11.2019 58:02
Home cariñoso e divertido a partes iguales. "Bernés, con gorra ou sen gorra?" Esa é a cuestión principal para saber como toca mellor a percusión. Ten mil anécdotas destes 50 anos na banda. Aprendeu o "oficio" do seu pai para axudar na casa e acabou por comprometerse plenamente coa banda. Chegou a pagarlle a outro para que fora ó choio no reparto de fotos no lugar del e así poder ir tocar a un cert...
Situación laboral en PSA-Citroën Vigo 15.11.2019 49:06
Dende hai 10 anos aparecen baixas por ansiedade e estrés entre os traballadores. Cada vez as condicións laborais son mais precarias. Conversamos con Vitor Mariño da CUT e con Carlos, empregado da empresa multiservicios Clece.
O sistema público de pensións 31.10.2019 59:12
O Movemento galego pola defensa das pensións públicas ven de concentrarse en Madrid diante do Congreso dos Deputados hai 2 semanas. Conversamos sobre o sistema público de pensións e o sistema público de benestar coa plataforma de Vigo.
Pola ría de Vigo: caminatas e mais queixos 25.10.2019 52:51
Ata a Fraga de Moaña imos coñecer os queixos de A MeixoEira. Coa Senda do Moucho camiñamos polos montes que bordean a ría de Vigo. E surfeamos na historia do emigrante galego que fundou o Teatro Fraga.
Tertulia cos vellos "Retrincos" 18.10.2019 49:59
Retrincos, grupo folk de Valladares que hai 25 anos pasou polo Luar. Con Manolo e mais Cholo conversamos sobre o divino e o humano desta experiencia tan galega.
Os mestres e o sistema educativo 11.10.2019 58:09
Tertulia sobre o sistema educativo cun alumno de secundaria, unha mestra de primaria e mais un pedagogo.
Conto sobre a natureza e a sociedade do coidado 04.10.2019 42:38
"Indómita e a semente da inmortalidade" de Álex Mene. Tertulia co autor a modo de clube de lectura.
Teatro Escoitade 27.09.2019 47:18
Tertulia sobre os primeiros papeis, as persoaxes mais difíciles e as mais agradecidas no Teatro Escoitade con Raúl e mais Manolo. A escola de teatro e as compañías que veñen este outono a Valladares no ciclo de Teatro Amador, tamén tiveron o seu oco na cháchara.
Mundial Baloncesto. España, ouro! 20.09.2019 48:19
España, campeona do mundo baloncesto. Con Dani repasamos o famoso método que posibilitou esta fazaña de España. Lemos un anaco da sentida carta que lle escribiu Pau Gasol ó equipo. E con Juan Manuel Mejuto, un profesional do baloncesto en Pontevedra, comentamos esta épica victoria.
Tertulias after Revoltallo. Feedback & music 13.09.2019 1:04:17
-Con xente da orghanisaçao e mais da barra do bar. Repaso ós concertos, á rave, á sesión dj con xente no escenario... -Con dous músicos pegados ás cordas da guitarra e mais do baixo: Jairo Daponte e Rubén Palomo.
Grupo Humanización Hospital Álvaro Cunqueiro 05.09.2019 45:15
Traballar en urxencias supón traballar cunha elevada carga: de estrés, física, emocional… Quen entra como paciente, ás veces, ten a impresión de que ten que esperar horas de mais, de que é un número agardando que saia na pantalla onde dirixirse… Ana Braña Rey vainos guiando para comprender como é o traballo da xente que nos recibe no Cunqueiro e das necesidades que eles teñen: como equipo, como pr...
Baloncesto. Mundial da China 30.08.2019 45:50
Comeza o Mundial de baloncesto en China. Repasamos os grupos, os favoritos, o team que leva España e o novo sistema de clasificación. Viaxamos polos últimos 40 anos do baloncesto en Galicia cun histórico do baloncesto en Pontevedra, Juan Manuel Mejuto Pérez. Xogador, árbito e adestrador, que creou un clube feminino no ámbito pontevedrés.
Árbitraxe 23.08.2019 47:12
A arbitraxe como xeito de vida, como un deporte, como un elemento de transmisión de valores positivos. Conversamos con 3 árbitros de fútbol veciños de Valladares. Milucho, árbitro de veteranos. Maceira, árbitro vocacional por mais de 25 anos. Pérez Pallas, árbitro profesional en 2ª e agora no VAR.
Rock alternativo: Agoraphobia & Deportes de mar e montaña 14.08.2019 49:31
- Rock alternativo con Agoraphobia. Made in Boiro. -Traíñas, mountainbike e ciclocross. Conversamos con María Rodríguez, unha rapaza de 19 anos veciña de Valladares que practica este dous deportes.
Costa dos Castros & Morcegos de Galicia 09.08.2019 41:13
Costa dos Castros na zona de Oia. 12 castros en 7km e centos de petroglifos metidos polos montes, algún deles único en Europa. O mais importante non é isto, senón a creación dunha comunidade de veciños entorno ó patrimonio na zona de Oia. Morcegos de Galicia Tráennos múltiples beneficios. Son grandes consumidores de insectos e regulan as pestes agrícolas. Os galegos comen grandes cantidades de ave...
Petroglifos & Patinaxe 02.08.2019 49:14
O mundo dos petroglifos con Juan, o responsable de comunicación de Campo Lameiro. 22 campos de fútbol é o tamaño desta catedral do arte rupestre hai 4 mil anos. Queredes saber mais? Seica se descubriron recentemente petroglifos en covas, nas montañas de Ourense. Escoitade o podcast ou lede o clásico das guías de petroglifos por Galicia de Antonio Peña Santos ou calquera dos de Manuel Santos Estéve...
Sons da guitarra & sons do baixo 24.07.2019 59:10
Con Germán Son e mais a súa "Federica". Imos descubrindo os sons tímbricos da súa Stratocaster. Miguel, ó baixista do grupo vigués You Dog!!, da man do seu sobriño Dani.
Vigosaxforum & Clarinet Fest & Mostra Teatro Ribadavia 19.07.2019 1:01:05
CLARINTES. Gústavos o son? Conversamos con algúns dos profes do curso de clarinetes que esta semana tivo lugar na parroquia organizado pola Unión Musical de Valladares: Robert Spring, Massimo Mazzone e Andrés Valero. Tamén co pianista Pablo Rodríguez, cos directores artísticos e académicos e con algún dos alumnos. Unha xoia escoitar como viven a música. -SAXOS. Gústavos o son? VigoSaxForum: concer...
Fotografías e libros sobre a diversidade sexual 28.06.2019 1:00:53
Contos que axudan a comprender: “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, "Piratas no recreo", "22 segundos"... Conversamos coa escritora Iria Misa, a ilustradora Luz Beloso e con Cristina Palacios que as asesorou dende Arelas, asociación de familias de menores trans. "Amores entre iguais. Fotografía atopada 1880 -1947" 60 retratos de parellas de homes, mulleres ou persoas travestidas que Xosé Manuel Buxá...
Os colexios hai 50 anos. Reflexións sobre a arquitectura. 21.06.2019 54:04
Hai 50 anos os colexios solían estar nos baixos das casas. Os nenos iban a unha escuela e as rapazas a outra. Había un profe para todos os alumnnos, que estaban todos mesturados (grandes e cativos). O mesmo que os as materias, que as explicaba todas o mesmo mestre ou mestra. Imos coñecer eses inicios e as transformacións dende o ano 63… descubrir cantas escolas unitarias había por Valladares, as d...
Presos políticos 13.06.2019 58:00
A historia que contamos é a dos presos políticos do PCE(r). Partido Comunista de España (reconstituido). -A de Manuel Pérez Martínez, coñecido como Camarada Arenas, que estando dentro do cárcere pinta retratos. Algúns podemos miralos estos días no Café de Catro a Catro. -E a de Paco e Fernando, dúas persoas que, polas súas ideas, inda pasaron uns anos no caldeiro. As ideas son un arma moito mais f...
Montes de Beade & Unión Musical de Valladares 07.06.2019 48:36
A da banda de Valladares, que comeza o tour de concertos veraniegos e mais abre a inscripción para os cursos de clarinetes e saxos con moitos profes do Conservatorio de Mallorca. Imos coñecer os montes de Beade. Que árbores hai plantadas, que partes hai destinadas a uso social (pgrs, merendero, campo de fútbol... ). Falamos da xestión e dun cambio de antena de telefonía da parroquia cara o monte.
Conversa con Malores Villanueva sobre Antonio Fraguas e a cultura galega 31.05.2019 45:29
Conversamos con Malores Villanueva sobre a nosa cultura galega, o legado de Antonio Fraguas, a lingua, a relación cos políticos... Tremendamente interesante!
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos