Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal

Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com

Autor

Radio Valladares

Categoria

Society

Site do podcast

www.ivoox.com

Último episódio

29 de set de 2026

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

Do 30 novembro ao 4 decembro 04.12.2020

Como foi o Culturgal 2020 co director Xosé Aldea. Como se está a vivir no barrio de Navia novo. Que melloras se precisan?

Do 23 ao 27 novembro 27.11.2020

Historias sobre Domaio e o secadeiro de bacallau, o "Xurelo", a canteira do Cocho... Biografías de lugares na costa do Morrazo coa Illa dos ratos. https://ailladosratos.org/blog/ En Cangas está a sede do MUVI, Museo do videoxogo. Tamén o visitamos.

Do 16 ao 20 novembro 19.11.2020

Apodos. Todos temos un? Un paseo polos de Valladares, Bembrive e Beade. Co historiador Anxo Lemos coñecemos os do Valmiñor. Buscando historias da Guerra civil en Marín, tiveron que tirar de apodos, que acabaron no libro "Quen é quen".

Do 9 ao 13 novembro 13.11.2020

Tertulia "Vai-darlles". Unha publicación que recollía as inquedanzas artísticas de finais dos 80. Naceu en Valladares, pero coas miras abertas a ser unha canle do movemento que se estaba a producir en Vigo e arredores. Tamén un paneo pola actividade que están tendo as asociacións veciñais neste 2020. Conversamos coa de San Miguel de Oia e coa do Calvario.

Do 3 ao 6 novembro 09.11.2020

Hortos escolares e hortos urbanos. Como funcionan na cidade? Conversamos cun cole de preescolar de Coia e mais co Monte Alba. E con xente que traballa a horta de Navia. Damos tamén unha volta polo porto de Canido e botamos un palique con dous pescadores.

Do 26 ao 30 outubro 30.10.2020

Algúns medos foron cambiando (home do saco, santa compaña...) e outros, mais universais, perviven no tempo (ós fenómenos da natureza, a certos animais...). Coa excusa do Samaín, os coles fan un traballo en coñecer os medos e procurar recursos para afrontalos.

Do 19 ao 23 outubro 23.10.2020

Tradición furgoneteira en Galicia. Conversamos co alemán que a trouxo a Vigo nos anos 80.

Do 12 ao 16 outubro 16.10.2020

En Ciencias do Mar andan probando uns arrecifes artificiais para o xardín acuático do Porto de Vigo. De conversa con músicos que tocan nas rúas galegas: Adrian Timms e Los Coleguitass. E con técnicos de cultura que os regulan ou progaman nas vilas galegas.

Do 5 ao 9 outubro 09.10.2020

Centolas, nécoras... vida crece no xardín acuático da Laxe. Parolamos co departamento de sostenibilidade da Autoridade Portuaria. Un café? Delikia coida moitisimo o café, os bocadillos, sándwiches nas súas máquinas vending. Impresións coa xente do teatro. Nestes tempos, son quen de romper a cuarta parede? Na tertulia: Gargallada Teatro, Tiruleque, Hipócrita Teatro e mais Lohengrín.

Do 28 setembro ao 2 outubro 02.10.2020

-Cos kits autocultibables de Resetea, podemos ter na casa setas ostra. Conversamos con Iñaki, promotor das ideas de kits de brotes, bombas de sementes... -Que comían non castro de Santa Tegra? Cóntanolo Brais Currás, arqueólogo e investigador do CSIC. -Que se fai cos descartes? Cremas, productos para os dentes... Contános Ricardo Pérez, xefe do proxecto Descarsel no CSIC- Bouzas

Do 21 ao 25 setembro 25.09.2020

-Acadar un soño. Jair, un mozo da Guinea Bissau, acaba de chegar á UVigo para facer un mestrado en economía. Foi posible gracias á campaña de crowfunding que leva a cabo Brais Álvarez na UVigo. -Os nomes de lugares eran o gps nos tempos dos nosos avós. Nas terras de Galicia está nomeado todo. E para que non se perda esta memoria nace o proxecto Galicia Nomeada. Conversamos con Vicente Feijoo, coor...

Do 14 ó 18 setembro 16.09.2020

Castings, arquitectura La Bauhaus e hits con retranca galega. Personal 7 figuración, "o chalet" de Valladares e De Vacas, respectivamente.

Do 7 ao 11 setembro 11.09.2020

Quen non foi á Franqueira, á San Benito... ofrecido? Dos exvotos e outras tradicións populares conversamos co historiador Anxo Lemos. De cháchara un bo anaquiño tamén con Xoán Curiel. Poliédrico na súa música e na súa formación artística, vai polo seu 6 disco. 3 de nenos e 3 de adultos. Neste último colle cantigas medievais e dalles o "seu xeito".

Do 31 agosto ao 4 setembro 04.09.2020

Sobre as franxas de seguridade nos montes conversamos co presidente de Montes Valladares, Gregorio Álvarez, a única empresa madeireira en Vigo e a técnica do centro veciñal de Valladares, que axuda a orientarse no catastro. Sobre as necesidades das parroquias do rural vigués que quedan desatendidas, a pesar de pagar "os impuestos", escoitamos ós veciños e tamén a presidenta da Asociación de veciño...

Do 24 ao 28 agosto 28.08.2020

No resumo: -contos e outras historias locais con Avelino González -cultura nos tempos do covid co alcalde de Nigrán

Do 17 ao 21 de agosto 21.08.2020

Algunhas novidades na Mancomunidade de Montes de Valladares: o megaparque de xogos, os cabalos que comen as plantacións de árbores novas, a idea dun I+D no monte da Sobreira por parte do Concello... Conversamos co seu presidente, Gregorio.

Do 10 ao 14 de agosto 11.08.2020

Que traemos? O mais divertido do Esperta esta semana. E había moito onde escoller! Lánsbrica, chapas de cervezas e "los rokeros de la muerte" coas súas guitarras de paus... e a banda de Valladares tocando no Nova Olimpia. En que ano? Ahhh. Dádelle o play!

Do 3 ao 7 de agosto 07.08.2020

No resumo, unha volta: -polo Vigo romano con Anta da Moura e pola prehistoria con Marcos Escudero, da festa da prehistoria en Mos. -pola imaxinación. Que facer cun pau? Para un neno atalo a unha corda, pode ser un canciño. -polo campo de fútbol da Gándara (Valladares) con Juanote.

Do 27 ao 31 de xullo 31.07.2020

- José, xubilouse como director da Banda de Valladares. -Furancho da Balsa -A pandemia na medicina gráfica

Do 20 ao 24 xullo 23.07.2020

Desta semana destacamos: -a volta o rural. Osmo, a aldea modelo. -SinSal, festival con encanto. Foco na economía circular.

Do Esperta 15 ao 17 xullo 17.07.2020

Resumo co mais destacado do Esperta Valladares: -Coro Gaos da Coruña, co seu directo Fernando Briones sobre os ensaios online. -Forno Mosende, co panadeiro Jose Manuel, sobre o selo "pan do Porriño". -Rutas en bici polo Galiñeiro e o patrimonio que atopamos polo camiño.

Como xogabamos na nosa infancia no patio do colexio? 03.01.2020

Dos xogos como elemento para relacionarnos cos demais e de como utilizamos o espacio dos patios nos coles para xogar vai a tertulia.

Contos polo correo do vento & A boa morte 27.12.2019

-Unha peziña radiofónica cos rapaces de "O correo polo vento" e os seus contos dramatizados e ilustrados para cativos. -Acompañar no proceso de nacer e no de morrer é o que fai Luzia Titán, dende a Fundación Eomaia.

Rondalla 20.12.2019

Esta cousa tradicional daquí, da parte mais baixa das Rías Baixas… ten representación doble en Valladares. Hoxe a do Centro Cultural de Valladares.

Conversas moi daquí e soños que se poden cumplir 13.12.2019

Así de vago e o título para este podcast. Non di nada e pode dicir moito. -"Somos tu deseo", a ambulancia que cumple os desexos das persoas en fase terminal ou que teñen limitacións de movemento por calquer circunstancia. -Freixo, xermolo de "proxectos piloto". Os incendios do 2017 teñen consecuencias agora xa... caída de árbores secas nos camiños. "Freixo seguro" pensa mais alá, no futuro. -O fut...

Ouça o podcast ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos