Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal
Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com
Autor
Radio Valladares
Categoria
Site do podcast
Último episódio
29 de set de 2026
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Venezuela. Exilio político 24.05.2019 50:03
20 de maio. Hai un ano os titulares de actualidade internacional eran: “Maduro gaña as presidenciais de Venezuela con mais de seis millóns de votos". A partir de ahí, as discrepancias. Que sabemos de Venezuela? Hai moita información confusa. Imos tratar de entender e comprender. Hoxe parte I: escoitamos o punto de vista de exiliadas políticas
Santuario de animais Vacaloura & Rock vigués D'Esmorga & The Turre's Band 16.05.2019 58:09
Musical e animal este Esperta: -Vacaloura Santuario Animal. Moito cariño e amor polos animais neste lugar tan especial en Compostela. -D'Esmorga. Vigueses, moito rock e moi bo rollo. Presentan "Entre Whisky e Cervexas" -E ben festeiros son The Turre's Band. Dende Torroso, Mos, a banda dos torreiros!
En defensa do sistema público de pensións 10.05.2019 59:40
"Goberne quen goberne, as pensións deféndense!" Este é o lema da concentración que ten lugar os primeiros luns de mes diante do MARCO, en Vigo, ás 20h. Conversamos co Movemento galego pola defensa das pensións públicas.
Sementeira & CD Valladares & 25 aniversario Cementerio Valladares & Xurxo Souto roteiro en Vigo & San Isidro labrador 03.05.2019 1:01:14
- A historia dun cementerio contada por dous veciños de Valladares, Julio e Abel. O particular de Valladares, 25 anos xa. -Festa da Sementeira en Matamá. Labrar, sementar millo, moer, cocer o pan… e celebralo cun concerto, o das Tanxugueiras. -San Isidro, patrón dos labradores, está a ser preparado para o traslado de Saians ata Freixo. -Do Berbés ata o Calvario Xurxo Souto vai guiar o roteiro lite...
Primavera do Cine & Orquesta Mondragón & Os medos no franquismo 26.04.2019 56:51
Agora que anda a sombra do aguilucho revoloteando, falamos dos medos profundos cos que se vivía durante o franquismo con Isidro Caseiro, veciño de Valladares. As lecturas de "Madame Bovary", "El gran dictador" e "Noticia Bomba!" acompáñannos nesta viaxe con Javier Gurruchaga, ademáis da súa música, of course. Ladies and gentlemen! a Orquesta Mondragón, este domingo nas festas de San Telmo en Tui....
Para que serve a política? & "Os Concellos e os alcaldes de Vigo" do Instituto de Estudios Vigueses 17.04.2019 1:00:42
Con dúas eleccións á vista… queremos saber que importancia ten no día a día da xente? Conversamos con Rubén Ramos, xornalista e profesor na Universidade de Castilla La Mancha, ademáis de adicarse á política nun concello de Zaragoza. Un conglomerado de Concellos formaban o Val do Fragoso no século XVI... e foron uníndose ata conformar o actual Concello de Vigo. Imos coñecer parte da nosa historia c...
No IES. Aprender a aprender 12.04.2019 1:00:17
Na última xornada da semana cultural, antes de marchar de vacacións de Semana santa: -Xogos romanos, os obradoiros de enerxías renovables (cociña solar, e outros inventos con placas solares), a aula etnográfica (dunas de Currubedo e castro de Baroña) e as protestas do proxecto "eu protesto". O contan os alumnos. -Obradoiros e espectáculos de poesía. Conversamos con "Dúas gamberras e un micro" e ma...
Salceda: Break dance & Tui: Play-Doc & VigBay Maratón & Galicia: o liño 05.04.2019 1:00:36
En Salceda vai haber moito break dance “Who Rules Galicia”, eh? XX anos da Vig-Bay... a correr Vigo-Baiona 42km 15 anos do Play Doc. Moito documental, música e ambiente cinematográfico en Tui. En Galicia hai uns séculos o liño cultivábase en infinidade de lugares. En Valladares se lle adican 2 semanas con expo, cantares e proxeccións audiovisuais.
A cornella, o LSD galego & Feira do mel de Porriño 27.03.2019 58:30
A cornella, cornezuelo, dentón, caruncho, cornello, cornecho... é un fungo que sae no centeo. Ten efectos alucinóxenos e chegou a provocar unha febre económica no rural galego. Falamos coa productora Illa Bufarda que está a preparar un documental sobre todo isto. Que outras cousas se recollían nos campos ó labrar? Ferros, goma das zapatillas... Diso tamén falamos cun veciño de Valladares. Na Feira...
Conversas co escritor Xabier Paz e o clube de lectura do Centro Veciñal de Valladares 22.03.2019 58:46
Conversamos co escritor Xabier Paz sobre a súa escrita, os seus gustos literarios... e co clube de lectura do Centro Cultural de Valladares.
Festival Permacultura no Sahara & Begoña Riobó e Anxo Pintos & Ruth Matilda: fotografías de Galicia anos 20 15.03.2019 58:55
Na música, a violinista Begoña Riobó, que vai estar xunto co zanfonista Anxo Pintos no Memorial Moxenas. Nas imaxes: Imos de ruta antropolóxica pola Galicia dos anos 20 coas imaxes de Ruth Matilda Anderson, que fixo un retrato das mulleres galegas do rural. Un deses retratos é o dunha muller con orixes en Camos. E en Nigrán andan á pista. Na ecoloxía: Viaxamos ata as portas do Sahara co BNomad, I...
Malaherba Colectivo & Tanxedoras & Os Terribles de Donas 07.03.2019 1:01:26
Imos ir ata Matamá para falar co Colectivo Malaherba. Este sábado celebran unha xornada conxunta Freixo-Matamá pola recuperación do monte. E na parte musical, o mes de marzo en Valladares ríndeselle homenaxe ó gaiteiro Moxenas. Falamos con: - Tanxedoras, 3 mulleres que veñen presentar o seu último disco, unha homenaxe ó antropólogo Alan Lomax, acompañadas do acordeonista Roberto Comesaña. - Os Ter...
Resumo semanal do 21 ó 25 de xaneiro 25.01.2019 1:00:00
Que información se agocha detrás dos apelidos? Danos algunhas indicacións a lingüista galega, Ana Boullón, que está a elaborar o diccionario de apelidos en Galicia. Falamos con ela das particularidades dos apelidos noutros países. Compromiso terra: 3 mulleres, 1500km de travesía sobre o xeo en 3 fases. Chus Lgo, Verónica Romero e Rocío García van pola terceira… ata o Lago Baikal en Siberia. Oonde...
Resumo semanal do 11 ó 18 de xaneiro 18.01.2019 1:01:18
Nos últimos anos está a haber un auxe nos partos na casa. Falamos coa Asociación Galega de Matronas, con Marta Bernárdez que atendeu partos nos hospitais de vigo e que agora tamén atende na casa. Non tendes abuelos a man? Ou queredes netos e non dan chegado? Quierounabuelo.es busca crear e recuperar ese vínculo entre abuelos e netos. Concertos en localizacións secretas e artistas sorpresa. Sucede...
Resumo semanal do 14 ao 18 de xaneiro 11.01.2019 1:02:36
-"Voando nas Rías Baixas", visitas ornitolóxicas durante os próximos seis meses guiadas por Life Bird Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra. -APHONNIC, rock metal vigués. Están coa producción do disco que van sacar a finais deste 2019. Cóntanolo Richi, o baixista. -A gaitiña da pa mooito... tanto vai a unha foliada, como se deixa enredar noutras lides: MITIC el espectáculo. Os irmán...
Resumo semanal do 31 decembro ao 4 xaneiro 04.01.2019 56:55
Acompáñanos o MARQUÉS DE VALLADARES, Ignacio Pérez-Blanco y Pernas. Ven falar do seu libro: "Un viaje por la historia de Galicia. Del Señorío al marquesado de Valladares"
Resumo semanal do 24 ao 28 de decembro 28.12.2018 55:06
Tertulia coa xente nova de Valladares. Que pensan da parroquia? Pola xeración nova: Óscar Costas e Álex Piñeiro. O contraste dos maiores: Isidro Caseiro.
Resumo semanal do 7 ao 21 de decembro 21.12.2018 59:45
"A voar", novo conto-disco de Cé Home Orquestra. Relación entre o monte e a veciñanza coa Organización Galega de Comunidades de Montes. Mostra de regueifas en Valladares con Xurxo Souto como mestre de ceremonias.
Resumo semanal do 10 ó 14 de decembro 14.12.2018 1:01:02
En ruta pola arquitectura industrial da ría de Vigo co historiador Uxío Reinoso, coordinador do proxecto Vigoindustrial. Historias de contrabando. Que é isto? O escritor Lois Pérez, váinolas traer ata o auditorio de Valladares no Certame de Regueifas. Dámoslle un repaso a área veciñal con Ana: construccións de casas novas e respetar os lindes e mais as augas; Benteler, que parece que xa se chegou...
Resumo semanal do 3 ó 7 de decembro 05.12.2018 57:11
Que ten Valladares que tan ben se sinte a xente nesta parroquia? Temos tertulia. Hoxe cos veteranos. Dous de fora: Pablo orensano e Plácido, o director da rondalla. E un de dentro: Sidro Caseiro. Interesante... queda por darlle voz á xente nova.
Resumo semanal do 26 ao 30 de novembro 30.11.2018 58:34
A ong "Cada niño un juguete" xa está a recoller xoguetes para o nadal. O cociñeiro do restaurante Culler de Pau, Javier Olleros, cóntanos do proxecto Despesques onde anda metido con outros cociñeiros de prestixio. Adiántanos o que imos atopar no Culturgal, a feira da industria cultural galega en Pontevedra, o seu director José Aldea. O grupo de rock metal NAO, está de despedida. Con Jasper falamos...
Resumo semanal do 19 ó 23 novembro 23.11.2018 57:09
Cantigas e Agarimos de Compostela, un dos coros vais vellos de Galicia, acaba de sacar disco "Corazón aberto" e o veñen presentar na IV Mostra de Coros Tradicionais Galegos aquí en Valladares. Descubrimos a Catro ventos, unha editorial moi noviña, naceu no 2016 aquí en Vigo para cubir un oco nos eidos da ecoloxía e da economía social. Falamos cun dos socios, Miguel Braña. "Dúbidas reais dos adoles...
Resumo semanal do 12 ao 16 de novembro 16.11.2018 59:40
No IES de Valadares están de noraboa! Foron galardonados cun recoñecemento da Xunta polo proxecto de vida saudable no que traballaron Educación Física, Matemáticas, Biología, Física y Química, Plástica e tamén a biblioteca. Viu ata o estudio Fernando, o profe de ximnasia. Nestas tardes está a pintar o muíño da Senra Antonio Abalde, que expón unha obra sobre muíños galegos no Centro Cultural de Val...
Resumo semanal do 5 ao 9 de novembro 08.11.2018 58:38
Os veciños da Mancomunidade de montes de Tameiga, en Mos rexeitaron o proxecto da cidade deportiva do Celta. Por que? Falamos con Antonio, o seu presidente. É tempo de magostos! Pode dar un so castiñeiro 400 kg de castañas? Seica un da iso en Souto da Trabe, preto de Verín... imos coñecer a súa producción ecolóxica de castañas e mais de boletus. Morriña, terruño... son palabras que se usan moito c...
Resumo semanal do 29 outubro ó 2 novembro 31.10.2018 49:41
"Arnoia, Arnoia" o libro de aventuras de Ferrín foi levado ó teatro por Quico Cadaval. Tamén ten esceas de circo, asíque falamos con PistaCatro e que nos conte de como xurdiu esta idea do teatro-circo. Que aprendemos dos incendios do ano pasado? Falamos con Juan Picos, director da Escola de Forestais, da nosa relación co monte e a natureza. E da vida no mar, falamos cun capitán de pesca que anda e...
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos