AGalegaAudio
Todos os podcast | Pensando en ti
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Pensando en ti 20-11-2024 20.11.2024 4:55:51
O 20 de novembro é o Día Mundial da Infancia. Hoxe escoitamos historias de nen@s, lembranzas da infancia, sucesos que nos marcaron na nosa nenez.
Pensando en ti 19-11-2024 19.11.2024 4:55:42
O 22 de novembro celébrase o día de Santa Icía, patroa dos músicos. Por iso no programa falamos da relación dos oíntes coa música. Tocan algún instrumento? Que representa a música na súa vida? Fixeron algunha tolería por asistir a un concerto?. Por certo, o conto de Pepe Capelán tamén ten unha temática musical.
Pensando en ti 18-11-2024 18.11.2024 4:55:10
Preguntámoslles aos oíntes en que invisten o seu tempo de ocio, a que dedican os minutos, as horas ou os dias que non teñen que traballar ou ocuparse dos demáis. Queremos coñecer afeccións ocultas ou estranas.
Pensando en ti 15-11-2024 15.11.2024 4:56:40
Quen non fixo algunha vez unha colección? Moedas, selos, xoguetes... Neste programa falamos das afeccionados a coleccionar cousas como Isi que garda "recordatorios de funerais" ou bonecas Nancy.
Pensando en ti 14-11-2024 14.11.2024 4:56:52
Os nosos oíntes prepáranse para o frio porque xa cheira a inverno. Hoxe falamos de olores. Que aromas nos agradan máis? Que cheiros nos dan noxo?
Pensando en ti 13-11-2024 13.11.2024 4:55:58
A revista Nature publica un artículo que sinala como momentos críticos da vida dunha persoa os 44 e os 60 anos. Preguntámoslle aos oíntes se sentiron "a crise dos 40"; se chegar a esa idade supuxo un cambio importante para eles. Ademáis, en Galicia hai alo menos 139 mil persoas maiores de 65 anos que viven soas. queemos saber como é vivir só.
Pensando en ti 12-11-2024 12.11.2024 4:56:00
Con quen adoitas desfogar? Esa é a pregunta que hoxe lle facemos aos oíntes. Un dos que nos escoita habitualmente, José María, antigo responsable do popular bar "Descanso", visítanos no estudo. Pepe Capelán tamén viu acompañado para contarnos as súas historias. Con el está Su Alvariñas, a "presidenta" do seu club de fans.
Pensando en ti 11-11-2024 11.11.2024 4:56:49
Día de San Martiño, festa do Magosto. Como o celebran os nosos oíntes? De que xeito preparan as castañas?. Ademáis falamos co noso colaborador Andrés Breijo dos calotes na factura eléctrica.
Pensando en ti 08-11-2024 08.11.2024 4:55:52
Tolerías. Hoxe falamos das cousas ou das persoas que nos levan a perder o sentido e facer cousas que se escapan do racional. Isi Rodríguez descubriranos a biografía dunha figura histórica que levaba o alcume da "tola": Xoana I de Castela.
Pensando en ti 07-11-2024 07.11.2024 4:55:58
Necesitamos recuperar o sorriso despois de dias tráxicos. Hoxe os oíntes comparten experiencias felices.
Pensando en ti 06-11-2024 06.11.2024 4:56:54
A noite de eleccións nos Estados Unidos danos pé a falar de como nos afecta o que alí ocorra. Os nosos oíntes opinan tamén do desastre natural de Valencia e seguimos escoitando testemuños de malas e boas relacións entre veciños.
Pensando en ti 05-11-2024 05.11.2024 4:56:55
Unha persoa quéixase de que os seus veciños escoitan o programa a un volume excesivo e non a deixan durmir. Preguntámoslle aos oíntes polas relacións na súa comunidade veciñal. Pepe Capelán traenos hoxe contos populares que teñen como protagonista un animal.
Pensando en ti 04-11-2024 04.11.2024 4:56:55
Os oíntes explican no programa como están vivindo (sentindo) a traxedia de Valencia.
Pensando en ti 30-10-2024 30.10.2024 4:56:57
Achegámonos ao día dos difuntos e por iso propoñémoslle aos oíntes falar hoxe de cousas relacionadas coa preparación da morte. Son os oíntes máis de enterro ou de incineración? Gardan cinzas de parentes na súa casa? Alguén manifestou a súa vontade de que se organice un acto especial na súa despedida deste mundo?
Pensando en ti 29-10-2024 29.10.2024 4:51:51
Pepe Capelán explica a orixe da festa do Samaín e os nosos oíntes comentan tódolos aspectos relacionados con esta celebración. Falaremos de cemiterios, do prezo das flores, de cabazas, da nova tradición de disfrazarse e das tradicións doutros paises. Ademáis preguntamos: foi unha falta de respecto que o Real Madrid non acudise á gala de entrega do premio Balón de Ouro?
Pensando en ti 28-10-2024 28.10.2024 4:56:07
A familia do "Pensando en ti" comparte trucos para aforrar. Como facer que a roupa dure máis? Como gastar menos cando cociñamos? O noso colaboraor André Breijo contaranos como aforrar na factura da calefacción.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.