AGalegaAudio

Todos os podcast | Pensando en ti

Leisure GL ↓ 902 episodes

Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra

Author

AGalegaAudio

Category

Leisure

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Pensando en ti 18-12-2024 18.12.2024

Na voráxine das compras de Nadal pedímoslle aos nosos oíntes que nos recomenden establecementos de proximidade onde mercar. Queremos tecer unha rede de pequenos comercios onde adquiri-los agasallos de¡as festas.

Pensando en ti 17-12-2024 17.12.2024

Os oíntes falan do que ven nas redes sociais. Cóntannos se son adictos ao seu uso; se ven moitas falsidades nas publicacións; se teñen medo dos efectos que poden producir nos seus fillos... E Pepe Capelán traenos unha lenda de mouros de Ourense

Pensando en ti 16-12-2024 16.12.2024

A que momento da nosa vida nos gustaría volver? Con que persoa nos quereriamos reencontrar? Programa dedicado á nostalxia e tamén a saber o que xogan os nosos oíntes á lotaría.

Pensando en ti 15-12-2024 15.12.2024
Pensando en ti 14-12-2024 14.12.2024
Pensando en ti 12-12-2024 12.12.2024

Propoñémoslle aos oíntes falar de medios de transporte. Cales adoitan utilizar? Téñenlle medo a algún tipo de vehículo? Cales son as súas teimas á hora de viaxaren? Practican algún deporte de motor?

Pensando en ti 11-12-2024 11.12.2024

Caeron as temperaturas e vai moito frio. Diso falamos hoxe. En que lugar pasaron os oíntes máis frio? Algunha vez as baixas temperaturas puxéronos en perigo? Como se afán a vivir en sitios onde o termómetro adoita marcar menos de cero graos?

Pensando en ti 10-12-2024 10.12.2024

Retamos aos oíntes a contarnos episodios da súa vida que manteñen ocultos: amores agochados, accións das que se avergoñaron, ilegalidades...

Pensando en ti 09-12-2024 09.12.2024

No Día Internacional da Informática preguntámoslles aos oíntes se están plenamente integrados no mundo dixital ou se están quedando atrás nesta "revolución". Tamén se conmemora o Día Internacional da Dignidade dos nen@s e adolescentes traballadores. A que idade comezaron a traballar os oíntes? Facíano voluntariamente ou por necesidade? Cobraron as súas primeiras tarefas?

Pensando en ti 08-12-2024 08.12.2024
Pensando en ti 07-12-2024 07.12.2024
Pensando en ti 06-12-2024 06.12.2024

Os concursos da televisión son cita obrigada para milleiros de persoas que os seguen con devoción, case con adicción. Hoxe falamos cos oíntes dos concursos e convidámolos a participar nun.

Pensando en ti 05-12-2024 05.12.2024

Convidamos ao programa ao xornalista da TVG Alberto Mancebo. Con el e cos ointes falamos de Portugal, pais onde foi correspondente; de libros, porque acaba de publicar "Indolente"; e da depresión, enfermidade que padeceu.

Pensando en ti 04-12-2024 04.12.2024

Existe a perfección? Coñeces alguén que roce a perfección no seu traballo? Hoxe falamos sobre este asunto mentres escollemos a nosa panxoliña para o Nadal.

Pensando en ti 03-12-2024 03.12.2024
Pensando en ti 01-12-2024 01.12.2024
Pensando en ti 30-11-2024 30.11.2024
Pensando en ti 28-11-2024 28.11.2024

Nunha semana de voráxine consumista pedímoslle aos oíntes que opinen sobre os descontos que ofrecen as grandes cadeas comerciais: sobre as compras anticipadas de Nadal e a tendenza a mercar cousas que non precisamos. Como contrapunto tamén falamos de solidariedade; da colaboración con ONGs e da desconfianza que estas organizacións lles xeran a algunhas persoas

Pensando en ti 27-11-2024 27.11.2024

Galicia xa conta con 17 restaurantes con estrela Michelín. Hoxe escoitamos historias gastronómicas. Que opinan dos menús degustación? Son máis de pratos tradicionais ou gústalles a innovación na cociña? Tiveron algunha mala experiencia nun restaurante?. Ademáis estreamos a versión que fixeron Iván Ferreiro e Guadi Galego do "Fairytales os New York" dos Pogues.

Pensando en ti 26-11-2024 26.11.2024

O programa está dedicado á xente mala: aos malos de corazón, aos que se comportan mal, aos que non poden evitar facer pequenas maldades... E Pepe Capelán cóntanos lendas de Ourense con protagonistas malvadas.

Pensando en ti 25-11-2024 25.11.2024

Pendentes das consecuencias da borrasca Bert, que atravesa Galicia, falamos de cogomelos. É tempo de recoller este agasallo outonal do monte e pedímoslle aos oíntes que nos conten onde o buscan, como os seleccionan e tamén de que maneira os cociñan.

Pensando en ti 24-11-2024 24.11.2024
Pensando en ti 23-11-2024 23.11.2024
Pensando en ti 22-11-2024 22.11.2024

Co gallo do Día da Televisión queremos lembrar momentos icónicos da TVG coa axuda dos nosos oíntes e de Isi que, por certo, sofre síndrome de abstinencia por non poder tomar café.

Pensando en ti 21-11-2024 21.11.2024

Os nomes que máis se poñen na década actual en Galicia son: Mateo, Martín, Noa e Sofía. Hoxe falamos de nomes; dos máis habituais e dos máis estranos; dos que se repiten xeración tras xeración e dos que hai que repetir varias veces para que os entenda o interlocutor.

Listen to the Todos os podcast | Pensando en ti podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.