AGalegaAudio
Todos os podcast | Pensando en ti
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Pensando en ti 12-02-2025 12.02.2025 4:56:57
Un raparigo da Laracha contou na TVG como axudou á súa avoa cando a estaba embestindo un touro. Neste programa instámoslle aos oíntes a que nos conten se eles tamén lle salvaron a vida a alguén dándolle unha segunda oportunidade ou se outra persoa lla proporcionou a eles. Ademáis, queremos coñece-los problemas de persoas con problemas de mobilidade que non poden sair da casa.
Pensando en ti 11-02-2025 11.02.2025 4:55:07
Pepe Capelán quere deixar de fumar. Pedímoslle aos oíntes que lle boten unha man dándolle consellos, falando dos beneficios de abandonar o tabaco, contando a súa experiencia se remataron o proceso con éxito. Ademáis, quremos saber se se seguen pagando roldas nos bares ou se os amigos dividen sempre a conta. Tamén escoitamos a mulleres que desenvolven o seu traballo rodeadas de homes.
Pensando en ti 10-02-2025 10.02.2025 4:56:52
A cantante Lucía Pérez comparte a noito connosco e traenos as súas novas cancións. Cóntanos que sacrificios tivo que facer ela e tamén a súa familia para sacar adiante a súa carreira artística. Os oíntes tamén nos falan das súas renuncias e esforzos .
Pensando en ti 07-02-2025 07.02.2025 4:56:55
Hai uns dias desenvolveuse en Compostela unha homenaxe ao humorista Xosé Luis Bernal, Farruco. Preguntámoslle aos oíntes a quen homenaxearían eles en vida. Ademáis, Isi abre un consultorio para dar consellos de: viaxes, apps de contactos, o catastro ....
Pensando en ti 06-02-2025 06.02.2025 4:56:57
A norma é que fagamos a nosa aprendizaxe durante a infancia e a xuventude, pero hai persoas que seguen estudando ou adquirindo habilidades durante toda a vida. Hoxe escoitamos oíntes que aprenderon a unha idade avanzada a ler, a nadar ou a montar en bici.
Pensando en ti 05-02-2025 05.02.2025 4:56:55
O programa acolle os testemuños de persoas que padecen ou padeceron cancro. Falan de como o descubriron, do seu tratamento, dos seus sentimentos e temores...
Pensando en ti 04-02-2025 04.02.2025 4:56:55
Preguntámosllo aos oíntes. Falamos tamén deses obxectos que teñen unha función descoñecida para nós e dos encontros imprevistos con animais. Asuntos variados que completamos coa lenda marroquí que nos trae Pepe Capelán.
Pensando en ti 03-02-2025 03.02.2025 4:56:54
Os oíntes fálannos das súas experiencias no servizo militar cando era obrigatorio. Supúxolles algún beneficio? Fixeron amigos? cConseguiron librar?. Ademáis as oíntes contan como lle anunciaron ás súas parellas que estaban embarazadas.
Pensando en ti 31-01-2025 31.01.2025 4:56:55
Deixamos voar a imaxinación. Que farían os nosos oíntes se tivesen como castigo moitos cartos? Que caprichos se permitirían? Que excentricidades farían? Ademáis, Isi Rodríguez fálanos de ricos que malgastaron grandes cantidades de diñeiro.
Pensando en ti 30-01-2025 30.01.2025 4:56:55
A protagonista do programa é a cantante, presentadora, actriz e creadora de contido Fátima Pego. Ela, nada en Bastavales, fachendea de ser de aldea e vivir nela. Ese orgullo de ser do rural é o tema sobre o que lle propoñemos falar aos oíntes.
Pensando en ti 29-01-2025 29.01.2025 4:56:54
Segue pasando sobre Galicia o "tren de borrascas" invernal e os oíntes cóntannos como o están sufrindo. Pero ao mal tempo poñémoslle bo sabor. A croqueta que se fai no restaurante compostelán Simpar foi elixida a mellor de España. Nós pedímoslle á audiencia que nos regale o seu segredo particular para cociñar croquetas.
Pensando en ti 27-01-2025 27.01.2025 4:56:55
A forte borrasca Herminia está condicionando a vida de moitos galegos. Neste programa os oíntes fálannos das súas consecuencias e de como afectaron á súa vida as intensas precipitacións e o forte vento. Ademáis escoitamos outras experiencias de seguidores do programa que tiveron que aturar algunha vez fenómenos meteorolóxicos extremos.
Pensando en ti 24-01-2025 24.01.2025 4:56:54
Isi ten unha gran habilidade, facer muros. Cal é o don dos nosos oíntes? Cociñan ben? Son os mellores podando? Teñen algúnha capacidade extraordinaria?
Pensando en ti 23-01-2025 23.01.2025 4:56:55
O programa está dedicado a Xosé Manuel Piñeiro "Superpiñeiro", tralo seu falecemento. Os ointes falan de quen Raquel Rosa describe como "mestre e mellor profesional da televisión de Galicia".
Pensando en ti 22-01-2025 22.01.2025 4:56:54
Escoitamos testemuños de persoas que sufriron roubos ou accidentes ou que os presenciaron.
Pensando en ti 21-01-2025 21.01.2025 4:56:57
Imos na procura de oíntes que utilicen aparellos caseiros (culleres, sachos, botellas...) para facer música tradicional. Queremos escoitar a quen saiba tocar instrumentos, aos que participen en foliadas... Pepe Capelán fálanos da lenda do xigante Xerión e Hércules.
Pensando en ti 20-01-2025 20.01.2025 4:56:57
Disque hoxe é o día máis triste do ano. Nos queremos combate-la tristura coa axuda dos nosos oíntes e saber que é o que fan eles cando decae o seu ánimo. Escoitan cancións? realizan algunha actividade? refúxianse na casa? Saen de troula? Por certo, escoitaremso aos que estes dias celebran o San Brais ou queriman Fachós en Castro Caldelas.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.