AGalegaAudio

Todos os podcast | Pensando en ti

Leisure GL ↓ 902 episodes

Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra

Author

AGalegaAudio

Category

Leisure

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Pensando en ti 08-04-2025 08.04.2025

Pasear pola praia un día de sol; durmir a sesta á sombra dun castiñeiro; degustar o noso prato favorito... Son actividades que nos proporcionan satisfacción e que constitúen pequenos praceres dos que falamos no programa.

Pensando en ti 07-04-2025 07.04.2025

O programa está dedicado aos obxectivos incumpridos. Preguntámoslles aos oíntes que plans deixaron a medias nas súas vidas e por que. Ademáis falamos da conciliacion familiar, de como se apaña a xente para compatibilizar o traballo co coidado dos fillos.

Pensando en ti 06-04-2025 06.04.2025
Pensando en ti 05-04-2025 05.04.2025
Pensando en ti 04-04-2025 04.04.2025

Os pilotos de avión están en pé de guerra por un suposto plan para reducir a tripulación dos aparellos introducindo máis intelixencia artificial. Preguntámoslles ao nosos oíntes se eles voarían tranquilos sabendo que o copiloto do seu avión é un aparello de IA. Ademáis buscamos bos cantantes entre a nosa audiencia.

Pensando en ti 03-04-2025 03.04.2025

A cantante Sabela é a convidada especial do programa. Traenos as súas cancións, fálanos dos seus proxectos e tamén dun aspecto da súa infancia que lle deixou unha profunda pegada. Sabela criouse cunha "familia adoptiva". Iso lévanos a pedirlle aos oíntes que nos conten se tamén eles teñen vivencias da infancia que os marcaran para sempre.

Pensando en ti 02-04-2025 02.04.2025

Falan os solteiros e solteiras e cóntannos se vivir sen parella foi a súa elección; se tiveron presións para casar; se son felices vivindo sós... Tamén preguntamos se alguén se sentiu discriminado por ser galego; se recibiu burlas polo seu acento, se se sentiu sinalado cando estaba na emigración....

Pensando en ti 01-04-2025 01.04.2025

Os oíntes fálannos da súa actividade laboral. Cóntannos se para eles o traballo é unha obriga penosa ou un verdadeiro "choio". Dinnos se están queimados e desexando xubilárense ou se gozan do tempo que pasan traballando. Ademáis Pepe Capelán fálanos do "San Lázaro" que temos ás portas .

Pensando en ti 31-03-2025 31.03.2025

"A vida dáche sorpresas" dicía a canción. Neste programa os oíntes describen sorpresas que recibiron, sorpresas que eles deron, sorpresas que estropearon ou sorpresas que finxiron.

Pensando en ti 30-03-2025 30.03.2025
Pensando en ti 29-03-2025 29.03.2025
Pensando en ti 28-03-2025 28.03.2025

Isi cóntanos as súas experiencias con animais e os oíntes aportan historias de convivencia con animais exóticos, de encontros con serpes, anécdotas que teñen como protagonista algún becho...

Pensando en ti 27-03-2025 27.03.2025

Os nosos oíntes fachendean do seu, desas cousas que cultivan ou fan eles mesmos e que non cambiarían por ningunha outra. Cóntannos se as comparten cos veciños ou as venden. Ademáis preguntámonos ata onde chega a solidariedade dos galegos.

Pensando en ti 26-03-2025 26.03.2025

As autoridades europeas anímannos a preparar na nosa casa un Kit de supervivencia polo que puidese pasar. É unha boa idea ou unha esaxeración? que cres que debería conter?. Son preguntas ás que responden os oíntes, que tamén nos falan dos sacrificios que fixeron na súa vida e avalían se pagaron a pena.

Pensando en ti 24-03-2025 24.03.2025

Moitos dos nosos oíntes exhiben sen pudor o moi orgullosos que están dos seus fillos. Explícannos as súas razóns. Ademáis, os que traballan na rúa cóntannos como levan os dias de chuvia.

Pensando en ti 23-03-2025 23.03.2025
Pensando en ti 22-03-2025 22.03.2025
Pensando en ti 21-03-2025 21.03.2025

Isi ten unha listaxe coas cousas que o fan feliz. No programa saberemos se coinciden cos motivos que provocan ledicia nos oíntes. Ademáis veremos os "efectos" da primavera na nosa audiencia.

Pensando en ti 19-03-2025 19.03.2025

O programa está dedicado a homenaxear a tódolos pais. Os oíntes cóntannos historias sobre os seus pais ou explícannos por que queren adquirir esa condición. Tamén homenaxeamos a Pepes e Pepas e preguntámoslles por que lles puxeron ese nome.

Pensando en ti 18-03-2025 18.03.2025

Visítanos no estudo Pepe de Moaña, que nos vai contar o naufraxio que viviu cando traballaba no mar. Outros oíntes cóntanos como é a súa relación co mar. Pepe Capelán abre para nos o libro "Galicia de lenda"

Pensando en ti 17-03-2025 17.03.2025

Os oíntes cóntannos que fixeron co seu primeiro soldo; se o gastaron "a correr"; se o meteron na hucha; se llo entregaron á familia; se se permitiron unb capricho. Ademáis, Raquel pide consello para plantar un camelio co que a agasallaron

Pensando en ti 15-03-2025 15.03.2025
Pensando en ti 14-03-2025 14.03.2025

O programa vai de sono e de soños. Falamos dos que durmen moito e dos que non poden durmir; dos que botan a sesta en pixama e dos que pechan un pouco os ollos no sofá; dos que soñan e do que significan eses soños...

Pensando en ti 13-03-2025 13.03.2025

Pasaron cinco anos dende que a pandemia do Covid nos obrigara a recluirnos nas nosas casas. Os oíntes cóntannos o que lembran daqueles días, as súas sensacións, se continuaban traballando, se sufriron secuelas...

Pensando en ti 12-03-2025 12.03.2025

O goberno impulsa unha lei que ten coma obxectivo reducir o consumo de bebidas alcólicas entre os menores de idade. Que opinan desta iniciativa os nosos oíntes. Tamén poñemos sobre a mesa outro tema de actualidade, as dificultades para facer obras na casa pola falta de man de obra e o aumento dos prezos. Ademáis, Pepe Capelán "fai terapia" no programa.

Listen to the Todos os podcast | Pensando en ti podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.