AGalegaAudio

Todos os podcast | Pensando en ti

Leisure GL ↓ 902 episodes

Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra

Author

AGalegaAudio

Category

Leisure

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Pensando en ti 29-05-2025 29.05.2025

Esta noite acompáñanos a cantante de Santa Cruz de Ribadulla Marietta. Con ela e cos oíntes falamos de depresión, da procura do éxito e de que como o amor pode chegar en calquera momento.

Pensando en ti 28-05-2025 28.05.2025

Abrimos o apetito con lembranzas relacionadas cos fogóns. Os oíntes cóntannos cales son as súas habilidades culinarias, que recordos da infancia lles evoca un prato concreto ou o desastre no que se convetiu algunha experiencia cociñando.

Pensando en ti 27-05-2025 27.05.2025

Todos temos algo sen o que non podemos pasar sen sentirnos incómodos: pequenos vicios, teimas, hábitos absurdos... Diso falamos cos oíntes. Tamén lles preguntamos como dormen. Espidos? Tapados ata as cellas? Encollidos? Atravesados na cama?

Pensando en ti 26-05-2025 26.05.2025

Os siareiros do Celta aínda están celebrando o éxito de que o seu equipo se clasificara para competiciòns europeas. Unímonos á festa e convidamos aos celtistas a que compartan connosco a súa felicidade. Ademais recollemos experiencias de peregrinos que fixeron o camiño de Santiago e expectativas dos que se propoñen facelo.

Pensando en ti 25-05-2025 25.05.2025
Pensando en ti 24-05-2025 24.05.2025
Pensando en ti 23-05-2025 23.05.2025

Falamos das mentiras; das grandes, das pequenas, das piadosas, das imperdonables, das que contamos para quedar ben... Confesamos mentiras.

Pensando en ti 22-05-2025 22.05.2025

Segundo o Instituto Galego de Estatística en Galicia hai arredor de 1.200.000 porcos, 25 por cento na comarca do Deza. As persoas que os crían ou algunha vez os criaron cóntannos historias de cochos. Ademais poñemos a proba aos oíntes facéndolles preguntas que habitualmente aparecen nos exames de conducir da DGT. Saberanas responder?

Pensando en ti 21-05-2025 21.05.2025

Maio é tempada de comuñóns. No programa queremos saber como se celebran agora e como se festexaban antes. Son eventos multitudinarios? Prepáranse grandes enchentes? Gástanse moitos cartos? ou son máis ben xuntanzas familiares cunha celebración modesta? Ademais buscamos oíntes que teñan colmeas e nos conten como recollen o mel e se a presenza da velutina les causou moitos estragos.

Pensando en ti 20-05-2025 20.05.2025

Abraiados pola noticia da morte de 27 vacas en Rodeiro fulminadas por un lóstrego, propoñemos falar das treboadas. Queremos coñecer as experiencias dos oíntes con este e outros fenómenos meteorolóxicos. Viviron algunha treboada especialmente destructiva? Tiveron medo? Que fan cado soan os tronos? Causáronlles perdas os ballóns de auga ou perderon animais por culpa dos lóstregos?

Pensando en ti 19-05-2025 19.05.2025

O verán está á volta da esquina e con el chegan festas e romarías. Neste programa falamos deses encontros festivos aos que non queremos faltar, os que son cita ineludible cada ano e que marcaron dalgunha maneira a nosa vida.

Pensando en ti 18-05-2025 18.05.2025
Pensando en ti 17-05-2025 17.05.2025
Pensando en ti 16-05-2025 16.05.2025

Isi cóntanos a amizado que fixo na súa última viaxe en avión. Iso danos pé a explorar cos oíntes os lugares máis estranos onde coñeceron a persoas importantes da súa vida. Sería nun ascensor, nun velorio, nunha parado de autobús?

Pensando en ti 15-05-2025 15.05.2025

No Día Internacional da Familia falamos das dos nosos oíntes. Eles cóntannos historias dos seus parentes que nunca esqueceran; como son as reunións familiares; cales son os hábitos que conservan xeración tras xeración; que obxectos pasan de pais a fillos e a netos; a quen botan máis en falta da súa familia...

Pensando en ti 14-05-2025 14.05.2025

Nas cinco horas de programa hai tempo para falar de moitas cousas: dos fracasos e decepcións da vida e de como se superan; do uso que facemos das redes sociais, de se as empregamos con medo ou non podemos prescindir delas. E tamén escoitamos cantigas, regueifas e outras mostras da nosa rica tradición oral.

Pensando en ti 13-05-2025 13.05.2025

Martes 13, día negro para os supersticiosos. Ademais hai lúa chea, circunstancia que disque provoca ansiedade e agudiza as emocións entre as persoas sensibles. Inmos saber que opinan os oíntes; se cren nos malos agoiros, se practican ritos para eludir a mala sorte; se portan amuletos... E Pepe Capelán traenos un conto na Semana das Letras para reivindicar o papel das mulleres.

Pensando en ti 12-05-2025 12.05.2025

Seguro que os nosos oíntes teñen motivos para sentírense orgullosos. Imos saber de que e por que senten orgullo. Ademais preguntamos cal é ese prato de comida que non cansan de repetir, o que lles produce máis satisfacción.

Pensando en ti 11-05-2025 11.05.2025
Pensando en ti 10-05-2025 10.05.2025
Pensando en ti 09-05-2025 09.05.2025

Hai galegos que teñen un nome noutro idioma. Algúns chámanse como artistas de sona. Outros herdaron o nome dos ancestros. Neste programa cóntannos por que os seus pais escolleron ese nome para eles. Ademáis Isi desvela algúns segredos e a audiencia dinos se é dos que os gardan ou dos que non tardan en difundilos.

Pensando en ti 08-05-2025 08.05.2025

O músico, modelo e presentador de televisión David Vilares acompáñanos para falar de noites especiais; noites románticas, de troula, de medo, durmindo fóra da casa...

Pensando en ti 07-05-2025 07.05.2025

Falamos de decisións difíciles; desas que provocan cambios na vida; desas ás que non lle deixamos de dar voltas antes de adoptalas; desas que requiren valentía... Ademais buscamos anécdotas relativas ao uso dos navegadores nos coches. Estiveron os nosos oíntes algunha vez en apuros por seguir cegamente as súas indicacións?

Pensando en ti 06-05-2025 06.05.2025

Moitas persoas vense obrigadas a vivir soas sen querelo. Escoitámolas para saber que ñe o que máis botan en falta e como loitan contra esa soidade. Pepe Capelán traenos contons de pillabáns e iso lévanos a preguntarlle á audiencia polas falcatruadas que algunha vez fixeron ou das que foron vítimas.

Pensando en ti 05-05-2025 05.05.2025

Seguimos homenaxeando ás nais. Neste programa recollemos esas frases típicas de nai, as que lles escoitamos dicir milleiros de veces. Os oíntes cóntanos como celebraron o Día da Nai e as que tiveron fillos lembran como foi o seu parto.

Listen to the Todos os podcast | Pensando en ti podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.