AGalegaAudio
Todos os podcast | Pensando en ti
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Pensando en ti 20-06-2025 20.06.2025 4:56:58
Remata o curso dos rapaces e chega o momento de avaliar como lles foi. Hoxe en dia as "notas" entréganse a través dunha App. Neste programa botamos a vista atrás para lembrar como era este proceso anos atrás. Os oíntes rememoran como vivían o momento de recibir as cualificacións escolares; se algunha vez as falsificaron ou llas ocultaron aos pais; se facían trampas nos exames; se recibía...
Pensando en ti 19-06-2025 19.06.2025 4:56:59
Sabemos que entre a nosa audiencia hai moitar persoas de idade avanzada que viven soas. Queremos saber como se sinten; se escolleron esa forma de vida ou se as circunstancias as levaron a ela; se reciben visitas ou as botan de menos; se prefirirían estar nunha residencia ou por nada do mundo queren deixar a súa casa...
Pensando en ti 18-06-2025 18.06.2025 4:56:14
Propoñémoslle aos oíntes que nos conten como foi a súa lúa de mel; se tiveron que pospoñela por motivos económicos; se colleron un coche sen rumbo fixo; se fixeron unha viaxe soñada; se volveron enfadados copa súa parella... Parolamos nunha noite abafante na que solicitamos consellos para combater a calor.
Pensando en ti 17-06-2025 17.06.2025 4:56:57
Galicia ten un feixe de topónimos curiosos: Carantoña, Zas, Parderrubias, Exipto, Gatomorto... Falamos deles coa xente que vive neses lugares. Ademais imos de excursión virtual escoitando a aqueles que estes dias fan unha pequena viaxe cos compañeiros de clase, cunha asociación veciñal, coa parroquia...
Pensando en ti 16-06-2025 16.06.2025 4:56:57
Temos visita no estudo, Rubén, panadeiro en Redondela, e Álvaro, veciño de Arcade que anda metido na organización de varias festas. Aproveitando a súa compaña falamos dos amantes do pan e do traballo dos panadeiros. Tamén comentamos como se organizan as festas populares e convidamos ás comisións de festas a promocionar os seus eventos.
Pensando en ti 12-06-2025 12.06.2025 4:56:58
Dedicámoslle este programa á xente do mar e para iso contamos coa compaña de Xosé Iglesias, o poeta mariñeiro.
Pensando en ti 11-06-2025 11.06.2025 4:56:57
Nunha noite de treboada falamos de decisións que marcan vidas. Interesámonos por historias de persoas que deixaron todo atrás por amor, por axudar a unha parella ou por coidar dun ser querido; de persoas que sacrificaron a convivencia cos fillos para darlles un futuro mellor.
Pensando en ti 10-06-2025 10.06.2025 4:56:55
Cal é esa noite do verán que agardamos todo o ano? Que festa temos marcada no calendario á que non podemos faltar? Diso falamos cos oíntes e cos nosos convidados, Mon e Ula, os artífices de Monoulious DOP.
Pensando en ti 09-06-2025 09.06.2025 4:56:57
Neste programa evocamos as feiras tradicionais de Galicia. Pedímoslle aos oíntes que nos conten como eran as feiras da súa vila e como cambiaron. Rememoramos aquel ambiente, os cheiros, os sabores, as anécdotas... E ademáis escoitamos cancións que marcaron a vida da nosa audiencia.
Pensando en ti 06-06-2025 06.06.2025 4:56:58
Falamos do recurso máis vello das escenas humnorísticas, as caídas ridículas. Rimos coas hiostorias que contan os oíntes sobre caídas que sufriron por torpeza nos momentos máis inoportunos.
Pensando en ti 05-06-2025 05.06.2025 4:56:57
Hai xente que non tira nada por se algún día o necesita e quen colecciona cousas do máis variadas. Falamos deses obxectos que gardamos por afección, por adicción ou por inercia. E tamén escoitamos testemuños de oíntes despistados que esquecen as cousas en calquera lugar ou incluso o motivo polo que foron a algún sitio.
Pensando en ti 03-06-2025 03.06.2025 4:56:00
13 mil raspaces galegos fan este ano as probas de acceso á universidade. Falamos de exames, de como os nosos oíntes prepararon no seu día a selectividade, a EBAU ou a reválida. Queremos saber se sentiron moita presión, se foi un grolo amargo ou un trámite... E ademais buscamos anécdotas sobre a vida de estudante. Apréndese maís nas aulas ou na rúa?
Pensando en ti 02-06-2025 02.06.2025 4:56:57
Os oíntes falan do seu primeiro traballo. Cóntannos a que idade comezaron a axudar no negocio familiar e cando percibiron o seu primeiro soldo. Escoitamos comentarios sobre os nervos do primeiro día, sobre a impresión que lles causou o xefe, sobre as meteduras de zoco propias do novato...
Pensando en ti 30-05-2025 30.05.2025 4:56:56
Isi Rodríguez cóntanos como celebrou o seu aniversario e iso dalle pé aos oíntes para falar deste tipo de conmemoracións. Cales foron os mellores e os peores agasallos que recibiron? Renuncian a celebrar o aniversario? Algunha vez botaron a casa pola ventá cando fixeron anos? Amárgalles facerse maiores?
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.