AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Galicia en goles venres 10-10-2025 10.10.2025 3:30:23
O Galicia en Goles contou a primeira vitoria do Obradoiro na 1ª FEB, na cancha de Guipúscoa, con prórroga incluída. Asimesmo houbo tempo para escoitar as voces máis importantes da previa deportiva desta fin de semana.
Galicia en goles domingo 05-10-2025 05.10.2025 9:45:56
Inclúe o partido en Balaídos co empate do Celta e un gol de Iago Aspas, que segue conseguindo récords, desta volta igualar os 533 partidos coa camisola celeste, á par do histórico Manolete
Galicia en goles venres 03-10-2025 03.10.2025 3:30:58
Basquet Coruña - Lleida. Previa das xornadas dos equipos galegos. Xota - Noia. Roberto Carlos Carballo, Alfonso Pardo, Miguel Álvarez, Fer Romero.
Galicia en Goles Celta na Europa League 02-10-2025 02.10.2025 3:59:58
Celta - PAOK con Roberto Carlos Carballo, Víctor López, Moncho Carnero, Valtierra, Mister Asubío. Protagonistas do encontro.
Galicia en goles mediodía 28-09-2025 28.09.2025 1:57:00
Na matinal do domingo o Galicia en Goles contou o triunfo do Fabril sobre a bucina en Santander. Gañou o equipo de Manuel Pablo por 2 a 3 ao Raio Cantabria. Na terceira galega o Rácing Vilalbés gañou na casa, o mesmo que fixo o Lugo B. No polideportivo o Breogán gañou ante Burgos no torneo Lugo é Básket, no último amigable de pretemporada do equipo celeste.
Galicia en goles domingo 28-09-2025 28.09.2025 8:45:58
O Celta sumou a segunda derrota da temporada no Mtnez Valero de Elx, tras caer ante o conxunto local por dous goles a un. O equipo dirixido por Claudio Giráldez segue sen gañar dende o arrinque de curso e está situado na zona baixa da clasificación. No fútbol da federación este domingo tivo o empate do Coruxo no Vao, a derrota da UD Ourense en Salamanca e toda a xornada da 3ª RFEF galega.
Galicia en goles sábado 27-09-2025 27.09.2025 9:45:44
O Galicia en Goles deste sábado comezou forte co derbi madrileño pero, sobre todo, cos dous derbis simultáneos na 1ª RFEF. No Couto, nun partido rudo e duro, o Pontevedra derrotou ao Ourense CF mentres que en Barreiro o Celta Fortuna dobregou ao Arenteiro. A continuación Ipurúa viviu un choque entre Eibar e Deportivo que rematou en empate cun gol armeiro a falta de dous minutos para o final. No po...
Galicia en goles venres 26-09-2025 26.09.2025 3:30:58
Este venres o fútbol galego tivo dobre cita na 1ª RFEF. O Lugo caeu en Talavera por un solitario tanto a cero mentres que o Rácing de Ferrol non pasou do empate a cero ante o Guadalajara. No balonmán o Guardés rabuñou un empate ante o Bera Bera. Tamén escoitaron a Rafael Louzán sobre o posible veto da UEFA a Israel ou o Mundial de 2030.
Galicia en Goles especial Stuttgart-Celta 25-09-2025 25.09.2025 3:59:55
Derrota pola mínima no regreso do Celta a Europa oito anos despois.
Galicia en goles sábado 20-09-2025 20.09.2025 9:45:58
O sábado no Galicia en Goles estivo centrado no fútbol da Federación e nas diferentes citas de baloncesto na nosa comunidade. na 1ª RFEF o Arenteiro sufriu para rabuñar un empate na casa ante o Zamora, mentres que o Pontevedra caeu pola mínima en Lezama. Mellores novas trouxo o Coruxo de Astorga, onde gañou cero a dous. No baloncesto o UNI Ferrol venceu na final da Copa Galicia celebrada en Narón...
Galicia en Goles especial Deportivo-Huesca 19-09-2025 19.09.2025 3:55:56
Deportivo - Huesca. Copa Galicia Baloncesto Feminina. Breogán - Madrid. Obradoiro - Oliveirense.
Galicia en goles domingo 14-09-2025 14.09.2025 10:56:58
O Galicia en Goles deste domingo foi unha maratón que ocupou case doce horas de programación. Nelas contouse o empate a un do Celta ante o Xirona en Balaídos, o cuarto consecutivo do conxunto dirixido por Claudio Giráldez, que non sabe aínda o que é gañar esta temporada. No fútbol da federación as boas novas chegaron da man do Rácing de Ferrol, que derrotou á Ponferradina, e do Arenteiro, que gaño...
Galicia en goles sábado 13-09-2025 13.09.2025 9:45:59
Non quedou un mal sábado nun Galicia en Goles que arrincaba coa malleira do Deportivo na súa visita ao Mirándes e continuaba con outra vitoria galega a domicilio, a do Celta Fortuna en Mérida. O resto da xornada galega na 3ª RFEF e toda a cobertura do polideportivo completaron a oferta informativa sabatina.
Galicia en goles venres 12-09-2025 12.09.2025 3:30:58
COB - Bilabo Basket. Pozo Murcia - Noia. Fútbol. Ciclismo. Motor. Presenta Pedro Pablo Alonso
Galicia en goles mediodía 07-09-2025 07.09.2025 1:56:58
No primeiro Galicia en Goles matinal desta temporada o Fabril goleou ao Burgos Promesas por tres tantos a cero. Na 3ª RFEF o Barbadás asaltou Cantarrana e na Madalena o Alondras derrotou cero a dous ao Vilalbés. Tamén houbo conexións con Monforte, na liña de meta da etapa de La Vuelta Ciclista a España, que chega a Galicia para afrontar a última semana de competición.
Galicia en goles domingo 07-09-2025 07.09.2025 8:45:56
A tarde non comezou ben para os equipos galegos da 1ª RFEF coa derrota do Fortuna na casa ante o Guadalajara. O Ourense CF empatou en Tajonar e a mellor nova chegou no Carballiño coa primeira vitoria do Arenteiro esta temporada. No Galicia en Goles tamén contaron a xornada inaugural da 2ª e 3ª RFEF antes de centrarse na goleada de España ante Turquía por cero a seis. No polideportivo, ademáis de f...
Galicia en goles sábado 06-09-2025 06.09.2025 9:45:56
No primeiro Galicia en Goles sabatino da nova temporada, O Deportivo conseguiu unha agónica vitoria sobre o Sporting en Riazor. Na 1ª RFEF houbo de todo, triunfo no Toralín do Pontevedra, empate do Lugo no Anxo Carro ante o Avilés e na 2ª RFEF a derrota do Sarriana na súa estrea ante o Vetusta. No polideportivo destacou aa emocionante final, con pórroga incluída, da Copa Galicia de Baloncesto, co...
Galicia en goles venres 05-09-2025 05.09.2025 3:30:57
Copa Galicia con Alfonso e Miguel Álvarez.. Breogán - COB. Obradoiro - Basquet Coruña. Parrulo - Alzira con Fer Romero. Previa do Depor - Sporting. Previa da xornada da Primeira RFEF. Piragüismo. Rallys. Ciclismo. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores e redes: Iago Gayoso.
Galicia en goles mediodía 31-08-2025 31.08.2025 45:58
Na edición informativa deste mediodía Víctor López ofreceu a última hora do Celta antes de enfrontarse ao Villarreal. Tamén emitiron a roda de prensa de Pablo López e a comparecencia en zona mixta de Leal, trala vitoria do Rácing ante o Talavera. O Breogán tamén tivo o seu primeiro amigable, con vitoria ante o Porto.
Galicia en goles mediodía 30-08-2025 30.08.2025 45:58
Repasamos a última hora da roda de prensa de Claudio Giráldez previa ao encontro fronte ao Villarreal. Tamén escoitamos a previa do Rácing - Talavera a Pablo López e o resto da actualidade dos equipos galegos de 1ª RFEF
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.