AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Náufragos Teatro estrea 'Noso' 15.02.2024 9:22
Náufragos Teatro estrea 'Noso', unha “dramedia” que no marco das mobilizacións contra os parques eólicos no rural explora as relacións familiares e os vínculos co territorio.
Os gañadores dos Premios DeVuego 14.02.2024 12:07
Luz Castro achéganos a ´Minabo`, finalista na categoría Arcade. Tamén a ´Pan y Federico¨, mellor xogo de plataformas. Asemade aos gañadores dos DeVuego en estratexia, acción e condución: ´Do not feed the monkeys 2099´, ´Laika: aged trough blood´e ¨Siper Woden GP2`.
Teatro sobre o porno na adolescencia 14.02.2024 14:13
Talía Teatro prepara unha montaxe escénica sobre o impacto da pornografía na adolescencia. A compañía acaba de realizar sesións de teatro foro en institutos para escoitaren as opinións de mozos e mozas entre os 14 e 16 anos.
Chévere estrea 'Helen Keller, a muller marabilla?' 14.02.2024 10:58
A compañía de teatro Chévere estrea en Compostela 'Helen Keller, a muller marabilla?'. "Creamos un dispositivo que ironiza sobre o traballo do teatro documental e o noso propio traballo dos últimos anos", asegura o director Xesús Ron nunha entrevista no Diario cultural.
Barreiro, o silencio que chove luz na xanela 13.02.2024 15:22
Achegámonos ao Gaiás para coñecer a mostra adicada ao pintor de Forcarei, José María Barreiro, da man de Antón Castro, comisario da exposición.
Poesía das diversidades 13.02.2024 10:55
A nosa experta Loli Vilavedra tráenos a antoloxía comentada de Román Raña sobre a poesía que lemos en 2020. Baixo o título ´Poemario das diversidades´, o autor vigués repasa as publicacións no ano da pandemia
Os 'Tótems' de Nova Escultura Galega 13.02.2024 11:46
Mónica Maneiro comenta a exposición 'Tótems' en conversa cos artistas Jorge Varela e Alejandra Pombo, dous dos membros de NEG. A mostra pode visitarse na Sala Alterarte do Campus de Ourense.
'Animalario do Entroido. Mito e tradición' 13.02.2024 8:46
O investigador Carlos X. Ares publica 'Animalario do Entroido. Mito e tradición', un dos estudos que se presentará nas Xornadas sobre o Entroido que organiza SAGA, a Sociedade Antropolóxica Galega, en Pontevedra.
STEM, STEAM e follas de limón 12.02.2024 15:03
Na sección de voces expertas, Estíbaliz Espinosa fala do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Buscamos auga no sistema solar e preparamos follas de limón con Álvaro Cunqueiro.
Tres finalistas ao Goya: Álvaro Gago, Janet Novás e Lorena Ares. 10.02.2024 56:58
Nas horas previas a entrega dos Goya conversamos con Álvaro Gago, candidato a premio como director novel polo filme Matria. Tamén con Janet Novás, aspirante como actriz revelación polo seu papel na pelicula O Corno. E Lorena Ares directora da fita de animaición para nenos Hanna e os monstros.
GUIdance 09.02.2024 12:39
O noso experto en Artes escénicas está en Guimaraes, asistindo á 13 edición do GUIdance. Cóntanos o máis salientable desta cita internacional coa danza contemporánea que remata mañá.
Lecturas de Entroido e sabedeiras 09.02.2024 9:31
Na sección de voces expertas, Eva Mejuto recomenda lecturas para todas as idades coas que desfrutar do Entroido e da gastronomía. Neste Diario Cultural lemos 'Formigas. Misión Entroido', de Pere Tobaruela e Andrés Meixide, publicado na editorial Xerais. Tamén lemos 'Comer e ler en galego', unha iniciativa do CIFP Paseo das Pontes da Coruña.
Oficios artesanais con futuro 09.02.2024 18:39
Fernando Freire é xastre. Aroa e Saúl aprenden con el a facer unha chaqueta de traxe. Este curso de xastrería tradicional forma parte do programa 'Aprender a tradición. Oficios e técnicas', que promove a Fundación Artesanía de Galicia para apoiar a remuda xeracional.
"Queremos que a lingua e a cultura galega sexan transversais" 09.02.2024 8:22
"Queremos que a lingua e a cultura galega sexan transversais, que estean en todos os ámbitos". A nova Fundación Xistral proporcionará ferramentas para “conservar, enriquecer e difundir” a cultura galega. Falamos con Carlos Blanco, un dos responsables.
'Rapa', 'O corno' e 'Matria', as favoritas dos Mestre Mateo 08.02.2024 16:16
Alfonso Blanco, director da produtora Portocabo, feliz coas 18 candidaturas aos Mestre Mateo: 16 pola segunda temporada da serie Rapa e 2 por Os argonautas. A directora de O corno, Jaione Camborda fala das 14 nominacións aos Mestre Mateo e da cita cos Goya este sábado. Álvaro Gago, director de Matria. A película suma 12 candidaturas para o certame anual do audiovisual galego, a celebrar o 23 de ma...
'Ferrari' e 'A cor púrpura' 08.02.2024 8:51
'Ferrari', de Michael Mann, achéganos a un ano crucial na vida de Enzo Ferrari na década dos cincuenta do século XX. Está protagonizada por Adam Driver e Penélope Cruz.. 'A cor púrpura', de Sam Blitz, é a adaptación da novela do mesmo título (xa levada ao cine) en clave de musical.
Música para bailar baixo a borrasca 08.02.2024 19:55
Neste Diario Cultural escoitamos as últimas cancións de Baiuca, Hydn e Eris Mackenzie, The Rapants e Travis Birds.
O bosque animado de Vari Caramés 08.02.2024 8:28
A galería Trinta de Santiago acolle a mostra 'Bosque animado (con Ángeles)', unha homenaxe do fotógrafo Vari Caramés á que foi a súa compañeira.
'Pura', de Carmen Méndez 08.02.2024 8:01
"Esta curta foi un proceso persoal moi catártico". Carmen Méndez debuta como directora con Pura, que se exhibe no Market Screening New Spanish Shorts do Festival Int de Curtametraxes de Clermont-Ferrand.
'Non te vexo', de Xacio Baño 08.02.2024 7:09
"O labor do cineasta radica en poder contar unha folla voando e que lle interese ao espectador”. 'Non te vexo', o último traballo do cineasta Xacio Baño, proxéctase na sección Lab do Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand.
'Interior dun coche fúnebre' 07.02.2024 15:46
Eva María Gontad fala da súa obra de ficción sonora, que escoitamos a seguir. Trátase da terceira das premiada na terceira edición do certame Escoitamos teatro, unha iniciativa da Fundación SGAE en colaboración coa Radio Galega.
String Quartets from Galicia 07.02.2024 12:25
O noso experto en música clásica fálanos de String Quartets from Galicia, gravado e editado por Pablo Barreiro no Auditorio de Galicia. Contén tres obras inéditas dos galegos Marcial del Adalid, José Arriola e Juan Durán.
Rapa, O corno e Matria, os títulos con máis candidaturas nos Premios Mestre Mateo 07.02.2024 9:13
Rapa, O corno e Matria son os títulos con máis candidaturas nos Premios Mestre Mateo. A Academia Galega do Audiovisual fai públicos os finalistas da vixésimosegunda edición dos galardóns que se entregarán na Coruña o 23 de marzo.
Seguimos escoitando teatro: 'Encerrado' 06.02.2024 16:18
Peza premiada na terceira edición de Escoitamos Teatro. Transcorre no ascensor dun tanatorio, onde está o velorio dunha universitaria asainada. Previamente Begoña Vázquez preséntanos ao seu autor, José Luís Baños., que debuta na ficción sonora.
Canas ao vento 06.02.2024 9:22
Dolores Vilavedra preséntanos a obra máis famosa da escritora sarda Grazia Deleddda, Nobel de literatura en 1926. Agora sae publicada en galego coa tradución de María Alonso.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.