AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Carles Montalt 28.04.2025 8:43
Carlos Crespo fala con Carles Montalt, de Galunk Producións, e pica algúns dos seus artistas
12ª Carballo Interplay 25.04.2025 15:22
“Este ano hai un punto de inflexión que é a parte social da internet” Carballo Interplay celebra a súa duodécima edición consolidado como referente dos contidos dixitais e a creatividade en galego. Vituco Neira conversa con Andrea Villa, da organización, e con Andy, un profesor estadounidense que publica en redes en lingua galega. Destaca tamén a preestrea de «Mariliendre», a nova serie musical do...
'Cicatriz' 25.04.2025 12:59
Afonso Becerra comenta ‘Cicatriz’, de Kirenia Rodríguez e Antón Reixa, combina danza e palabra para explorar o desexo e a entropía como motores da vida
Lecturas de ciencia ficción 25.04.2025 8:21
Eva Mejuto recomenda lecturas de ciencia ficción: ‘Púrpura Tero’, de David Cortizo e ‘Galizan nation. Uma distopía K-pop’’, de Isabel Rei Samartim
O FIV acada a súa edición número 18 24.04.2025 15:47
En Vilalba arranca este venres unha nova edición do FIV, que chega á súa edición número 18. Debullámola con Vituco Neira en conversa con Carlos Montilla, un dos organizadores, e co director da banda de música local, que é cabeza de cartel un ano máis.
‘El último suspiro’ e 'A Foreign Song' 24.04.2025 7:17
Moncho Lemos tráenos dúas estreas de cine para a fin de semana: * ‘El último suspiro’, de Costa Gavras, unha película arredor da eutanasia e dos coidados paliativos. * 'A Foreign Song', un documental de César Souto sobre o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens Tamén recomenda ‘Os espazos en branco’, que se poder ver na plataforma de AGalega
Arranca na Coruña o Encontro Mundial de Humorismo 24.04.2025 13:24
Arranca na Coruña a quinta edición do EMHU, o Encontro Mundial do Humorismo. Conversamos co seu director artístico, Luis Piedrahita, que salienta a presentación no Teatro Colón de ‘‘Playa de lobos’. Ao remate da proxección, os asistentes poderán falar con Javier Veiga e Marta Hazas. Como actividade complementaria pódese ver no Cantón Grande a exposición “Guonderful Forges”.
De Ronroneo a Grande Amore 24.04.2025 14:11
A lista de reprodución de Tito Lesende inclúe hoxe a Ronroneo (Jacobo Varela) e os concertos de Montedapena, mañá en Vigo en La Fábrica de Chocolate; Carabela, o sábado no Guión de Pontedeume e Grande Amore que estará na Coruña os días 1 e 2 de maio na Mardi Gras e o 3 en Burela.
'A Gran Gala do Circo' 22.04.2025 19:18
“Serán 75 minutos de audacia, risas e participación” A Gran Gala do Circo, este domingo no Auditorio de Galicia. Conversamos con José Expósito, xerente de Pistacatro e con Antón Coucheiro, pallaso e presentador do espectáculo
'As augas interiores' 22.04.2025 9:49
Dolores Vilavedra comenta «As augas interiores» , de Blanca Riestra. Na novela a protagonista embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio
Faia presenta o disco 'Alvela' 22.04.2025 18:16
“No canto tradicional hai unha dimensión colectiva” Este traballo consta de dez temas que transitan pola experiencia da maternidade, a memoria do corpo e as violencias que o atravesan, mais tamén sobre a forza que reside no íntimo, no desexo e no pracer Hai xa unha semana que se esgotaron as entradas para o concerto de presentación de ‘Alvela’, maña 23 de abril, no Teatro Principal de Santiago
‘Sobre todo' 22.04.2025 8:48
Mónica Maneiro comenta, unha exposición de Enar de Dios Rodríguez na NORMAL da UDC Este éun proxecto artístico que toma como protagonista o espazo aéreo para configurar unha reflexión política e poética sobre o ‘Capitaloceno’
'Soterradas: vidas e historias. As mulleres: Walter Ebeling' 21.04.2025 11:11
'Soterradas: vidas e historias. As mulleres: Walter Ebeling' Exposición no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, na parroquia friolense de Xiá (Lugo). Entre 1928 e 1933, Walter Ebeling percorreu a montaña lucense coa súa cámara de fotos. Agora, máis de 500 pezas de indumentaria visten 35 manequíns que dan forma a esa Galicia de hai cen anos retratada polo etnógrafo alemán. Ata o 30 de ma...
Música clásica na franxa atlántica 21.04.2025 9:39
Pablo Sánchez Quinteiro comenta o Concurso internacional de piano Cidade de Vigo e mailos concertos da Real Filharmonía de Galicia e do Ensemble Vigo 430. Tamén nos aprende que é un baritón.
Galicia en xogo motor 19-04-2025 19.04.2025 30:56
Neste sábado o Motor e a sección #galiciaenxogo escoitou a algúns dos protagonistas das copas máis modestas do CGR na proba desputada en Noia. Así mesmo aproveitamos para repasar cos irmáns Vallejo un mítico acabado do modelo Porsche e coa Feira do Automóbil de Vigo o fermoso Alpine
'De lugares e órganos' 16.04.2025 21:06
“Estamos tendo unha resposta fantástica do público” O ciclo ‘De Lugares e Órganos’ chega á súa décima edición. Os órganos das igrexas da Universidade, San Paio, Santa Clara e, por vez primeira, o do convento do Carme, fan parte da programación musical desta Semana Santa en Compostela. Falamos coa súa directora artística, Belén Bermejo, e con Ramón Pérez Sindín, un dos concertistas participantes.
A rosca de Pascua 16.04.2025 6:32
Raquel C. Pico fálanos da rosca de Pascua e dos ovos de chocolate. Dende cando forman parte da nosa tradición gastronómica?
'Cascallos' 16.04.2025 15:07
Sicixia, o novo no metal galego “Cascallos” é o seu traballo de presentación. Nel hai referencias a clásicos como Iron Maiden e Megadeth e tamén a bandas con máis progresivo coma Porcupine, Tool ouDream Theater. O quinteto está formado por Carlos Faye (voces e guitarra), Iria Iglesias (teclados), Marcos López (guitarra), Manuel Carballada (batería) e Manuel Duro (baixo). Con Carlos e Manolo conver...
Alberto Taracido leva a Europa o barrio coruñés de Labañou 16.04.2025 12:24
“A música, a bebida e a comida xogan un papel fundamental nesta homenaxe a Labañou” A BD de Alberto Taracido leva a Europa o barrio coruñés da súa nenez. Debuta como autor completo no mercado francófono narrando unha historia coral onde as rúas da súa infancia son un personaxe máis.
'Rosalía en Fonseca. O xardín da revolución' 15.04.2025 16:56
“En Rosalía hai unha cultura botánica, psiquiátrica...que se anoa coa literatura” Ao abeiro da recén estreada Cátedra Rosalía de Castro, baixo o auspicio do Museo de Historia Natural da USC, e grazas ao financiamento dunha bolsa Leonardo da Fundación BBVA, semella chegada a hora dunha restitución que permita o ingreso simbólico da autora, con honores, na Universidade de Santiago de Compostela. Vit...
'A falsa autónoma' 15.04.2025 10:34
Dolores Vilavedra comenta ‘A falsa autónoma’, o último poemario de Yolanda Castaño. Poesía para poñer o foco na maquinaria insaciable e degradante do capital.
’Cantareiras. Oralidade, creación, transmisión’ 15.04.2025 18:34
“O importante é transmitir”.’Cantareiras. Oralidade, creación, transmisión’ Unha exposición no Museo do Pobo Galego que tece a cadea de transmisión da oralidade, dende as primeiras compilacións ata a democracia, pasando polas recolleitas do Seminario de Estudos Galegos, ata hoxe. A mostra recolle unha selección bibliográfica, na que destacan tres compilacións: o Cantigueiro popular da Limia Baixa,...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.