AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Mondra, Pava e Tandub 08.05.2025 12:00
A playlist semanal de Tito Lesende: Mondra, Pava, Tandub
Rosalía en Camiño 07.05.2025 19:01
“Buscamos reivindicar a actualidadade de Rosalía e poñer os poetas galegos a dialogar cos doutras línguas” Recibimos a visita de Chus Pato e Gonzalo Hermo para debullar a sexta edición de ‘Rosalía en Camiño’. As xornadas poéticas multilingües principian hoxe en Santiago e Padrón con poetas de diversas partes da península e mailo cineasta Oliver Laxe,o primeiro «non poeta stricto sensu» que partici...
As pioneiras do hóckey sobre herba 07.05.2025 9:35
Raquel C. Pico lévanos nunha viaxe ao pasado para sabermos do importante papel das mulleres nos inicios do hóckey sobre herba
XXI edición do festival Play-Doc 07.05.2025 20:51
Empeza en Tui a XXI edición do festival Play-Doc Inaugúrase co espectáculo Traspielas, da cantautora galega Su Garrido Pombo. Tamén se vai proxectar o documental de Pablo Villalobos sobre Carlos Oroza ¡Queres saír podes entrar’, que conmemora o centenario do poeta.
'Efémeras' 06.05.2025 16:17
“Quixemos darlle unha volta ao patrimonio traballando dende a localización xeográfica e o propio contido das imaxes” Cantometrics estrea ‘Efémeras’, un traballo no que renden tributo ao labor da fotógrafa Ruth Matilda Anderson. O espectáculo xunta fotografía, videocreación e música para explorar os retratos da norteamericana na Galicia dos anos 20. Conversamos coa gaiteira Marina Fernández Vivo
‘As poetas da colección Salnés’ 06.05.2025 12:02
Dolores Vilavedra comenta ‘As poetas da colección Salnés’. Este volume principia a colección conmemorativa coa que Editorial Galaxia celebra o seu 75aniversario e recupera o espírito innovador das súas publicacións dende 1950
A Roda do Castro 06.05.2025 9:58
A Roda do Castro, na parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón), acolle estes días drons, sensores de tecnoloxía LiDAR e ferramentas xeomagnéticas que permitirán topografar o xacemento e detectar estructuras construtivas soterradas. Vituco Neira fala con Carlos Otero, técnico do Instituto de Ciencias do Patrimonio
'Mesas', de Carlos Maciá 06.05.2025 11:11
Mónica Maneiro comenta as 'Mesas' do lucense Carlos Maciá, exposición que se pode ver no Espazo de Arte SVT en Vigo
Rosa María Méndez 05.05.2025 16:31
“Gustábame tanto que decidín quedar ao remate da bolsa, mesmo sen soldo” Rosa María Méndez, recentemente galardoada coa insignia de ouro do Museo do Pobo Galego, estivo á fronte da Biblioteca e Arquivos da institución durante 40 anos. Vituco Neira repasa con ela a súa traxectoria, dende os comezos do museo ata a súa recente xubilación
'Habló Pablo' 05.05.2025 9:38
Carlos Crespo tráenos a Pablo Valín, que pasou hai uns anos do tenis ao hip hop como 'Habló Pablo'. O lugués acaba de sacar disco : «No soy nadie, pero soy yo»
Festival de Música Contemporánea da Coruña 05.05.2025 6:13
Con Pablo S. Quinteiro achegámonos á VIII Edición doFestival de Música Contemporánea da Coruña (do 25 de abril ao 31 de maio)
Galicia en xogo motor 03-05-2025 03.05.2025 30:57
Esta semana Iago Gayoso conversa con Juan Carlos Pampillón, terceiro clasificado da Copa Pirelli AMF, na previa do Rally da Mariña. Tamén repasaron o máis destacado do programa da TVG "Trata de Arrancalo", con Jose Lamela e o copiloto Javier Martínez coma protagonistas
Na casa de Abraham Cupeiro 02.05.2025 19:24
“Son afortunado por poder unir música e historia e moi agradecido pola resposta da xente” Achegámonos ata Castro de Rei con Vituco Neira para conversar con Abram Cupeiro, que mañá arranca xira en Ourense con ‘Loira’ e as entradas esgotadas As datas seguintes dos concertos en Galicia serán o 25 enFerrol e xa en xuño A Coruña, o día 6, todos coas entradas esgotadas. Contra finais de ano as citas pro...
'Baleiro' 02.05.2025 9:08
Afonso Becerra comenta ‘Baleiro’, a nova peza de Ensalle Teatro e Juan Navarro. Texto, dirección e dramaturxia de Pedro Fresneda e Juan Navarro, e creación e interpretación de Raquel Hernández, Artús Rei, Pedro Fresneda e Juan Navarro
'Dance join' 02.05.2025 12:25
'Dance Join', o novo espectáculo de danza de Marta Alonso, hoxe en Lugo A obra hibrida danza, humor e música, propoñendo unha visión lúdica e autocrítica do mundo escénico
'Retorno' e Premios Follas Novas 02.05.2025 11:11
Eva Mejuto trae ao seu Faro dos Libros 'Retorno', a novela que pecha a triloxía distópica de María Reimóndez, publicada por Edicións Xerais. Un universo de ciencia ficción feminista nun futuro nada alentador, coa orde mundial aberta trala 'Gran Desconexión'. Tamén repasamos a literatura infantil e xuvenil recoñecida nos Premios Follas Novas, como ‘Cartas na escuridade’, de Loi...
“O mellor do mundo é aprenderlle a unha nena de cinco anos” 01.05.2025 19:22
É a impulsora de 'Somos Pandeireteira': “Non é unha moda, é a nosa identidade”. Foto: Merce Ares.
'La buena letra' e 'Bienvenido a la montaña' 01.05.2025 8:53
Moncho Lemos comenta dúas estreas cinematográficas para esta ponte festiva: ‘La buena letra’, de Celia Rico. Drama ambientado na Valencia da posguerra dos anos corenta. ‘Bienvenido a la montaña’, de Riccardo Milani. Comedia italiana que transcorre arredor dunha escola rural no Parque Nacional dos Abruzos.
'Chavellos sinfónico' 01.05.2025 14:09
Chavellos é unha formación viguesa que combina instrumentos tradicionais con zanfonas, acordeóns e percusión. Andan a presentar o seu vinilo de edición limitada “Chavellos sinfónico”. Vituco Neira fala con tres dos seus integrantes: Juan Eiras, Diana Traba e Daniel Pequeño.
Os premios MIN e Dani Cornes 01.05.2025 13:29
Tito Lesende repasa os artistas galegos galardoados nos premios MIN, entre eles The Rapants, que conseguiron o de mellor disco en galego por 'La máquina del buen rollo'. Escoitamos con atención 'Aquí sempre tes casa', canción que avanza o disco que o artista grovense Dani Cornes publicará en 2026. E repasamos a axenda de concertos con música de Los Jinetes del Trópico e Leria.
'Aurora boreal' e 'Transeúnte' 30.04.2025 16:55
“Hai que saber de onde vimos para saber onde imos” Celebramos o Día Internacional da Danza con dúas estreas en Santiago e na Coruña: ‘Aurora boreal’ e ‘Transeúntes’. Conversamos cos coreógrafos Paula Quintas e Daniel Rodríguez
Quen ten un transistor ten un tesouro 30.04.2025 9:48
Raquel C. Pico repasa momentos históricos nos que a radio foi protagonista: do apagamento do lus ao 23-F
'Hibernarse' 30.04.2025 17:58
Fillas de Cassandra publica ‘Hibernarse’, un EP no que o dúo vigués reflexiona sobre a construción social do tempo. María SOA e Sara Faro visitan o Diario Cultural para darnos conta do seu traballo novo, un proxecto multiformato que inclúe un álbum, un videofilme, un fanzine e outras sorpresas
Crazy Cabuxa e Her Anxiety 30.04.2025 9:42
Patty Castro tráenos dúas bandas galegas cun forte impacto na escena metal galega. Crazy Cabuxa e Her Anxiety, ambas da zona de Vigo e con vocalistas femininas
Sofía Espiñeira 28.04.2025 19:52
“O territorio ten unha importancia clave. Somos nómades” Recibimos a visita de Sofía Espiñeira. A mugardesa acaba de presentar o seu segundo disco ‘Xeografías’, gravado co produtor Arturo Vaquero. Un traballo cheo de paisaxes sonoras, con tinturas intimistas e de raíz e percusión corporal.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.