AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2303 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 1, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en xogo motor 26-07-2025 26.07.2025
Despedidas 23.07.2025

Nun ano de efervescencia da música galega tamén hai algunhas sombras. Carlos lembra algún grupos que dixeron adeus nos últimos meses: Leilía, Terbutalina, Lontreira, LaMontagne e Picoamperio e Rescate Emocional.

Galicia en xogo motor 19-07-2025 19.07.2025
Honrando á familia 16.07.2025

Músicos galegos orgullosos dos seus avós hónranos incluíndo as súas voces en cancións: 9Louro, Hugo Guezeta, Sen Senra, Fillas de Cassandra, Belén Tajes, Caamaño e Ameixeiras.

Galicia en xogo motor 12-07-2025 12.07.2025

Víctor Senra foi o gañador do Rally Sur do Condado, desputado nas estradas desa bisbarra pontevedresa. O piloto de Dumbría, copilotado por Jose Murado, impúxose á parella Alberto Meira- Avelino Mtnez e a David González, que ocupou o último chanzo do podio. Con todos eles falaron no espazo de Motor do #GaliciaEnXogo

Galicia en xogo motor 05-07-2025 05.07.2025

A cuarta cita do SCER celebrouse en Vigo e arredores, coa 58 edición do Rally Rías Baixas. A vitoria e o segundo postos foron para pilotos do equipo local Recalvi. O asturiano Jose Antonio Rodríguez sumou o terceiro triunfo da temporada por diante do líder do campionato, o alaricano Javi Pardo. Pepe López completou o podio.

Galicia en xogo motor 28-06-2025 28.06.2025

Na sección de Motor deste sábado repasamos as declaracións de Javier Pardo no programa da TVG "Trata de arrancalo", tras vencer no Rally de Ourense e converterse en líder do SCER. Tamén Iago Gayoso conversa con Aléxis Vieitez sobre a Subida á Pontenova e o resto dos seus proxectos.

Víctor Freixanes, medalla Castelao 27.06.2025

Conversamos co escritor, editor e académico Víctor Freixanes, que mañá recibirá a Medalla Castelao: “Que o Día das Letras 2026 se lle dedique a Begoña Caamaño é recoñecer a unha das grandes da literatura galega”

'Vitória' 27.06.2025

Afonso Becerra despide temporada cunha reflexión sobre as artes escénicas. Tamén comenta ‘Vitória’, un espectáculo de Iria Piñeiro que combina teatro denuncia e cabaré

Zavala 27.06.2025

“Temos o espírito punk de facelo todo nós, de contolar todo o proceso” Vituco Neira conversa con Víctor Ledo, guitarra e voz en Zavala, que fan un pop electrónico evocador e intenso e teñen no mercado traballo novo ‘Pequeno Manual Para Grandes Cambios II (Teor​í​a e Pr​á​ctica). E xa preparan outro disco

O derradeiro faro dos libros 27.06.2025

Eva Mejuto despídese do seu faro literario con lecturas ‘orgullosas’ e acompañada pola súa cadeliña Mica

'Padre no hay más que uno: nido repleto' e 'F1' 26.06.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana: -“Padre no hay más que uno: nido repleto”, de Santiago Segura. -“F1: The Movie”, de Joseph Kosinski e con Brad Pitt á fronte do reparto.

Crear porvir 26.06.2025

“Segue reivindicando os valores e a ética cos que naceu” ‘Crear porvir', un documental sobre a historia da editorial Galaxia, que fai 75 anos neste 2025. Estréano en aberto este sábado Galaxia e Nós Televisión, que é quen o produciu. Falamos con Ana Viqueira, unha das directoras

De Fillas de Cassandra a Alanis Morissette 26.06.2025

Tito Lesende despide temporada picando temas de Fillas de Cassandra, Dani Costas, Lontras, Alanis Morissette...

Gervasio Sánchez e Almudena Fdez. Fariña 25.06.2025

A Bienal de Arte de Pontevedra ten moito que ofrecer. Hoxe detémonos na obra dun fotógrafo e dunha artista plástica. Falamos co fotoxornalista Gervasio Sánchez, que expón no Café Moderno Afundación, na Praza de San Xosé, 'Vidas minadas. 25 anos', que nos reflexionar sobre os efectos da violencia na vida das persoas. Almudena Fernández Fariña, artista plástica e docente en Belas Artes exp...

As vacacións de verán 25.06.2025

Raquel C. Pico despide temporada contándonos curiosidades arredor do turismo e das vacacións de verán. Sabedes que era o Grand Tour? Pois a orixe das viaxes estivais, alá polo final do século XVIII

Comeza o Resu!!! 25.06.2025

O Resurrection Fest abre as portas da súa 20ª edición e fai de Viveiro o epicentro de metaleiros, hardcoretas e demais familias do rock duro e o punk. Entrevistamos o grupo vigués Aphonnic, que toca o venres no escenario principal

VIII clasclás de Vilagarcía 24.06.2025

Xa está en marcha a gran cita coa música clásica en Vilagarcía O clasclás conta con dous Premios Nacionais de Música, Spanish Brass  e Al Ayre Español, que fan parte do Programa Artístico. Ademais, Luis Fernando Pérez,  IsabelVillanueva , François Dumont, o Trío Hélix, ou Cuarteto Bennewitz. A Gala Lírica que clausurará el festival vai estar dedicada a Oberturas e Arias de Giuseppe Verdi e Giacomo...

'Eu son o monte' 24.06.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘Eu son o monte’, de Sara Guerrero, na súa derradeira colaboración desta temporada. A chegada dunha parella de retornados a unha aldea galega abre varios interrogantes: Que os agarda? Contarán coa confianza dos veciños? É posible sobrevivir sen traballo nin recursos?

Un museo virtual da migración 24.06.2025

A Rede Museística Provincial de Lugo ten en liña este proxecto, pensado como unha ferramenta educativa para transformar a mirada sobre os movementos migratorios das persoas. O núcleo central do museo é a súa colección de voces. Tamén conta cunha liña de investigación, unha liña educativa e outra de actividades. Visitámolo co seu coordinador, Sergio Lago

O regreso da Bienal de Pontevedra 24.06.2025

Con Mónica Maneiro, que despide temporada, falamos da Bienal de Pontevedra, que regresa despois de anos de ausencia

Crúas 23.06.2025

Carlos Crespo ponlle o ramo a temporada con Crúas

Mostra de Teatro de Cangas 23.06.2025

Conversamos coa súa directora artística, María Armesto, e coa dramaturga Esther Carrodeguas, que modera o Torneo de Dramaturxia. Tamén é a autora de 'Melón Pelado', que a súa compañía- Butaca Zero- estrea en Galicia nesta cita.

O metal galego está moi vivo 23.06.2025

Despedimos a Patty Castro e a súa sección de metal galego, repasando a temporada que remata e emprazando aos festivais vindeiros.

TROMSØ 20.06.2025

Afonso Becerra recoméndanos a obra debut dunha compañía nova de artes escénicas: Morraoconto

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.