AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Podcast cultural 5. Entre coitelos escoitando o silencio 05.09.2025 26:49
Fernando Castro Paredes fala da novela "O lanzador de coitelos" coa que gañou o premio do 75 aniversario da editorial Galaxia. Achegámonos tamén, escoitando o silencio, ao proxecto do pianista Javier Otero Neira e lembramos algúns subliñados das colaboracións de Malores Villanueva, Afonso Becerra, Andrea Jamardo e Mónica Maneiro
'Romería' e 'El talento' 04.09.2025 24:38
Moncho Lemos recomenda dúas estreas para a fin de semana. ‘Romería’, de Carla Simón, rodada en Vigo e a súa contorna e participada pola TVG. Tamén ‘El talento’ de Polo Menárguez, baseada na novela de 1924 ‘Fräulein Else’ de Arthur Schnitzler
Podcast cultural 4. Entre escenarios e pantallas. 04.09.2025 20:34
O director do Centro Dramático Galego fala da nova temporada que a compañía presenta co lema "O teatro, punto de encontro". E comeza nova edición do FICBueu con 80 curtametraxes no programa .
E chegou setembro! 04.09.2025 14:18
Tito Lesende estrea en primicia ‘Rosalinda’, colaboración de Ortiga e De Ninghures, e adianta concertos e festivais para os días vindeiros, do Osa do Mar a Revenidas
A penaltis 04-09-2025 04.09.2025 2:00:59
A selección de baloncesto, eliminada do Eurobasket. Entrevista a José Barcala, adestrador galego do Bayern de Múnich feminino. Falamos con Álvaro Varela e Xoán Blanco, xogadores do Cire Melide e do Calo, sobre o inicio da Primeira Autonómica.
A penaltis 02-09-2025 03.09.2025 2:01:00
Coa presenza de Alberto Bravo, Javi Guillén e Dani Cabo Con invitados como Laure, excapitán do Deportivo, e Rodrigo Parafita, máximo goleador da Terceira RFEF o ano pasado
Lecturas sobre saúde mental 03.09.2025 13:26
Malores Villanueva estrea colaboración no GxD recomendando dous libros relacionados coa saúde mental: o ensaio ‘As tolas que non o eran’, de Carmen V. Valiña e a novela ‘As obras póstumas’, de Diego Giráldez
Podcast Cultural 3. Compositoras de cine 03.09.2025 22:46
O crítico de cine Diego Salgado fala das compositoras de música para o cinema no Festival FICBueu e lembramos os 75 anos do histórico programa de radio "Sempre en Galicia" que comezaba emisións en setembro de 1950 en Montevideo
A penaltis 03-09-2025 03.09.2025 2:00:59
Debatemos sobre as palabras de Giráldez no Telexornal Serán cos nosos colaboradores e cun ex do Celta, Andrés Túñes. Falamos da actualidade celeste e deportivista, tamén da selección española que este xoves xoga partido de clasificación para o Mundial. Con Álex Melide, do Bergantiños, comentamos a última hora do sorteo da Copa Federación e o inicio da Segunda RFEF. Por último, Raúl Liñares tráenos...
Un carballés en Dinamarca: 10kr 02.09.2025 17:13
Carlos Crespo inaugura temporada coas ‘descubertas’, músicos/as emerxentes. Hoxe tráenos o carballés Pablo Canedo, afincado en Dinamarca, que acaba de lanzar ‘Wh?n the sick rule the world’ baixo o nome artístico de 10 kr
Podcast cultural 2. Metamorfose e Termas 02.09.2025 22:06
"Que pasa cando lle quitamos a categoría de humano a un ser humano? Se non son seres humanos, entón que son? Bechos? Insectos?" Sarabela Teatro estrea en Ourense a versión escénica da obra de F. Kafka "A metamorfose" Conversamos con Fernando Dacosta e Carlos Álvarez Osorio. E Beli Martínez fala da estrea do filme de Gabriel Azorín na Mostra de Cine de Venecia
A arte contemporánea de setembro 02.09.2025 10:22
Mónica Maneiro principia temporada nova repasando as exposicións abertas no CGAC e a Cidade da Cultura, en Compostela. Tamén a Bienal de Pontevedra ou a mostra en Vilanova de Cerveira, en Portugal, na que participan artistas galegos. E avanza citas vindeiras como Aberto, da asociación galega de galerías, e moito máis
Podcast cultural 1. Estrías e Ópera 01.09.2025 20:58
Conversa coa poeta Andrea Nunes Brións sobre o seu último libro e inicio da temporada de Amigos da Ópera coa montaxe sobre "Carmen" de Bizet.
Estreamos colaboradora experta en LIX 01.09.2025 14:05
Coñecemos a nosa recomendadora de libros para o público infantil e xuvenil: Andrea Jamardo, editora de Cuarto de Inverno e secretaria de GALIX. No día da súa estrea tráenos dúas propostas: ‘Cando o mundo é azul’, de Óscar Reboira editado por Galaxia, e ‘A busca de Muncho’, de Tiago Delgado editado por Antela
Festivais de setembro e novidades do outono 27.08.2025 13:41
Carlos repasa o cartel de tódolos festivais cos que remata o verán en Galicia: Boimorto, Rianxo, Carril, Vigo, Burela, Lugo, A Coruña, Vilaxoan...Ademais anuncia próximos lanzamentos: De Ninghures con The Rapants, Tanxugueiras, Arritmia, Lontras, Boyanka Kostova...
Os topónimos das praias galegas 20.08.2025 16:02
Victen Feijoo desvélanos a orixe de topónimos de praias galegas como Xilloi, Aguete, As Torradas, Canelas, Os Alemáns ou praia América
Remesturas galegas 20.08.2025 12:44
As remesturas de cancións naceron como experimento e diversión ata converterse co tempo nunha estratexia de mercado. En Galicia temos bos exemplos deste formato. Escoitamos a Kike Varela, Peter Petrowski, Montedapena ou Mundo Prestigio.
Por que Baralla se chama así? Sabías que o Concello do Val do Dubra tiña antes outro nome? 06.08.2025 16:29
O filólogo Vicente Feijoo cóntanos as discrepancias sobre a orixe do topónimo Basralla. Tamén nos lembra que o concello do Val do Dubra ten ese nome dende hai relativamente pouco tempo. Ademáis saberemos a fonte do nome da parroquia carballesa de Rus e da praia de Tal.
Clixés galegos con retranca 06.08.2025 16:19
Os clixés adoitan ser norma cando se fala dos galegos con ollada foránea. Moitos músicos galegos aplicáronlle a retranca a eses tópicos para facer cancións que rexuman humor: Os Resentidos, Heredeiros da Crus, Monoulious Doc, Habló Pablo, Verto
Cantando en linguas distintas 30.07.2025 12:27
Cada vez é máis frecuente escoitar artistas galegos colaborando con músicos doutras comunidades e mesturando idiomas nas súas cancións. Carlos traenos algúns exemplos: "Fortuna", de Guadi Galego e Pau Brugada; "Anguleele", de Fillas de Cassandra e Zetak; "Un labradorcito", de Mondra e Dulzaro: "La magia de tu melena", de Ortiga e Rodrigo Cuevas; "As nos...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.