AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A penaltis 17-11-2025 17.11.2025 2:00:52
E tamén: 👉Javi Liz, gardameta do Pol en Preferente e Policía Local. 👉Roi Torres, defensa santiagués que pasou polo Real Madrid e actual xogador do Intercity.
Galicia en xogo motor 16-11-2025 16.11.2025 30:57
O patrón de Recalvi Chema Rodríguez e o naronés Jorge Cagiao foron os protagonistas do En Xogo Todo Motor desta fin de semana, e no espazo de radio repasamos o máis sinalable do que contaron.
'Werther' 14.11.2025 10:09
Afonso Becerra comenta’ Werther’, de Jules Massenet, que se puido ver no concerto de clausura do Outono Lírico 2025 que promove a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo. Coa Orquestra Sinfónica Vigo 430, dirixida por Oliver Díaz, e as voces do Coro do IES da Xunqueira 1, de Pontevedra.
Podcast cultural 54. Repichoca 14.11.2025 16:35
O grupo folk coruñés Tiruleque publica o seu quinto disco. Unha reivindicación das foliadas urbanas titulada 'Repichoca'.
'Gaua' 13.11.2025 7:13
Moncho Lemos recomenda para ir ao cine esta fin de semana: ‘Gaua’, de Paul Urkijo. Ambientada nos montes vascos do século XVII, en plena caza de bruxas.
Podcast cultural 53. Rosalía de Castro 50 anos 13.11.2025 27:10
Amancio Prada celebra en concerto os 50 anos do seu álbum Rosalía de Castro. En Compostela nova edición do Outono Códax Festival
Underfest 13.11.2025 11:28
Tito Lesende pica música do Underfest, un deses festivais que combinan a integración coa cidade cun criterio editorial coidado. Hai propostas chegadas de moitas procedencias dentro do pop alternativo, das que escoitamos o galego Incurable; os estadounidenses We Are Scientists; Dewolff, que chegan dos Países Baixos; os británicos The Psychedelic Furs ou os franceses Rinôçéròse.
Literatura divulgativa 12.11.2025 9:42
Malores Villanueva propón tres lecturas de divulgación científica, dende a xeoloxía de Galicia ás plantas medicinais
Podcast cultural 52. Da memoria máis próxima e do futuro. 12.11.2025
Museo do Pobo Galego acollerá esta fin de semana o Coloquio Galego de Museos Locais. José Carou publica "Ventre de madeira".
Enric Pellicer 11.11.2025 11:59
Carlos Crespo trae nas súas “descubertas” a Enric Pellicer, un músico, compositor e produtor catalán que crea dende Corrubedo
Podcast cultural 51. Nas Nubes e nas Librarías. 11.11.2025 24:27
Redrum Teatro estrea Nas Nubes. Unha comedia futurista atravesada pola IA. E despois o Día das Librarías.
'Nicasso' 11.11.2025 13:48
Mónica Maneiro comenta ‘Nicasso’, de Carlos Pazos no CGAC. A mostra, que reinterpreta a obra de Picasso dende a óptica da cultura popular, está feita a partir de cerámica de Vallauris.
'O imán do Amazonas' 10.11.2025 9:05
Begoña Vázquez recomenda mirar os tres capítulos de ‘O imán do Amazonas’, de Tonhito de Poi: Aventura, natureza e coñecemento. En agalega.gal
Podcast cultural 50. Da natureza e do deseño máis novo. 10.11.2025 24:19
Caxigueiro presenta novos traballos, colaxes e fotografías ademais de esculturas en Lugo e Miguel Leiro Fernandez-Cuesta recibe o Premio Nacional de Xóvenes Profesionais do Deseño
A penaltis 10-11-2025 10.11.2025 2:00:58
Fran Cañotas e Antonio Mosquera
Rogelio III. La fête 07.11.2025 8:57
Afonso comenta a obra "Rogelio III. La fête", a terceira entrega da triloxía creada polo actor Dani Blanco que ten como protagonista ao pallaso Rogelio. A obra, posta en escena pola compañía AsSircópatas coa dirección de Natalia Outeiro, aborda o tema da soidade dende un punto de vista humorístico.
Podcast cultural 49. Caras no lume 07.11.2025 21:24
Lontras presenta "Caras no lume" entre o indie-folk, a psicodelia minimalista, a indie-trónica e a canción experimental.
'La cena' e 'Siempre es invierno' 06.11.2025 10:32
Moncho Lemos recomenda dúas películas para ir ao cine esta fin de semana: 'La cena' de Manuel Gómez Pereira e ''Siempre es invierno', de David Trueba e baseada na súa novlela homónima
Podcast cultural 48. Diversidade no audiovisual e Cariñosas alimañas no Cárcere. 06.11.2025 0:21
A diversidade centra a terceira edición do Foro da Academia Galega do Audiovisual. E Paco Pestana no Vello Cárcere "Paseando cariñosas alimañas"
Dos máis novos a unha veterana 06.11.2025 11:41
Tito Lesende pica música de Antía Muíño, Kid Mount, Xosé Maseda e Mavis Staples, que mañá saca disco novo...aos 86 anos.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.