AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ünder e Diego Flâneur 25.11.2025 17:25
Carlos Crespo tráenos ‘El último chance’ dos lugueses Ünder e Diego Flâneur.
Podcast cultural 61. Percorrido 25.11.2025 18:13
Magín Blanco rememora a súa traxectoria musical en "Percorrido" que estrea en Culturgal. A Galería Trinta celebra o 40 aniversario con coleccionistas e artistas.
She´s so unusual 25.11.2025 9:53
Mónica Maneiro comenta a mostra da galería Dupla, en Santiago, con obras de Ana Jarén, Cristina Fernández Núñez, Lara Pintos e Lula Goce., baixo o título She´s so unusual
Podcast cultural 60. ABC Seoane 24.11.2025 17:55
O A ten forma de Atlántico o B de balea e o C de cabalo...Fabulatorio e a Fundación Luís Seoane publican "ABC Seoane", un abecedario infantil construído a partir do imaxinario gráfico e visual de Luís Seoane. Bea Lema estrea a curtametraxe “El cuerpo de Cristo”.
Tres propostas humorísticas 24.11.2025 25:19
Andrea Jamardo fala hoxe de tres libros con moito humor: ‘Adelina’, de Sandra Lodi, que gañou o premio Castelao de banda deseñada en 2024. En Galaxia. ‘Lela, a superavoa’, un cómic de Xosé Tomás que publica Edicións Xerais. ‘Ganapán e Garabato’, un álbum ilustrado para prelectores de Chus Álvarez e El Primo Ramón, publicado por Pepa a Loba editora.
Galicia en xogo motor 23-11-2025 23.11.2025 30:57
No espazo do motor analizaron a temporada con Iván Ares e Avelino Martínez e achegaronse á figura de Andrea Lamas.
'Segunda man, Estado aceptable' 21.11.2025 11:27
Afonso Becerra comenta a fugaz reestrea de ‘Segunda man. Estado aceptable’ no Teatro Ensalle de Vigo. A peza de Avelina Pérz é unha reflexión aceda arredor do consumismo
Podcast cultural 59. Discómic 21.11.2025 25:02
Os vigueses Moon Cresta publican un "discómic"."Zadym" é un libro ilustrado de 70 páxinas e un Cd. Un disco para ler e ver, ademais de escoitar.
Un adeus, memoria e ‘Ciudad sin sueño’ 20.11.2025 14:08
Con Moncho Lemos lembramos a Julio Fernández. Tamén miramos 50 anos atrás no aniversario do pasamento do ditador: Que había na carteleira? E, por último, Moncho recomenda ‘Ciudad sin sueño’, de Guillermo Galoe, para ver nos cines esta fin de semana
Podacst cultural 58. Refugallo Paintings 20.11.2025 18:09
Almudena Fernández Fariña presenta en Vigo as súas pinturas de refugallo, a mostra “Refugallo Paintings” pon en valor o residual. E despois “Así chegou a noite” de Ángel Santos
Versionando 20.11.2025 0:09
Tito Lesende pica versións: do Turnedo de Amaro e Iván Ferreiro, revisitado por eles e recén saído do forno, á remestura de Baiuca por Ale Acosta. E de propina as cántabras Repion
'Perder o norte' 19.11.2025 11:45
Malores Villanueva comenta o último Premio Illa Nova de Narrativa: ‘ Perder o norte’ , da lucense María Quiroga, unha viaxe por diversos territorios físicos e emocionais. En Galaxia
Podcast cultural 57. Mestura 19.11.2025 24:33
María Toro celebra as orixes no Teatro Colón. A frautista coruñesa regresa ao escenario que acolleu o seu primeiro concerto para presentar “Mestura”, o disco que abre unha nova etapa na súa traxectoria.
PEITOESCURO 18.11.2025 34:40
Carlos Crespo trae ás súas “descubertas” a PEITOESCURO, o proxecto de Rubén Gutiérrez. Este madrileño, asentado nunha aldea ao pé do Courel, presenta na Radio Galega(en primicia) o seu tema novo ‘Pan das pedras’
Podcast cultural 56. Hurlé e Amantegui 18.11.2025 20:23
A compañía Constance Hurlé estrea “Miña pequena” unha peza de danza-teatro para espazo non convencional. Rodolfo e Priscilia presenta a tradución galega de Cayo Hueso de Oihane Amantegui
Premio Auditorio de Galicia para artistas noveis 18.11.2025 13:20
Mónica Maneiro comenta a décimo cuarta edición do Premio Auditorio de Galicia para artistas noveis. As 30 obras que concorreron poden verse na sala Isaac Díaz Pardo
Dous documentais imprescindibles 17.11.2025 7:59
Begoña Vázquez recomenda dous documentais que poden verse en agalega.gal: - 'María Casares: a muller que viviu mil vidas', de Xavier Villaverde. - 'Os espazos en branco', de Bruno Arias, sobre a súa malograda tía Xela
Podcast cultural 55. Residencias e procesos 17.11.2025 22:40
As residencias REGA culminan o desenvolvemento dos proxectos seleccionados na cuarta edición. Falamos de “Aburrimento” con Marta Tejada, “Cerebral 4.0” con Alberto Castaño e “Azulexería” con Loaira Pérez
Un álbum ilustrado, outro de BD e un terceiro libro formativo 17.11.2025 0:26
Andrea Jamardo recomenda tres lecturas: - ‘Hilda e Twig espertan o home da neve’, de Luke Pearson Traducido ao galego por Clara Barcia para Sushi Books - ‘Gato Cono’, de Sara Howden e Carmen Mok, Con tradución de Laura Sáez na editora Patasdepeixe - ‘A salvaxe vida dos dinosauros e outros animais prehistóricos’, en Aira Editorial
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.