AGalegaAudio

Todos os podcast | Convivir

Society GL ↓ 183 episodes

Sociedade, inclusión e igualdade.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Aug 30, 2024

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Convivir 16-11-2023 16.11.2023

Ímonos centrar no Día Mundial do Neno Prematuro e coñeceremos quen leva consigo esta situación para os pais e para ese neno ou nena prematuro. Tamén imos coñecer como se fai danza inclusiva na que unha cadeira de rodas é unha das protagonistas sobre o escenario. Iso pasa na compañía Experimentadanza, concretamente na súa obra 'Tuétano'. Temos cita co noso médico de cabeceira e sexólogo L...

Convivir 14-11-2023 14.11.2023

No Día Mundial da Diabetes, trataremos de saber o que é convivir no día a día coa enfermidade. Farémolo a través da Asociación Diabética Auria, en Ourense. Daremos conta dun encontro que vai ter lugar na Cidade da Cultura de Santiago sobre a inclusión social e laboral das persoas máis vulnerables. Tamén nos adianteremos a un primeiro congreso internacional que vai ter lugar en Ourense e que trata...

Convivir 13-11-2023 13.11.2023

Comezamos o programa cunha dose de realidade: a morte e o pasamento. É algo co que temos que convivir, e con este motivo 130 psicólogos déronse cita esta fin de semana en Nigran para actualizar os seus coñecementos e intercambiar as súas experiencias. Son as XXVIII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde que promove o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Por outra banda, unha nova iniciativ...

Convivir 09-11-2023 09.11.2023

Dalgunha forma hoxe imos viaxar lonxe. Convivir en Irán. Iso imos coñecer grazas a unha activista iraniana que está estes días por Galicia da man de Amnistía Internacional: Nilufar Saberi. Tamén nos achegaremos ó complexo mundo das doazóns de órganos a través dun documental que se vai estrear este sábado en Noia procedente de Euskadi e que dirixe Susana Miravalles: 'La vida en pausa'. Pa...

Convivir 08-11-2023 08.11.2023

Imos poñernos en contacto coa Asociación Dereito a Morrer Dignamente en Galicia despois de que o Parlamento Galego botara abaixo a súa proposta de declarar o 12 de xaneiro como Día da Morte Digna en Galicia, data que coincide co pasamento de Ramón Sampedro. Tamén nos imos achegar ata o centro ASPANAES das Pontes onde teñen implantado un programa moi interesante para facilitar a vida independente e...

Convivir 07-11-2023 07.11.2023

Imos introducirnos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense porque estes días (e durante seis meses) contan coa presencia de dous médicos chegados de Mozambique e que pretenden pasar parte da súa residencia especializandose aquí. Tamén imos dar conta de que é e como funciona unha unidade de memoria ubicada na Coruña dende 2014: Lémbrate. Coñeceremos a obra de teatro 'Golfa' diri...

Convivir 06-11-2023 06.11.2023

Imos dar conta dunha campaña de Cruz Vermella coa que recoller xoguetes e que nenos e nenas teñan unha infancia máis doce. Tamén imos dar conta da boa convivencia nos centro educativos. Comezaremos falando da importancia da educación emocional para a xestión do benestar do alumnado. Tamén daremos conta dunha empresa en Ourense que axuda a establecer protocolos contra o acoso escolar. Isabel Neira...

Convivir 02-11-2023 02.11.2023

Na vila coruñesa de Brión da comezo o seu festival Brion Inclué. Xa van pola sexta edición e dende a organización están convencidos de que a programación está cada ano máis asentada. Daremos conta da farmacia que acaba de ser premiada como Farmacia Galega Destacada. Día de consulta co doutor Prieto, que hoxe fala dun trastorno de índole sexual moi pouco coñecido pero que unhas mil persoas no mundo...

Convivir 31-10-2023 31.10.2023

Comprobaremos como nunha pequena localidade de menos de cinco mil habitantes conviven con outros tantos pereregrinos no día a día. Agora chega novembro e os camiñantes descenden. Facemos balance da tempada alta con algún que outro negocio. Polo Samaín a nosa colaboradora Laura Castro achegarase ó mundo das redes sociais cando falecemos. Falaremos cunha modista boliviana e cunha cooperativista gale...

Convivir 30-10-2023 30.10.2023

Achegámonos a un programa de rehabilitación e reinserción de persoas con problemas coa adicción ás drogas. Falamos de Proxecto Home, que traballa en contra das drogrodependencias. Un estudo galego déixanos unha conclusión moi significativa: medindo unha das hormonas que temos pódese saber se ese paciente padece unha enfermidade psiquiátrica sexa depresión ou esquizofrenia. Conversamos con Isabel N...

Convivir 26-10-2023 26.10.2023

Hoxe é o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido e a federación en Galicia quere deixar moi claro cales son as demandas neste día e cales son as pegadas derivadas dun ictus ou dun accidente de tráfico. Repararemos na figura que representan as arquitectas mulleres. O doutor Luis Prieto céntrase hoxe nas enfermidades na pel e o estigma que representan á hora de socializar.

Convivir 25-10-2023 25.10.2023

Imos pasar pola provincia de Ourense onde unha asociación de recente creación está a darse conta de que no conxunto da provincia concéntranse unhas catrocentas persoas que pasan dos cen anos. Estamos tamén na Coruña na presentación do Festigual e no Museo MUNCYT. Repararemos na terapia do reencontro, da que non sabemos nada e que nos explicará Tareixa Ledo.

Convivir 24-10-2023 24.10.2023

Neste Convivir imos ser testemuña de como a violencia contras as mulleres durante a sua infancia e adolescencia aumentou dunha forma importante nestes últimos anos segundo un informe de ANAR. Imos á Coruña, onde vai ter lugar a posta en marcha dunha residencia para maiores do colectivo LGTBI. No barrio de Teis existe unha asociación, Xaruma, que se quere dirixir cun proxecto de formacion ás persoa...

Convivir 23-10-2023 23.10.2023

Queremos achegarnos a unha figura do rural galego coa que convivimos moitas décadas mentres non foi doado acceder ós hospitais. Trátase das parteiras. Tempo tamén para a economía con Isabel Neira e, máis concretamente, para o emprendemento en feminino. Coñecemos ademais o labor dunha ONG que axuda ás persoas en risco de exlcusión social en Galicia.

Convivir 20-10-2023 20.10.2023

No difícil contexto do conflito na franxa de Gaza, estase a celebrar estes días a Semana do Cine Euroárabe AMAL en Santiago de Compostela. Coñeceremos que uns setenta mil nenos e nenas en Galicia viven en risco de pobreza. O doutor Prieto pasa consulta como cada venres. En marcha está a campaña 'Vive sin miedo' á que se suman as diferentes asociacións galegas de párkinson.

Convivir 19-10-2023 19.10.2023

Temos unha visita moi especial. Falamos da historia dunha galega emigrada á Arxentina, unha muller con discapcidad auditiva que encontrou na escritura a súa profesión valéndose do seu periplo Galicia-Arxentina. Damos conta da carreira multitudinaria 'La vuelta al cole' por parte dos máis novos que terá lugar en moitos puntos de España e que aporta un euro por cada corredor na loita contr...

Convivir 18-10-2023 18.10.2023

Imos ir ata o Baixo Miño, onde se celebra un foro por parte de Eu Rural no que se porá en valor a figura da muller rural galega e emprendedora. Damos conta dun robot que está en probas pero que a idea é que preste axuda a persoas con discapacidades físicas ou mentais e que se movan con facilidade por grandes superficies. Estamos en contacto con dúas profesións: un ortodoncista e un farmacéutico qu...

Convivir 17-10-2023 17.10.2023

Hoxe no Día Mundial da Dor imos ver o que realmente é convivir todos os días do ano con dor. Neste tempo de Convivir tamén imos coñecer cal é o estado da pobreza neste ano 2023 coa Plataforma de Organizacións de Infancia en Galicia. Imos pasear polos corredores do IES Lagoa de Antela porque alumnos de primeiro da ESO crearon dez exemplares da fauna mariña con cartón a escala real. Con Laura Castro...

Convivir 16-10-2023 16.10.2023

Achegámonos á ONG Entreculturas e o traballo que desenovolven dende Galicia para os países do denominado sur global. Coñeceremos unha iniciativa moi bonita que busca facer "xogar" algo obrigatorio. Estanse a conmemorar os 25 anos que levan traballando voluntarios sanitarios na India rural a través da Fundación Vicente Ferrer e así nolo fan saber estes días a través dunha exposición que p...

Convivir 13-10-2023 13.10.2023

Hoxe pasamos polos cárceres galegos para saber como pasan parte do seu tempo os reclusos no que se traballa na forma en que no volvan delinquir. Daremos a coñecer as demandas que ten unha plataforma que vela polos dereitos da infancia con respecto á situación dos nenos, nenas e adolescentes que están tutelados pola Xunta de Galicia. Na consulta co doutor Prieto falamos da etapa do posparto en mull...

Convivir 12-10-2023 12.10.2023

Nesta xornada festiva coñeceremos a historia persoal dun alumno universitario do Campus de Ourense, que é un referente do deporte paralímpico español. Coñeceremos unha parte do ULA: unha horta solidaria de grandes dimensións. Mergullarémonos nun grupo de investgación contra o cancro que traballa dende Santiago e vén de ser premiado polas súas pescudas sobre as metástases.

Convivir 11-10-2023 11.10.2023

Introducímonos na UCI de neonatos do Hospital Provincial de Pontevedra porque acaba de ser recoñecida cun premio á súa sostenibilidade. Seguimos convivindo coa inflación e imos ver como nos vai ós galegos cos nosos aforros e as nosas contas. Dous estudos dos que participan galegos foron publicados en revistas de prestixio internacional e abren esperanza fronte ó cancro.

Convivir 10-10-2023 10.10.2023

Convivir cunha enfermidade mental. Hoxe celébrase o Día Mundial da Saúde Mental con moitas reivindicacións de moitos colectivos. Falaremos cun deles. Noutra orde de cousas, cómpre salientar que toda a axuda que se envía dende Galicia a Ucraína ten xa unha sede na Coruña. Entre outros asuntos, Laura Castro fálanos de como a IA pode axudar a coidar o noso planeta e os seus custos medioambientais.

Convivir 06-10-2023 06.10.2023

Queremos coñecer os resultado dun informe que a AECC fixo en Galicia sobre a investigación oncolóxica. Revisaremos a vista na nosa condución e iremos correndo ata Sada. Co doutor Luis Prieto falaremos de como certas disfuncións sexuais na parella poden ser un indicio de que se está a chegar a algún episodio de violencia machista.

Convivir 04-10-2023 04.10.2023

Achegámonos á delicada situación que vive un país como Burkina Fasso a través da mirada de Unicef Galicia. As asociacións vinculadas á parálise cerebral teñen esta ano unhas reivindicacións moi concretas de cara ó Día da Parálise Cerebral. Repararemos no colectivo 'Teta e coliño', que leva anos apoiando a maternidade e a crianza dos meniños dun xeito moi particular.

Listen to the Todos os podcast | Convivir podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.