AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A solidariedade a través do 'NOSO' 05.04.2024 9:19
Afonso Becerra tráenos un chisco de solidariedade co 'NOSO' d'Os Náufragos Teatro. Con texto e dirección de Gustavo del Río, trátase dunha obra que conxuga o posesivo do pobo, da comunidade e do territorio.
A crónica deportiva 05-04-2024 Video 05.04.2024 27:46
Imanol Idiákez non conta con Lucas Pérez para xogar co Unionistas. No Racing Club Ferrol, p, con 26 graorevia con Raúl Villares dende Bilbao. No Celta, aprobada a reforma da bancada de Gol de Balaídos e Franco Cervi en sala de prensa. No Club Ourense Baloncesto din que se hai un momento para gañar ao Basquet Coruña é no derbi de mañá.
Os 50 anos dunha "revoluçao" imborrable 04.04.2024 16:52
En colaboración coa Cinemateca Portuguesa, entre o 24 de abril e o 3 de mayo proxéctanse unha serie de documentais filmados nos días da revolución portuguesa. Tamén se proxectan ficcións que retratan á xente nas rúas e as manifestacións, así como o proceso de reforma agraria. Falamos con Jaime Pena, responsable de programación.
Álvaro de la Vega inaugura en Fonseca “Xéneros e números” 04.04.2024 10:01
O escultor presenta dous conxuntos grupais integrados por 38 elementos que suxiren a densidade como idea vertebral da mostra.
A crónica deportiva 04-04-2024 Video 04.04.2024 23:58
Falamos con Susana Rguez Gacio, Premio Nacional do Deporte, tras recibir o galardón de mans da raíña. No Racing Club Ferrol, Chuca entra na convocatoria para Amorebieta. O adestrador ourensán Fran Justo volve tomr as rendas do Real Unión de Irún. No Deportivo, Lucas Pérez segue á marxe, pero mellora.
En Compostela hai moitas cidades 03.04.2024 16:34
María Villamarín e Óscar Senra fálannos do ciclo "A aldea desmedida", organizado Numax en Santiago e comisariado por Maos Innovación Social. O que pretende é precisamente botar unha pensada a esta cidade dende distintos puntos de vista e entender o lugar que habitamos.
O foco en Anton Bruckner 03.04.2024 11:28
Anton Bruckner centra os concertos desta semana da Orquestra Sinfónica de Galicia. Afondamos na vida do compositor austriaco con Luís Miguel Crespo.
O coidado social para outro tempo 03.04.2024 9:39
“Os custos que supón o coidado están recaendo nas mulleres. Hai que ir a un coidado social”. Cristina García Sainz fala de “Os tempos sociais do traballo cunha perspectiva de xénero” na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra.
A crónica deportiva 03-04-2024 03.04.2024 26:48
A UD Ourense escolle ó ourensán Borja Fernadez como adestrador. O ex futbolista do Real Madrid, Deportivo eValladolid, entroutros, debutará no remodelado estadio do Couto este domigo ás 17:00h co Betanzos. Falamos co presidente, Fernando Currás. No Deportivo, Lucas Pérez comeza a semana á marxe do grupo.
'Ubasute' 02.04.2024 12:21
A nosa experta Dolores Vilavedra fainos unha pequeña reseña de 'Ubasute', unha obra de Paula Carballeira editada por Galaxia.
O pensamento de Hanna Arendt abre a Semana Galega de Filosofía 02.04.2024 10:33
“Hai que repensar unha relación co pasado”. A filósofa Fina Birulés fala de Hanna Arendt na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra e na Universidade de Santiago.
A crónica deportiva 02-04-2024 02.04.2024 26:21
Oscar Pinchi estará cando menos un mes de baixa. O atacante do Racing Club Ferrol sofre unha escordadura de xeonllo. Agárdase que estea de volta para axudar na recta final da temporada. No Celta escoitamos o canteirán Yago Santiago, agora no Tottenham. No Deportivo seguen á espera da recuperación de Lucas Pérez.
Trala talla de Francisco Asorey 01.04.2024 14:06
Co gallo do “Día das Artes Galegas 2024” deu comezo na Coruña un ciclo composto por catro conferencias dedicado ao escultor Francisco Asorey, un dos renovadores da arte galega, cunha obra espallada por toda Galicia.
Moita música portuguesa... con novidades! 01.04.2024 13:25
Nun mes moi especial para os nosos veciños portugueses Emilio Españadero tráenos as melodías e as voces de varios artistas do país luso: Espiral e "Pantagruel", Ana Moura e "Janela Escancarada", Luís Peixoto e "Please Take Care" e María Ana Bobone e "Barco negro".
A crónica deportiva 01-04-2024 01.04.2024 29:58
O Real Unión de Irún, que xogará en Riazor o último partido da liga, destitúe o adestrador, Íñigo Idiákez, irmán do preparador do Dépor. Repasamos o empate do Celta co Raio Vallecano, a vitoria do Racing Club Ferrol, e o máis destacado do deporte galego.
'Puan' e 'La Bête' 29.03.2024 10:37
Moncho Lemos escolma as estreas cinematográficas máis interesantes da Semana Santa. 'Puan', de María Alché e Benjamín Naishtat, unha comedia dramática arxentina premiada no festival de Donostia e mais 'La Bête', un filme de ciencia ficción de Bertrand Bonello a partir dun relato de Henry James.
"A inquietude creativa", a antolóxica de García-Gesto en Lugo 29.03.2024 15:28
A mostra “A inquietude creativa” percorre 50 anos do traballo do pintor lugués Joaquín García-Gesto. Unha exposición antolóxica que se pode ver na sede de AFundación en Lugo.
Nabiza girl 29.03.2024 9:46
A serie protagonizada por Nabiza girl "Así falamos, así sentimos", busca reforzar a identidade galega entre a mocidade. Pode verse en redes sociais coma Instagram e TikTok,.
Os 40 anos do Centro Dramático Galego 27.03.2024 20:57
Nun 27 de marzo de 1984, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro, anunciábase a posta en marcha por parte da Xunta de Galicia dunha compañía teatro que tería por obxectivo contribuír á normalización e regularización da actividade teatral galega. Eduardo Alonso, Fran Nuñez, Xulio Lago e Tamara Canosa falan da historia e do presente do CDG.
O último de Madruga Works e Under Castle 27.03.2024 7:09
Con Luz Castro falamos dos últimos traballos de dous estudos galegos. O incipiente Under Castle está a piques de sacar 'Xelatina ten fame' e o xa consolidado Madruga Works lanzou o pasado ano 'The Mobius Machine'.
Casa-museo María Antonia Dans 27.03.2024 8:34
Visitamos a Casa Museo de María Antonia Dans en Curtis A primeira Casa Museo dunha pintora galega acolle obras súas e unha exposición temporal do grupo Galeoska.
A crónica deportiva 27-03-2024 27.03.2024 28:37
A pontevedresa Tere Abelleira, convocada pola seleccionadora española de fútbol para os partidos de clasificacación da Eurocopa Suíza 24 fronte Suíza e Chequia o mes vindeiro. E mañá na Radio Galega Galicia en Goles coa retransmisión da xornada 25 da liga da terceira división. Hoxe pasaron polos nosos micrófonos os adestradores do Celta e o Bergantiños,
A microserie Nosoutras 26.03.2024 6:55
A microserie Nosoutras visibiliza artistas galegas para a xeración Z. O espazo, que pode verse na plataforma dixital Agalega.gal, repasa as súas vidas nun formato desenfadado para conectar coa mocidade.
A crónica deportiva 26-03-2024 26.03.2024 27:00
O Real Club Celta regresa aos adestramarntos esta tarde ás catro A Selección española de fútbo xoga esta noite no Bernabeu un amigable con Brasil. Escoitamos ao seleccionador , Luis de la Fuente, a Carvajal e a Vinicius
As triunfadoras dos XXII Premios Mestre Mateo 25.03.2024 17:39
'O Corno' con 7, 'Matria' con 5 con e 'Rapa' con 3 foron as gañadoras dos premios Mestre Mateo nunha das galas máis celebradas da historia dos galardóns que convoca a Academia Galega do Audiovisual. Conversamos coa directora de 'O Corno', Jaione Camborda, a actriz María Vázquez, protagonista de 'Matria' e Alfonso Blanco, director de Portocabo, prod...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.