AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2914 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A importancia dos procesos e dos apoios 16.04.2024

Comezan as Residencias Artísticas de Literatura e Pensamento e Música que organiza a Deputación da Coruña en Mariñán. Falamos de comisariados e proxectos con Roberto Abuín, Aitana Cuétara, Su Garrido Pombo e Carmen Marina Vidal Valiña.

'A noite das cebolas' 16.04.2024

Dolores Vilavedra tráenos unha experiencia agrícola para animar a calquera a través de 'A noite das cebolas', unha novela de Rosa Aneiros editada por Xerais.

A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego 16.04.2024

A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego é unha mostra fotográfica que pode verse na igrexa da USC en Santiago. Pode visitarse ata o 15 de maio, de martes a sábado, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas.

A crónica deportiva 16-04-2024 Video 16.04.2024

O xulgado aproba a modificación do convenio de acredores do RC Deportivo para asegurar a súa viabilidade económica. Última hora do Racing Club Ferrol coas declaracións de Fran Manzanara. Falamos con Luchy Paz, capitán do HC Coruña, trala designación da cidade herculina como sede da fase final A 4 da Liga de Campioas. Felicitamos a Gonzalo Iglesias "Morenín", adestrador do Torreblanca Mel...

Concertos, festas e novidades discográficas 15.04.2024

Falamos do vindeiro concerto de Xosé Manuel Budiño no Teatro Principal de Ourense presentando o seu oitavo álbum: 'Branca vela'. Imos tamén ata Pontevedra, onde a finais de mes vai ter lugar a Aña Urbana na Praza do Concello, con grupos da Asociación Cultural Trépia e Comando Curuxás, entre outros. Ademais, escoitamos un anaco do último de Noites de Rock e Meigas: "Cando o Ebro Sona...

Encontro de mulleres artistas 15.04.2024

Este martes desenvólvese en Santiago a terceira xornada do  Encontro de Mulleres Artistas, na Casa das Crechas. Entre as paricipantes estarán Alba Domínguez, Helena Egea, Isa Beltrán, Oliva Ben Prantada,Lúa Pagán, Sony Soprano, Taty Zisca,Tinta Ceive e Noela Babuxa.

A crónica deportiva 15-04-2024 15.04.2024

O Racing Club Ferrol está a 1 punto dos postos de play off de ascenso. O Celta Fortuna golea ao CD Lugo e ponse 3º. O Deportivo suma 6 puntos de vantaxe co 2º, con 18 en xogo. Tódolos billetes vendidos para o sábado en Riazor.

A construción do son 12.04.2024

A Asociación Labra organiza en Compostela o Encontro que reúne aos profesionais da luthería galega. Falamos con Ana Fariña e Pablo Sánchez

Danza para seguir na loita 12.04.2024

Con Afonso Becerra abordamos as dificultades dos artistas emerxentes para facerse un oco en modalidades marxinadas como a danza contemporánea. Facémolo a través da obra 'Nova Dança', coproducida e estreada polo Teatro Diogo Bernardes.

Cancións tristes de Maine nun pazo de Silleda 12.04.2024

Max García Conover é un músico estadounidense con raíces pontevedresas que visita por primeira vez Galicia. Conversamos con el no pazo da Viña, na localidade silledense da Bandeira. Alí está a gravar o seu próximo disco co selo barcelonés Son Canciones, impulsado pola galega Mabel Alonso e o belga Lieven Scheerlinck. 

Tradescola 12.04.2024

Falamos con Felisa Segade e Xaneco Tubío do obradoiro intensivo de percusión tradicional de man desta fin de semana en Lugo, organizado por Tradescola

A crónica deportiva 12-04-2024 12.04.2024

O Celta busca esta noite o segundo triunfo consecutivo fóra da casa con Claudio no banco.

Poética das interconexións 11.04.2024

O Legado Berta Cáccamo doa ao Museo de Pontevedra o arquivo documental da artista. Cadernos, diarios, obxectos, correspondencia que se presentan na exposición que se inaugura no edificio Castelao. Falamos con Juan de Nieves e Xosé M Alvarez Cáccamo

Jaime de Armiñán e 'O salto' de Benito Zambrano 11.04.2024

Lembramos a figura do director Jaime de Armiñán, falecido esta semana. Por outra banda, afondamos na última película de Benito Zambrano: 'O Salto'.

29ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense 11.04.2024

As rúas, o auditorio, o Teatro Principal, o campus, e diversos locais de Ourense reciben á MITEU con música, danza, circo, maxia, cine e teatro.

A crónica deportiva 11-04-2024 11.04.2024

O nadador paralímpico Chano Rodríguez anuncia a súa retirada despóis dun positivo por dopaxe. O vigués, de 67 anos, explica que foi un erro por descoñecemento. No Celta, Renato Tapia é baixa para xogar en Sevilla co Betis. E olve Williot Swedberg á listaxe de citados de Claudio Giráldez. No Basquet Coruña, Diego Epifanio parafrasea a Arsenio "coidado coa festa, que nola quitan dos fuciños&quo...

Os actos e as profecías: o público no centro 10.04.2024

“Tod@s abandonamos persoas e principios no camiño marcado para o éxito, para chegar”. O CDG estrea a obra central do seu 40 aniversario, Os actos e as profecías. Falamos con directora, Tamara Canosa e cunha das intérpretes, Mónica Camaño.

Novelas visuais 10.04.2024

Luz Castro explícanos en que consisten as novelas visuais, un xénero de videoxogos de aventura conversacional. "Ti Primeiro" foi a primeira novela visual en galego, creada por Roberto Alvite e producida e publicada por Melgo Cinema.

Arte e creatividade da man da SGAE 10.04.2024

Un encontro deseñado para que a cultura, a comunicación e a empresa dialoguen nas voces de profesionais da cultura, a comunicación, a empresa e o compromiso. Referentes da cultura como Nerea Barros, Teo Cardalda, Sabela Maneiro, Mercedes Peón, Tonhito de Poi ou Sabela Ramil comparten as súas experiencias con comunicadores como Déborah Ciencia, Esther Estévez ou Tamara García

A crónica deportiva 10-04-2024 10.04.2024

Diego Martínez, novo seleccionador da Irmandiña. O vigués, de 43 anos, dirixíu o Olimpiakos, o Español e o Granada, entroutros. No Racing, Nico Serrano, xogador destacado de marzo e recuperado para xogar co Huesca. No Deportivo, destacado en marzo o porteiro Germán Parreño. David Mella e Lucas Pérez melloran cara viaxar a Teruel. A padexeira Teresa Portela clasifícase en K-4 e asegura estar en Par...

Cinema, rexistro vivo da nosa memoria 09.04.2024

“Queremos poñer en valor grandes títulos que non están no canon cinematográfico”. Victor Paz fala do ciclo Cinema, rexistro vivo da nosa memoria

A crónica deportiva 09-04-2024 09.04.2024

A Selección Galega volve xuntarse o 31 de maio para xogar un partido internacional con Panamá. Faltan por saber o estadio e o seleccionador, algo que comunicará a Real Federación Galega nos días vindeiros. Estará rematada a 1ª división, pero non a 2ª nin os play off polo asceso na 1ªRFEF, o que pode condicionar a presenza de varios xogadores. Ademais, hoxe hai Liga de Campións, ida de cuartos,, en...

VII Son Cervexeiro de Ortigueira 08.04.2024

Con Emilio Españadero repasamos o cartel do VII Festival Son Cervexeiro de Ortigueira, con nomes destacados como os Ailá ou Os Carecos.

A crónica deportiva 08-04-2024 _to_mp3 08.04.2024

:Regresa a Liga de Campións e o Celta volta aos adestramentos para o partido deste venres en Sevilla co Betis. O porteiro do Racing Club Ferrol, Ander Cantero, di que non hai relaxación pero precisan ilusión. No Deportivo, ledicia polos +3 co Barsa Atletic. No Balonmán Cangas, este mércores Copa do Rei co Ademar León no Gatañal.

E Touriñán dixo: "Aquí tou!" 05.04.2024

Xose Antonio Touriñán continua xira por Galicia co seu monólogo 'Aquí tou!', no que realiza un percorrido polos momentos clave da súa vida, nunha mestura de realidade e ficción en clave cómica. Con el conversamos sobre o espectáculo, a súa traxectoria... e dános unha primicia sobre 'Somos criminais'!

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.