AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
'Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX' 23.10.2024 14:06
A exposición 'Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX' recupera a memoria de 23 solistas galegas como Ofelia Nieto, Ángeles Ottein, Bibiana Pérez ou Josefina Cubeiro. A mostra pode visitarse no Colexio de Fonseca ata o 16 de novembro.
Manuais en galego para facer BD 23.10.2024 10:55
Libros sobre BD: Manuais en galego para facer BD Manel Cráneo recoméndanos tres cómics para aprender a facer cómics, ou cando menos para desfrutar máis da lectura da banda deseñada.
A crónica deportiva 23-10-2024 23.10.2024 29:58
Previas do Levante - Dépor e do Burgos - Racing de mañá. Imanol Idiákez di que consultará coa almofada o centro do campo que sacará co Levante. Cristóbal Parralo pide intensidade para competir no Plantío. No CD Lugo, Erik Ruíz pide desculpas polo xesto feo ao banco do Celta Fortuna.
Humor líquido galego 22.10.2024 10:42
"Non sei o que é estar xubilado" A exposición Xaquín Marín, humor líquido galego chega ao Auditorio de Galicia para amosar unha selección de pezas que abranguen os máis de sesenta anos de profesión do artista nado en Fene en 1943. A mostra está comisariada polo seu fillo Xandre Marín e cos dous conversamos.
Arqueoloxías de Amor para a Cidade Nova 22.10.2024 10:37
Dolores Vilavedra comenta “Arqueoloxías de amor para a cidade nova”, un libro de poesía de Francisco Salinas Portugal
Carabela, Premio Narf 2024 22.10.2024 30:55
Conversamos coa banda noiesa Carabela, gañadora da última edición do Premio NARF, que promove a Deputación da Coruña. O grupo recibirá 4.000 euros como premio e únese a unha nómina de galardoados da que forman parte Caldo, Mounqup, Bala ou Familia Caamagno.
Os 'Novos imaxinarios' do cinema autoral 22.10.2024 12:04
Mónica Maneiro comenta a mostra 'Novos imaxinarios', que pode visitarse no CGAC ata o 12 de xaneiro. A exposición percorre o traballo dunha serie de cineastas contemporáneos que van máis alá da industria e cuxas linguaxes podemos encadrar no cinema de autor.
A crónica deportiva 22-10-2024 22.10.2024 30:00
Rubén Domínguez dimite como adestrador do Ourense CF, último clasificado da 1ª RFEF. O RC Celta e o canteirán Javi Rodríguez amplían contrato ata 2028. Pablo Vázquez debulla o inicio de temporada do Dépor, que ten as baixas confirmadas de Mfulu e José Ángel. Lino López analiza ao SC Azores, rival do Uni Ferrol mañá, na Malata, na Euro Cup.
Nova edición de Amal 21.10.2024 14:28
“Existir é resistir”. Baixo este lema arranca en Santiago o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, que acada a súa 22 edición cando se fai un ano do “xenocidio televisado contra o pobo palestino”. Conversamos co director da Fundación Araguaney, David Rodríguez, arredor desta cita co cinema de produción independiente e contido social.
Breo, a revelación do folk 21.10.2024 13:03
Carlos Crespo tráenos hoxe a Breo, a quen moitos xa consideran a gran revelación do folk. Son cinco músicos cunha ampla traxectoria e acaban de sacar o seu primeiro disco ‘Máis Alá’
Cine, videoxogos e realidade virtual en Intersección 21.10.2024 30:57
INTERSECCIÓN, o festival internacional de cine da Coruña, chega á súa sétima edición entre o 22 e o 26 de outubro. A programación inclúe tres seccións competitivas de cine independente chegado de 16 países, pero tamén unha instalación inmersiva con realidade virtual, unha retrospectiva do colectivo de guerrilla mediática Total Refusal ou proxeccións de clásicos como 'Sen perdón', de Cli...
Xoán Montes e Beethoven 21.10.2024 11:28
Escoitamos obras de Xoán Montes, trala homenaxe que lle rendeu a Xove Orquestra Lucense Terranova, que en decembro interpretará a Novena Sinfonía de Beethoven. Beethoven é tamén protagonista dun concerto familiar no Auditorio de Galicia de Santiago.
A crónica deportiva 21-10-2024 21.10.2024 29:58
O RC Celta - FC Barcelona será o sábado 23 de novembro ás 21:00h. Analizamos con Raúl Villares o Racing Club Ferrol 0 - SD Huesca 0. O RC Deportivo ten a varios xogadores do centro do campo con problemas físicos. O CD Arenteiro é 2º clasificado na 1ª RFEF.
A Escola de Teatro de Narón 18.10.2024 30:57
“Pode ir quen así o desexe” A Escola de Teatro de Narón é un centro público de formación integral que leva 42 anos funcionando. Ata alí foi Vituco Neira para falar coa súa directora e con antigos alumnos que agora imparten docencia.
Ollos cara adentro 18.10.2024 30:57
Afonso Becerra comenta “Ollos cara adentro”, unha proposta escénica das bailarinas Xián Martínez e Elena Castellanos que traslada a concepción surrealista do soño a un espazo físico
Avelino González, Xograr de Outono 18.10.2024 30:55
Repasamos a carreira de Avelino González, actor, narrador oral, tamén director, autor e tradutor teatral. O intérprete vigués é o Xograr de Outono de 2024, unha distinción que concede o FIOT de Carballo entre persoas destacadas na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia.
Persoas extraordinarias e lobos felices 18.10.2024 30:55
Eva Mejuto traénos hoxe libros que falan da felicidade e da súa falta. 'Milú e o edificio das persoas extraordinarias' é o premio Merlín deste ano. Unha denuncia social vitalista e luminosa asinada por Abel Tomé. A segunda lectura deste venres é 'O lobo feliz', un álbum ilustrado con texto de Miguel Guido e ilustracións de Olaya Naveira, que revisa o papel tradicional dos lobos...
A crónica deportiva 18-10-2024 18.10.2024 30:00
Carlo Ancelotti e Claudio Giráldez na previa do RC Celta - Real Madrid. No RC Deportivo, Imanol Idiákez non reservará nada mañá para unha semana de tres partidos. No Rácing regresa Bebé e escoitamos a Aitor Gelardo. No Pontevedra CF, Iago Iglesias reflexiona sobre os problemas defensivos coas lesión, tras perder a "Churre" para toda a temporada. No baloncesto falan Diego Epifanio, Moncho...
Roses from my garden 17.10.2024 30:57
“Estamos ante un proceso creativo nunca visto” Diego Rodríguez, responsable de cultura da Fundación Barrié, que mañá inaugura a exposición Nick Knight: Roses from my Garden en primicia para España. A mostra, formada por medio cento de imaxes -algunhas inéditas- trae á Coruña a faceta máis íntima e descoñecida do fotógrafo británico, un dos máis influentes do mundo da moda.
La habitación de al lado 17.10.2024 30:57
Moncho Lemos comenta “ La habitación de al lado”, a última e premiada película de Pedro Almodóvar.
Os contos do Lobicán 17.10.2024 30:57
Redrum Teatro presenta a súa nova montaxe para público familiar. 'Os contos do Lobicán' é un musical con monicreques a partir dun texto de Eva Mejuto. Álex Sampayo dirixe o espectáculo, que interpretan Guillermo Carbajo e Victoria Pérez. As primeiras funcións, o 19 de outubro en Teo e o 20 de outubro, en Vigo.
De Thomas Dylan a TAB 17.10.2024 30:57
Tito Lesende tráenos hoxe un repertorio relacionado con Vigo. Artistas da contorna como Thomas Dylan e Cintaadhesiva e grupos que actúan na cidade nos próximos días, Cosmic Wacho e Triángulo de Amor Bizarro.
A crónica deportiva 17-10-2024 17.10.2024 28:58
No Celta Iago Aspas, mellor xogador do mes de setembro, 2 "podemos gañar ao Real Madrid". No Dépo Yeremay regresa da selección sub 21 e recolle o premio ao mellor do mes de setembro. A cidade de Pontevedra volverá ser a sede da final das Series Mundiais de Tríatlon, en setembro do 2026.
Mestres da memoria da AELG 16.10.2024 30:55
A catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo, Camiño Noia, e mailo folclorista, coreógrafo e investigador, Quique Peón, recollerán este venres en Lugo os Premios “Mestre e Mestra da Memoria” que concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega. Os premios recoñecen as súas achegas, ó longo das súas vidas, á nosa memoria colectiva e o saber popular. Camiño Noia botou a...
Federico Ribas 16.10.2024 30:55
Con Raquel C. Pico achegámonos á figura do vigués Federico Ribas, publicista histórico dos anos 20 e 30 do século pasado que chegou a ser o mellor pagado de España
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.