AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
"O corpo aberto" e "Escape" 31.10.2024 11:12
Moncho Lemos comenta “O corpo aberto”, de Ángeles Huerta, que xa se pode ver na plataforma da CRTVG Agalega.gal E das estreas en salas “Escape”, escrita, dirixida e coproducida por Rodrigo Cortés, baseada na novela homónima de Enrique Rubio.
Ffoco mira a Gales e debate sobre turismo 31.10.2024 14:55
A oitava edición do Festival de Fotografía da Coruña ofrece dúas exposicións de Bandia Ribeira e Sebastián Bruno que retratan Gales tralo proceso de desindustrialización. Ademais, o Ffoco acolle toda unha xornada de actividades ao redor da fotografía documental o sábado 2 de novembro: proxeccions de traballos fotográficos, feira de fotolibros ou un debate sobre fotografía e turismo
Nuno, Álex, Eladio 31.10.2024 12:25
Escoitamos con Tito Lesende tres voces imprescindibles da música galega: Nuno Pico, de Grande Amore, galeguizando a Muchachito Bombo Infierno en 'Que pode saír mal'; Álex Guillán, Baiuca, que tocará cando menos tres días seguidos en Santiago a finais de xaneiro e mais Eladio Santos, que publicou recentemente 'Estëreo Estrada', un disco en solitario.
A crónica deportiva 31-10-2024 31.10.2024 29:58
Dia histórico para o San Tirso. Recibe en Riazor o Espanyol de Primeira División na primeira rolda da Copa de Rei. Falamos co seu central zurdo Pablo Vigo. O Castellón-Racing e o Valencia féminas- Deportivo, adiados por mor da DINA. O Racing visita en Copa ao Cuarte aragonés. O Celta pasa tras golear 1-5 ao San Pedro.
Mares da fin do mundo 30.10.2024 13:04
Arranca en Ribeira a sétima edición de Mares da Fin do Mundo. Unha mostra internacional de cinema documental comprometida co medio marítimo e co sector pesqueiro artesanal que se alonga ata o domingo. A película inaugural, esta tarde ás cinco no auditorio, é “Remando a la deriva”, de Sarvnik Kaur.
As primeiras novelas galegas de pantasmas 30.10.2024 12:18
Raquel C. Pico tráenos as primeiras novelas galegas de pantasmas. De ‘Un ollo de vidro’ de Castelao a ‘A miña muller’, de Wenceslao Fernández Flórez
Festigual, cultura para todos 30.10.2024 17:15
Comeza na Coruña a oitava edición do Festigual, un festival que reivindica o acceso á cultura para todas as persoas. Do 30 de outubro ao 29 de novembro o encontro ofrece espectáculos de teatro, música e danza, exposicións e obradoiros participativos.
Das bibliotecas ás bedetecas 30.10.2024 9:57
Manel Cráneo analiza o estado do cómic nas bibliotecas galegas e a creación de bedetecas dedicadas só a este xénero.
A crónica deportiva 30-10-2024 30.10.2024 28:49
O Pontevedra - Levante, adiado para o 7 de novembro ás 20h. Falamos co compañeiro de Apunt, Xavi Alberola, para saber da situación en Valencia e dos aprazamentos de partidos para os equipos afectados pola DINA. O Celta midese ao San Pedro. O Racing, con oito baixas, desprázase por estrada a Aragón para xogar mañá ante o Cuarte. O Baxi mídese en Estambul ao Galatasaray
LAW en primicia na Radio Galega 28.10.2024 12:43
Carlos Crespo tráenos hoxe un adianto en primicia do primeiro disco de Law, ‘unha moza de Coia’ cun proxecto de autoxestión artística e activismo
Un mes para celebrar o patrimonio 28.10.2024 16:52
A asociación cultural e pedagóxica Ponte nas Ondas promove o 'Mes do Patrimonio Cultural Inmaterial'. Debullamos a programación, que inclúe diversos actos en Santiago, exposicións en Valença e Ourense e unha gala en Vigo no Día do Patrimonio, o 16 de novembro.
Zënzar e Teima 28.10.2024 10:33
Patty Castro pica hoxe música de Zënzar, todo un exemplo de resistencia e evolución dentro do rock galego. En 2023 celebraron '35 anos bourando' e agora a súa baixista Laura Romero prepara un proxecto sobre a banda que une música e ilustración. Escoitamos tamén a música de Teima, un grupo de Vimianzo xa disolto que chegou a ser finalista dos Premios Martín Códax.
A crónica deportiva 28-10-2024 28.10.2024 29:52
Analizamos, con Javi Torres e Xosé Manuel Traba a destitución de Imanol Idiakez. Última hora do Racing Club Ferrol - CD Tenerife de hoxe na Malata. O RC Celta segue cos malos resultados lonxe de Balaídos. Comeza mañá a Copa do Rei co SD Compostela - Deportivo Alavés.
Circo de Pinocho 25.10.2024 7:00
Afonso Becerra lévanos ao Circo de Pinocho, de Educateatro Producciones. Circo de carpa en galego que combina o teatro musical cunha selección dos números máis tradicionais do xénero.
Estudios Abertos en Ourense 25.10.2024 16:58
25 artistas abren os seus espazos de traballo ao público durante unha fin de semana. A primeira edición de Estudios Abertos desenvólvese en Ourense do 25 ao 27 de outubro, promovido pola asociación cultural A Maquinadora. Visitamos a galería Dodo Dadá e o estudio do artista Manolo Figueiras.
Dous libros sobre o acoso escolar 25.10.2024 10:52
Eva Mejuto proponnos hoxe dúas historias xuvenís sobre o acoso escolar. I´m Obélix, de Raquel Fernández Fernández, é o último premio Jules Verne de Edicións Xerais. Subnormal, de Fernando Llor e Miguel Porto, é unha BD que publicou en galego Retranca Editora.
A crónica deportiva 25-10-2024 25.10.2024 30:00
Punto do Racing en Burgos, con lesión do autor do gol, Aitor Gelardo. Preocupación no Deportivo, máis pola imaxe da primeiraa metade ca pola derrota. O equipo está enpostos de descenso. No Celta, Jailson é baixa para seis semanas. O Básquet Coruña recibe oZaragoza e o Breogán recupera a Jordan Davis. Ángela Mataix, do Uni Ferrol, debuta nunha convocatoria da selección española.
Universo Batman 24.10.2024 12:25
Mañá arranca en Vilagarcía o Curtas Festival do Imaxinario A vila muda estes días en Gotham City, e mesmo traen o Batmóbil. Quen queiran fotografarse co vehículo mítico disporán dun photocall os días 1 e 2 de novembro. Luis Miguel Rosales, director do certame “é a dobre celebración dos 85 anos da primeira aparición de Batman en cómic e os 35 da súa primeira película”
Rita e La gran escapada 24.10.2024 11:24
Cine de estrea con Moncho Lemos. 'Rita', o debut como directora de Paz Vega. Un desacougante drama familiar de ternura e violencia. 'La gran escapada', de Oliver Parker . Unha historia conmovedora arredor da vellez, protagonizada por Michael Caine e Glenda Jackson.
O Festival Kerouak volve a Vigo 24.10.2024 13:19
María Xosé Queizán, Clo Plas, Ana María Caballero ou Elisa Scarpa son algunhas das protagonistas da décimo cuarta edición do Festival Kerouac, que se desenvolve en Vigo entre o 24 e o 26 de outubro. Conversamos con Marcos de la Fuente, un dos creadores deste festival de poesía, música e performance, que tamén ten sedes en Nova York e México.
Estreas de Cora Velasco e Catuxa Salom 24.10.2024 12:49
Tito Lesende pica dúas cancións recén estreadas, 'Aunque yo ya no esté', de Cora Velasco e Carlos Gil e mais 'Ela cando baila', adianto do novo disco de Catuxa Salom. E concertos: música de Gorka Urbizu, o que fora integrante do grupo Berri Txarrak, que estará o sábado 26 de outubro na Sala Capitol de Santiago e de Big Star, que visitan Vigo na xira que celebra o 50 aniversario...
A crónica deportiva 24-10-2024 24.10.2024 29:58
Xa están Javi Torres en Valencia e Raúl Villares en Burgos para as últimas horas do Levante - Dépor e do Burgos - Racing. No Celta, Javi Rodríguez conta de onde sae o alcume de "o puma". No Obradoiro, Gonzalo Rodríguez Palmeiro tenta manter o equipo afastado da presión malia os malos resultados.
As liñas descontinuas 23.10.2024 30:52
“Quero falar da oportunidade que supón coñecer outras persoas” Entramos na rodaxe en Vigo de ‘As liñas descontinuas’, segunda longametraxe de Anxos Fazáns. Un drama, en Galicia e en galego, con matices de realismo poético que narra o encontro improbable entre unha muller en pleno divorcio e un mozo trans que entra roubar na súa casa.
Filomena Dato, na vangarda feminista no Ourense do XIX 23.10.2024 30:52
Con Raquel C. Pico achegámonos á figura de Filomena Dato. A ourensá foi unha das escritoras máis significativas da denominada literatura feminista da segunda metade do século XIX, non só pola amplitude da súa obra na nosa lingua, senón tamén pola súa faceta como oradora en defensa das mulleres.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.