AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2902 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 1, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A crónica deportiva 30-04-2025 30.04.2025

As voces do descenso matemático do Rácing Club Ferrol, con Raúl Villares. O Celta xogará cun Real Madrid que ten a defensa en cadro. Sergio Escudero recibe a alta médica e poderá volver xogar co Dépor. Dalisson deixará o Pontevedra para fichar polo Córdoba. Gala Mestres renova polo Uni Ferrol.

A crónica deportiva 29-04-2025 29.04.2025

O Rácing pode descender hoxe en Almería se perde nos xogos do Mediterráneo. Starfelt pérdese o que resta de temporada por unha rotura fibrilar. Fer López será protagonista esta noite de ‘Ao Contrataque’

Sofía Espiñeira 28.04.2025

“O territorio ten unha importancia clave. Somos nómades” Recibimos a visita de Sofía Espiñeira. A mugardesa acaba de presentar o seu segundo disco ‘Xeografías’, gravado co produtor Arturo Vaquero. Un traballo cheo de paisaxes sonoras, con tinturas intimistas e de raíz e percusión corporal.

Carles Montalt 28.04.2025

Carlos Crespo fala con Carles Montalt, de Galunk Producións, e pica algúns dos seus artistas

12ª Carballo Interplay 25.04.2025

“Este ano hai un punto de inflexión que é a parte social da internet” Carballo Interplay celebra a súa duodécima edición consolidado como referente dos contidos dixitais e a creatividade en galego. Vituco Neira conversa con Andrea Villa, da organización, e con Andy, un profesor estadounidense que publica en redes en lingua galega. Destaca tamén a preestrea de «Mariliendre», a nova serie musical do...

'Cicatriz' 25.04.2025

Afonso Becerra comenta ‘Cicatriz’, de Kirenia Rodríguez e Antón Reixa, combina danza e palabra para explorar o desexo e a entropía como motores da vida

Lecturas de ciencia ficción 25.04.2025

Eva Mejuto recomenda lecturas de ciencia ficción: ‘Púrpura Tero’, de David Cortizo e ‘Galizan nation. Uma distopía K-pop’’, de Isabel Rei Samartim

A crónica deportiva 25-04-2025 25.04.2025

Óscar Gilsanz explica a lesión de David Mella e fala dos obxectivos do equipo. Ricardo de Burgos Bengoetxea, colexiado da final da Copa do Rei, rompe a chorar polo dano quedi que lle fan os vídeos do Real Madrid TV. No Racing, Aitor Buñuel terá que volver pasar polo quirófano. Previa do CD Arenteiro - CD Lugo.

O FIV acada a súa edición número 18 24.04.2025

En Vilalba arranca este venres unha nova edición do FIV, que chega á súa edición número 18. Debullámola con Vituco Neira en conversa con Carlos Montilla, un dos organizadores, e co director da banda de música local, que é cabeza de cartel un ano máis.

‘El último suspiro’ e 'A Foreign Song' 24.04.2025

Moncho Lemos tráenos dúas estreas de cine para a fin de semana: * ‘El último suspiro’, de Costa Gavras, unha película arredor da eutanasia e dos coidados paliativos. * 'A Foreign Song', un documental de César Souto sobre o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens Tamén recomenda ‘Os espazos en branco’, que se poder ver na plataforma de AGalega

Arranca na Coruña o Encontro Mundial de Humorismo 24.04.2025

Arranca na Coruña a quinta edición do EMHU, o Encontro Mundial do Humorismo. Conversamos co seu director artístico, Luis Piedrahita, que salienta a presentación no Teatro Colón de ‘‘Playa de lobos’. Ao remate da proxección, os asistentes poderán falar con Javier Veiga e Marta Hazas. Como actividade complementaria pódese ver no Cantón Grande a exposición “Guonderful Forges”.

De Ronroneo a Grande Amore 24.04.2025

A lista de reprodución de Tito Lesende inclúe hoxe a Ronroneo (Jacobo Varela) e os concertos de Montedapena, mañá en Vigo en La Fábrica de Chocolate; Carabela, o sábado no Guión de Pontedeume e Grande Amore que estará na Coruña os días 1 e 2 de maio na Mardi Gras e o 3 en Burela.

A crónica deportiva 24-04-2025 24.04.2025

No Celta, Claudio Giráldez dá catro días de descanso. No Dépor, David Mella pode perder o que resta de temporada por lesión. Imanol Alguacil anuncia que deixará a Real Sociedad a final de temporada. No Breogán, Luis Casimiro fala de Europa.

A crónica deportiva 23-04-2025 23.04.2025
'A Gran Gala do Circo' 22.04.2025

“Serán 75 minutos de audacia, risas e participación” A Gran Gala do Circo, este domingo no Auditorio de Galicia. Conversamos con José Expósito, xerente de Pistacatro e con Antón Coucheiro, pallaso e presentador do espectáculo

'As augas interiores' 22.04.2025

Dolores Vilavedra comenta «As augas interiores» , de Blanca Riestra. Na novela a protagonista embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio

Faia presenta o disco 'Alvela' 22.04.2025

“No canto tradicional hai unha dimensión colectiva” Este traballo consta de dez temas que transitan pola experiencia da maternidade, a memoria do corpo e as violencias que o atravesan, mais tamén sobre a forza que reside no íntimo, no desexo e no pracer Hai xa unha semana que se esgotaron as entradas para o concerto de presentación de ‘Alvela’, maña 23 de abril, no Teatro Principal de Santiago

‘Sobre todo' 22.04.2025

Mónica Maneiro comenta, unha exposición de Enar de Dios Rodríguez na NORMAL da UDC Este éun proxecto artístico que toma como protagonista o espazo aéreo para configurar unha reflexión política e poética sobre o ‘Capitaloceno’

A crónica deportiva 22-04-2025 22.04.2025

No Celta, Claudio Giráldez non quere un partido "aberto" co Vilarreal. A previa, con Víctor López. O Racing de Santander – Deportivo, decretado de alto risco. No ciclismo galego, Tomás Pombo, do Cortizo, gaña a clásica de Pascua de Padrón.

'Soterradas: vidas e historias. As mulleres: Walter Ebeling' 21.04.2025

'Soterradas: vidas e historias. As mulleres: Walter Ebeling' Exposición no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, na parroquia friolense de Xiá (Lugo). Entre 1928 e 1933, Walter Ebeling percorreu a montaña lucense coa súa cámara de fotos. Agora, máis de 500 pezas de indumentaria visten 35 manequíns que dan forma a esa Galicia de hai cen anos retratada polo etnógrafo alemán. Ata o 30 de ma...

Música clásica na franxa atlántica 21.04.2025

Pablo Sánchez Quinteiro comenta o Concurso internacional de piano Cidade de Vigo e mailos concertos da Real Filharmonía de Galicia e do Ensemble Vigo 430. Tamén nos aprende que é un baritón.

A crónica deportiva 21-04-2025 21.04.2025

Iago Iglesias, sobre o seu futuro: "A primeira RFEF é esixente no deportivo. E no institucional, hai que sentar e ver o proxecto". O presidente da Xunta recibe o Pontevedra CF. Tralo empate co Tenerife, no Deportivo non hai boas sensacións.

'As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso da Cultura Minguante' 18.04.2025
A crónica deportiva 18-04-2025 18.04.2025

Presentado por Roberto Carlos Carballo

'Confidencial (Black bag)' e 'El casoplón' 17.04.2025

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.