AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
As pioneiras do hóckey sobre herba 07.05.2025 9:35
Raquel C. Pico lévanos nunha viaxe ao pasado para sabermos do importante papel das mulleres nos inicios do hóckey sobre herba
XXI edición do festival Play-Doc 07.05.2025 20:51
Empeza en Tui a XXI edición do festival Play-Doc Inaugúrase co espectáculo Traspielas, da cantautora galega Su Garrido Pombo. Tamén se vai proxectar o documental de Pablo Villalobos sobre Carlos Oroza ¡Queres saír podes entrar’, que conmemora o centenario do poeta.
'Efémeras' 06.05.2025 16:17
“Quixemos darlle unha volta ao patrimonio traballando dende a localización xeográfica e o propio contido das imaxes” Cantometrics estrea ‘Efémeras’, un traballo no que renden tributo ao labor da fotógrafa Ruth Matilda Anderson. O espectáculo xunta fotografía, videocreación e música para explorar os retratos da norteamericana na Galicia dos anos 20. Conversamos coa gaiteira Marina Fernández Vivo
‘As poetas da colección Salnés’ 06.05.2025 12:02
Dolores Vilavedra comenta ‘As poetas da colección Salnés’. Este volume principia a colección conmemorativa coa que Editorial Galaxia celebra o seu 75aniversario e recupera o espírito innovador das súas publicacións dende 1950
A Roda do Castro 06.05.2025 9:58
A Roda do Castro, na parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón), acolle estes días drons, sensores de tecnoloxía LiDAR e ferramentas xeomagnéticas que permitirán topografar o xacemento e detectar estructuras construtivas soterradas. Vituco Neira fala con Carlos Otero, técnico do Instituto de Ciencias do Patrimonio
'Mesas', de Carlos Maciá 06.05.2025 11:11
Mónica Maneiro comenta as 'Mesas' do lucense Carlos Maciá, exposición que se pode ver no Espazo de Arte SVT en Vigo
A crónica deportiva 06-05-2025 06.05.2025 30:55
Cruzamento de declaracións entre Rafael Louzán, presidente da RFEF, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, pola designación das sedes para o Mundial 2030. 570 billetes para os seareiros do Dépor no Molinón. Previa dos cuartos de ida polo título da Liga Guerreiras Elx - Porriño e Valladolid - Guardés.
Rosa María Méndez 05.05.2025 16:31
“Gustábame tanto que decidín quedar ao remate da bolsa, mesmo sen soldo” Rosa María Méndez, recentemente galardoada coa insignia de ouro do Museo do Pobo Galego, estivo á fronte da Biblioteca e Arquivos da institución durante 40 anos. Vituco Neira repasa con ela a súa traxectoria, dende os comezos do museo ata a súa recente xubilación
'Habló Pablo' 05.05.2025 9:38
Carlos Crespo tráenos a Pablo Valín, que pasou hai uns anos do tenis ao hip hop como 'Habló Pablo'. O lugués acaba de sacar disco : «No soy nadie, pero soy yo»
Festival de Música Contemporánea da Coruña 05.05.2025 6:13
Con Pablo S. Quinteiro achegámonos á VIII Edición doFestival de Música Contemporánea da Coruña (do 25 de abril ao 31 de maio)
A crónica deportiva 05-05-2025 05.05.2025 28:56
No Celta botamos contas para Europa con Víctor López. No Deportivo: Fabril - UCAM Murcia. Primeira eliminatoria polo ascenso á 1ªRFEF. No Rácing, derrota con polémica co Zaragoza. O CD Lugo cesa ao director deportivo Roberto Sáez. Antonio Pernas deixa o Ensino de Lugo e colle o equipo Suso Garrido.
Na casa de Abraham Cupeiro 02.05.2025 19:24
“Son afortunado por poder unir música e historia e moi agradecido pola resposta da xente” Achegámonos ata Castro de Rei con Vituco Neira para conversar con Abram Cupeiro, que mañá arranca xira en Ourense con ‘Loira’ e as entradas esgotadas As datas seguintes dos concertos en Galicia serán o 25 enFerrol e xa en xuño A Coruña, o día 6, todos coas entradas esgotadas. Contra finais de ano as citas pro...
'Baleiro' 02.05.2025 9:08
Afonso Becerra comenta ‘Baleiro’, a nova peza de Ensalle Teatro e Juan Navarro. Texto, dirección e dramaturxia de Pedro Fresneda e Juan Navarro, e creación e interpretación de Raquel Hernández, Artús Rei, Pedro Fresneda e Juan Navarro
'Dance join' 02.05.2025 12:25
'Dance Join', o novo espectáculo de danza de Marta Alonso, hoxe en Lugo A obra hibrida danza, humor e música, propoñendo unha visión lúdica e autocrítica do mundo escénico
'Retorno' e Premios Follas Novas 02.05.2025 11:11
Eva Mejuto trae ao seu Faro dos Libros 'Retorno', a novela que pecha a triloxía distópica de María Reimóndez, publicada por Edicións Xerais. Un universo de ciencia ficción feminista nun futuro nada alentador, coa orde mundial aberta trala 'Gran Desconexión'. Tamén repasamos a literatura infantil e xuvenil recoñecida nos Premios Follas Novas, como ‘Cartas na escuridade’, de Loi...
A crónica deportiva 02-05-2025 02.05.2025 28:58
Javier Maté opina sobre as polémicas previas ao Real Madrid - Celta. No Dépor, Óscar Gilsanz di: "é normal que o club faga o seu traballo", sobre sondear a outros adestradores. Fin de semana destacada para o Fabril e o xuvenil. O Compos afronta a semana máis difícil da temporada. No Breo, Dragan Apic é dúbida para Manresa.
“O mellor do mundo é aprenderlle a unha nena de cinco anos” 01.05.2025 19:22
É a impulsora de 'Somos Pandeireteira': “Non é unha moda, é a nosa identidade”. Foto: Merce Ares.
'La buena letra' e 'Bienvenido a la montaña' 01.05.2025 8:53
Moncho Lemos comenta dúas estreas cinematográficas para esta ponte festiva: ‘La buena letra’, de Celia Rico. Drama ambientado na Valencia da posguerra dos anos corenta. ‘Bienvenido a la montaña’, de Riccardo Milani. Comedia italiana que transcorre arredor dunha escola rural no Parque Nacional dos Abruzos.
'Chavellos sinfónico' 01.05.2025 14:09
Chavellos é unha formación viguesa que combina instrumentos tradicionais con zanfonas, acordeóns e percusión. Andan a presentar o seu vinilo de edición limitada “Chavellos sinfónico”. Vituco Neira fala con tres dos seus integrantes: Juan Eiras, Diana Traba e Daniel Pequeño.
Os premios MIN e Dani Cornes 01.05.2025 13:29
Tito Lesende repasa os artistas galegos galardoados nos premios MIN, entre eles The Rapants, que conseguiron o de mellor disco en galego por 'La máquina del buen rollo'. Escoitamos con atención 'Aquí sempre tes casa', canción que avanza o disco que o artista grovense Dani Cornes publicará en 2026. E repasamos a axenda de concertos con música de Los Jinetes del Trópico e Leria.
A crónica deportiva 01-05-2025 01.05.2025 30:57
Morre aos 76 anos Manolo "do bombo". Gil Manzano será o colexiado do Real Madrid - RC Celta. Na terceira galega, o Vilalonga cae 0 a 3 co descendido Betanzos e perde unha ocasión de ouro na loita pola permanencia. Falamos co adestrador Alberto Mariano. Mañá venres, 32ª Copa da Raíña de fútbol sala feminino, con catro equipos galegos dos oito participantes: Castro, Burela, Ourense e Poio.
'Aurora boreal' e 'Transeúnte' 30.04.2025 16:55
“Hai que saber de onde vimos para saber onde imos” Celebramos o Día Internacional da Danza con dúas estreas en Santiago e na Coruña: ‘Aurora boreal’ e ‘Transeúntes’. Conversamos cos coreógrafos Paula Quintas e Daniel Rodríguez
Quen ten un transistor ten un tesouro 30.04.2025 9:48
Raquel C. Pico repasa momentos históricos nos que a radio foi protagonista: do apagamento do lus ao 23-F
'Hibernarse' 30.04.2025 17:58
Fillas de Cassandra publica ‘Hibernarse’, un EP no que o dúo vigués reflexiona sobre a construción social do tempo. María SOA e Sara Faro visitan o Diario Cultural para darnos conta do seu traballo novo, un proxecto multiformato que inclúe un álbum, un videofilme, un fanzine e outras sorpresas
Crazy Cabuxa e Her Anxiety 30.04.2025 9:42
Patty Castro tráenos dúas bandas galegas cun forte impacto na escena metal galega. Crazy Cabuxa e Her Anxiety, ambas da zona de Vigo e con vocalistas femininas
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.