AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
‘Velaiquich Amoorch’ 30.05.2025 10:38
Afonso Becerra comenta‘Velaiquich Amoorch’, do Colectivo d’Elas, un espectáculo de improvisación en escena
Orballo Cultural e Su Garrido Pombo 30.05.2025 19:47
Arranca na Estrada o ciclo ‘Orballo Cultural’, que busca redescubrir o territorio a través da cultura e percorrerá outras vilas do país. Su Garrido Pombo é unha das participantes. A súa aldea de Traspielas, en Fornelos de Montes, centra o seu proxecto máis novo, que vai máis alá da música.
Lecturas divulgativas para a rapazada 30.05.2025 7:32
Eva Mejuto tráenos lecturas divulgativas: -’O lobo’, de Rena Ortega. -’Veñen de lonxe’, de Laura Fernández -’O hotel Cerebro’, de Marja Baseler e Annemarie von den Brink
'Hamburgo' e 'As catro fantásticas' 29.05.2025 11:56
Moncho Lemos fálanos de 'Hamburgo' , de Lino Escaleras. Un thriller con pouso de realidade social ambientado na Costa do Sol. Tamén da comedia 'As catro fantásticas', de Jocelyn Moorhouse, con Susan Sarandon e Bette Midler
Estreas de maio 29.05.2025 13:23
Tito Lesende tráenos catro novidades musicais galegas: a "Metamorfose" de Peitoescuro; o "Piketón" de Hydn;"Que todo salga bien" de Pablo Seijas; e o "Maio" de Tona.
A crónica deportiva 29-05-2025 29.05.2025 28:56
A última hora do Depor xuvenil, que busca o pase á final da Copa de Campións ante o Betis en Ponferrada. A presidenta do Celta, Marian Mouriño, fará balance da tempada mañá na Sede do clube. Jaime Sánchez despidese do Depor. O Frigoríficos do Morrazo asina o pivote do Logroño, Javi García.
'Galego' 28.05.2025 21:36
“Estar aquí e alá a un tempo. Pásanos a tódolos migrantes, é unha ponte moi forte” O actor arxentino Gabriel Fernández chega de xira por Galicia coa obra GALEGO. Fillo e neto de galegos, neste monólogo coescrito por el interpreta a un migrante na Arxentina que, xa de vello, desprega a súa memoria para avaliar a súa relación distante coa terra natal e co construído no país onde reside.
Hamburguesas 28.05.2025 5:30
Raquel C. Pico mergúllase na gastronomía para celebrar o día da hamburguesa. Cando chegou a Galicia?
Xian Pais saca o seu primeiro disco 28.05.2025 17:33
Xian Pais publica 'O vento da ría'. Natural da parroquia muradá de Louro , neste primeiro traballo conta con outros músicos da zona
Embrace me ocean e Mano de Piedra 28.05.2025 9:47
Patty Castro guíanos pola música metal feita en Galicia. Hoxe pica temas de Embrace me ocean e Mano de Piedra
A crónica deportiva 28-05-2025 28.05.2025 30:00
Hugo Alvarez di que aínda está asimilando o éxito do Celta O central do Deportivo, Pablo Martinez, asegura que foi difícil asumir que o club non lle ía a renovar. O preparador do Básquet Coruña, consciente de que o venres pode ser o seu último partido no Leyma Coruña. Serena Williams , premio Princesa de Asturias dos deportes 2025.
30 anos da Fundación Granell 27.05.2025 18:58
A Fundación Granell celebra con dúas exposicións na súa sede do pazo de Bendaña o seu 30 aniversario. Conversamos co seu comisario e conservador xefe da institución, Eduardo Valiña, que tamén nos conta da peripecia vital e artística dos protagonistas, o propio Eugenio Granell e a súa muller, Amparo Segarra.
'Onde nacen as bestas' 27.05.2025 6:11
Dolores Vilavedra comenta ‘Onden nacen as bestas’, de Pedro Feijoo. Unha historia de violencia ancestral, silencios familiares e identidades ocultas
Os Carecos debutan co disco 'Foula' 27.05.2025 14:32
Os Carecos debutan co disco 'Foula'
'O retorno do máxico' 27.05.2025 10:48
Mónica Maneiro comenta a exposición 'O retorno do máxico', no Colexio Fonseca
Kid Mount 26.05.2025 10:01
Carlos Crespo tráenos a ‘neno do monte`, ou o que é o mesmo, o músico de Xinzo Kid Mount. Acaba de sacar “NeoAmor”
Óliver Laxe: "O noso principal medo non ten que ser morrer, senón enganarnos" 26.05.2025 17:19
Conversamos co cineasta Óliver Laxe e o actor Sergi López, protagonista de 'Sirat', filme que acaba de conseguir o premio do xurado no festival de Cannes. A película comeza nunha rave do deserto na que un pai busca a súa filla desaparecida, e enfronta os seus personaxes con experiencias extremas que os obrigan a mirar cara adentro. Para Laxe, "en Sirat plásmase a miña cosmovisión, a...
A crónica deportiva 26-05-2025 26.05.2025 29:57
O céltico Óscar Mingueza repite coa selección española. Na Sub 21 non entran nin Javi Rodríguez nin Gabri Veiga. Si o deportivista Yeremay. Repasamos con Víctor López cómo será a Liga Europa na que vai participar o Celta. O central francés Pablo Martínez non seguirá no Deportivo. Pau para o Obradoiro tras caer eliminado en Palencia na loita polo regreso á liga ACB.
A banda de Paradela 23.05.2025 19:11
A banda de música de Paradela está de aniversario. 152 anos de traxectoria que repasamos co director do conservatorio de Lugo, Borja Durán; a presidenta da banda, Marisol Arias; e Julio Varela, de 93 anos, que aínda se retirou hai dous.
Adeus á Panadaría Teatro 23.05.2025 8:18
Con Afonso Becerra repasamos os 12 anos de traballo de A Panadaría Teatro. Despídense dos escenarios porque as súas tres integrantes emprenden proxectos novos
Adeus a Piti Sanz 23.05.2025 17:56
O mundo da cultura chora a perda de Piti Sanz, De orixe andaluza pero afincado en Lugo, foi membro de bandas como Los Contentos e Di Elas e un prolífico autor de música para teatro, cine e televisión.
BD para toda a familia 23.05.2025 9:26
Hoxe con Eva Mejuto lemos banda deseñada: ‘Noa e a cidade sen maxia’, de Angie Roca; ‘O destino de Kameko’, de Jorge Campos e Abel Alves; ‘A busca de Muncho’, de Tiago Delgado; ‘Herba’, de Keum Suk Gendry-Kim; e a serie ‘Hilda & Twig’, de Luke Pearson
A crónica deportiva 23-05-2025 23.05.2025 31:01
A previa do Xetafe - Celta. Escoitamos a Claudio Giráldez, Pepe Bordalás e Iago Aspas. No Deportivo, Óscar Gilsanz ve en ámbar o semáforo da súa renovación No CD Lugo, Álex Ortiz fala da madureza mental do equipo perante a derradeira xornada, ecoa permanencia en xogo.
Indala 22.05.2025 17:39
“Queremos ocupar o oco que deixaron as grandes bandas de folk dos 90” “A industria non está ao nivel de canto se produce en Galicia” Con máis de dúas décadas de traxectoria e un nome recoñecido dentro e fóra de Galicia, Xosé Liz presenta o seu proxecto propio, ‘Indala’ , que nace da súa experiencia como músico e docente. Trátase dunha proposta íntima sobre a música tradicional galega e o protagoni...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.