AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Nadie González, hip hop no mar de ardora 10.06.2025 19:03
'Noctiluca scintillans' é o nome do primeiro EP da viguesa Nadie González, inspirado polo mar de ardora e unha mala época xa superada. Hip hop introspectivo e feminista que comeza homenaxeando a Salt N´Pepa e Leilía.
A crónica deportiva 10-06-2025 10.06.2025 28:58
Antonio Hidalgo é o novo adestrador do Deportivo. Analizamos o seu traballo nas últimas dúas temporadas no Huesca co xornalista de Aragón Radio Víctor Lorente. Comentamos a nova campaña de abonados do Celta, que leva o lema "Orgullo" e a presentación de Álex Vázquez como director deportivo do Racing.
Xel Prada 09.06.2025 7:54
Carlos Crespo preséntanos a Xel Prada, un músico arousán que acaba de pendurar na rede as súas primeiras cancións e de ofrecer o seu primeiro concerto.
Skullkrusher e Bloodhunter 09.06.2025 10:30
Falamos de duas bandas galegas de Death Metal con presenza feminina. Unha delas, xa desparecida, é Skullkrusher, que xurdiu en Lugo co impulso da cantante arxentina Antonella. A outra, Bloodhunter, aínda está en activo despois de mais de 15 anos de vida e ten unha gran proxección internacional grazas en boa parte a súa cantante, Rocío Vázquez "Diva Satánica".
A crónica deportiva 09-06-2025 09.06.2025 30:00
Falamos do romanés Ionut Andrei Radu, que será o porteiro do Celta para a temporada do regreso a Europa. Ademais, Óscar Gilsanz xa sabe que non será o adestador do Depor a temporada vindeira.
"Baunsbak" 06.06.2025 13:12
Analizamos "Baunsbak", o último espectáculo da bailarina e coreógrafa Elvi Balboa que se acaba de presentar no XI Festival Escenas do Cambio.
Premios musicais 06.06.2025 10:44
Tito Lesende fala de premios musicais, do fío dos galardóns que entregou a Academia da música de España. Escoitamos música do terceiro volume do 'PO2054AZ' de Sen Senra, un dos remixes do 'Club A Noite' de Carabela e o primeiro single da viguesa Marta Vidal.
Os destacados da literatura infantil e xuvenil de 2024 06.06.2025 10:36
Eva Mejuto foi buscar presenza galega na Feira do Libro de Madrid e dende alí nos fala do catálogo que acaba de difundir a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil. É unha listaxe cos libros infantís e xuvenís máis destacados publicados o pasado ano por escritores do estado nas linguas oficiais.
A crónica deportiva 06-06-2025 06.06.2025 29:56
Víctor López analiza a situación de Hugo Sotelo, xogador do Celta no que está interesado un equipo importante da Serie A italiana. Falamos dos plans para instalar en Balaídos 1700 butacas máis para a súa adaptación ós requerimentos da UEFA. Repasamos os movementos na 1ªRFEF con Raúl Villares. Comentamos que Roberto Feáns deixa o Pontevedra CF e Luís Lemos non sigue no Arousa. Previa do Burela - Fu...
"Sirat" e "La buena suerte" 05.06.2025 9:52
A película de Óliver Laxe "Sirat", premio do xurado no Festival de Cannes, proxéctase nun cento de salas de cine españolas. Moncho Lemos comenta esta cinta e tamén a última longametraxe de Gracia Querejeta, "La buena suerte", a adaptación dunha novela de Rosa Montero.
A crónica deportiva 05-06-2025 05.06.2025 29:56
Falamos con Míchel Salgado na presentación do seu torneo de verán na Sede do Celta. Soa un novo nome para o banco de Riazor, Davide Ancelotti. Asistimos á presentación de Pablo López coma novo adestrador do Racing de Ferrol.
Luís Seoane en La Catedral 04.06.2025 11:28
“Segue a ser contemporáneo. A xente nova estáo redescubrindo” En Lugo, a galería La Catedral expón medio cento de obras orixinais de Luís Seoane. Conversamos co tamén pintor e xerente do establecemento, Jorge Espiral
Manuela Rey 04.06.2025 12:03
Raquel C. Pico achéganos a historia da mindoniense Manuela Rey, que foi unha estrela do teatro lisboeta a mediados do XIX
'B.S.O. 2005 – 2025' 04.06.2025 21:47
Eladio y Los Seres Queridos publican o disco 'B.S.O. 2005 – 2025'. Nel revisan algunhas das súas cancións máis emblemáticas ao longo de vinte anos de carreira, e contan con colaboracións como Amaral, Vega ou Fillas de Cassandra. Do disco e da súa traxectoria conversamos con Eladio Santos
A crónica deportiva 04-06-2025 04.06.2025 29:56
Analizamos a comparecencia de Marco Garcés no Celta, con Víctor López. No Dépor, Yeremay estará na Eurocopa Sub 21. Diego Epifanio abandona o Básquet Coruña. O Breogán renóvalle a Dragan Apic.
'Pélago. Contos oníricos 03.06.2025 20:59
“Falo da verdade emocional que se transmite na infancia e na adolescencia: amor, amizade, soños...” Recibimos a visita de Guadi Galego, que anda de estrea con ‘Pélago. Contos oníricos’, un libro-disco que nos convida á calma, á reflexión, a tomar conciencia.
'Washington square 03.06.2025 5:56
Dolores Vilavedra comenta ‘Washington square’, de Henry James, traducido ao galego por Clara Bouzada para a editorial Galaxia.
A invención da tradición 03.06.2025 21:20
“É un xogo delicado entre tradición e reconstrución” • O 4 de xuño Lugo acollerá a primeira das dúas xornadas A invención da tradición, que continuará o 11 de xuño en Vigo. Con esta proposta aberta a todo o público, a Real Academia Galega pretende reflexionar sobre o que motiva a aparición de festas de recreación histórica Falamos con Ramón Villares, coordinador do programa e director da Sección d...
'A memoria da cor' 03.06.2025 6:58
Mónica Maneiro comenta a exposición 'A memoria da cor', de Xaquín Chaves, na Galería Dupla de Santiago
(S8) XVI Mostra Internacional de Cinema Periférico 02.06.2025 16:10
“Ofrecemos algo único en España” Arranca (S8) XVI Mostra Internacional de Cinema Periférico Do 3 ao 7 de xuño na Coruña, cun total de 112 obras de 15 países. Nesta ocasión, o (S8) trae dúas figuras do súper 8 latinoamericano: o venezolano Carlos Castillo e a arxentina Daniela Cugliandolo, acollendo a Filmoteca unha master class do primeiro. Tamén creadoras como Jeannette Muñoz, Amy Halpern ou Barb...
Paracetafolk 02.06.2025 10:59
Carlos Crespo tráenos a ‘Paracetafolk’, unha banda de música celta da Costa da Morte, recente gañadora do Martín Códax no apartado de artistas emerxentes
Remata a temporada de clásica 02.06.2025 8:25
Pablo S Quinteiro repasa o remate da temporada sinfónica
A crónica deportiva 02-06-2025 02.06.2025 29:58
Carlos Mouriz abandona o Racing Club Ferrol. Raúl Villares analiza os posibles substitutos. O Deportivo remata a temporada con mal sabor de boca. O Celta non pode pagar grandes traspasos para fichar. Fichaxes no At Guardés e no Uni Ferrol.
I Festival de series Ría de Vigo 30.05.2025 16:03
“Os proxectos galegos son a envexa de Europa” Primeira edición do Festival Internacional de series Ría de Vigo. Entre as estreas que acolle salienta ‘Lume’, a nova produción da TVG. Conversamos coa guionista, Irene Pin; co compositor Sergio Moure; e co presidente do cluster audiovisual, Alfonso Blanco.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.