AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A crónica deportiva 17-03-2025 17.03.2025 29:58
Hoxe xoga o Deportivo. Ás 20:30h, en Castalia, co Castellón. O Celta presenta a súa candidatura á competición europea. Iago Iglesias subliña que o Pontevedra - Numancia non será definitivo. Luisito non dá coa tecla na SD Compostela.
A crónica deportiva 14-03-2025 14.03.2025 29:58
O Baxi, recibido en Ferrol tras clasificarse para a final da Eurocup. Luis de la Fuente segue confiando no céltico Mingueza. Breogan e Leyma Coruña mídense na matinal do domingo con traxectorias e obxectivos distintos
A crónica deportiva 13-03-2025 13.03.2025 30:00
Álvaro Rubio non coñece a derrota no Zorrilla dende que é adestrador do Valladolid. No Dépor, o dianteiro Zakaria fala do alto nivel físico da Segunda. No Rácing, o lateral arxentino Insúa fala de sacar fachenda Previa da Copa da Raíña de balonmán feminino co Porriño e o Guardés.
A crónica deportiva 12-03-2025 12.03.2025 29:58
Primeiro aniversario de Claudio Giráldez á fronte do RC Celta. No Dépor Rafa Obrador fala da súa adaptación á categoría. No Lugo Guille Perero advirte do partido fronte a Unionistas. Nacho Moyano anuncia a súa marcha do BM Cangas a final de temporada.
A crónica deportiva 10-03-2025 10.03.2025 29:58
O Celta, noveno clasificado, ten un calendario propicio para chegar a Europa. O Rácing segue en caída libre. O Deportivo, que está no posto 11, ten 6 de vantaxe cun Eldense que comprime a loita pola permanencia.
A crónica deportiva 07-03-2025 07.03.2025 29:58
Cita ligueira en Riazor. Ás 21:00h, Deportivo - Córdoba, con Javi Torres. Con Vítor López analizamos a previa do Celta - Leganés. Hugo Álvarez, con molestias, baixa de última hora. Este domingo, ás 12:30h, derbi pola permanencia na Liga Femenina de Baloncesto: Celta - Ensino Lugo
A crónica deportiva 06-03-2025 06.03.2025 29:58
Fer López, o mellor de febreiro no Celta. Descenso virtual do Rácing, a 14 da permanencia. No Dépor, na previa de recibir ao Córdoba, Óscar Gilsanz recoñece que está caro xogar no equipo.
A crónica deportiva 05-03-2025 05.03.2025 30:02
Hoxe Rácing Club Ferrol - Burgos. Último tren para a permanencia. Ximo Navarro, mellor xogador de febreiro no Deportivo. Manolo, o gran capitán do Celta, encantado de que Iago Aspas o supere en número de partidos. Presentado Karlis Silins no Basquet Coruña. O pívot letón mide 2 metros11cm.
A crónica deportiva 04-03-2025 04.03.2025 29:57
O Celta celebrará o entroido este sábado en Balaídos .O partido coa UD As Palmas, será o luns 31 de marzo ás 21:00h. No Rácing, Alejandro Menéndez ofrece argumentos para crer na recuperación na previa de recibir o Burgos. No Ensino Antonio Pernas fala do potencial interior do Guernika, que mañá visita o Pazo lugués
A crónica deportiva 03-03-2025 03.03.2025 30:00
Vitoria de sona do Deportivo no Carlos Tartiere. O Rácing recibe este mércores ao Burgos na derradeira posibilidade de enganchar coa permanencia. Iago Iglesias, adestrador do Pontevedra , doente coa arbitraxe
A crónica deportiva 28-02-2025 28.02.2025 29:58
Última hora do Girona – Celta e do Huesca – Rácing. No Deportivo, Óscar Gilsanz ve competitivo o equipo de cara a Oviedo. Luisito quere a mellor versión de Manu Barreiro no Compos. No Breogán, Luís Casimiro encantado de ter a tódolos xogadores dispoñibles para o Palau.
A crónica deportiva 27-02-2025 27.02.2025 29:58
Balaídos acollerá a selección española de fútbol feminino o 8 de Abril. Liga das nacións con Portugal. Alejandro Menéndez na previa do Huesca - Racing, con Raúl Villares. O malagueño Álex Ortiz regeresa ao Lugo B Polvorín. Thomas Heurtel no Basquet Coruña e Jordan Sako no Breogán, destacados do mes de febreiro.
A crónica deportiva 26-02-2025 26.02.2025 29:58
O Celta multado pola caída de obxectos na portería do Osasuna. O defensa central Pablo Vázquez repasa a actualidade do Deportivo. Luisito, novo adestrador da SD Compostela: "Xa podo morrer feliz, cumpro co soño da miña vida". Renovará se acada o obxectivo da permanencia. O Obradoiro presenta ó base Lucas Faggiano. Con Paco Santos.
A crónica deportiva 25-02-2025 25.02.2025 29:59
Terceiro partido consecutivo do Celta en sábado ás 14.00h. Iago Aspas amosa o seu malestar en RRSS. Comezan as semifinais de ida da Copa do Rei.: FC Barcelona - Atlético do Madrid e Real Sociedad - Real Madrid. Última hora do Depor e do Racing. Cita na LNFS. As 20:30h Noia - Xota de Pamplona.
A crónica deportiva 24-02-2025 24.02.2025 29:58
Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán, fala da morte do avó dun colexiado despois dunha agresión na bancada do pavillón de Vilalonga, en Sanxenxo No Celta, Europa moito máis preto que o descenso. A S.D. Compostela ficha a Luís Míguez "Luisito" como adestrador ata final de temporada.
A crónica deportiva 21-02-2025 21.02.2025 29:58
Yeremay segue sendo dúbida razoable para xogar ante o Huesca. O Racing busca aferrarse á salvación ante un Cordoba que é dos mellores a domicilio no ano 2025. Presenta: Javi Torres
A crónica deportiva 20-02-2025 20.02.2025 29:58
Yeremay é dubida no Depor para o partido ante o Huesca. Angel Nuñez foi presentado coma xogador do Basket Coruña. Liceo e Baxi Ferrol xogan competición europea. Presenta: Javi Torres.
A crónica deportiva 19-02-2025 19.02.2025 30:00
O Arenteiro ponse ao día recibindo esta tarde ao Barakalado. Repasamos a última hora do equipo do Carballiño, que xoga ás 17:00. O presidente da Federación Galega de Fútbol,Pablo Prieto, confirma partidos da Irmandiña para este ano
A crónica deportiva 18-02-2025 18.02.2025 29:58
Repasamos con Victor López o mais destacado da actualidade do cadro olívico. O Arenteiro ponse ao dia mañá co encontro adiado ante o Barakaldo. O cadro do Carballiño comunicou que a entrada será de balde".
A crónica deportiva 17-02-2025 17.02.2025 29:58
Con Roberto Carlos Carballo
A crónica deportiva 14-02-2025 14.02.2025 29:58
Última hora do Mirandés-Racing con Raúl Villares. Previa do Atlético de Madrid-RC Celta, con Víctor López, e as declaracións de Claudio Giráldez e Simeone. No Deportivo, Gilsanz non sae do discurso do día a día. No Pontevedra, Iago Iglesias despexa dúbidas coa lesión de Dalisson.
A Crónica deportiva 13.02.2025 30:00
Rodrigo de Paul asume o favoritismo do Atlético no Metropolitano. Alejandro Menéndez pide concentración e intensidade para ir gañar ao CD Mirandés. Nemanja Tosic, presentado no Dépor. O Balonmán Cangas viaxa "coa moral polas nubes" a Logroño.
A crónica deportiva 12-02-2025 12.02.2025 29:58
O goleador tomiñés Pablo Durán é o máis destacado do mes de xaneiro no Celta. Última hora con Víctor López. No Deportivo, Ángel Sánchez e Ainhoa Marín. Última hora con Javi Torres.
A crónica deportiva 11-02-2025 11.02.2025 30:00
O Celta, a 3 puntos dos postos europeos. Nfulu recuperado no Depor. Con Gilsanz, o equipo sería 4º clasificado. Comparecencia de Tito Díaz con ledicia e cautela no Breo coa boa marcha do equipo. O copiloto de Salvaterra de Miño Cándido Carrera leva 2 victorias con Al-Attiya nos paises árabes.
A crónica deportiva 10-02-2025 10.02.2025 29:55
O efecto Balaídos. O Celta é o 4º mellor equipo da Liga como local. No Depor, Yeremay supera, con apoio psicolóxico, o mercado de inverno. Carlos Mouriz fai balance do mercado de inverno do Racing Club Ferrol: "algún xogador non quixo vir porque o pai lle dixo que aquí chove máis". No Pontevedra, Iago Iglesias estoura logo de algúns asubíos ó equipo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.