AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A crónica deportiva 21-04-2025 21.04.2025 28:58
Iago Iglesias, sobre o seu futuro: "A primeira RFEF é esixente no deportivo. E no institucional, hai que sentar e ver o proxecto". O presidente da Xunta recibe o Pontevedra CF. Tralo empate co Tenerife, no Deportivo non hai boas sensacións.
A crónica deportiva 18-04-2025 18.04.2025 28:57
Presentado por Roberto Carlos Carballo
A crónica deportiva 17-04-2025 17.04.2025 28:58
Conducido e presentado por Xoán Galán.
A crónica deportiva 16-04-2025 16.04.2025 29:58
Primeira derrota do FC Barcelona neste ano, antes de recibir ao RC Celta. Ximo Navarro encantado de renovar no Dépor. Chiqui, "tranquilo" antes do partido do ascenso do Pontevedra. O Celta Baloncesto xoga a permanencia na derradeira xornada. Sara Vidal: "xa falamos co Ensino para que nos axuden"
A crónica deportiva 15-04-2025 15.04.2025 29:58
No Celta, Carl Starfelt sofre unha elongación muscular: de dez a quince días de baixa. No Pontevedra, falamos con Orlando Quintana, que xogou como granate o play off co Ovieu na temporada 2009-10. Agora preside o Laredo de Cantabria, xa descendido. No Rácing, Álvaro Sanz di que deu o máximo que tiña, e non aforrou esforzo ningún
A crónica deportiva 14-04-2025 14.04.2025 30:00
O Pontevedra CF busca encher Pasarón para celebrar o ascenso. A Xunta concédelle a categoría de ’Proxecto de interese autonómico’ á Cidade Deportiva Afouteza de Mos. O RC Celta anuncia o inicio inmediato das obras. O Dépor está a 7 puntos dos play off de ascenso tralo empate co Mirandés.
A crónica deportiva 11-04-2025 11.04.2025 30:00
O celtismo está ilusionado coa loita por Europa e haberá recibimento. Claudio Giráldez e Manolo González con Víctor López, na previa do Celta - Español. No Rácing, estabilidade institucional e sen gol a Ovieu. No Dépor, Óscar Gilsanz ve o equipo con confianza, ambición e humildade para ir a Anduva.
A crónica deportiva 10-04-2025 10.04.2025 30:59
No Celta, Marcos Alonso mellor xogador do mes de marzo. Borja Iglesias recoñece na Radio Galega que pensou en deixar o fútbol. No Dépor, Pablo Vázquez, o único que xoga tódolos minutos: "non pensamos no play off". O Rácing merca os terreos para a cidade deportiva en Mandiá, na antiga estación de radio da Armada.
A crónica deportiva 09-04-2025 09.04.2025 28:50
Iago Aspas di que é divertido xogar neste Celta. No Dépor, Diego Villares aposta pola renovación de Óscar Gilsanz. No Pontevedra, Edu Sousa fala do previsible e merecido ascenso. No Breo, Darrun Hilliard marcha ao Unics Kazan ruso con compensación económica.
A crónica deportiva 08-04-2025 08.04.2025 29:58
Teresa Portela e Carolina García renuncian ao selectivo para repetir coa selección española de piragüismo Nova derrota do Rácing: 1 a 0 en Elx. No Dépor, sen billetes para Anduva, con capacidade para 5.700 espectadores. A selección española feminina xoga en Balaídos ás 19:00h contra Portugal.
A crónica deportiva 07-04-2025 07.04.2025 29:58
O Deportivo está a 6 puntos do playoff polo ascesnso a primeira. Será quen de chegar? Hai 24 puntos en xogo. Hoxe cita para o Rácing no Martínez Valero de Elx. Fantástico momento deportivo do Celta, con vitorias do primeiro equipo, o Fortuna e o xuvenil en Abegondo. O Pontevedra pode ascender este domingo se gaña en Salamanca e perde o Numancia.
A crónica deportiva 04-04-2025 04.04.2025 29:58
No Celta, Claudio Giráldez defende a Alfon e amósase doído polos ataques o xogador. No Dépor, Óscar Gilsanz pide acelerar cara a primeira división. No Básquet Coruña, Diego Epifanio láiase dos insultos no Coliseum.
A crónica deportiva 03-04-2025 03.04.2025 29:58
Luis Casimiro renova para a temporada vindeira co Breogán. O Uni Ferrol cae 84-70 na final da Euro Cup feminina. David Mella volve adestrar co Dépor tras recuperarse dos golpes do derbi na Malata. O Liceo xógase en Barcelos entrar na final a catro da liga de campións.
A crónica deportiva 02-04-2025 02.04.2025 29:59
Última hora do Uni Ferrol no día da gran final da Euro Cup. Alfon deixará o Celta e fichará polo Sevilla. Falamos con Víctor López. A directora da Liga Feminina, Beatriz Álvarez, visita o Dépor. Conmoción no Pontevedra CF pola lesión de cruzado de Pelayo.
A crónica deportiva 01-04-2025 01.04.2025 29:58
O Celta remata a xornada 29 no oitavo posto e con 40 puntos. Alfonso Rueda explica a postura da Xunta ao respecto da polémica de Balaídos como sede do mundial 2030. Lino López e Gala Mestres, na previa da volta da final do Uni Ferrol en Lille. O BM Porriño xogará o partido de volta da final europea EHF en Islandia. A ida será o 10 de maio no Municipal do Porriño.
A crónica deportiva 28-03-2025 28.03.2025 29:58
José Gainzarain cesado como CEO do RC Celta. Rafa Louzán acusa de populista a Abel Caballero e di que leva 15 anos coa reforma de Balaídos. Previa do Rácing - Deportivo. Falan os adestradores.
A crónica deportiva 27-03-2025 27.03.2025 29:36
No Celta, camisola edición limitada pola Reconquista para o luns coa UD As Palmas. No Dépor, Diego Gómez non ve favoritismos no derbi co Racing. Presentado Luís Lemos como adestrador do Arousa. Félix Alonso, adestrador do Obradoiro: "do pasado só viven os museos".
A crónica deportiva 26-03-2025 26.03.2025 29:58
Día grande para o Uni Ferrol. Comeza a final da Euro Cup. No Celta, 0 director deportivo, Marco Garcés di que"en Europa, eu contaría cos mesmos xogadores". No Dépor, Petxarromán protagonista. Xogará na Malata. No Rácing, o porteiro Yoel, como celtista, dobremente motivado.
A crónica deportiva 25-03-2025 25.03.2025 29:58
Abel Caballero reclama transparencia na Federación Española. Alfon: "Os equipos de Claudio dan máis rendemento na segunda volta" Esgotados os billetes para o derbi da Malata. O Uni Ferrol tenta dominar os nervios na previa da final da Euro Cup.
A crónica deportiva 24-03-2025 24.03.2025 29:54
Abel Caballero pídelle explicacións á Federación Española de Fútbol despios de que saber que Vigo ería sede do Mundial na primeira baremación técnica. No Dépor, lesión de Ximo Navarro. Fractura vertebral, dúas apófeses transversas lumbares que teñen comoa resultado cando menos seis emanas de repouso deportivo. O Pontevedra CF e a UD Ourense aumentan a 7 puntos a vantaxe para o ascenso.
A crónica deportiva 21-03-2025 21.03.2025 29:58
Adrian Ben clasificouse para a final dos 1.500 no Mundial de China . O Dépor busca achegarse á salvación a costa do pechacancelas. O Rácing busca un triunfo tras sete partidos sen gañar. O Balonmán Porriño quere facer historia mañá nas semifinais da Eurocup
A crónica deportiva 20-03-2025 20.03.2025 29:58
O Numancia demanda perante o Comité de Competición aliñación indebida do Pontevedra CF pola entrada de Yelko Pino no céspede cando estaba no banco de suplentes. Analizamos o Celta Fortuna 1 - CD Lugo 2 e o Compostela 0 - Fabril 3. Escoitamos a Epi, Casimiro e Moncho López nas previas do baloncesto galego.
A crónica deportiva 19-03-2025 19.03.2025 29:56
Damián Rodríguez aconsella a Fer López para o Fortuna -CD Lugo. O ponteareán repasa a actualidade celeste. Citas destacadas na 2ª rfef, Pontevedra CF - Numancia e SD Compostela - Fabril. No Dépor, Rafa Obrador sofre unha escordadura no xeonllo. Varias semanas de baixa. No Rácing, Fran Manzanara disposto a continuar o ano vindeiro
A crónica deportiva 18-03-2025 18.03.2025 29:58
Empate do Dépor con polémica en Castellón. Rafa Sáez gaba a Claudio Giráldez e pensa en Europa. Toni Seligrat analiza ó Celta Fortuna na previa de visitar Balaídos. Iago Iglesias, na previa de recibir ao Numancia: "Pontevedra merece unha alegría"
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.