Concello de San Sadurniño

San Sadurniño

News GL ↓ 127 episodes

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.

Author

Concello de San Sadurniño

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

May 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Pleno ordinario do 12 de xaneiro de 2019 12.01.2019

Primeiro pleno do ano 2019 no que se someteron a votación asuntos de índole económica e social. Así, aprobouse a conta xeral de 2017, a integración do Concello no programa Xantar na Casa, o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, o apoio á demanda do persoal dos PACs para que a Xunta negocie as melloras no servizo de atención continuada e unha moción relativa ao reparto obxe...

Pleno extraordinario do 19 de decembro de 2018 19.12.2018

Esta sesión plenaria tratou unicamente dous puntos, aínda que, se cadra, os de maior relevancia para a Administración local de cara ao ano 2019. En primeiro lugar debateuse o proxecto de orzamento municipal -máis de 3 millóns de euros-, que saíu aprobado cos votos favorables do BNG, a abstención da representante do PSOE e o voto contrario do PP. O segundo asunto foi a aprobación da distribución do...

Pleno extraordinario do 27 de novembro de 2018 27.11.2018

Sesión con dous puntos na súa orde do día que tratou, por unha banda, unha modificación de crédito para incorporar ao orzamento en vigor uns 57.000 euros para satisfacer as liquidacións do cofinanciamento do Centro de Día así como a remodelación das bancadas do pavillón. Por outro lado abordouse unha modificación da ordenanza do IAE para introducir unha rebaixa no imposto que beneficiará ás empres...

Pleno ordinario do 6 de novembro de 2018 06.11.2018

Sesión que debería terse celebrado o sábado 3 de novembro, pero que foi adiada por mor da ausencia da secretaria municipal. Nela tratáronse unicamente dúas mocións presentadas polo BNG, así como unha terceira incorporada pola vía da urxencia e defendida pola Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural.

Pleno extraordinario do 5 de outubro de 2018 05.10.2018

Sesión celebrada ás 10.30h. na que se tratou como punto principal a modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Bens Inmobles, para introducir nela unha rebaixa no tipo aplicable para os bens rústicos así como varias bonificacións. O Concello aplicará de oficio unha rebaixa en urbana a inmobles en Rede Natura 2000, introdúcese unha bonificación -previa solicitude- para construcións a...

Pleno ordinario do 1 de setembro de 2018 01.09.2018

Sesión plenaria na que a maior parte da orde do día a compuñan asuntos de dación de contas con respecto a resolucións da alcaldía, entre elas a aprobación da liquidación do orzamento municipal de 2017. En relación con este asunto, o Concello tamén aprobou incorporar 140.000 euros de remanentes de tesouraría dese exercicio ao actual, co obxectivo de financiar cinco proxectos relacionados coa seguri...

Segundo pleno extraordinario do 10 de agosto de 2018 10.08.2018

Sesión sen asuntos para resolución e acordo solicitada polos grupos municipais do PP e do PSOE con dous únicos puntos na orde do día, un referido á aclaración da sentenza sobre a anulación do convenio urbanístico coa extinta Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño e outro ao respecto do "catastrazo".

Primeiro pleno extraordinario do 10 de agosto de 2018 10.08.2018

Sesión plenaria na que se abordou como único punto da orde do día e con carácter urxente a delegación na alcaldía das competencias para iniciar o expediente de contratación das obras de renovación da Avenida Marqués de Figueroa, cifradas en máis de 258.000 euros. O punto saiu aprobado por unanimidade dos tres grupos.

Pleno ordinario do 7 de xullo de 2018 07.07.2018

Sesión plenaria na que se aprobou a declaración como persoas non gratas aos membros do autodenominado grupo "A Manada", condenados por abusar sexualmente dunha moza nos Sanfermíns de 2016. No pleno tamén se aprobaron os festivos locais de 2019, que quedaron fixados no martes de entroido -5 de marzo- e o 2 de xullo, Santa Sabela

Pleno ordinario do 5 de maio de 2018 05.05.2018

O pleno levaba na súa orde do día asuntos de trámite, referidos á adaptación da Administración local á nova normativa estatal sobre contratación pública. Neste sentido aprobouse por unanimidade a integración na plataforma de contratación do sector público do Ministerio de Facenda e, ademais, constituír unha Mesa de Contratación permanente presidida polo edil Suso Soto e configurada nas vogalías e...

Pleno ordinario do 3 de marzo de 2018 03.03.2018

Sesión ordinaria do pleno na que se trataron, entre outros asuntos, demandarlle á Xunta a reparación da AC-861, así como o apoio institucional por parte do Concello á folga internacional feminista do 8 de marzo.

Pleno ordinario do 27 de xaneiro de 2018 27.01.2018

Na sesión houbo un alto grao de consenso entre os tres grupos municipais, que apoiaron por unanimidade a aprobación dun recoñecemento estraxudicial de créditos para o pagamento de máis de 70.000 euros en facturas, A modificación orzamentaria para o acomodo doutros 64.000 destinados á rede viaria procedentes da AGADER, unha modificación menor da documentación do POS+, a modificación do regulamento...

Pleno extraordinario do 14 de decembro de 2017 14.12.2017

Pleno no que se aprobaron os investimentos relativos ao Plan Único de Concellos POS+ 2018, que suporán unha achega superior aos 440.000 euros.

Pleno extraordinario do 2 de decembro de 2017 02.12.2017

Sesión na que se someteron a votación catro puntos: o chamamento á concelleira electa do PP Cristina Calvo para que tomase posesión, a aprobación da conta xeral de 2016, unha modificación de crédito para asentar no presente orzamento parte dos remanentes de tesouraría do ano pasado e, por último, o orzamento municipal de 2018, que ascenderá a 2.8 millóns de euros.

Pleno ordinario do 11 de novembro de 2017 11.11.2017

Sesión plenaria na que se aprobou a adhesión do Concello de San Sadurniño ao plan para impulsar o recoñecemento por parte da UNESCO do Xeoparque do Ortegal, ademais da relación actualizada do Inventario de bens municipais.

Pleno ordinario do 2 de setembro de 2017 02.09.2017

San Sadurniño celebraou este sábado a partir das 11.30h. pleno ordinario. Será unha sesión que incorpora dez puntos na súa orde do día, aínda que a maior parte deles serán dos cualificados como “de trámite”. Os de maior trascendencia sexan os dous relativos á toma de posesión de Yolanda Vázquez Pazos -que ocupará o único escano do PSdeG-PSOE- a aprobación do inventario de bens municipais e a propo...

Pleno ordinario do 8 de xullo de 2017 08.07.2017

Sesión plenaria que se resolveu en pouco máis de tres cuartos de hora e que levaba na súa orde do día puntos de trámite e dúas mocións presentadas polo BNG. Unha das cuestións de maior relevancia foi a dación de conta ao pleno da renuncia do edil socialista Eduardo Lourido.

Pleno ordinario do 6 de maio de 2017 06.05.2017

Sesión con varios puntos dos considerados "de trámite" que xeraron escaso debate, como foi o caso da modificación da ordenanza reguladora do SAF, a exposición do inventario de bens municipais previa á aprobación inicial por parte do pleno ou a aprobación definitiva da delegación na Deputación da cobranza de tributos na vía executiva. O pleno, iso si, cobrou intensidade no debate dunha moción prese...

Pleno ordinario do 4 de marzo de 2017 04.03.2017

Sesión ordinaria do pleno con 9 puntos entre os que destacan catro mocións presentadas polo BNG e polo PP. A achegada polo grupo popular reclamou que o Plan Único de Concellos POS+ garanta os ingresos que San Sadurniño viña percibindo a través dos anteriores programas agora agrupados no plan provincial. As tres dos nacionalistas centráronse en reclamarlle a Augas de Galicia a execución do saneamen...

Pleno extraordinario do 16 de febreiro de 2017 16.02.2017

Sesión plenaria que tivo como principais puntos da orde do día a aprobación dos investimentos do POS+, o plan único destinado a concellos da Deputación da Coruña, e tamén a dos orzamentos municipais para 2017, que saíron adiante cos votos favorables do BNG. O Partido Popular votou en contra e o PSdeG-PSOE abstívose.

Pleno ordinario do 14 de xaneiro de 2017 14.01.2017

Sesión ordinaria do pleno -a primeira de 2017- na que se abordaron, entre outros temas, a adhesión do Concello á cooperativa comercializadora de enerxía A Nosa Enerxía e a modificación do regulamento da EIM para adaptalo á realidade do funcionamento diario e á normativa de rango superior.

Pleno extraordinario do 2 de decembro de 2016 02.12.2016

Sesión de trámite convocada polo alcalde co obxectivo de dar conta de varias resolucións e, principalmente, de aprobar o proxecto das obras de mellora do camiño do Enxerto, ademais do acordo referido á desestimación dun recurso de reposición presentado polo CSI-F sobre a convocatoria dunha praza de persoal administrativo interino.

Pleno ordinario do 5 de novembro de 2016 05.11.2016

Última sesión ordinaria do ano que estivo capitalizada polas mocións, entre elas unha referida ao amoreamento de pneumáticos na sede da antiga Rubber Industrias del Caucho S.A. e outra sobre a LOMCE. O BNG tamén introduciu pola vía da urxencia un texto relativo á eliminación da violencia contra da muller que, porén, non se debateu á espera de que os tres grupos con representación municipal consens...

Pleno ordinario do 8 de setembro de 2016 08.09.2016

Sesión do pleno na que se aprobou a conta xeral do Concello do exercicio de 2015, o regulamento de xestión e maila ordenanza que fixa os prezos de acceso aos locais do Centro Municipal de Empresas e tamén a adhesión de San Sadurniño ao manifesto da AFGA do Eume referido á protección e difusión das castes de froita autóctona.

Pleno extraordinario do 11 de agosto de 2016 11.08.2016

Sesión na que se aprobou o plan económico-financeiro do Concello, a modificación do orzamento para prover unha praza funcionarial con carácter temporal para reforzar os servizos administrativos e económicos municipais e a solicitude dunha subvención á Consellería de Política social coa que dotar de climatización á Escola Infantil Municipal.

Listen to the San Sadurniño podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.