Concello de San Sadurniño
San Sadurniño
Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.
Author
Concello de San Sadurniño
Category
Podcast website
Latest episode
May 28, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Pleno ordinario do 28 de xaneiro de 2021 28.01.2021 1:18:56
Sesión con tres puntos principais na súa orde do día: a aprobación do Orzamento Municipal do 2021, a distribución dos fondos do POS+ provincial e a solicitude, en conxunto con Moeche, dunha subvención á Deputación para o aglomerado da estrada que vai da Camba até a Ponte do Sur, na parroquia modestina de San Xurxo.
Pleno ordinario do 26 de novembro de 2020 26.11.2020 2:12:46
Sesión presidida polas mocións na que, ademais, se aprobou o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía sustentable e o acordo de impulsar un regulamento para a xestión de residuos
Pleno extraordinario do 13 de novembro de 2020 13.11.2020 46:36
Sesión plenaria con tres asuntos na orde do día: a votación dunha modificación de créditos por valor de 133.000 euros para distintos proxectos de obras, da modificación da ordenanza reguladora dos prezos da EIM e, por último, das alegacións presentadas polo PP á RPT.
Pleno extraordinario do 2 de novembro de 2020 02.11.2020 8:09
Sesión cun único punto na súa orde do día, centrado na aprobación da Conta Xeral de 2019, que saíu adiante con 8 votos favorables do BNG e do PSOE (7+1) e 3 abstencións do PP.
Pleno ordinario do 24 de setembro de 2020 24.09.2020 1:46:18
Sesión ordinaria do pleno na que ían na orde do día dous asuntos principais: a aprobación da RPT -que saíu adiante só cos votos do grupo de goberno, a abstención do PSOE e a votación en contra do PP- e unha declaración institucional a prol do mantemento da carga de traballo e o mantemento do emprego na factoría de Siemens-Gamesa das Somozas, que obtivo a unanimidade dos tres grupos. Tamén se intro...
Pleno ordinario do 30 de xullo de 2020 30.07.2020 1:15:04
Sesión ordinaria de xullo que incorporaba oito puntos na súa relación de asuntos para tratar. Os máis destacados foron a aprobación dun convenio con Narón para o uso compartido da EDAR de Cornide, a incorporación ao inventario municipal das obras do castelo de Naraío e o debate de dúas mocións reclamándolle ao Estado que lles permita aos concellos dispoñer libremente dos seus remanentes, algo que...
Pleno extraordinario do 13 de xuño de 2020 13.06.2020 18:02
Sesión que levaba na súa orde do día asuntos de trámite que se aprobaron por unanimidade dos tres grupos da corporación. Nela tamén se sorteou a composición das mesas electorais e ratificouse a adhesión de San Sadurniño ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía.
Pleno ordinario do 28 de maio de 2020 28.05.2020 1:33:57
Sesión que só levaba un asunto para votación -ademais do habitual da acta-, relativo á aprobación do plan municipal de prevención de incendios forestais, que saiu adiante cos votos favorables do BNG e o PSOE e a abstención do PP. Boa parte da sesión centrouse no debate dunha moción urxente presentada polo PP, que despois se vería modificada por unha emenda á totalidade aprobada por BNG e PSOE, e p...
Pleno extraordinario do 11 de abril de 2020 11.04.2020 1:13:38
Pleno extraordinario celebrado por vía telemática no que non houbo asuntos para votación, agás a acta da sesión anterior, e no que se incluiu de maneira excepcional unha quenda de rogos e preguntas. A sesión estivo capitalizada polo estado da situación con respecto ao Estado de Alarma e as medidas preventivas e socioeconómicas relacionadas coa COVID-19
Pleno extraordinario do 9 de marzo de 2020 09.03.2020 2:13
Sesión que tiña como único punto na orde do día o sorteo automatizado da composición das mesas electorais para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril de 2020.
Pleno ordinario do 30 de xaneiro de 2020 30.01.2020 1:48:07
Primeiro pleno deste 2020, composto por unha decena de asuntos entre os que destacan tres: un recoñecemento de facturas por subministracións enerxéticas, a aprobación do regulamento do servizo de taxi no municipio e a votación do Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de San Sadurniño, elaborado pola empresa pública SEAGA ao abeiro dun convenio entre a Xun...
Pleno extraordinario do 18 de decembro de 2019 18.12.2019 8:40
Sesión convocada cun único punto central na orde do día, xa que se someteu a debate e votación a aprobación dos proxectos do POS+ provincial para o ano 2020. Proxectos que saíron adiante cos únicos votos favorables do BNG e do PSOE, mentres que o PP optou pola abstención malia estar de acordo cos investimentos.
Pleno ordinario do 29 de novembro de 2019 29.11.2019 1:03:10
Sesión con oito puntos na orde do día onde a maior parte do debate se centrou no asunto da modificación do Plan Económico e Financieiro aprobado a primeiros de ano.
Pleno extraordinario do 13 de novembro de 2019 13.11.2019 39:53
Sesión con catro puntos na orde do día entre os que destacaron a modificación da ordenanza reguladora da taxa polo servizo de recollida do lixo e a modificación tamén das bases de execución do orzamento municipal deste ano. Tamén se lle deu o visto e prace a unha variación do texto da ordenanza da EIM A Rolada.
Pleno extraordinario do 17 de outubro de 2019 18.10.2019 2:54
Sesión que levaba só tres puntos na orde do día: a aprobación da acta do pleno anterior, a dación de conta sobre a liquidación do orzamento municipal de 2018 e o sorteo das mesas electorais para os comicios do 10 de novembro.
Pleno extraordinario do 11 de outubro de 2019 11.10.2019 20:30
Sesión solicitada polo Grupo Municipal do Partido Popular para debater unha moción en demanda da reactivación da central térmica das Pontes que, de non producirse, debería levar aparellada a dimisión da ministra en funcións de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera. O contido da moción non se chegou a debater ao presentar o BNG unha emenda á totalidade recollendo a postura institucional dos 25 alcald...
Pleno ordinario do 26 de setembro de 2019 26.09.2019 1:37:15
Sesión plenaria que incorporaba 10 puntos na súa orde do día dos que, finalmente, se retirou o relativo á dación de contas sobre a liquidación do orzamento de 2018. Na sesión aprobouse a adhesión de San Sadurniño a unha nova entidade para a coordinación do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal e déuselle luz verde a unha modificación de créditos para incrementar a partida orzamentaria do mantement...
Pleno ordinario do 1 de agosto de 2019 01.08.2019 1:26:10
Primeira sesión ordinaria do pleno da corporación do mandato 2019-2023, na que se abordaron, entre outras cuestións, a modificación do regulamento do Centro Municipal de Empresas -así como a ordenanza reguladora das taxas pola súa utilización- e tamén a aprobación dos proxectos acollidos á segunda fase do POS+ Adicional da Deputación da Coruña
Pleno extraordinario do 21 de xuño de 2019 21.06.2019 42:02
Sesión de organización do Concello, trala toma de posesión da nova corporación. Nela adoptáronse acordos relativos á periodicidade dos plenos, a constitución e composición da Xunta de Goberno Local e outras cuestións, como por exemplo dar conta do reparto de áreas de goberno.
Pleno de constitución da corporación 2019-2023 15.06.2019 15:58
Audio da sesión constitutiva da corporación municipal cos concelleiros e concelleiras saídas das eleccións municipais do 26 de maio. San Sadurniño conta con 11 escanos no salón de plenos, 7 ocupados polo BNG, 3 polo PP e 1 polo PSdeG-PSOE. Nesta nova xeira corporativa repiten 6 persoas con respecto ao mandato anterior, mentres que as outras 5 son caras novas que acceden por primeira vez ao máximo...
Pleno extraordinario do 12 de xuño de 2019 12.06.2019 1:09
Sesión que durou algo máis dun minuto e na que se lle deu o visto e prace por unanimidade á acta do anterior pleno. Na práctica foi o último pleno do mandato corporativo 2015-2019. Tamén foi ocasión de despedidas para as concelleiras e concelleiros que non repetirán na próxima xeira municipal.
Pleno ordinario do 4 de maio de 2019 04.05.2019 37:08
Última sesión plenaria do mandato, na que se aprobaron por unanimidade os tres puntos principais que compuñan a súa orde do día: a integración de San Sadurniño na central de contratación da FEMP, a elección da xuíza de paz titular e tamén da súa substituta e, por último, o regulamento polo que se rexerá a concesión de axudas a familias en situación de emerxencia social.
Pleno extraordinario do 1 de abril de 2019 02.04.2019 6:57
Sesión centrada no sorteo das persoas que ocuparán as mesas electorais con motivo dos comicios xerais ao Parlamento e o Senado do 28 de abril. No pleno tamén se tratou brevemente a desafección dun camiño na paraxe de Entremuros, en Lamas.
Pleno ordinario do 2 de marzo de 2019 02.03.2019 43:21
Sesión na que se aprobaron por unanimidade todos os asuntos que compoñían a orde do día. Os máis relevantes: o plan económico e financeiro 2019-2020, a declaración institucional do 8M e a relación de explotacións que poderán acollerse ás bonificacións do IBI. Tamén se lle deu o visto e prace a unha moción en apoio dos traballadores e traballadoras de Poligal.
Pleno extraordinario do 24 de xaneiro de 2019 24.01.2019 45:45
Sesión que levaba na orde do día como único punto o debate dunha moción da alcaldía para reclamar o restablecemento do servizo de Pediatría no Centro de Saúde de San Sadurniño, ademais da itinerancia facultativa polos municipios de Moeche, Cerdido e As Somozas. O BNG e o PSOE apoiaron o texto mentres que o PP marchou do pleno antes da súa votación.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.