Concello de San Sadurniño

San Sadurniño

News GL ↓ 127 episodes

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.

Author

Concello de San Sadurniño

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

May 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Pleno ordinario do 28 de maio de 2026 28.05.2026

Sesión do pleno na que, como principal asunto, quedaron aprobados inicialmente os orzamentos municipais de 2026, que superan os 3.9 millóns de euros.

Pleno ordinario do 26 de marzo de 2026 26.03.2026

Sesión na que se aprobou unha modificación orzamentaria para acomodar a contía definitiva que achegará o Instituto da Transición Xusta para a mellora ambiental da Cortiña e do contorno da Casa do Concello. Tamén se tratou a adhesión de San Sadurniño ao convenio Xunta-Ecoembes para a recollida e tratamento de envases lixeiros e cartóns e, por último (en canto aos temas principais) tamén saíu adiant...

Pleno ordinario do 29 de xaneiro de 2026 29.01.2026

Primeira sesión de carácter ordinario de 2026, na que se aprobaron os proxectos e a distribución do POS+ da Deputación da Coruña, así como adicarlle o nome de Rosalía de Castro á rúa que discorre paralela ao CPI.

Pleno extraordinario do 12 de xaneiro de 2026 20.01.2026

Sesión na que se abordou, como único punto, a aprobación do reparto dos fondos do POS+ ADI01/2026, coñecido como POS Social. Case 67.000 euros cos que se financiará persoal técnico, o reforzo do SAF e o programa de envellecemento activo "Xuntanzas na eira".

Pleno ordinario do 27 de novembro de 2025 03.12.2025

Derradeira sesión ordinaria do ano 2025, na que se trataron dúas declaracións institucionais como principais temas. A primeira referiuse á demanda dun tren do século XXI para a comarca e a segunda estivo centrada nas reivindicacións con motivo do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e nenas. Como curiosidade, todos os temas suxeitos a votación saíron aprobados por...

Pleno extraordinario do 21 de outubro de 2025 21.10.2025

Sesión convocada para someter a votación a participación do Concello no cuarto plan adicional do Plan Único da Deputación da Coruña, dotado con cerca de 184.000 euros. Uns fondos que San Sadurniño dedicará a gasto corrente, tal e como votaron por unanimidade os tres grupos municipais.

Pleno ordinario do 25 de setembro de 2025 26.09.2025

Sesión plenaria na que se abordaron os seguintes asuntos principais: a solicitude á Deputación dunha axuda para a rehabilitación da nave de Obras e Servizos, a aprobación da conta xeral de 2024 e dúas mocións presentadas polo BNG e o PSOE centradas nos incendios forestais e no cambio climático.

Pleno ordinario do 31 de xullo de 2025 01.08.2025

Sesión que tivo como temas centrais o debate e votación dos orzamentos municipais -que superan os 3,9 millóns de euros- e unha declaración institucional demandando o cesamento do xenocidio en Palestina.

Pleno ordinario do 27 de marzo de 2025 27.03.2025

Sesión protagonizada polas mocións, relativas ao apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para o 6 de abril, ao rexeitamento da maneira en que a Xunta pretende distribuír os fondos da Transición Xusta e, por último, tamén ao rexeitamento da macrocelulosa proxectada por Altri en Palas de Rei.

Pleno ordinario do 30 de xaneiro de 2025 30.01.2025

Sesión presidida pola aprobación, por unanimidade, dos proxectos que se acollerán este ano ao Plan Único da Deputación da Coruña.

Pleno extraordinario do 13 de xaneiro de 2025 13.01.2025

Sesión convocada con carácter extraordinario e urxente co obxectivo de axustarse aos prazos dados pola Deputación da Coruña para aprobar a participación municipal no POS+ Adicional 01/2025. No pleno saíu adiante por unanimidade a distribución de algo máis de 58.000 euros, dirixidos ao reforzo do cadro de persoal do SAF e de Servizos Sociais e tamén a programas de prevención da soidade e o deterior...

Pleno ordinario do 28 de novembro de 2024 28.11.2024

Sesión ordinaria do pleno, a última de 2024, cunha ducia de asuntos na orde do día da convocatoria. Coma sempre, a sesión comezou coa aprobación da acta do anterior pleno para, deseguido, meterse nos temas principais: a resolución do expediente de responsabilidade patrimonial dos concelleiros que asinaron o convenio urbanístico coa Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño, a actualizac...

Pleno ordinario do 26 de setembro de 2024 27.09.2024

Sesión na que se aprobaron, entre outros puntos, a Conta Xeral de 2023 e a integración de San Sadurniño na Rede de Municipios pola Agroecoloxía.

Pleno extraordinario do 13 de setembro de 2024 13.09.2024

Sesión convocada con carácter urxente para aprobar o destino a gasto corrente de 165.000 euros da segunda fase do POS+ Adicional da Deputación da Coruña.

Pleno extraordinario do 20 de agosto de 2024 20.08.2024

Sesión extraordinaria e de carácter urxente na que se votou desestimar as alegacións presentadas polas dúas concelleiras do PP en relación co procedemento de inicio do expediente sobre a responsabilidade patrimonial dos membros do goberno que votaron a favor do convenio coa Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño.

Pleno ordinario do 1 de agosto de 2024 02.08.2024

Sesión na que se aprobou por unanimidade a solicitude dunha axuda financieira para a adquisición da nave de Obras e Servizos -a coñecida como "nave de Carnero", alugada polo Concello desde hai 25 anos-, ademais de votarse unha moción de rexeitamento da suba do canon de SOGAMA. Tamén se aprobaron os días inhábiles de 2025, que serán o 4 de marzo, Martes de Entroido, e o 2 de xullo, Santa Isabel.

Pleno extraordinario do 22 de xullo de 2024 22.07.2024

Pleno que levaba tres puntos na orde do día: a aprobación da urxencia da convocatoria, a nova denominación da principal praza da zona urbana -que pasará chamarse "Praza Ramón Díaz Raña"- e a votación dos orzamentos municipais de 2024, que saíron adiante cos votos favorables do grupo de Goberno e a abstención da oposición.

Pleno ordinario do 30 de maio de 2024 31.05.2024

Sesión ordinaria que, como principal punto, aprobou o inicio dun expediente relativo á responsabilidade patrimonial dos edís que en 2007 asinaron un convenio urbanístico coa cooperativa de explotación en común de San Sadurniño

Pleno ordinario do 4 de abril de 2024 05.04.2024

Sesión breve, de pouco máis dun cuarto de hora, onde o principal asunto que se tratou foi a aprobación dunha moción da CIG reclamando a derrogación da reforma laboral e empregos de calidade.

Pleno ordinario do 30 de xaneiro de 2024 31.01.2024

Primeiro pleno do ano 2024, no que se someteu a votación unha moción en apoio da manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para o domingo 4 de febreiro, así como a distribución do plan único de Concellos de 2024.

Pleno ordinario do 30 de novembro de 2023 30.11.2023

Sesión na que se tratou a modificación do regulamento da EIM A Rolada de cara a incorporar variacións no articulado indicadas pola Xunta de Galicia, así como a actualización das ordenanzas sobre taxas segundo o IPC. Tamén se debateron dúas mocións do grupo municipal do BNG, unha demandando que os orzamentos autonómicos de 2024 inclúan distintos investimentos no municipio, e outra relativa á activa...

Pleno extraordinario do 2 de novembro de 2023 30.11.2023

Sesión convocada con carácter urxente para aprobar tres asuntos: a solicitude dunha subvención nominativa á Deputación da Coruña para levar a cabo varias melloras en infraestruturas e na rede viaria, a incorporación ao orzamento de cerca de 236.000 euros de remanentes de 2022 e a cualificación como de interese municipal das obras efectuadas pola AVV Adiante no local social de Igrexafeita. Todos os...

Pleno extraordinario do 20 de outubro de 2023 20.10.2023

Sesión na que se aprobou a concorrencia do Concello de San Sadurniño á convocatoria de créditos do IDAE para a renovación de iluminacións públicas, co obxectivo de reducir o consumo enerxético e ganar en eficiencia.

Pleno ordinario do 28 de setembro de 2023 28.09.2023

Sesión na que se aprobou a conta xeral do Concello, ademais da designación da xuíza de Paz e o destino dos fondos do Plan Adicional 2/2023 do POS+ provincial. Tamén se debateu unha moción do BNG demandando un transporte público por estrada que responda ás necesidades das persoas usuarias.

Pleno ordinario do 27 de xullo de 2023 27.07.2023

Primeiro pleno ordinario do mandato corporativo 2023-2027, no que se trataron como puntos principais a aprobación dos festivos locais para o ano que vén, a solicitude dunha subvención á Deputación para mellorar o equipamento do centro de transformación A Fusquenlla e as asignacións económicas aos grupos políticos municipais, que percibirán 50€ fixos ao mes máis un variable de 10€ por integrante.

Listen to the San Sadurniño podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.