Concello de San Sadurniño

San Sadurniño

News GL ↓ 127 episodes

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.

Author

Concello de San Sadurniño

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

May 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Pleno extraordinario do 4 de xullo de 2023 04.07.2023

Sesión de organización do Concello, na que se trataron, entre outras cuestións, a periodicidade dos plenos, a composición da Xunta de Goberno Local ou a distribución das áreas de goberno.

Pleno de constitución do Concello para o mandato 2023-2027 17.06.2023

Sesión de toma de posesión e constitución da nova corporación municipal para o período 2023-2027.

Pleno ordinario do 30 de marzo de 2023 30.03.2023

Último pleno de carácter ordinario do mandato, no que se aprobou a proposta de orzamentos municipais para 2023. As cifras ascenden a 3.682.350,25 euros e prevese que acaben superando os 4 millóns de euros ao longo do ano, xa que hai partidas que incrementarán o seu presuposto con achegas doutras Administracións, como por exemplo os 493.000 euros dos fondos da Transición Xusta que se investirán na...

Pleno extraordinario do 9 de febreiro de 2023 09.02.2023

Sesión na que se aprobaron por unanimidade os proxectos do POS+, do Plan Complementario e os investimentos do Plan Adicional 1/2023, coñecido como "POS Social".

Pleno ordinario do 26 de xaneiro de 2023 26.01.2023

Primeira sesión do ano, na que se abordaron, entre outras cuestións, a aprobación do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, o inicio do expediente de desafectación de dous camiños públicos, así como o contido dunha auditoría sobre a xestión da auga municipal. Ademais tamén se aprobou unha moción presentada polo concelleiro do PSOE en demanda de medidas autonómicas a prol da...

Pleno extraordinario do 21 de decembro de 2022 21.12.2022

Última sesión plenaria do ano, na que se aprobou o incremento segundo o IPC das taxas e prezos públicos reflectidos nas ordenanzas municipais que regulan o seu importe anual segundo este indicador de prezos.

Pleno ordinario do 24 de novembro de 2022 24.11.2022

Sesión na que se aprobou a adhesión do Concello á central de contratación da FEMP, así como a integración de San Sadurniño no programa provincial de prevención da fraude na aplicación das axudas financiadas cos fondos Next Generation. Tamén se aprobou por unanimidade a declaración institucional co gallo do 25N.

Pleno extraordinario do 31 de outubro de 2022 31.10.2022

Sesión na que se votou e aprobou por unanimidade a solicitude de participación do Concello nos fondos do programa DUS-5000, dirixidos a actuacións integrais en materia de sostenibilidade e eficiencia enerxética. San Sadurniño preparou memorias para executar actuacións por valor de 4,3 millóns de euros que, de ser aceptadas na convocatoria, serían fianciadas polo Estado con fondos europeos Next Gen...

Pleno extraordinario do 26 de outubro de 2022 26.10.2022

Sesión na que saíron adiante por unanimidade tanto a aprobación da Conta Xeral de 2021 como a modificación de créditos que permite incorporar ao orzamento municipal 358.000 euros dos algo máis de 1,2 millóns de remanentes cos que pechou o exercicio do ano pasado.

Pleno ordinario do 29 de setembro de 2022 29.09.2022

Sesión con tres puntos principais na que se aprobou a ordenanza xeral de subvencións, a inclusión de proxectos no POS+ Adicional 02 e a modificación puntual das normas subsidiarias para converter en chan urbano non consolidado unha parte da parcela que rodea o Centro de Día.

Pleno extraordinario do 24 de agosto de 2022 24.08.2022

Pleno no que se aprobou por unanimidade a modificación do regulamento da EIM A Rolada, así como a ordenanza reguladora dos prezos públicos, de cara a adaptar a normativa á Orde da Xunta sobre a gratuidade dos servizos educativos prestados polas escolas infantís.

Pleno ordinario do 28 de xullo de 2022 28.07.2022

Sesión ordinaria con só tres puntos na parte resolutiva da convocatoria: a aprobación da acta anterior, a mudanza da representación municipal no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a fixación dos festivos locais de 2023, que serán o Martes de Entroido e o luns 3 de xullo.

Pleno ordinario do 26 de maio de 2022 27.05.2022

Na sesión tratáronse dous regulamentos referidos ao persoal municipal e tamén se aprobaron as bases para a convocatoria e concesión das bolsas escolares deste ano.

Pleno extraordinario do 18 de abril de 2022 18.04.2022

Pleno no que se aprobou a acta da sesión anterior e no que tomou posesión do seu cargo como concelleira electa Araceli Bellas Castro, dentro do grupo municipal do BNG

Pleno ordinario do 31 de marzo de 2022 31.03.2022

Sesión na que se deu conta da renuncia da concelleira nacionalista Ana Belén Breixo e na que tamén se rexeitou o inicio do expediente solicitado polo PP en relación coas posibles responsabilidades dos membros do grupo de goberno que en 2007 asinaron o convenio urbanístico coa Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño. Noutra orde de cousas, a Corporación deulle o apoio unánime á modific...

Pleno extraordinario do 4 de marzo de 2022 04.03.2022

Sesión plenaria na que se aprobou a adhesión do Concello ao plan de vixiancia e control da avespa asiática suscrito entre a Xunta e a Fegamp, a declaración institucional co gallo do 8M, e o inicio dun expediente informativo sobre a aprobación do convenio urbanístico asinado coa cooperativa de San Sadurniño en 2007. Na sesión, como último asunto, tamén se votaron os orzamentos municipais de 2022.

Pleno ordinario do 27 de xaneiro de 2022 27.01.2022

Sesión plenaria con 9 puntos na orde do día, entre os que destaca a aprobación dos proxectos do POS+ 2022, a modificación da ordenanza reguladora do ICIO para introducir novas bonificacións e tamén o plan de implantación dos ODS da Axenda 2030 no Concello. A maior parte dos asuntos saíron adiante por unanimidade.

Pleno ordinario do 10 de decembro de 2021 10.12.2021

Sesión ordinaria de finais de novembro que se adiou para esta data e que levaba como puntos principais a aprobación de representante municipal no Consello escolar do CPI xunto coa modificación puntual da RPT.

Pleno extraordinario do 4 de novembro de 2021 04.11.2021

Sesión na que se tratou como principal asunto a aprobación do proxecto de rehabilitación da antiga escola de Igrexafeita para acoller obradoiros terapéuticos relacionados co alzhéimer e outras demencias. Neste sentido, a corporación tamén aprobou solicitar colaboración económica da Deputación da Coruña, quen achegará o 80% dos preto de 300.000 euros que requirirán as obras.

Pleno ordinario do 30 de setembro de 2021 30.09.2021

Sesión á que se levaba como principal punto a aprobación das bases dunha convocatoria extraordinaria de bolsas escolares, ademais da modificación de dúas ordenanzas fiscais.

Pleno ordinario (adiantado) do 22 de xullo de 2021 22.07.2021

Sesión que levaba como un dos seus puntos centrais o rexeitamento ao proxecto do parque eólico Caaveiro, promovido por Enel Green Power, que tería un serio impacto na zona limítrofe con Neda e A Capela. O asunto foi aprobado por unanimidade. Tamén se aprobou con todos os votos favorables modificar o capítulo orzamentario de axudas a entidades para dispor de fondos cos que contribuír ao traballo da...

Pleno ordinario do 27 de maio de 2021 27.05.2021

Sesión na que se aprobou incorporar ao orzamento municipal un importe de 1 millón de euros para levar a cabo distintos proxectos, ademais de sufragar as indemnizacións polos terreos rústicos da Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño e os salarios dun traballador municipal expedientado por cometer unha falta moi grave.

Pleno ordinario do 25 de marzo de 2021 25.03.2021

Sesión na que se aprobou un recoñecemento extraxudicial de créditos para o pagamento de 63.000 euros en facturas e tamén unha moción en contra dos "abusos" da banca presentada polo BNG. Tamén se lle deu o prace por unanimidade a unha modificación da convocatoria de bolsas escolares.

Pleno extraordinario do 3 de marzo de 2021 03.03.2021

Sesión na que se aprobaron as bases dunha primeira achega económica para as entidades de cara a que cubran gasto corrente de 2020 e parte de 2021, pero tamén as que regularán as bolsas escolares e para servizos de conciliación na EIM A Rolada, dotadas con 40.000 euros. Ademais tamén se desestimou unha alegación ao orzamento municipal, o que supón a súa entrada en vigor inmediata. Os grupos tamén a...

Pleno extraordinario do 25 de febreiro de 2021 25.02.2021

Sesión cun único punto central na súa orde do día, referido á corrección de erros no inventario de camiños municipais de cara a incorporar o acceso a varias vivendas no lugar da Fraguela, en Naraío.

Listen to the San Sadurniño podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.