Concello de San Sadurniño

San Sadurniño

News GL ↓ 127 episodes

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.

Author

Concello de San Sadurniño

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

May 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Pleno ordinario do 9 de xullo de 2016 09.07.2016

Sesión ordinaria na que tomou posesión María Belén Trigo Meizoso como concelleira do grupo municipal do Partido Popular e na que houbo un alto grao de unanimidade nas votacións, agás na referida á modificación da ordenanza reguladora da taxa pola expedición de documentos, que contou co apoio de BNG e PSOE mentres que o PP votou en contra. Si houbo acordo dos tres grupos no tocante aos festivos loc...

Pleno ordinario do 7 de maio de 2016 07.05.2016

Sesión plenaria na que se abordaron, entre outras cuestións, unha modificación de créditos, a modificación do orzamento para acomodar o incremento de xornada da alfabetizadora dixital, unha moción sobre o "catastrazo" e a declaración institucional co gallo do 17 de maio. Por outra banda tamén se tomou en coñecemento a renuncia do concelleiro do PP Andrés Fernández Graña.

Pleno extraordinario do 21 de marzo de 2016 21.03.2016

Sesión extraordinaria que incluiu dous puntos na orde do día. En primeiro lugar aprobouse a acta da sesión anterior e, posteriormente, acordouse a participación de San Sadurniño na fundación dunha nova entidade sen fins de lucro para optar á xestión do novo programa Leader 2014-2020.

Pleno ordinario do 5 de marzo de 2016 05.03.2016

Sesión na que se incluíron só dous puntos con contido propiamente de xestión, un deles referido á aprobación da declaración institucional co gallo do Día Internacional da Muller e outro sobre a modificación de crédito 1/2016, destinada a darlle cobertura orzamentaria ás obras de acondicionamento de vías municipais incluídas no Plan marco do Agader.

Entrevista a Secundino García en Cope Ferrol sobre o PXOM 28.01.2016

Audio da entrevista realizada pola emisora local da Cope para falar da exposición pública e do periodo de alegacións á aprobación inicial do PXOM. O espazo contou con varias chamadas en directo interesándose por distintos aspectos do documento. O son está gravado directamente da emisión radiofónica.

Pleno ordinario do 9 de xaneiro de 2016 09.01.2016

Primeira sesión plenaria do ano na que se tratou como punto principal a aprobación dos orzamentos municipais, cifrados en algo máis de 2.777.000 euros. Na orde do día tamén se incluíron as bases para a concesión de bolsas escolares, as das axudas para as familias usuarias da EIM A Rolada e as que rexerán a concesión de subvencións para entidades culturais e deportivas do territorio, así como as re...

Pleno extraordinario do 12 de decembro de 2015 12.12.2015

Sesión extraordinaria do pleno municipal na que se aprobaron, entre outros asuntos, os investimentos do POS 2016 e do Plan de Acción Social 2015. Dous programas xestionados pola Deputación que supoñen unha achega de 482.000 euros. Por outra banda tamén se acordou anular o convenio suscrito en 2007 coa Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño e déuselle o visto e prace a unha moción ach...

Pleno ordinario do 7 de novembro de 2015 07.11.2015

Última sesión plenaria do ano con carácter ordinario, na que se abordaron varios asuntos principais como a aprobación dunha modificación de crédito para o pagamento de varias facturas de 2014 e, quizais o de maior trascendencia, a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Pleno ordinario do 5 de setembro de 2015 05.09.2015

Sesión ordinaria do pleno municipal na que se abordaron 12 puntos. Os máis destacados entre eles foron a modificación de dúas ordenanzas fiscais -a do IVTM e a que regula o uso de instalacións municipais-, o inicio do expediente de anulación do convenio coa cooperativa de San Sadurniño, e a retirada de títulos honorarios a Francisco Franco e a José Antonio Girón de Velasco. Ao ser ordinario, o ple...

Pleno Ordinario do 4 de xullo de 2015 04.07.2015

Sesión plenaria ordinaria -a primeira do mandato corporativo- que aprobou sumarse de novo a Rede de oficinas de atención á cidadanía dentro do programa marco asinado por Xunta e Estado. No pleno tamén houbo unha moción presentada pola vía da urxencia polo BNG relativa á situación do sector leiteiro, e tamén varias preguntas. Foron unha do PSOE sobre o programa formativo ECMYNN e dúas do PP, unha s...

Pleno Ordinario do 4 de xullo de 2015 04.07.2015

Sesión plenaria ordinaria -a primeira do mandato corporativo- que aprobou sumarse de novo a Rede de oficinas de atención á cidadanía dentro do programa marco asinado por Xunta e Estado. No pleno tamén houbo unha moción presentada pola vía da urxencia polo BNG relativa á situación do sector leiteiro, e tamén varias preguntas. Foron unha do PSOE sobre o programa formativo ECMYNN e dúas do PP, unha s...

Pleno extraordinario do 26 de xuño de 2015 (Organización) 26.06.2015

Pleno extraordinario no que se lle deu o visto e prace á composición dos distintos órganos municipais, ademais de darlle conta á nova corporación da estrutura de concellarías.

Pleno de constitución do Concello 13.06.2015

Sesión de constitución do Concello para o periodo 2015-2019 na que tomaron posesión dos seus cargos os novos concelleiros e concelleiras. Secundino García resultou reelixido alcalde cos votos favorables do BNG (7) máis un da oposición, presumiblemente o do edil do PSdeG-PSOE, posto que o voto para a elección de alcalde foi segredo.

Pleno extraordinario do 10 de xuño de 2015 10.06.2015

Sesión que incorporaba como único punto da orde do día a aprobación da acta do último pleno. Porén, ao tratarse do último encontro da actual corporación, tamén se aproveitou para despedir aos concelleiros e concelleiras saíntes.

Pleno extraordinario do 4 de xuño de 2015 04.06.2015

Penúltimo pleno antes da constitución do novo Concello, no que se abordaron asuntos de trámite como a aprobación da acta da sesión anterior, a adxudicación das obras do campo de fútbol municipal e o modelo de declaración de intereses que deberán cubrir tanto os concelleiros e concelleiras saíntes como os entrantes.

Pleno Ordinario do 2 de maio de 2015 02.05.2015

Última sesión ordinaria do pleno municipal do mandato corporativo 2011-2015. Nela tratáronse só asuntos de trámite: a aprobación da acta anterior, a toma en consideración de acordos e resolucións e o apartado de rogos e preguntas. Só se presentou unha, referida ao estado de tramitación da documentación previa do PXOM.

Pleno extraordinario do 6 de abril de 2015 06.04.2015

Pleno extraordinario no que se tratou como tema principal a aprobación do expediente de contratación das obras de conversión a céspede artificial do campo de fútbol de Currás.

Pleno ordinario do 7 de marzo de 2015 07.03.2015

Sesión ordinaria do pleno municipal de San Sadurniño na que se incluíron 8 asuntos, entre eles a aprobación de tres mocións -unha do PP sobre o papel da muller no Deporte, outra da CIG sobre a inclusións de cláusulas sociais nos contratos de obra pública e unha terceira, do BNG, sobre a urxencia de administrar medicamentos ás persoas doentes de Hepatite C-. Porén, a sesión estivo marcada pola conc...

Pleno extraordinario do 13 de febreiro de 2015 14.02.2015

Sesión do pleno na que se someteron a votación as bases que regularán as concesións de axudas a entidades culturais e deportivas, así como as bolsas escolares. Ademais tamén se aprobaron os tres proxectos incluídos no Plan de Aforro e Investimentos da Deputación. Unha liña de créditos sen xuros dotada no caso de San Sadurniño con 207.000 euros

Pleno extraordinario do 22 de xaneiro de 2015 22.01.2015

Sesión que só incluiu dous puntos na orde do día: a aprobación da acta do pleno anterior e a aprobación definitiva dos orzamentos municipais para o 2015, desestimando logo do debate as alegacións presentadas no rexistro municipal polo Partido Popular con data de 13 de xaneiro.

Pleno ordinario do 10 de xaneiro de 2015 10.01.2015

Primeira sesión ordinaria do ano 2015 na que se trataron, entre outros asuntos, a aprobación do convenio de cesión de parte da antiga casa consistorial á Garda Civil e a modificación de varios puntos do regulamento da Escola Infantil Municipal. O BNG presentou dúas mocións, unha relativa ás novas condicións de adhesión a SOGAMA e outra solicitando unha tarifa eléctrica galega.

Pleno extraordinario dos Orzamentos (18/12/2014) 19.12.2014

Sesión na que se debateron, entre outros asuntos, o acordo de deslinde co concello de Moeche e os orzamentos municipais para 2015, que se aproximan aos 2.8 millóns de euros.

Pleno Extraordinario do 26 de novembro de 2014 27.11.2014

Sesión na que se aprobaron, entre outras cousas, as obras que se acometerán con cargo ao POS provincial en 2015 así como a modificación de varias ordenanzas para incluír as bonificacións do Carné Xove.

Pleno Ordinario 8 de novembro de 2014 08.11.2014

Sesión ordinaria do pleno municipal na que se incluíron, entre outros asuntos de trámite a convalidación do regulamento da escola infantil municipal, a información sobre o estado de execución do orzamento municipal, a solicitude de prorrogar a devolución dos cobros indebidos pola participación nos tributos do Estado. No apartado de rogos e preguntas destacou o debate sobre o convenio urbanístico s...

Inauguración nova Casa do Concello 10.09.2014

Programa especial "Voces de Galicia" emitido por Radiovoz desde San Sadurniño co gallo da inauguración da nova casa consistorial no antigo edificio do Pazo da Marquesa. O programa -de 2 horas de duración- conduciuno a xornalista Antía Díaz e realizouse no peristilo do edificio o día 2 de xullo de 2014, festivo local de Santa Isabel.

Listen to the San Sadurniño podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.