Roxín Roxal
Roxín Roxal (programas de radio)
Programas de radio da Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal. Información cultural na comarca das Marinhas (A Coruña, Galiza)
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A sanidade galega contra o xenocidio. Conversa co doutor Amir Ismaíl 02.11.2025 1:11:17
En Roxín Roxal estamos claramente comprometidos. O xenocidio en marcha na Palestina é a maior das catástrofes que nos tocou ver na nosa vida. Non podemos calar e faremos o que estea nas nosas mans para romper o muro de silencio e complicidade arredor desta traxedia. Por iso, despois das entrevistas con Mohamed Safa (31/01/25) e Sami Ashour (17/06/25), recibimos outro dos palestinos residentes na G...
Emerxencia lingüistica extrema na Galiza. Canversa con Marcos Maceira e Elsa Quintas (MNL) 15.11.2024 1:13:50
Despois da publicación dos últimos datos do IGE sobre o uso do galego, Marcos Maceira e Elsa Quintas, da Mesa pola Normalización Lingüística, conversan con Daniel Seixo sobre o futuro do nosa idioma. Outubro 2024.
Tecer poder popular. Entrevista a Iñaki Gil de San Vicente 17.07.2024 1:48:29
Iñaki Gil de San Vicente é un profesor e pensador vasco e marxista, coñecido polo seu activismo na esquerda abertzale. "Tesis contra el fascismo: 2005-2018" (DDT Liburuak, 2018), "'El Capital', un libro que asusta al capital… Y al reformismo" (Boltxe Kolektiboa, 2019) e "Pensar y practicar el marxismo" (Boltxe Kolektiboa, 2019) son os títulos dos seus últimos libros. Hoxe, entrevistado por Daniel...
Prisciliano, un símbolo necesario, con Victorino Pérez Prieto 24.02.2024 1:38:06
A figura do bispo galaico Prisciliano (340-385), a primeira persoa condenada a morte pola Igrexa Católica na súa historia, arraiga especialmente na Galiza tardorromana e altomedieval. Executado por herexe, a súa figura é obxecto de continua investigación nos nosos días. O profesor e ensaísta Victorino Pérez Prieto (Hospital de Órbigo, 1954) é un destacado especialista no estudo de Prisciliano e o...
Entrevista a Christina Moreira, muller galega, católica romana e presbítera 24.11.2023 1:05:23
Nos primeiros días de outubro de 2023 a policía italiana detiña a galega Christina Moreira na praza vaticana de San Pedro baixo o cargo da presunta usurpación do “hábito talar”. Christina Moreira, muller sacerdote católica, celebra misa (en galego, naturalmente) desde hai anos na Comunidade do Home Novo na Coruña, aínda que en aberta contradición coa oficialidade da Igrexa. Francesa e galega ao me...
Enerxía eólica, como? Aproveitando as nosas renovábeis sen destruír o País. Daniel Seixo entrevista X. M. Golpe 07.10.2023 1:02:21
Xosé Manuel Golpe, enxeñeiro técnico industrial e experto en renovábeis, dános as claves indispensábeis para entender o noso presente eólico. Nun país normal os seus argumentos serían o pan de cada día nos medios públicos e privados. Aquí non. Non perdades de escoitar, enteira e con calma, a entrevista que Daniel Seixo lle fixo o pasado venres 15, desde o estudio de Roxín Roxal en Paderne.
Camarada Fraga. Daniel Seixo entrevista Manuel Monge 15.05.2023 1:07:51
O xornalista Daniel Seixo entrevista Manuel Monge, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, sobre o recentemente estreado documental "Camarada Fraga", unha achega documentada á "cara B" do exministro franquista e expresidente da Xunta.
Entrevista ao debuxante Xoán Andrade 04.03.2023 1:13:18
O xornalista Daniel seixo entrevista desde o estudio de gravación de RR o debuxante, ilustrador, caricaturista e ensinante Xoán Andrade Vidal, autor de numerosos traballos que se expoñen até 08/03/23 no Edificio Arquivo de Betanzos.
A rosa incandescente: conversa con Anxos García Fonte. 10.12.2022 1:06:33
Desde o estudio de gravación de Roxín Roxal, o xornalista Daniel Seixo entrevista Anxos García Fonte, inspiradora, guionista e produtora da curtametraxe "A rosa incandescente". O filme, que repasa a vida de Rosalía de Castro como muller e escritora, foi galardoado co primeiro premio no festival de cinema de Castellaneta (Puglia, Italia).
Conversa co escritor Xesús Fraga (Premio Nacional de Narrativa) e Francisco Pico (autor de "Recordos daquel pasado") 30.09.2022 1:21:40
O xornalista Daniel Seixo entrevista o escritor Xesús Fraga é Premio Nacional de Narrativa (2021) co seu libro "Virtudes (e misterios)". Xesús prorroga o libro "Recordos daquel pasado", un estudo etnográfico sobre a parroquia de Vigo (Paderne) no que Roxín Roxal colabora. O seu autor, Francisco Pico Pena, e a súa neta Nuria están activamente presentes na conversa.
Carlos Callón: O libro negro da lingua galega 09.08.2022 1:06:43
Conversa entre Carlos Callón e a presentadora María Gutiérrez sobre O libro negro da lingua galega, imprescindíbel novidade editorial do profesor e lingüista, que relata feito por feito os 500 anos de imposición do castelán en Galiza. Entrevista efectuada no estudio de gravación de Roxín Roxal, previa á presentación do libro en Betanzos (22/07/11).
Segredos de Labrada. Conversa con Branca Villar e Antón de Guizán 01.06.2022 1:18:43
Unha zona chea de inesperados segredos artísticos, históricos e naturais atópase (tamén) en perigo pola ofensiva dos macroparques eólicos, que ameaza con estragar o que queda do mundo rural galego. Branca e Antón, impulsores da Nova Poesía Guitírica (Guitiriz, Lugo) participan nesta imprescindíbel conversa en liña. O rural galego sabe defenderse!
A Torre de Teodomiro e o Monte do Gato 01.05.2022 1:51:48
O venres 29 de maio de 2022 tivemos nas nosas canles de YouTube e Facebook a Antón Malde e Aranza González, que nos falarán do próximo roteiro do día 8 de Maio, A Torre de Teodomiro. Malde explicounos a relevancia histórica e arqueolóxica da descuberta da Torre no Monte do Gato. Aranza comentounos os últimos acontecementos na loita que se desenvolve nas Mariñas en defensa da integridade dese espaz...
Francisco Rodríguez. A Idade Media, unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. 01.03.2022 1:20:30
Antes da presentación en Betanzos do seu novo libro , o político e historiador Francisco Rodríguez mantivo esta conversa no estudio de gravación da ACLP Roxín Roxal. Rodríguez demostra no seu libro a singular importancia do Reino de Galiza no conxunto peninsular da Idade Media, unha preponderancia sempre ocultada e negada pola historiografía españolista.
O Pazo de Meirás é do pobo. Conversa con Carlos Babío e Silvia Seixas 18.12.2021 1:38:53
As visitas efectuadas ao Pazo de Meirás en setembro de 2021 ergueron un grande interese nos socios e achegados de Roxín Roxal. Nesta conversa, conducida por María Gutiérrez Calvete para o noso programa en Radio Filispim 93.9 FM (Ferrol e comarca), Silvia e Carlos achegan toda a información sobre as causas e o momento actual (decembro 2021) da loita polo Pazo. Carlos Babío é coautor do libro Meirás...
Conversa com Adela Figueroa na apresentação do seu novo livro 23.10.2021 57:47
"As mulheres da Csa da Bouça da roupa estendida" é o novo romance de Adela Figueroa Panisse. Antes da sua apresentação em Sada, conversamos com a autora para Rádio Filispim 93.9 FM.
Mesa redonda: Que pasa no Monte do Gato? 25.04.2021 1:50:13
Acto em linha que tivo lugar o passado 20 de maio de 2021 sobre a problemática do Monte do Gato (Aranga, Coirós e Oza-Cesuras, na província da Corunha, Galiza) espaço natural ameaçado pola ofensiva dos parques eólicos. Participam Antóm Malde (arqueólogo), Fernando Bandín (naturalista), Aranza González (secretaria da Comunidade de Montes de Fervenzas) e Adela Figueroa (Adega).
Roxín Roxal: Presentación dos Roteiros de Primavera 2021 11.04.2021 56:30
Apón un período de inactividade debido á pandemia da Covid-19, a Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal presenta a súa programación para a primavera de 2021.
Carlos Callón: Presentación do poemario Inscricións 10.11.2020 1:01:48
Caros Callón presenta desde Lisboa, onde traballa, o seu segundo poemario. É un acto celebrado en liña e retransmitido a través da nosa canle de YouTube (ACLP Roxín Roxal) e Facebook (páxina co mesmo nome).
Mesa redonda Patrimonio: como rematarmos co desastre 21.07.2020 1:43:08
Durante o confinamento pola Covid-19 producíronse en Galiza renovados atentados contra o patrimonio no medio rural. Esta é unha mesa redonda online organizada pola ACLP Roxín Roxal o 29 de maio de 2020, que contou coa participación de Antón Malde, Adela Figueroa, Xabier Moure, Soledad Felloza e Puri Soto.
Por quê celebrarmos Carvalho Calero. Palestra em linha por Pilar Garcia Negro 01.06.2020 1:52:59
No ano Carvalho Calero a professora Pilar Garcia Negro oferece uma palestra em linha sobre a figura do inesquecível escritor e linguista galego. Organiza a Associação Cultiral Livre de Paderne Roxin Roxal.
Conversa con Xurxo Souto. Presentación do libro "A gran travesía de Chiruca Macallás" 06/03/2020 07.03.2020 48:24
Conversa co autor do libro, o músico e escritor Xurxo Souto. Entrevista grava para a ACLP Roxín Roxal en marzo de 2020 para o programa de radio da Asociación en radio Filispium 93.9 FM.
Fragas do Mandeo. Conversa con Fernando Bandín 29/01/2020 29.01.2020 53:32
ACLP Roxín Roxal. Conversa con Fernando Bandín para o programa de radio de Roxín Roxal en Radio FilipiM 93.9. Bandín é o principal impulsor de Fragas do Mandeo, asociación ecoloxista e conservacionista implicada activamente en varios proxectos de coidado e custodia do territorio. Presenta María Gutiérrez Calvete.
Roxín Roxal 5. O Entroido de Samede 01.01.2020 31:55
Entrevista con Emi Cagiao e José Antonio Cagiao, dous dous organizadores e recuperadores do Entroido de Samede (San Xulián de Vigo, Paderne). Esta celebración recuperouse recentemente e hoxe conta como un dos grandes entroidos galegos grazas ao entusiasmo de veciñas e veciños como os que hoxe entrevistamos.
Roxín Roxal. Proxecto Concomitentes en Betanzos 11.12.2019 41:35
Gracación da entrevista a Fran Quiroga e Helena Couto, impulsores do Proxecto Concomitentes. Este proxecto tenta implicar a poboación da vila para a creación conxunta dunha obra de arte sobre a figura dos irmáns García Naveira.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.