Prensa Cogami

Prensa Cogami

Escucha este podcast y muchos más en www.ivoox.com o en las apps de iVoox para iOS, Android o Windows Phone.

Author

Prensa Cogami

Category

Government

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Feb 4, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Un Café con Eva: Sonia Leiro fala da AICP 04.02.2026

A axente polo cambio de COGAMI, Sonia Leiro, explica para Radio Voz, en que consiste o modelo AICP (Atención centrada na persoa) que emprega COGAMI en todos os servizos que presta.

ASOTRAME explica para a Cope a vivenda que buscan en Santiago 02.02.2026

ASOTRAME busca unha vivenda de acollida temporal para familiares de persoas que están hospitalizadas con tratamentos hematolóxicos. En Santiago buscan unha vivenda preto do hospital, accesible e dun prezo asequible. A psicóloga Ivana Iglesias explica en que consiste este recurso da entidade.

Un Café con Eva: Mari Carmen Ínsua fala de emprego 02.02.2026

No programa Un Café con Eva de Radio Voz, a coordinadora do servizo de Emprego traslada como se desenvolveu este servizo durante este pasado ano. “Traballamos coas persoas con discapacidade ou incapacidade laboral pero tamén é moi necesario traballar coas empresas aspectos de sensibilización naquelas que cren que non poden contratar a persoas con discapacidade”.

Un Café con Eva: entrevista a Álvaro García sobre atención temperá 02.02.2026

No programa de Radio Voz falamos da importancia de tratar ás nenas e nenos durante a etapa de 0 a 6 anos, no caso de que teñen algunha problemática, ao ser estimulados de xeito axeitado, poden compensar carencias.

Cadena SER visita COGAMI Ferrol para coñecer o seu proxecto de teatro radiofónico 22.12.2025

A Cadena SER visitou as instalacións de COGAMI en Ferrol para coñecer de primeira man o proxecto de teatro radiofónico que este ano se desenvolveu no centro de día a través do programa En-Red-Arte, financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. No espazo radiofónico participou a directora do centro, María Aneiros, quen explicou as distintas actividades que se levan a cabo no día a día...

Un café con Eva: a vicepresidenta de AVEMPO fala de esclerose múltiple 18.12.2025

Ás portas do Día Nacional de Esclerose Múltiple, a vicepresidenta de Avempo, Iria Bragado. explica en Radio Voz, que é esta patoloxía e por que Galicia é unha das comunidades con maior taxa. Tomamos Un café con Eva falando de esclerose múltiple, da denominada enfermidade das mil caras porque ten moitos subtipos, onde unha persoa pode recuperarse totalmente mentres que noutras avanza continuamente.

Un café con Eva: falamos de formación en COGAMI 12.12.2025

O coordinador da área de Formación, Paco Abuín, explica para Radio Voz como é o programa formativo que oferta COGAMI co fin de preparar ás persoas que buscan a inserción laboral.

Falamos para RNE en Ourense polo 3 de decembro 12.12.2025

O vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo explica para RNE en Ourense os problemas que nos pode deparar se perigan os fondos que chegan de Europa e que amenazan con retiralos polos problemas xeopolíticos actuais.

Falamos para Radio Voz polo 3 de decembro 12.12.2025

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, explica para Un café con Eva de Radio Voz as demandas que temos o grupo social das persoas con discapacidade co gallo do 3 de decembro.

Discafis COGAMI, Alcer Ourense e AECC de tertulia na SER 12.12.2025

O programa Hoy por hoy da cadena SER de Ourense fai un programa especial polo 3 de decembro no que participan o presidente de Discafis COGAMI, Miguel Quintas, a traballadora social de Alcer Ourense, Carmen Dorado, e maila traballadora social de AECC, Rocío Taboada.

Falamos en RNE en Galicia polo 3 de decembro 12.12.2025

RNE en Galicia entrevista ao secretario de COGAMI, Víctor Silva, polo 3 de decembro, na que explica as carencias que aínda hoxe en día temos o grupo social das persoas con discapacidade, empezando pola visibilización.

Un Café con Eva: a presidenta de UGADE fala da epilepsia 13.11.2025

Luisa María Rodríguez, a presidenta da asociación UGADE fala para o programa Un Café con Eva de Radio Voz sobre os programas que está a levar a cabo a entidade nos centros escolares para visibilizar e sensibilizar sobre a epilepsia, a segunda enfermidade neurolóxica con prevalencia.

Un café con Eva: o presidente de Asem Galicia fala de enfermidades neuromusculares 06.11.2025

Manuel Rego, o presidente de Asem Galicia, participou no programa de radio Voz de Eva Millán onde falou das enfermidades neuromusculares, de como afectan ás persoas durante o ciclo. Adiantou tamén que están organizando as VII Xornadas Galegas sobre as Enfermidades Neuromusculares que se levarán a cabo o 14 e 15 de novembro en Vigo. Durante dous días afondarán nestas patoloxías especialistas, pacie...

Falamos do noso programa de lecer en Radio Voz 21.10.2025

O programa Un Café con Eva de Radio Voz entrevista a Aroa Facal, técnica da ára de Lecer de COGAMI, que fai un repaso de como foi o programa de actividades náuticas organizadas este ano no programa Gavea, os de Lecer Náutico en Sanxenxo e Portonovo e o programa cultural En-Red-Arte.

Falamos de lipedema en Radio Voz 09.10.2025

A traballadora social da asociación AGL, María Araújo, explica para o programa Un café con Eva de Radio Voz en que consiste o lipedema, unha patooloxía que non está recoñecida pola sanidade pública e cada vez son máis as mulleres que a teñen.

Falamos da artrite en Radio Voz 03.10.2025

A entidade Con Artritis-Santiago dedica o mes de outubro á sensibilizar, informar e visibilizar das enfermidade reumáticas, como son a artrite e a espondilite. Para falar sobre isto, o programa Un Café con Eva Millán de Radio Voz contou con Montse Nieto, socia da entidade Con Artritis Santiago que explicou como se convive con este tipo de patoloxía que afecta tanto a bebés como a persoas maiores.

Mª Jesús Pérez fala da paraparesia espástica familiar en Radio Voz 26.09.2025

A entidade AEPEF, a súa representante en Galicia, María Jesús Pérez, explica para o programa Un café con Eva de Radio Voz, que é a paraparesia espástica familiar, unha enfermidade rara, neurolóxica, hereditaria e que non ten cura. Por iso é tan importante que as persoas afectadas participen neste estudo, para que se poida avanzar no seu coñecemento e nun posible tratamento. Esta entidade fai un ch...

Alcer Coruña participa no programa Un café con Eva 18.09.2025

O presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, explica en Radio Voz a realidade que viven as persoas con enfermidade renal crónica e de como é o seu día a día e dos apoios que teñen na asociación para mellorar a calidade de vida.

Radio Voz entrevista a Anxo Queiruga 11.09.2025

O programa "Un Café con Eva" de Radio Voz entrevistou a Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, con motivo do 35 aniversario da nosa Organización. Xunto a Eva Millán fixo unha retrospectiva dos inicios e da traxectoria que foi fraguando COGAMI ao longo destes anos de compromiso coas persoas con discapacidade.

Rosa Gutiérrez fala sobre COGAMI Empresarial en Es Radio 11.06.2025

Rosa Gutiérrez dá voz a COGAMI Empresarial en Es Radio durante a feira Expobusiness Compostela A directora de Negocio de COGAMI Empresarial, Rosa Gutiérrez, participou esta fin de semana nunha entrevista en Es Radio, no marco da feira Expobusiness Compostela, un evento integrado no programa Santiago Vivo, que reuniu empresas de múltiples sectores. Durante a súa intervención, Rosa explicou en detal...

Antonio Pena presenta en Cope Galicia un proxecto pioneiro para transformar residuos en mobiliario urbano 07.05.2025

Na entrevista emitida por Cope Galicia, o xerente de Coregal explica un innovador proxecto de economía circular que transforma residuos procedentes de puntos limpos e da industria —que antes se incineraban— en elementos de mobiliario urbano. A través desta iniciativa, materiais que non se poden converter en materia prima utilízanse para fabricar bancos, xogos infantís, táboas para paseos fluviais,...

Que é Coregal? O xerente explícao para Es Radio 07.05.2025

Antonio Pena, xerente de Coregal explica para Es Radio a importante labor que desenvolve esta iniciativa empresarial sen ánimo de lucro que se dedica ao coidado mediambiental a través da reciclaxe.

Falamos dos programas de COGAMI coa X Solidaria en Radio Voz 09.04.2025

O coordinador da área de FMA de COGAMI, Nano Sestayo, explica para o programa Un Café con Eva de Radio Voz todos os servizos que COGAMI pode prestar grazas ao orzamento que nos chega da X Solidaria.

Un Café con Eva: AGL fala do I Congreso de Linfedema 09.04.2025

AGL organizou o I Congreso Estatal sobre Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A traballadora social da entidade, María Araújo, ofrece as conclusións deste encontro nunha entrevista realizada para Radio Voz, para o programa Un Café con Eva.

Falamos do 35 Aniversario de COGAMI en Radio Voz 30.01.2025

O programa Un café con Eva de Radio Voz entrevista ao presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, para falar sobre a traxectoria de COGAMI durante os seus trinta e cinco anos de traxectoria.

Listen to the Prensa Cogami podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.