Prensa Cogami

Prensa Cogami

Escucha este podcast y muchos más en www.ivoox.com o en las apps de iVoox para iOS, Android o Windows Phone.

Author

Prensa Cogami

Category

Government

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Feb 4, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Cope Pontevedra interésase polo 35 Aniversario de COGAMI 28.01.2025

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, é entrevistado pola canle da Cope en Pontevedra para falar sobre a traxectoria de COGAMI co gallo do 35 aniversario. O locutor, José Jardón, tamén fala cunha persoa usuaria do servizo de Emprego de COGAMI, José Antonio Abal, que atopou un emprego nunha empresa de Vilagarcía.

Campaña de COGAMI "Eu Decido" en Radio Voz 27.01.2025

O programa Con Outra Voz que presenta Félix Jorquera en Radio Voz, entrevista ao presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, para falar sobre os 35 anos de traxectoria da nosa Organización.

Falamos de taxis adaptados en Radio Voz 21.01.2025

O programa Un café con Eva de Radio voz entrevista ao coordinador de Accesibilidade, Álvaro García, para falar sobre a incorporación de licenzas de taxis adaptados no Concello de Santiago e avaliar a situación real que viven as persoas con mobiliade reducida cando teñen que facer uso deles.

Olalla Esmorís fala dos programas dirixidos á muller de COGAMI 16.01.2025

A traballadora social de COGAMI, Olalla Esmorís fala para Radio Líder dos programas desenvolvidos na nosa Organización a favor do empoderamento, igualdade, autonomía e inclusión da muller con discapacidade.

RNE entrevista ao Secretario de COGAMI polo 3 de decembro 04.12.2024

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, os informativos en Galicia de RNE entrevistan a Víctor Silva para que conte as demandas da nosa Organización.

Falamos do proxecto RUMBO no programa Con Outra Voz 17.10.2024

A coordinadora do proxecto RUMBO de autonomía persoal que desenvolve COGAMI, Ángela Labandeira, explica para o programa Con Outra Voz de Radio Voz en que consiste este programa.

COGAMI adapta vivendas co proxecto RUMBO 09.10.2024

A coordinadora do proxecto RUMBO cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva, Ángela Labandeira, explicou para Radio Estrada en que consistiron as obras de mellora de fogares de trece persoas a través deste programa.

Falamos do programa Máis Emprego en Radio Voz Ourense 30.09.2024

A orientadora laboral, Alba Vázquez, explica para o programa Voces de Ourense de Radio Voz, en que consiste o servizo de Emprego de COGAMI e a quen vai dirixido o programa de inserción Máis Emprego de Fundación "la Caixa" e Fondo Social Europeo Plus.

Falamos do programa de autonomía de AGAPA en Radio Voz 26.09.2024

A técnica do proxecto de autonomía de persoas amputadas da asociación AGAPA, Aroa Facal, explica para un Café con Eva de Radio Voz en que consiste este programa.

Falamos do programa de promoción da igualdade en Radio Voz 14.08.2024

A coordinadora da área de Promoción da Autonomía Persoal, Juani Tubío, explica para Radio Voz en que consiste o programa de promoción da igualdade que COGAMI está a levar a cabo durante este ano.

Falamos de emprego en Radio Voz 11.07.2024

A orientadora laboral de Lugo, Alba Lagoa, explica para o programa Voces de Lugo de Radio Voz como foi o balance de insercións laborais na provincia durante este primeiro semestre do ano.

Falamos do plan de accesibilidade do Concello de Viveiro 22.05.2024

Radio Viveiro entrevista a Diego Piñeiro para falar do plan de accesibilidade que COGAMI está a levar a cabo no Concello de Viveiro.

Falamos do proxecto HAVI de Medelo en Radio Voz 15.05.2024

Alba Álvarez, coordinadora do proxecto HAVI (hacia una vida independiente) que se está a levar a cabo no servizo de atención diúrna de Medelo, en Silleda, explica para o programa de Radio Voz Un Café con Eva en que consiste este proxecto e da importancia que ten para que as persoas con discapacidade teñan máis autonomía.

Voces de Lugo entrevista a Laura Quintas 18.04.2024

O programa de Radio Voz fala coa Vicepresidenta de Agadhemo polo Día Mundial da Hemofilia.

Falamos sobre o Día Mundial de Hemofilia en Radio Voz 18.04.2024

O programa Un café con Eva entrevista á vicepresidenta de Agadhemo, Laura Quintas, polo Día Mundial da Hemofilia.

Falamos dos servizos que presta COGAMI na comarca de Ferrol en Radio Voz 04.03.2024

O programa Voces de Ferrol fala con María Aneiros, a coordinadora de COGAMI en Ferrol, para comentar todos os servizos que prestamos na comarca.

Falamos do proxecto RUMBO en Radio Voz 19.02.2024

O programa Voces de Lugo entrevista a Carla Fernández, traballadora social de COGAMI sobre o programa RUMBO de autonomía persoal.

Falamos da reforma do artigo 59 da Constitución en Radio Melide 24.01.2024

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, explica para radio Melide o que supón para as persoas con discapacidade o cambio do artigo 59 da Constitución que actualiza a terminoloxía para referirse ao noso colectivo.

Falamos en Radio Voz da reforma do artigo 59 da Constitución 23.01.2024

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, conta para o programa Un café con Eva o avance que supón que a Carta Magna recolla a terminoloxía apropiada para referirse ás persoas con discapacidade.

SER Ferrol interésase pola formación de COGAMI 16.01.2024

Entrevista á coordinadora de COGAMI en Ferrol para falar sobre un curso que a entidade vai iniciar na cidade dirixido a persoas con discapacidade desempregadas.

Falamos de accesibilidade na provincia de Lugo en Radio Voz 16.01.2024

O técnico de Accesibilidade de COGAMI, Diego Piñeiro, explica cal é a situación da cidade de Lugo e da provincia en xeral en materia de accesibilidade e como debería estar para ser inclusiva.

Xornada Ponte no Meu Lugar na Cope 20.09.2023

Cadena Cope recolle as impresións das persoas que participaron na xornada de sensibilización sobre as barreiras que se atopa unha persoa usuaria de cadeira de rodas cando se despraza por unha cidade, neste caso foi Santiago.

Falamos de formación para Cope Santiago 14.04.2023

A orientadora laboral do servizo de Emprego de COGAMI, Ana Vázquez, explica en Cope Santiago a formación que temos preparada para as persoas con discapacidade ou incapacidade laboral da comarca compostelá. Unha destas formación é sobre xestiónde recursos urbanos.

Falamos do novo baremo na Radio Galega 13.04.2023

A coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI, Laura Quintas, explica no programa Convivir da Radio Galega en que consiste o novo baremo de discapacidade e a urxencia da súa implantación, para que ningunha persoa con discapacidade orgánica se sinta excluída.

Falamos de accesibilidade en Radio Voz 28.03.2023

O programa de Radio Voz Un café con Eva entrevista ao técnico de Accesibilidade de COGAMI, Diego Piñeiro, para falar da realidade das vivendas en Galicia, se están adaptadas ás necesidades das persoas.

Listen to the Prensa Cogami podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.