Galegas en Pé
Galegas en Pé
Galegas en Pé é un programa feminista no que analizaremos e reivindicaremos a situación da muller na sociedade.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Erradicación da violencia contra as mulleres. 13.12.2023 46:27
Falamos coas traballadoras da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo. Describimos as distintas violencias machistas.
Ordenanzas municipais abolicionistas da prostitución 19.10.2023 30:30
Falamos con Eva Ventín a respecto das ordenanzas abolicionistas da prostitución no ámbito municipal, e escoitamos a Iria Bragado recitar un poema do seu libro "Versos violentos".
Explotación sexual e prostitución 10.09.2023 37:25
O 23 de Setembro é o Día Internacional contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres. A trata de persoas con fins de explotación sexual é tamén unha cuestión de sexo.
25 Novembro Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. 24.11.2021 19:55
Repetición do programa de 2020 polo Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Nesa ocasión liamos uns extractos de dous artigos publicados na prensa sobre a violencia contra as mulleres.
Xela Arias 22.05.2021 15:47
Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias, creadora, editora, tradutora e mestra.
Mulleres e pandemia 27.04.2021 22:13
Traballadoras na primeira liña durante o confinamento explican as súas experiencias e amosan opinións a respecto do recoñecemento do seu labor.
25 de Novembro 24.11.2020 19:55
Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Hoxe lemos uns extractos de dous artigos publicados na prensa sobre a violencia contra as mulleres.
A prostitución non é traballo, é violencia. 05.09.2020 37:33
Falamos con Silvia Pérez Freire, socióloga e investigadora que leva a portavocía da Rede Galega contra a Trata, e con Alba Sousa, psicóloga.
17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 07.05.2020 22:09
A discriminación da muller tamén se fai presente á hora de homenaxear a personaxe central do Día das Letras. De 56 edicións, só en catro ocasións se dedicou a mulleres: Rosalía, Francisca Herrera, María Mariño e María Victoria Moreno. E a causa non está na calidade nin na produción literaria.
8 de Marzo. Sen coidados non hai vida. 27.02.2020 35:33
Os traballos dos coidados a persoas maiores e dependentes son exercidos maioritariamente por mulleres. O servizo de axuda no fogar está privatizado, o que supón precariedade laboral, baixos salarios e inseguridade, ademais de falla de recursos para unha atención digna.
O feminismo na historia 28.01.2020 12:27
Achegámonos de novo á historia do movemento feminista e valémonos dos textos de Nuria Varela, "Feminismo para principiantes" e María Reimondez e Olga Castro, "Feminismos", para documentármonos. Engadimos as nosas seccións habituais "Vocabulario" e "A cova da moura".
Violencia contra as mulleres: 25 de Novembro. 21.11.2019 33:32
Un ano máis, volvemos tratar da violencia contra as mulleres. Desta volta falamos con Cristina Rodríguez Ramos, técnica en igualdade, a respecto das accións reivindicativas e dos recursos fornecidos polas administracións públicas para enfrontar esta lacra.
Mulleres galegas senlleiras. 14.09.2019 21:45
Imos coñecer o percorrido de tres mulleres galegas, vencelladas á cidade de Vigo, que destacaron polo seu traballo, a súa sabedoría e a súa rebeldía.
Violencia de xénero nas festas 10.08.2019 42:27
Neste progama analizamos as agresións machistas nas festas, coa participación das mozas feministas organizadas de Vigo e a socióloga Iria Vázquez.
17 de Maio, Día das Letras Galegas 18.05.2019 23:22
A discriminación da muller tamén se fai presente á hora de homenaxear a personaxe central do Día das Letras. De 56 edicións, só en catro ocasións se dedicou a mulleres: Rosalía, Francisca Herrera, María Mariño e María Victoria Moreno. E a causa non está na calidade nin na produción literaria.
Endometriose e saúde 03.04.2019 41:26
Falamos da endometriose, unha enfermidade que afecta ao 10% das mulleres en idade fértil que, sen embargo, está invisibilizada. Escoitamos os testemuños de catro mulleres da Asociación Querendo, mulleres con endometriose.
8M. Día Internacional da Muller Traballadora. 27.02.2019 43:52
Neste programa falamos con un grupo de mulleres a respecto da convocatoria da folga de mulleres do 8 de Marzo. Folga laboral, de coidados, de consumo e estudantil. Por todas as mulleres, por todos os dereitos, Revolta Feminista!!!
Mulleres nas cárceres 04.02.2019 31:04
Neste programa falamos con Yolanda Ferreiro, representante de Esculca, Observatorio polos dereitos e as liberdades , con relación da situación das mulleres nas cárceres
Violencia de xénero: prostitución 14.11.2018 39:02
Unha das violencias contra as mulleres que están mais invisibilizadas é a prostitución.
Historia do movemento feminista 14.11.2018 15:14
Achegámonos á historia do movemento feminista a través dos textos de Nuria Varela, "Feminismo para principiantes", e María Reimondez e Olga Castro, "Feminismos".
Antía Cal 14.11.2018 14:40
Neste programa queremos coñecer un pouco máis a esta importante pedagoga.
17 de maio Días das Letras Galegas, María Victoria Moreno 14.11.2018 35:49
A escritora Eli Ríos fai un percorrido da vida da homenaxeada escritora María Victoria Moreno, neste ano 2018. É a cuarta muller galardoada no Día das Letras Galegas. Tamén tratamos a linguaxe inclusiva con Rosa Chantada, muller feminista. A maiores, teremos a colaboración de Arantxa Nogueira e Rosa Negra.
Valoracións da folga 8-marzo 14.11.2018 44:38
Escoitamos ás organizacións participantes na folga 8M e faladoiro de mulleres coa súa propia visión da folga.
8 de marzo, Día Internacional Da Muller Traballadora 14.11.2018 26:56
Neste programa celebramos o nos primeiro aniversario. Nel falaremos da folga 8-M con mulleres valentes, que nos explicarán o porque desta convocatoria.
Custodia compartida imposta 14.11.2018 42:01
Neste programa imos escoitar as posturas dalgunhas organizacións sociais e políticas ao respecto desta iniciativa lexislativa popular presentada no Parlamento Galego.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.