Proxecto Neo
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Proxecto Neo, 299.10: Fernando Lago Lamas; Luís F. Ansedes; Ana Moreiras 25.11.2020 1:05:14
"Galicia, auga, literatura e rap" era o título dun certame de creación artística promovido polo xornal La Voz de Galicia. Este concurso centrou o noso interese na primeira entrevista deste programa. O protagonista foi o profesor do IES Monte Castelo Fernando Lago Lamas, da área de Xeografía e Historia. O noso colaborador habitual Luís Fernández Ansedes, da Asociación Abrindo Camiño, presentounos a...
Proxecto Neo, 298.10: Luz Zas (EQUILING); SANAA ABOUFARIS; LEONARDO PENA (CONC. de AMES) 18.11.2020 1:06:38
A profesora Luz Zas (da USC) presentounos o proxecto EQUILING, que fomenta o diálogo entre culturas en centros educativos de Galiza, Euskadi e Cataluña. A través desta entrevista, coñecemos a xénese desta intervención educativa que comezou no IES Manuel Murguía de Arteixo. Desde Vila Boa atendeu a nosa chamada Sanaa Aboufaris, Premio Extraordinario de Ensino Secundario. Con ela falamos da formació...
Proxecto Neo, 297.10: Manuel Lozano; Luís Álvarez Pousa 11.11.2020 1:00:58
O IES Perdouro de Burela gañou o premio á Solidariedade e os dereitos humanos no marco da VIª edición do Premio Aprendizaxe e Servizo convocada por Edebé, a Rede española aprendizaxe-servizo e o MEFP. O proxecto “Na casa de papel” foi levado a cabo durante o confinamento do curso pasado polo alumnado de 4º de ESO coa coordinación de media ducia de profesoras e profesores. Na segunda parte do progr...
Proxecto Neo, 296.10: Alumnado Monte Castelo; Sara Gil; Aurora Marco 04.11.2020 59:56
O programa 296.10 comeza cunha entrevista a catro alumnos do IES Monte Castelo, de Burela, con motivo dos seus primeiros pasos no audiovisual. Coa xornalista Sara Gil falamos sobre un traballo de investigación sobre a convivencia intercultural en Burela. A escritora Aurora Marco presentounos dous dos seus libros: Foula e Ronsel; e Irmandiñas.
Proxecto Neo, 295.10: Cándido Paniagua Pousa; Juan Carlos Alonso 28.10.2020 59:00
O programa 295, o terceiro da décima etapa, está protagonizado polo escritor Cándido Paniagua Pousa e polo sacerdote Juan Carlos Alonso Gómez. O escritor de Xinzo de Limia chegou a Radio Burela en calidade de coordinador do Equipo de Dinamización do Instituto Monte Castelo e nós aproveitamos para facer un programa de animación á lectura das súas obras narrativas, ambas incluídas no subxénero da "n...
PROXECTO NEO, 294.10: Beatriz Botelho; Anxo Díaz; Antonio Reigosa 21.10.2020 1:01:13
Segundo programa da décima etapa. Abrimos novamente en feminino singular con Beatriz Botelho, que fai de ponte entre a comarca da Mariña e o distrito de Viseu. A seguir, conversamos sobre a pesca no Gran Sol con Anxo Díaz. Na terceira parte do programa, o convidado foi o escritor Antonio Reigosa, que nos falou sobre o premio Mestras e Mestres da Memoria outorgado pola Asociación de Escritoras e Es...
PROXECTO NEO, 293.10: María X. Fernández Amor "Pepa"; Xulio Xiz Ramil; Faustino Cela 14.10.2020 59:48
Proxecto Neo entra na décima etapa. Sete meses e dous días despois do "encerro" entramos en desconfinamento. Dun 12 de marzo, saltamos a un 14 de outubro e fixémolo con tres conversas: con Pepa Fernández Amor (do Colexio Virxe do Carme, de Burela); con Xulio Xiz Rami, de Galicia Dixital; e con Faustino Cela (neto de Ricardo Carvalho Calero).
Proxecto Neo, 292.9: Henrique Rabuñal; Natalia Irimia; María Alonso 12.03.2020 1:04:10
Con Henrique Rabuñal conversamos sobre a Anxo da terra, obra poética de Ricardo Carvalho Calero editada con estudo introdutorio do escritor e profesor de Arteixo. Natalia Irimia presentounos o programa de actividades do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Perdouro. Nos minutos finais, conversamos con María Alonso (profesora do IES Fernando Esquío de Neda).
Proxecto Neo, 291.9: Paulo F. Mirás; Consuelo Díaz (Col. Fondo-Nois); Alejandro Ramos 04.03.2020 1:04:17
Continuamos coas nosas sesións didácticas dedicadas a Ricardo Carvalho Calero. Desta vez, alén da música da angolana Aline Frazão, conversamos con Paulo F. Mirás (biógrafo do autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2020); coa mestra Consuelo Díaz, con quen tamén falamos sobre a celebración do 8 de marzo; e co pedagogo Alejandro Ramos, que nos deu a coñecer os contidos do seu TFM centrado na conviv...
Proxecto Neo, 290.9: Belén Couto; Guillermina Domínguez Touriño; Sandra Rivas 20.02.2020 1:01:20
En febreiro de 2020 en Irlanda dúas mulleres ocuparon as portadas dos xornais porque foron as primeiras en ter recoñecemento legal para o seu matrimonio. En Galiza iso mesmo ocorreu quince anos antes. Unha das protagonistas daquela boda entre mulleres estivo con nós no programa. A profesora Guillermina Domínguez Touriño evocounos aquel momento, reflexionou con nós sobre amor e lexislación e presen...
Proxecto Neo, 289.9: Comunidade educativa do IES de Vilalonga; Naír García Abelleira (IES de TEIS) 13.02.2020 1:02:54
A comunidade educativa do IES de Vilalonga colaborou connosco novamente. Desta vez, un grupo de alumnas e alumnos de 4º de ESO estiveron no programa acompañados polas súas profesoras Lidia Fernández Pastoriza e Carme Picallo. Na segunda parte da emisión conversamos coa profesora Naír García Abelleira, do IES de TEIS.
Proxecto Neo, 288.9: IES Alonso Ríos (Tomiño); IES de Poio; Isabel López Mariño 05.02.2020 1:00:28
Ana Vizoso, alumna de 3º de ESO no IES Alonso Ríos (de Tomiño), falounos das súas vivencias da participación no programa dos 21 días co galego. O mesmo tema tratamos na conversa con Andrea Ferrer, do IES de Poio, a quen chegamos a identificar como a correspondente a Adrián Solovio no século XXI. Pola súa parte, a profesora Isabel López Mariño, da área de Economía, falounos sobre o tema do incremen...
Proxecto Neo, 287.9: IES Xelmírez-1; IES de Vilalonga; Pilar Ponte Patiño 30.01.2020 1:02:28
No segundo dos programas dedicados aos "21 días co galego" estivemos en diálogo coas comunidades educativas dos IES Xelmírez-1 e de Vilalonga (en Sanxenxo). Coa música de Clara Pino, demos paso a unha entrevista ao profesor e escritor Manuel Portas, director do primeiro dos centros: o Xelmírez. A súa valoración da participación no programa foi moi positiva: pola implicación do alumnado, dunha part...
Proxecto Neo, 286.9: Valentín García (SXPL); Laura Santos ; Iván Sánchez (IES de Cambre); Fogar de Sta. Margarida 22.01.2020 1:03:08
Esta nova edición de Proxecto Neo está dedicada aos “21 días co galego”. Para coñecermos o alcance desta iniciativa, abrimos o tratamento dos contidos cunha entrevista con D. Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística. Inmediatamente despois, na voz das mozas e mozos protagonistas, recollemos diferentes impresións sobre a aplicación do programa. Desde Lugo, atendeunos unha moza do C...
Proxecto Neo, 285.9: Pilar Ponte; Christian Salles; CPI Suárez Marquier (O ROSAL) 15.01.2020 1:06:41
Abre o programa un saúdo que nos enviou Pilar Ponte Patiño (A Profa). Inmediatamente despois recibimos unha entrevista realizada polo noso colaborador Christian Salles e que nós emitimos en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. En colaboración co Colexio Integrado Suárez Marquier do Rosal, realizamos seis entrevistas: primeiro a cinco alumnas do programa radiofónico "The Famous five" e no final á pr...
Proxecto Neo: 284.9: Xosé Ríos e Álex de Brito (Hotelaría-IES de Foz); Nacho Taibo; Miguel de Lira 08.01.2020 1:10:40
O profesor Xosé Ríos e o alumno Álex de Brito estiveron no noso programa para nos dar a coñecer a oferta educativa da sección de Hotelaría do IEs de Foz. O escritor Nacho Taibo falounos de como se fixo neofalante en galego estando en Madrid. Tamén falamos dos seus estudos de Enxeñaría Naval e de Socioloxía, do traballo na banca e do proceso de incorporación ao ensino da Lingua e Literatura no ensi...
Proxecto Neo, 0.1: María José Andión Fontela (Área de Innovación Educativa do IES Perdouro - Modelo Burela) 06.01.2020 59:41
O día 4 de xaneiro de 2012 emitiuse o primeiro programa. Na entrevista participaron Mª José Andión Fontela, Coordinadora do Proxecto de Innvación Lingüística do IES Perdouro, e Bernardo Penabade, profesor de Lingua e Literatura. Fixo de técnico de son o director da emisora, Félix Jorquera.
Proxecto Neo, 283.9: Roberto Catoira (ESCOLAPIOS -Coruña); Adela Figueroa; Paloma López (OMI); D. Campo (Fanto Fantini) 18.12.2019 1:04:33
Abrimos o programa con ROBERTO CATOIRA , profesor no Colexio dos Padres Escolapios na Coruña. O tema da conversa: a radio como ferramenta educativa. Inmediatamente despois tivemos poesía de temática ambientalista. Escoitamos un poema na voz da súa autora: ADELA FIGUEROA, premio ROSA DE CEN FOLLAS-2019. A segunda parte estivo dedicada integramente á GALA SOLIDARIA a celebrar en Burela o próximo día...
Proxecto Neo, 282.9: Isabel Fernández (Col. Sagrado Corazón-Ribadeo); Manuel Pumares; Mónica Ferreiro; Aida Tarrío 11.12.2019 59:23
A profesora Isabel Fernández, do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo, presentounos o proxecto educativo "Na fronte unha estrela, no bico un cantar", gañador do Certame Irmán Reboiras para proxectos de normalización do idioma galego. Manuel Pumares, actor da longametraxe Longa noite, de Eloy Enciso, falounos da súa participación neste filme e comentounos vivencias da gravación e da estrea. Con Mónic...
Proxecto Neo, 281.9: Carmen Viñas (IES San Clemente); Xurxo Souto (Diplomáticos) 04.12.2019 59:32
A profesora Carmen Viñas, do IES San Clemente, falounos da oferta educativa do centro que dirixe. Falamos de formación profesional, de Eso e bacharelato a distancia, do ensino para a poboación reclusa dos cárceres da Lama, Monterroso, Bonxe e Teixeiro; e aínda doutros temas. Na segunda parte do programa o noso entrevistado foi Xurxo Souto, que nos falou sobre o 25º aniversario do Bravú. Durante un...
Proxecto Neo, 280.9: Pedro Rielo (escritor e xornalista da TVG); Benxamín Soto Cotón (Presidente da A. C. Os Matos) 27.11.2019 59:55
Programa organizado en dúas partes. Abrimolo cunha entrevista co escritor Pedro Rielo Lamela (Pontevedra, 1972), a quen xa coñecíamos a través da pantalla da TELEVISIÓN DE GALICIA. Falamos sobre a obra gañadora do Premio Neira Vilas: Detrás dos perdidos. Na segunda parte falamos co profesor Benxamín Soto Cotón (Viveiro, 1980), novo presidente da Asociación Cultural Os Matos.
Proxecto Neo, 279.9: Álvaro Gago Díaz; Daniel Otero (TEATRO MÍNIMO); Fran Ameixeiras; Txitxo (Martelos-Costa Norte) 20.11.2019 1:04:01
O cineasta Álvaro Gago Díaz gañou por segundo ano consecutivo o Premio Armadiña de curtametraxes, desta vez cun filme titulado "16 de novembro". Nós falamos co director sobre os premios, sobre as obras e sobre a súa traxectoria. Despois de falarmos de cinema, conversamos sobre teatro. O primeiro convidado foi o actor Daniel Otero, de Teatro Mínimo, que nos presentou o espectáculo que leva por títu...
Proxecto Neo, 278.9: Mestrado de Educación da USC; Eduardo Maragoto (AGAL); Federico Cachafeiro (Asoc. Avelino Díaz) 13.11.2019 1:01:39
Grazas á iniciativa da profesora Luz Zas, con este programa entramos nunha sala de aulas da Faculdade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela para facermos interlocución co alumnado do Mestrado de Educación. Pola súa parte, o profesor Eduardo Maragoto atendeu a nosa chamada e nós felicitámolo pola renovación por segunda vez consecutiva no cargo de Presidente da AGAL. Naturalmente, t...
Proxecto Neo, 277.9: Serxio A. Mon; Antón Castro; Dolores L. Caión; Mónica Fernández Valencia 06.11.2019 1:04:17
Comezamos coa crónica dunha viaxe a Irlanda. O privilexiado cronista foi Serxio Alonso Mon, unha das voces da Masa Coral Modelo Burela. A través do seu relato viaxamos en avión a Dublín e alí tomamos un coche alugado para coñecermos a parte meridional da illa. Recreámonos na cidade de Cork e na visita á pedra da elocuencia. A seguinte entrevista foi a de presentación dun novo integrante do equipo,...
Proxecto Neo, 276.9: Ruth Fidalgo Varela (locutora); Minda Lusquiños; Elena Samartino; Conchi Pernas 30.10.2019 1:02:10
O programa 276 estivo dedicado ao Iº Curso de Língua, Literatura e Cultura de Cabo Verde. A primeira entrevistada foi Ruth Fidalgo Varela, colaboradora do Grandes Vozes do Nosso Mundo, o programa de contidos musicais dirixido por Marco Pereira. Minda Lusquiños, Traballadora Social do Centro de Saúde de Burela, comentounos a súa experiencia na atención a inmigrantes. A profesora Elena Samartino com...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.