Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Proxecto Neo, 323.10: Ángel Mato Escalona (alcalde de Ferrol); Xoel Geada (xeógrafo e músico); Aurora Marco (escritora) 02.06.2021

Con Ángel Mato Escalona (alcalde de Ferrol) falamos sobre o Concerto das Letras Galego-Portuguesas celebrado en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. Neste mesmo programa, felicitamos o xeógrafo Xoel Geada, que acaba de recibir o premio á Calidade dos Traballos de Fin de Grao na USC por “O concepto de DECRECEMENTO aplicado a dúas iniciativas innovadoras na Mariña". Nos minutos finais, a profesora Au...

Proxecto Neo, 322.10: Montse G. Álvarez "MAGADÁN" (ASOC. CALDALOBA); Samuel Soto Macía; Xoán R. Fernández Pacios 26.05.2021

Montse González Álvarez ("Magadán") falounos demoradamente do programa de actividades da Asociación Caldaloba. Inmediatamente despois, conversamos co músico Samuel Soto Macía e escoitamos a peza musical que lle dedicou a Xela Arias, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Nos minutos finais transmitimos os parabéns ao historiador Xoán Ramón Fernández Pacios, eleito por unanimidade nov...

Proxecto Neo 321.10: Iago de Vicente (Saíñas-Xove); Diego Campo (Fanto Fantini- Osa do Mar); Mar Fraga Rábade ( 19.05.2021

Iago de Vicente Docobo é estudante no Instituto Illa de Sarón de Xove. Con só 13 anos subiu ao escenario para acompañar na interpretación dunha peza musical a Susana Seivane. Foi no Auditorio de Burela. Nós quixemos saber como se sentiu nese momento. Conseguímolo. Con Diego Campo falamos da Asociación Fanto Fantini e do Festival Osa do Mar. Non fomos capaces de saber exactamente cales serán os gru...

Proxecto Neo 320.10: PATXI G. NOVO; LUCÍA CANOURA (Lugar das Marías); DIEGO CAMPO (Osa do Mar); ERIK DOBAÑO (Orgullo G) 12.05.2021

O enxeñeiro galego Patxi G. Novo foi facer o doutoramento a unha universidade xaponesa. O que ía ser un período de tres anos pasou a ser, por agora, de nove. Nesta entrevista sabemos que o que fai en Fukuoka e como é a súa vida en Nagasaki. Finalizada a entrevista co enxeñeiro especializado en enerxías renovábeis, entramos en conversa con Lucía Canoura, do Lugar das Marías, en Xove. Así foi como c...

Proxecto Neo 319.10: María Rey (IES Xulián Magariños); Xosé Ramón L. Boullón (ensaísta); Alexandra Briere 05.05.2021

A profesora María Rey, do Instituto Xulián Magariños, de Negreira, foi unha das tradutoras dos Vinte poemas de amor, de Pablo Neruda. A obra, feita en colaboración con Amancio Liñares Giraut, foi publicada recentemente por editora coruñesa Medulia. Serxio Alonso falou con ela. Pola súa parte, Nuria Ramos Cuba conversou con Xosé Ramón López Boullón, o autor de A Compostela de Scórpio. A Compostela...

Proxecto Neo 318.10: Iván Laxe (músico); Diana Varela (editora); Amancio Liñares (escritor) 29.04.2021

O grandísimo suceso de Cuñados serviunos de estímulo para saldar unha débeda que tíñamos con Santi Jul (a quen tivemos en antena na semana pasada) e con Iván Laxe (un dos protagonistas desta entrega do noso programa). Despois de falarmos con Iván Laxe sobre os máis diversos tipos de música, centrámonos no proceso de composición de bandas sonoras para as producións audiovisuais. Despois de Iván Lax...

Proxecto Neo 317.10: Especial Colexio Inmaculada-Maristas (LUGO) 21.04.2021

Comezamos este programa especial dedicado ao Colexio Inmaculada - MAristas de Lugo en conversa con Carla Piñeiro Castro e Xela Pardo Neira, alumnas do 5º curso de Ensino Primario. Nos seguintes minutos, o protagonismo centrouse noutras dúas estudantes de Ensino Secundario: primeiro en Inés Menéndez Miranda (do 2º curso ) e Helena Álvarez Rivas, de 14 anos, e estudante de 3º. Na parte final do prog...

Proxecto Neo 316.10: ESPECIAL CUÑADOS: SANTI JUL (Banda Sonora); ANTÍA TOURIÑÁN (actriz); MARÍA YÁÑEZ (Comunicación) 15.04.2021

Santi Jul entrou de cheo no audiovisual a través do traballo nos equipos de son e, posteriormente, da composición de bandas sonoras. Proxecto Neo conversou con el sobre a súa traxectoria e sobre a súa participación en Cuñados. Da participación nesta película de Portocabo, dirixida por Toño López, tamén nos falou Antía Touriñán. Sentímonos felices de ter conseguido unha das primeiras entrevistas co...

Proxecto Neo, 315.10: José M. Vicente; Javier Alonso (Dir. Banda do Rosal; Com. Educ. Suárez Marquier; Ánxela F. Callís 07.04.2021

Este é un programa especial realizado en colaboración entre as radios educativas do Instituto Perdouro de Burela e o Colexio Suárez Marquier do Rosal. Fixo de guía da viaxe José Manuel Vicente, estreitamente vinculado ao centro educativo e á banda de música (é o chofer do autobús da liña regular para a escola, o mesmo que utiliza a banda nos deslocamentos). Inmediatamente despois, conversamos con...

Proxecto Neo 314.10: NAOMI REY; ÁLEX QUINTÁNS (IES Agra de Raíces); Julia Lamela 24.03.2021

Co "Vento nas velas" comezamos a navegación en dirección a Cambados. Alí atendeunos Naomi Rey, a autora da canción que lle serviu de sintonía á recente edición dos 21 Días co Galego e+. Despois dunha peza musical de Xoana Veiga, Proxecto Neo retornou para o norte e fixo parada en Cee. A primera parada fixémola na casa de Álex Quintáns, alumno de 1º de ESO no Instituto Agra de Raíces. Na mesma loca...

Proxecto Neo 313.10: ALBA MONTEAGUDO 17.03.2021

O primeiro ciclo dos 21 días co galego comezou o pasado 22 de febreiro e finalizou o pasado 15 de marzo. Xusto nese momento botou andar a segunda fase: "E +". Nela entramos e celebrámolo ao grande cunha conversa demorada coa profesora Alba Monteagudo Gómez.

Proxecto Neo 312.10: A obra de Lino Novás Calvo en Radio Fene; Martín Fernández Vizoso 10.03.2021

A referencia á obra de Lino Novás Calvo -concretamente a un relato centrado na pandemia de 1918- e a música de Roi Casal sobre letras de Neira Vilas serviron como aperitivo ao prato forte da xornada: a entrevista a Martín Fernández Vizoso. Noé F. Quelle encargouse de conducir a conversa que nos levou á infancia en Cangas, á etapa do bacharelato e á formación en Filosofía en Letras e Ciencias da Co...

Proxecto Neo 311.10: Natalia Irimia (IES Perdouro); Andrea Ferrer (IES de Poio) 03.03.2021

Chegamos ao ecuador da celebración dos 21 Días co Galego e Máis e nós dedicámoslle un programa monográfico. Abrimos cunha breve crónica feita por catro alumnas de 2º de ESO e despois centramos o foco de atención en Natalia Irimia e Andrea Ferrer. Natalia Irimia é a coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Perdouro. Con ela fixemos unha primeira aproximación ao desenvolvemento dest...

Proxecto Neo: 310.10: Pilar Salas (Profesora PROA PLUS); Alberto Pombo (IES Agra de Raíces) 25.02.2021

Neste programa especial dedicado a Rosalía de Castro, contamos co recitado de varios poemas nas voces de alumnos de 6º curso do Colexio Virxe do Carme. Inmediatamente despois, conversamos no estudio con Pilar SALAS, profesora intercultural, recentemente incorporada ao Instituto Perdouro. Na segunda parte, o noso convidado é o profesor Alberto Pombo, con quen celebramos o comezo dos 21 Días co gale...

Proxecto Neo 309.10: Andrea Mosteiro Sanxiao (A ESTRADA EN GALEGO); Abdul Djaló 17.02.2021

Andrea Mosteiro Sanxiao, estudante do Instituto Lousada Diéguez da Estrada, falounos da iniciativa A Estrada en Galego, que combina a creación cultural coa dinamización económica do comercio local. Na segunda parte do programa, recollemos unha colaboración que nos enviou Christian da Silva Salles desde o Rio de Janeiro. É unha extraordinaria entrevista ao informático guineense Chris Adul Djalo.

Modelo Burela - Dia Internacional da Radio 11.02.2021

Neste brevísimo programa recóllese a participación de Proxecto Neo-Modelo Burela na celebración do Día Internacional da Radio. No espazo interveñen Noé F. Quelle, Cristian Gómez Mesa, Nuria Ramos Cuba e Nerea Álvarez Baño. Do control técnico ocupouse Matías Nicieza. Como sempre, tivemos o acompañamento de Lucía Rivas, que fixo unha reportaxe gráfica da actividade.

Proxecto Neo 308.10: Radio Milladoiro; Yorel Ladra; Ádila Pereira; Clásicos Libres; Elvira Amieiro. 11.02.2021

Chéganos a música de Guadi a través dun programa de radio escolar do Instituto do Milladoiro no que interveñen tres novas locutoras: Sara Rey, Lucía Romar e Alba Sueiro. O seu traballo obtivo o premio da Asociación Sociopedagóxica Galega e nós contribuímos á súa divulgación. Xunto con Sara, Lucía e Alba, neste programa son tamén protagonistas Yorel Ladra (Premio Xosé Trapero Pardo) e Ádila Pereira...

Proxecto Neo 307.10: IES Parga Pondal; Loreto de Castro; Irene Romeiro 03.02.2021

Abrimos o programa cunha colaboración de Radio Rebolondas, do Instituto Parga Pondal de Carballo. Trátase dun traballo de Xosé Cameán e Lola Collazo sobre as irmás Touza, de Ribadavia, coñecidas por lle ter salvado a vida a centenares de persoas fuxitivas do nazismo. Pola súa parte, a actriz e escritora Loreto de Castro falounos sobre a súa experiencia como neofalante en San Valentín (Fene). A pro...

Proxecto Neo, 306.10: Radio Chivite (Verín); Xulio Pardo de Neira 27.01.2021

Xusto antes de que comece o mes de febreiro, abrimos a celebración dos 21 Días en Galego (e+). Facémolo cunha extraordinaria colaboración que nos enviaron desde un dos centros participantes: o IES Taboada Chivite, de Verín. Na segunda parte desta entrega, falamos con Xulio Pardo de Neira, escritor e profesor na Universidade da Coruña. O contido da conversa: cinco novos ensaios. Un deles o que leva...

Proxecto Neo 305.10: Manuela Dieste; Marta Salutregui 20.01.2021

Manuela Dieste, natural de Exipto e licenciada en Filoloxía Clásica, combinou durante varios anos o exercicio da docencia coa dedicación profesional no ámbito da saúde. Con ela falamos dos puntos de confluencia das súas paixóns. Na segunda parte do programa a protagonista da conversa foi Marta Salutregui, activista social, neofalante de Ferrol.

Proxecto Neo 304.10: Thayane Gaspar (UFRJ); Miguel R. Carnota; Rosana Posada Expósito 13.01.2021

A primeira entrevistada de 2021 foi a profesora Thayane Gaspar, da Universidade Federal do Rio de Janeiro. Com ela falamos de língua, de literatura e de música. O profesor Miguel Rodríguez Carnota presentounos os contidos da súa tese de doutoramento en que aborda a situación de acoso lingüístico nos centros de ensino secundario da Galiza. A terceira entrevista estivo protagonizada por Rosana Posad...

Proxecto Neo 303.10: PROGRAMA ESPECIAL (IES Monte Castelo e Perdouro, de Burela; e Isidro Parga Pondal, de Carballo) 23.12.2020

Programa especial realizado en colaboración de tres comunidades educativas: a do Instituto Monte Castelo, de Burela; e a do Isidro PArga Pondal, de Carballo. Da produción ocupáronse as profesoras María do Carmo Cociña e Lorena Suárez. Non perdan a actuación do Pitufo, auténtico especialista na obra do escritor homenaxeado.

Proxecto Neo 302.10: María Bouso (Rebinxe); Ângelo M. Monteiro (Rádio Metropolitana Porto); Xiana do Teixeiro (cineasta) 16.12.2020

María Bouso, estudante de Ciencias Medioambientais no campus de Ourense (Univ. de Vigo) presentounos o Proxecto Rebinxe de intervención en favor da preservación das diferentes especies. Ângelo M. Monteiro apresentounos a Rádio Metropolitana Porto, que desde hai varias semanas transmite o programa Os Contrabandistas, de Nilce Costa e Christian Salles. Despide o programa a cineasta Xiana do Teixeiro...

Proxecto Neo 301.10: Rubén Riós; MArco Pereira; Beatriz Penedos 09.12.2020

Rubén Riós produce e dirixe unha nova serie de programas audiovisuais que levan por título Camiñantes do noso. En Proxecto Neo quixeron saber en que consisten. Conseguímolo sobradamente. Despois da conversa con Rubén Riós, o protagonismo pasou para Marco Pereira Oliveira, o director do Grandes Vozes, con motivo de que o programa alcanzase as primeiras duascentas semanas en antena. Continuando co G...

Proxecto Neo 300.10: Alejandra Abuín (IES Perdouro); Gabriela Prego (USC) 02.12.2020

Celebramos alcanzar o programa 300, que debería ter chegado no curso pasado (se non viñese o virus para mandar parar). Celebramos tamén que continuamos sumando. Reunímonos para facer fotos, para tomar unhas mandarinas e unhas deliciosas galletas con sabor Doce Lecer; para recoller o mellor regalo que nos podía facer Lucía Rivas; para botar uns risos e gozar da visita de Alba Geada... e tamén para...

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.