Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Proxecto Neo nº 496.15 - Neves Cando e Oferta educativa do IES Perdouro (Parte 2) 23.06.2026

Hoxe é o noso último progama do curso 25-26. Neste día de San Xoán, Sonia Rey xunto ao seu alumnado de 4º de ESO despiden o programa coa Palabra do mes. Na primeira parte do programa, falamos con Neves Cando López, profesora de Lingua e Literatura Galega, que leva case 34 anos dando clase no IES Perdouro e decidiu xubilarse este mesmo curso. Na segunda parte do programa, imos conversar co profesor...

Proxecto Neo nº 495.15 - Oferta educativa PARTE 1 18.06.2026

Como cada semana, comezamos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día e Unha pílula ds ciencias Inmediatamente a seguir, informamos sobre unha parte da oferta educativa do IES Perdouro de Burela para o curso que ven. Para iso, falamos con Félix Pardo Fidalgo, Xefe do Departamento de Instalación e Mantemento; David Martínez Anllo, profesor do departamento de Mecanizado e do Curso de Especia...

Proxecto Neo nº 494.15 - Especial Sindrome de Tourette con Eva Lastra e Gabriela Pedre 10.06.2026

Hoxe dedicamos este espazo da nosa radio a coñecer unha realidade que aínda segue sendo pouco visible para moitas persoas: a Síndrome de Tourette. Cada 7 de xuño celébrase o Día de Concienciación da Síndrome de Tourette, unha xornada que busca informar, sensibilizar e derrubar prexuízos arredor deste trastorno neurolóxico. Con frecuencia, a Síndrome de Tourette é coñecida unicamente polos tics, pe...

Proxecto Neo nº 493.15 - Presentación da Revista Galega de Educación con Rita Gradaílla e Bernardo Penabade 03.06.2026

Hoxe saímos dos estudios da Radio Escolar do IES Perdouro para realizar un programa moi especial desde o salón de plenos do Concello de Burela. O motivo non podía ser máis significativo: a celebración do 40 aniversario da Revista Galega de Educación, lembrando de maneira especial o seu número 93, dedicado á radio escolar. A Revista Galega de Educación (RGE), publicación editada polo Movemento de R...

Proxecto Neo nº 492.15 Radio Saúde Burela - 40 aniversario do Hospital Públco da Mariña 26.05.2026

Como cada semana, comezamos co noso espazo colaborativo: A Noticia do Día. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado ao 40 aniversario do Hospital Público da Mariña. Falamos con Mª Remedios Eimil Castro, Técnico Especialista de Laboratorio; Francisco Muñoz González, Médico Especialista en Anestesioloxía e Reanimación; e Mª José Cortés Canay, d...

Proxecto Neo nº 491.15 - Antonio Vidueiro & Álvaro Crego Deán 18.05.2026

Como cada semana, comezaremos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día e unha pílula das ciencias Na primeira parte do programa, conversaremos con Antonio Vidueiro Rodríguez, profesor de lingua e literatura galega. Con el falaremos do xogo dos birlos, no que experto, e do seu labor de campo e investigación en torno aos topónimos dentro do proxecto Galicia Nomeada de recollida de microtopo...

Proxecto Neo nº 490.15 - Especial Letras Galegas 14.05.2026

Hoxe abrimos os micros para render homenaxe a unha voz imprescindible da cultura galega, unha muller que fixo da palabra un compromiso e da radio unha forma de entender o mundo: Begoña Caamaño. Recoñecida xornalista, escritora, feminista e activista política, Begoña Caamaño deixou unha pegada fonda nas ondas, convertendo a radio nun espazo de reflexión, pensamento crítico e defensa da cultura gale...

Proxecto Neo nº 489.15 - Oficios 06.05.2026

Como cada semana, comezamos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día, Mulleres na historia e unha Pílula das ciencias. Co gallo do Día Internacional dos Traballadores, en Proxecto Neo poñemos o foco en profesións de sempre, oficios que forman parte da nosa vida cotiá e da nosa memoria colectiva, pero que hoxe afrontan tempos difíciles. Nun mundo marcado pola inmediatez, pola compra rápida...

Proxecto Neo nº 488.15 - Especial Radio Saúde Burela 29.04.2026

Como cada semana, comezamos co noso espazo colaborativo: A Noticia do Día, Mulleres na historia, a Palabra do mes e a sesión A micro Aberto. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado ÁS ALERXIAS. A primeira entrevistada foi María González Rivas, alergóloga no Hospital Público da Mariña en Burela. Con ela falamos dos alérxenos, de como tratar a...

Proxecto Neo nº 487.15 - Especial Día do Libro con Cielo Fernández & Ana Lestao Ben 22.04.2026

Como cada semana, comezamos coa Noticia do Día. Hai historias que nos cambian, libros que nos acompañan e palabras que quedan para sempre. Hoxe, en Proxecto Neo, abrimos as páxinas dun programa moi especial para celebrar o Día do Libro. Imos falar de lectura, de librarías e tamén de novas voces que comezan a escribir o seu propio camiño. Para iso, estivo con nós Cielo Fernández, libreira que acaba...

Proxecto Neo nº 486.15: Rubén Prieto & Roberto Reigosa 13.04.2026

Como cada semana, comezamos co noso espazo colaborativo: A Noticia do Día Inmediatamente despois tivemos no estudio a Rubén Prieto, profesor de Ciclo Formativo de Fabricación Aditiva. Con el conversamos sobre os seus inicios na carreira docente, os seus estudos de Teoloxía e a súa etapa como sacerdote na hospedería do seminario de Mondoñedo. Na segunda parte do programa, tivemos por vía teléfonica...

Proxecto Neo nº 485.15 - Especial Asociación Mariña Patrimonio 08.04.2026

Como cada semana, abrimos o programa comezando cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día e unha Pílula das Ciencias sobre Rosalind Franklin. Inmediatamente despois tivemos no estudio a Manolo Miranda e Toño Blanco, membros da Asociación Mariña Patrimonio, unha asociación sociocultural que botou a andar no ano 2008 co fin de defender e divulgar o patrimonio galego, centrándose especialmente...

Proxecto Neo nº 484.15 - Especial Radio Saúde Burela 14.03.2026

Como cada semana, comezamos co noso espazo colaborativo: A Noticia do Día. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado fundamentalmente ao Trastorno do Espectro Autista, tamén chamado TEA, un trastorno no desenvolvemento neurolóxico caracterizado pola dificultade na interacción social e na comunicación e por padróns de pensamento e comportamento...

Proxecto Neo nº 483.15 - Especial Premios Mestre Mateo con Andrés Goteira e Xaime Miranda 08.03.2026

Como cada semana, comezamos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día e Mulleres na historia. Neste mes de marzo celebramos a vixésimo cuarta edición dos Premios Mestre Mateo, un certame que recoñece os mellores traballos do audiovisual galego. O mes pasado, a Academia Galega do Audiovisual desvelou as nominacións e entre elas descata o talento de cineastas da Mariña. E hoxe imos falar de...

Proxecto Neo nº 482.15 - Bea Ulalume de CUAC FM 06.03.2026

Como cada semana, comezaremos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día e Mulleres na historia. Neste mes de marzo, CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña está de aniversario e por este motivo, falaremos cunha das voces máis coñecidas da emisora: Beatriz González de Canales, socia veterana e exvicepresidenta da asociación. Beatriz participou en diferentes proxectos como o programa comunita...

Proxecto Neo nº 481.15 - Aurora Marco 04.03.2026

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día, e a nova sección Mulleres na historia. Conmemoramos o Día Internacional da Muller conversando por vía telefónica con Aurora Marco, catedrática de Ciencias da Educación, investigadora e historiadora. As súas liñas de investigación preferentes son: a Lingua, a Literatura, o Xénero e a Memoria histórica. Con Aur...

Proxecto Neo nº 480.15 - Radio Saúde Burela - Mónica Martínez Rouco & María Teresa Roldán Darriba 26.02.2026

Como cada semana, comezamos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día, A Palabra do mes e O Corpo fala. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado fundamentalmente á saúde pública e ás vacinas. Na primeira parte do programa conversamos por vía telefónica con Mónica Martínez Rouco, farmacéutica inspectora de Saúde Pública en Lugo. Con el...

Podcast Proxecto Neo Especial Día da Radio PNO 2026 13.02.2026

Podcast Proxecto Neo Especial Día da Radio PNO 2026

Proxecto Neo nº 479.15 - Especial 11 F, Día da Nena e da Muller na Ciencia 11.02.2026

Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Nena e da Muller na Ciencia, unha data para recoñecer o talento, o esforzo e as achegas fundamentais das mulleres ao avance científico ao longo da historia. Durante séculos, moitas delas traballaron na sombra, sen o seu merecido recoñecemento; outras abriron camiños nun mundo que lles poñía máis barreiras ca oportunidades. Este día non é só u...

Proxecto Neo nº 478.15 -Christian Daniel & Uxío Radoslav Rego Rey-Conde 04.02.2026

Como cada semana, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A micro aberto: o eclipse solar Na primeira parte do programa falamos con Christian Daniel, coñecido en redes como “El venegalle”, un neofalante de procedencia venezolana asentado en Galicia dende hai unha década. Con el falamos dos motivos que o levaron a emigrar a Galicia cando tiña 19 anos, do seu cariño polo n...

Proxecto Neo 477.15: Radio Saúde Burela, O coidado da vista 29.01.2026

Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e O corpo fala. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado fundamentalmente ao coidado da vista. Na primeira parte do programa falamos con Sofía Méndez Coto, especialista en oftalmoloxía no hospital de Burela. Sofía Méndez naceu en Oviedo e alí estudou desde a Pri...

Proxecto Neo 476.15: Sargadelos 21.01.2026

Comezamos o programa coa Noticia do Día. O programa 476 está dedicado a Sargadelos. Na primeira parte do programa falamos con tres integrantes de Avelaíña Teatro: Antón Lamapereira, Miguel Anxo Martín e Xabier Fernández. Con eles falaremos da obra As máscaras de Ibañez. O marqués de Sargadelos que nunca foi. Na segunda parte do programa, falamos con Andrea Mariz, profesora de Educación Pĺástica e...

Proxecto Neo 475.15: Os segadores da Órrea 12.01.2026

Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e unha novidade: a Palabra do ano 2025. Neste primeiro programa do ano fixemos un especial Segadores de Castela, dedicado a aqueles homes que migraban no verán para ir segar a Castela nos anos 60. Na primeira parte do programa falamos con Cándido Rodríguez Cerdeira e Constantino Tella Gómez, labregos da Órrea, no Con...

Proxecto Neo 474.15 Radio Saúde Burela - Javier Rouco & Zaida Álvarez 18.12.2025

Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e O corpo fala. Inmediatamente despois entraremos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado fundamentalmente ao coidado da pel e aos trastornos da imaxe. A primeira das entrevistas foi con Javier Rouco Martínez, docente de Imaxe Persoal no IES Perdouro de Burela. Javier formouse no ámbito das f...

Proxecto Neo 472.15: Javier Mariño Chao & Xan Barcia Bouzas 10.12.2025

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias. Inmediamamte a seguir tivemos connosco a Javier Mariño Chao, docente de Matemática e amante das viaxes polo mundo. LOC 2: Con el conversaremos sobre as súas experiencias viaxando polos cinco continentes e da súa paixón por coleccionar xarras dos países polos que estivo. Na segunda part...

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.