Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Proxecto Neo 472.15: Adrián Naray Ares & Silvia Rozas Ramallal 03.12.2025

Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e a Pilula das Ciencias. Immediamente a seguir recordamos que o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ten como obxectivo promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade, ademais de visibilizar e aumentar a conciencia social sobre as dificultades ás que se enfrontan no seu día...

Proxecto Neo 471.15: Radio Saúde Burela - As relacións afectivo-sexuais 26.11.2025

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día, a Pilula das ciencias, a Palabra do mes e A micro aberto. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado as relacións afectivo-sexuais. A primeira das entrevistas foi con Sandra Dolores Fernández Otero, enfermeira especialista en enfermería familiar e comunita...

Proxecto Neo 470.15: Pedro Reimunde 19.11.2025

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día, A Pílula das ciencias e a sección O corpo fala. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro seguimos poñéndovos os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín. Ouviamos os audiorelatos de Belanice e de Mauro. O programa 470 é un monográfico especial Mes da Ciencia en...

Proxecto Neo 469.15: Ana Dorrego Rivas & Hector Méndez Fernández 13.11.2025

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro seguimos poñer os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín. Ouviamos os audiorelatos de Leonor e de Isaías. Co gallo do mes da Ciencia en galego, a primeira convidada desta tarde foi a doutora en...

Proxecto Neo 468.15: Fran da Lobeira & Verónica Falcón Rielo 05.11.2025

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro imos poñer os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín. Ouviamos os audiorelatos de Manel e de Seynabou. O primeiro convidado desta tarde foi Francisco Bermúdez Prieto, creador de contido en galeg...

Proxecto Neo 467.15: Radio Saúde Burela - Adicción aos móbiles 29.10.2025

Temos o primeiro programa especial Radio Saúde Burela desta temporada. Conversamos con Ainara Díaz Geada, enfermeira, doutora en Saúde Pública e Epidemioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde traballa como docente. As súas investigacións céntranse na influencia das desigualdades en saúde nos comportamentos de risco para a saúde das persoas mozas, como o consumo de alcol. Con ela f...

Proxecto Neo 466.15: Mario Pillado Mon e Jairo Campo Vázquez 22.10.2025

Neste programa nº 466, tivemos dúas entrevistas no estudio. Na primeira, conversamos con Mario Pillado Mon, actual tenente de alcaldesa en Burela polo Bloque Nacionalista Galego e adestrador do filial e xuvenil feminino do Burela Fútbol Sala. Con el falamos dos seus inicios, do seu gusto pola política e do seu compromiso coa mocidade e coa inmigración, tarefas das que se ocupa desde a súa concelle...

Proxecto Neo 465.15: Aritmar; Laura Ramos Cuba, Irene Rega Jul e Lucía Ferro 15.10.2025

Especial Día das escritoras O programa foi unha oportunidade para celebrar a creación literaria feminina. Por iso tamén contamos cun espazo dedicado á poesía feita por mulleres nas dúas beiras do Miño. A galega Silvia Penas e a portuguesa Sílvia Mota, dúas voces con estilos distintos, mais unidas por unha mesma linguaxe, a da palabra que transforma e conmove, recitan para Proxecto Neo os poemas co...

Proxecto Neo 464.15:Elena Valle ¬ Estela Villar 08.10.2025

O pasado 30 de setembro celebramos o día da tradución, e desde Proxecto Neo, sumámonos ao recoñecemento dunha profesión esencial para construír pontes entre culturas e facilitar o diálogo. Na primeira entrevista desta tarde conversamos con Elena Valle, ex-alumna do IES Perdouro de Burela que actualmente exerce de traductora, correctora e localizadora de videoxogos e que nos abriu a xanela a un sec...

Proxecto Neo 463.15: María López Sández & Sofía Barreira 01.10.2025

Hoxe traemos unha entrega moi especial, porque imos viaxar a través das palabras, das linguas e das súas pontes. A semana pasada celebramos o Día Europeo das Linguas e non queriamos deixar pasar a ocasión de reflexionar sobre a diversidade lingüística, a aprendizaxe e a mediación entre culturas. Para iso, contamos esta tarde con dúas convidadas de excepción: Na primeira entrevista conversaremos co...

Proxecto Neo 462.15: Daniel Irimia Gómez & Yoni Insua Cagigal 24.09.2025

Neste primeiro programa da décima-quinta etapa de Proxecto Neo, contamos con dúas entrevistas. Na primeira conversamos con Daniel Irimia Gómez, profesor de Bioloxía no IES Perdouro este curso 25-26. Con el falamos de «Ser galego mola», un anuncio do Gadis co que saltou á fama e do seu triunfo como «tik toker» colgando vídeos curtos en galego na rede social. Na segunda entrevista da tarde falamos d...

Proxecto Neo 461.14 - Alfredo LLano; Oferta Educativa IES Perdouro 25-26 19.06.2025

Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co habitual espazo colaborativo dirixido pola profesora Sonia Rei: A Noticia do Día. Na primeira entrevista conversamos con Alfredo Llano, compañeiro do Dpto de Electrónica e ex-alcalde de Burela. O motivo desta conversa con Alfredo Llano é a súa xubilación. Este foi o seu último ano lectivo como docente e como despedida facemos un repaso da...

Proxecto Neo 460.14 - Pepe do Caxoto; Alexandra Cabana; Carla Paz e Mateo Docal 11.06.2025

Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co habitual espazo colaborativo: A Noticia do Día. A primeira entrevista foi conducida por Adrián Piqueras, integrante da masa coral Modelo Burela, que conversou co seu avó: José Valle, mais coñecido como Pepe do Caxoto. Pepe do Caxoto é un armador histórico de Burela que conversa co seu neto para contar a experiencia de toda unha vida ligada...

Proxecto Neo 459.14 - Plataforma LOITA, Manuel Núñez Singala, Ugia Pedreira e Alumnado de 1º ESO 29.05.2025

Entramos nun programa dedicado ás nosas letras e patrimonio cultural. Mais antes falamos con Tamara Campos e María G. Jartín da plataforma LOITA. Con elas conversamos sobre o necesario servizo de Atención Temperá e apoio dado ás familias en canto a dereitos sanitarios dos nenos e nenas, nais e adolescentes na acompañamento sanitario. Inmediatamente a seguir falamos con Manuel Núñez Singala, neofal...

Proxecto Neo 458.14 - Especial Radio Saúde Burela 29.05.2025

Entraremos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado a Actividade física e a Atención temperá A primeira das entrevistas é con Rosa Fraga, pedagoga especializada en Atención Temperá. Con ela conversamos sobre os servizos ofrecidos pola unidade de atención temperá co obxectivo de dar apoio ao desenvolvemento infantil e á inclusión sociofamiliar. Inmediatamente a seguir falamo...

Proxecto Neo 457.14 - Especial Expomar 22.05.2025

Traemos un programa dedicado a Expomar. Na primeira entrevista Ruth e Ana, alumnas do Ciclo Medio de Xestión administrativa conversan con Brais, xerente de Expomar. Na segunda entrevista o alumnado de 4º ESO PDC entrevista a Miguel Neira Pérez, xerente de ABSA, a empresa que xestiona a lonxa de Burela. O terceiro entrevistado foi Sergio López García, xerente da Organización de Produtores Pesqueiro...

Proxecto Neo 456.14 - Lupe Blanco, Galefusión e Manuel Rivero 15.05.2025

Na primeira entrevista da tarde conversamos con Lupe Blanco. Regueifeira de Coristanco que pratica a arte da improvisación oral. Inmediatamente despois Andrea Maseda e Asier Oroza, dous compañeiros do IES Monte Castelo de Burela viñeron falarnos de Galefusión, un proxecto de dinamización linguística. Xa na última parte do programa recibimos novamente a Manuel Rivero para falarmos do seu novo libro...

Proxecto Neo 455.14 - Especial Mar: Balbino Trelles, Santiago Rivera Lestegás e Antonio Abad López 07.05.2025

Traemos un programa dedicado ao mar e aos mariñeiros. Un tema moi vinculado a Burela. Na primeira entrevista o alumnado de 4º ESO PDC conversa con Balbino Trelles. Con este mariñeiro xubilado falamos sobre como era a vida nun barco e a importancia de coñecer ben o mar e as rochas. Na segunda entrevista o alumnado de 3º ESO PDC foron ata a Moncloa de Burela para entrevistarse con Santiago e Antonio...

Proxecto Neo 454.14 - Especial Radio Sáude Burela 01.05.2025

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e a Pílula das ciencias, e co podcast de "Aulas sen fume" do alumnado de 1º de ESO A. Chegamos ao último programa do mes cunha nova entrega de Radio Saúde Burela. Nesta ocasión o tema é a saúde mental e emocional. Con Cristina Lastra, psicóloga especialista en psicoloxía clínica na Unidade de Saúde Mental de B...

Proxecto Neo 453.14 - Especial día do libro / Raquel Miragaia 23.04.2025

Neste programa especial Día do Libro, tivemos varias suxestións e recomendacións literarias. Falamos dos clubes de lectura. Na parte central do programa conversarmos con Raquel Miragaia sobre a reedición do seu primeiro romance: "Diário Comboio". Xa parte final contamos, "Un libro en 10 minutos", un podcast realizado polo alumnado de literatura universal de 1º de Bach B.

Proxecto Neo 452.14 - David Rial Bello e Blas Valleres 09.04.2025

No pasado día 6 de abril celebrábamos o Dia do Deporte e por iso hoxe falamos con David Rial Bello, adestrador do Burela FS. A seguir viaxamos ate Valencia para conversarmos con Blas Valleres, profesor de Historia do IES Berenguer Dalmau de Catarroja. Con el falamos da situación en que se encontran despois da Dina.

Proxecto Neo 451.14 - Intercambio a Francia, FP Innova, Semana do Ben Estar 03.04.2025

Nesta ocasión viaxamos ate Francia para conversarmos con Sara Villarquide e Hugo Fernández, dous integrantes da masa coral Modelo Burela e a súa profesora Karina Parga. Con eles conversamos sobre o intercambio que realizaron nas semanas pasadas co Collège Le Landry en Rennes, na Bretaña. Con eles tamén viaxamos ate París para que nos contem que visitaron e que foi o que mais lles gustou. A seguir...

Proxecto Neo 450.14 - Programa Especial Saúde 26.03.2025

Temos unha nova entrega de Rádio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado ao Plano de Obesidade. A primeira das entrevistas será con Alicia Rama García, traballadora social e Cristina Varela Penas, terapeuta ocupacional. Ambas, traballan na Rede Galega de Promoción de Saúde (REGAPS) sendo as Responsables da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. Con Alicia Rama e Cristina Varela convers...

Proxecto Neo 449.14 : MEL do TREVO 20.03.2025

Os espazos colaborativos (A Noticia do Dia e Pilula das ciencias) abriron o programa 449 de Proxecto Neo. Inmediatamente a seguir viaxamos ate Viana do Bolo para conversarmos con Xulio Vizcaya e Ester Veiga, responsábeis de Mel do Trevo. Na primeira parte da entrevista conversamos co Xulio e a Ester sobre as súas orixes e o seu percurso vital e laboral. Na segunda parte abordamos como xurdiu o seu...

Proxecto Neo 448.14: Cristina Palacios Castro, Intercambio Xinzo de Limia, Viaxe ao Parlamento Europeo 12.03.2025

A primeira das entrevistas é con Cristina Palacios Castro, traballadora social e docente, foi unha das fundadoras da Asociación Arelas coa que falamos de Arelas, asociación de familias de menores e mocidade Trans de Galicia que naceu en xullo de 2015 para loitar polos dereitos e dar a coñecer a realidade das crianzas e mocidade trans, nunha comunidade autónoma onde esta realidade permanecía agocha...

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.