Proxecto Neo
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Proxecto Neo 447.14: Radio Saúde Burela; Cristina Cayón Pardo e Ana Fernández 26.02.2025 1:03:03
Nova entrega do programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado ás Relacións Saudábeis. Mais antes de empezar coa sección das entrevistas, comezamos coma sempre o programa con tres espazos colaborativos: A Noticia do Día, un Entroido libre de plásticos e a Pílula das ciencias. A primeira das entrevistas foi con Cristina Cayón Pardo, a psicóloga do CIM de Burela, coa que conversamos sob...
Proxecto Neo 446.14: Antonio Reigosa, Mónica Pazos, Fernando Losada 19.02.2025 1:00:04
Como temos por costume, comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Día. Inmediatamente a seguir atendeunos ao teléfono Antonio Reigosa para falarmos dos 20 anos do Portal Galicia Encantada. Tamén falamos con Mónica Pazos, docente de Lingua e Literatura no Instituto Monte Castelo, en Burela. Con ela falamos sobre a convocatoria de Queremos Galego prevista para o próximo domingo día 23...
Proxecto Neo 445.14: Radio Saúde Burela; Juan José Eiroa; Daniel Esteban Mejía; Arantxa Miguel. 12.02.2025 1:03:18
Entraremos nun novo programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado aos tres eixos básicos para termos unha boa saúde: o exercicio físico, a alimentaçión e o sono. A primeira das entrevistas foi co médico Juan José Eiroa Bermudez, actualmente residente de terceiro ano de Medicina Familiar e Comunitaria no Hospital de Burela. Con Juan José Eiroa conversamos sobre a importancia da activi...
Proxecto Neo 444.14: Sara Freijedo, Luis Ramilo e Marta Castro 05.02.2025 1:01:30
Abrimos o programa cos espazos colaborativos A Noticia do Día, Horrorgrafía, Crónica dunha viaxe. Esta vez por Lugo e a súa arte urbana da man de Guido Álvarez Parga. Entrevistamos a Sara Freijedo dende Ourense. Unha nena de 9 anos que partilla as súas aficións. Despois de falarmos con esta aluna neofalante, conversaremos com Luis Ramilo sobre a reinterpretación da canción "Fábula dos coellos" de...
Proxecto Neo 443.14: Manuel Mella e Tiziana Martínez (IES Marco Camballón); Iria Guerra Pérez; Amauri Cavalcante Pereira 22.01.2025 58:41
Como temos por costume, esta tarde abrimos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir ouvimos a colaboración que nos enviaba o profesor Fernando Losada sobre o obradoiro de minerais impartido polo xeólogo Fran Canosa, o pasado dia 15 de xaneiro, no Perdouro. Imediatamente depois entramos na primeira entrevista da tarde onde conversamos con Manuel Mella e Tiziana Martínez Vallenil...
Proxecto Neo 442.14: Paco Rivas; Xosé Constenla; Lucía Fernández. 16.01.2025 1:02:24
Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir conversamos con Paco Rivas, filólogo e escritor, orixinario de Cervo; e residente en NOIS. Con Paco Rivas conversamos sobre o seu último libro de haikus, poemas breves de orixe xaponesa. Despois de falarmos con Paco Rivas, viaxamos á montaña do Vicedo, No lugar do Xestoso, coñecemos o famoso t...
Proxecto Neo 441.14: Viagem a Cabo Verde con Bernardo Penabade 08.01.2025 1:04:31
Esta tarde tivemos un programa moi especial dedicado a Cabo Verde. Neste primeiro programa do ano 2025, conversamos con Bernardo Penabade sobre a súa viaxe a Cabo Verde no pasado mes de novembro. Conversamos con el sobre o ámbito do ensino e da cultura, tanto musical como literária, deste país lusófono. Acompañamos o seu percurso polas illas deste arquipélago para coñecermos un pouco mellor a cult...
Proxecto Neo 440.14: Radio Saúde Burela: Consellos para unhas festas saudables. 18.12.2024 1:01:27
Abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do DÍA e Horrografía. Xusto a seguir iniciamos o último programa do mes cunha nova entrega de Radio Saúde Burela que esta tarde puxo o foco en orientarnos para podermos gozar dunhas festas responsables. O fereceunos a visión panorámica Maite Lanza, da Unidade de Drogodependencia, e colaboradora habitual do programa. Con Maite Lanza falamos so...
Proxecto Neo 439.14: Manuel Rivero; Ana Carreira; Xulio Oitavén. 11.12.2024 1:01:54
Como temos por costume, abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do DÍA e A pílula científica Comezamos o programa desta tarde conmemorando o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares de Galicia cunha entrevista a Manuel Riveiro. Con quen falamos sobre o seu libro “Universo Aurora Sampedro”, onde fai un repaso sobre a vida desta científica mariñá. Inmeditamente a seguir est...
Proxecto Neo 438.14: VioXen; Alicia Lage; Xulio César Ares Oitavén. 04.12.2024 1:01:34
Comezamos o mes de decembro facendo divulgación das actividades celebradas á volta do 25 N. A primeira delas chegou do profesor Fernando Losada, unha crónica introducida por Miriam Beizena Vigo e realizada polo alunado de 1º de BAC que viaxou a Santiago de Compostela para participar nun acto institucional organizado pola Consellería de Igualdade. Inmediatamente a seguir ouvimos unha entrevista con...
Proxecto Neo 437.14: Radio Saúde Burela: Rocío Valle Fraga e Minda Lusquiños 28.11.2024 1:00:24
Como temos por costume, abrimos o programa cos espazo colaborativo: A noicia da Semana. Inmediatamente despois, como todos os últimos mércores do mes tivemos unha nova entrega de Radio Saúde Burela. Nesta ocasión estivo dedicada á denuncia da violencia de xénero. Acompañáronnos no estudio dúas convidadas: Rocío Valle Fraga, asesora xurídica do CIM de Burela, e Arminda Lusquiños, traballadora socia...
Proxecto Neo 436.14: Josefino Quedi Barbosa Brandão; Denís Gutiérrez; Marcos Bermúdez. 21.11.2024 1:02:52
Como temos por costume, esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomia. Inmediatamente despois, por xentileza do profesor Bernardo Penabade, que estes dias está em Cabo Verde, ouvimos unha magnífica entrevista co director da escola Agrupamento II Complexo Educativo do Salineiro, na illa de Santiago, en Cabo Verde. Josefino Quedi Barbos...
Proxecto Neo 435.14: Javier Miranda; Cristina Castro 13.11.2024 1:02:47
Esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomía. Imediatamente depois oímos os dous audiorrelatos finalistas do Samaín, feitos polos alumnos Alba Fernández Quelle, de 1º de bacharelato, e Abraham Díaz Palacios, de 4º PDC. Na parte central do programa de hoxe conversamos con Javier Miranda, un xoven agricultor con moita vontade de trabal...
Proxecto Neo 434.14: Alejandro Fernández; Luz Aída Quiroga; Yahaira Shirley Castiñeira Quiroga; Marta Ledo Xardón. 07.11.2024 1:01:20
Como temos por costume, esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomía. Inmediatamente despois da primeira música, por xentileza da profesora Lara Oliveros, tivemos unha magnífica entrevista que aborda o desenvolvemento económico no ámbito rural. Alejandro Fernández Reigosa, de Ferreira do Valadouro, presentounos unha empresa de produc...
Proxecto Neo 433.14: Especial Radio Saúde Burela 31.10.2024 1:01:29
O programa 433.14 foi, novamente, un monográfico dedicado á atención sanitaria. Coa axuda de Catalina Caamaño, farmacéutica do Centro de Saúde de Burela, conversamos con Alicia Rama. Alicia Rama García, traballadora Social no Servizo Galego de Saúde, é unha das responsábeis da Rede Galega de Promoción de Saúde na Área Sanitaria de Lugo. Feita esta contextualización inicial, coñecemos en que estado...
Proxecto Neo 432.14: Aarón Bermúdez; Moraima Yáñez; Pedro Lamas. 23.10.2024 1:02:36
Abrimos o programa 432 cos espazos colaborativos: “a noticia do día”; e a crónica dunha viaxe educativa a Samos. Esta crónica foi unha nova colaboración do profesor Fernando Losada. Despois de viaxarmos ao Cebreiro e a Samos, regresamos á Mariña para conversarmos cun deportista convaleciente. Ese deportista convaleciente dunha lesión de gravidade chámase Aarón Bermúdez. A terceira convidada desta...
Proxecto Neo 431.14: Xema Sanxurxo; Jose María Díaz; Nádia Cabral Moniz Gonçalves. 16.10.2024 1:01:17
Abrimos o programa 431 con Xema Sanxurxo, colaboradora de Proxecto Neo e Coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística. Con Xema Sanxurxo, coruñesa, falaremos de ensino, de música e de moitos outros temas. Despois de estarmos con Xema Sanxurxo, que foi entrevistada por Moustaphá Sarr, recibimos a visita de Jose, que se define como “Proxecto de Mestre”. Foi o memento de coñecermos a iniciativ...
Proxecto Neo 430.14: Shiva Alinda Nurhackin; Johana Haz Sar; Iván Penelo 09.10.2024 1:03:38
A primeira convidada do programa desta tarde foi a nosa compañeira Shiva Alinda Nurhackin. Shiva estivo mostrando estes días a súa obra artística no programa “Quen anda aí?”, da Televisión de Galicia. Grazas ao programa da Televisión Galega, Shiva retomou o contacto cunha amiga da infancia e nós tamén falamos esta tarde con ela. Chámase Johana Haz Sar. É de Muxía e estuda no Instituto Terra de Son...
Proxecto Neo 429.14: María García Abad; Javier Mogo Torrado; Bríxida Pino 02.10.2024 1:00:05
Abrimos o programa desta tarde coa colaboración do profesor Fernando Losada, que nos fixo crónica da visita educativa con alumnas e alumnos de bacharelato ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Despois da colaboración do profesor Fernando Losada e da primeira das músicas, conversamos con María García Abad, estudante de Artes. Con María García Abad falamos de teatro, de patinaxe, de x...
Proxecto Neo 428.14: Yago Fernández Rubiños; Lara Oliveros Ben; Alberto Rapa. 25.09.2024 1:00:34
Abrimos programa en conversa cun estudante do bacharelato de Ciencias. Chámase Yago Fernández Rubiños. O noso convidado practica pintura na Academia Mancharte, fai teatro na ADALA de Fazouro e é voluntario na Cruz Vermella de Burela. A segunda convidada, que nos acompañou no estudio, foi a profesora de Economía, Lara Oliveros Ben. A profesora Lara Oliveros presentounos hoxe o Proxecto Educativo: A...
Proxecto Neo 427.14: Catalina Caamaño; Maria José Cortés Canay; Iago Míguez; Lina Gómez Pardo. 19.09.2024 1:00:07
Abrimos a décimo cuarta etapa cunha entrevista a unha das nosas colaboradoras: Catalina Caamaño Isorna, farmacéutica do Centro de Saúde de Burela. Con Catalina Caamaño falamos primeiro de diálogo entre culturas. E despois presentamos unha actividade moi directamente relacionada coa saúde: A Semana da Mobilidade. O ámbito da Saúde tamén estivo representado pola segunda das convidadas: María José Co...
Proxecto Neo 426.13: Pablo Peláez Campos; Adina Vladu; Francisco Dubert. 27.06.2024 1:01:06
Abrimos este derradeiro programa do curso 2023-2024 cunha entrevista moi especial, producida e realizada por un estudante que acaba de superar o primeiro curso do Ensino Secundario. Iago Rodríguez é o discípulo e Pablo Peláez Campos é o mestre. O tema: a música. Neste programa tivemos tamén tempo para a celebración do máis universal dos CARBALLOS. Trátase do CARBALLO do Proxecto Nós, o modelo de l...
Proxecto Neo 425.13: María Jartín; Javier Rouco; José Luis;Noé Quelle. 20.06.2024 1:00:05
Abrimos o programa 425 cun novo traballo preparado polo profesor Fernando Losada. Desta vez foi unha reportaxe sobre un encontro entre dúas xeracións. Un paseo por Burela, organizado pola Cruz Vermella coa colaboración do Instituto Perdouro. Inmediatamente despois da audición desta reportaxe sonora, falamos da oferta educativa de soldaduras, tornos, fresadoras e do funcionamento de máquinas automa...
Proxecto Neo424.13: Maria Navarrete; Gustavo Teodoro (IES Lucus Augusti); Carla Bouza (IES Muralla Romana). 13.06.2024 1:01:35
Abrimos o programa 424 cunha conversa con María Navarrete, Educadora Emocional. A profesora da Universidade de Manresa está estes días traballando con adolescentes, familias e profesorado do Instituto Perdouro. Inmediatamente despois da conversa con María Navarrete, entramos en contacto con Gustavo Teodoro, do Instituto Lucus Augusti, para falarmos sobre o Enrédate. O Enrédate é un certame lúdico-...
Proxecto Neo 423.13: Carmela López (alcaldesa de Burela); Estefanía Prieto; Laura Cao. 05.06.2024 1:02:40
Esta semana comezamos coa emitisión dun novo traballo do profesor Fernando Losada que nos ppermitiu ouvir as recomendacións literarias realizadas por 7 alumnos e unha alumna do 1º curso de Ensino Secundario. Román, Cyntia, Gabriel, Senén, Iago, Yeray, Raúl e Adrián. Moitísimas grazas. E moitísimas grazas tamén para o noso profesor Fernando Losada. Logo a seguir entramos no contido central do progr...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.